Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) MÁQUINAS TERMICAS E HIDRAULICAS Código 730G04023
Titulación
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Lopez Peña, Fernando
Correo electrónico
fernando.lopez.pena@udc.es
Profesorado
Lema Rodríguez, Marcos
Lopez Peña, Fernando
Correo electrónico
marcos.lema@udc.es
fernando.lopez.pena@udc.es
Web
Descrición xeral Preténdese dar unha visión xeral dos tipos, compoñentes, funcionamento, usos e aplicacións das máquinas de fluído, tanto térmicas (fundamentalmente motores alternativos, turbinas de gas e turbinas de vapor) como hidráulicas. O alumno alcanzará as habilidades que todo enxeñeiro industrial precisa na súa carreira profesional nun campo relacionado con estas máquinas de fluídos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A21 Coñecemento aplicado dos fundamentos dos sistemas e máquinas fluidomecánicas.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B7 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
C4 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os tipos, compoñentes, funcionamiento, usos e aplicacions das máquinas de fluido A21
B2
Presentar aplicacions prácticas de interese na solución de problemas na enxeñería e a industria A21
B7
C4

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1.Introducción a las máquinas de fluido
Lección 1.Introducción a las máquinas de fluido
TEMA 2.Motores de combustión interna alternativos

Lección 1.Características fundamentales de los MCIA

Lección 2.Ciclos de trabajo en MCIA. Ciclos de aire.

Lección 3.Pérdidas de calor. Refrigeración

Lección 4.Pérdidas mecánicas. Lubricación

Lección 5.El proceso de renovación de la carga

Lección 6.Sobrealimentación de MCIA

Lección 7.El proceso de combustión

Lección 8.Semejanza de motores
TEMA 3.Turbomáquinas térmicas
Lección 1.La turbina de vapor

Lección 2.La turbina de gas

Lección 3.Ecuación fundamental de las turbomáquinas

Lección 4.Escalonamientos

Lección 5.Pérdidas y regulación en turbomáquinas
TEMA 4.Turbomáquinas hidráulicas
Lección 1.Introducción

Lección 2.Balance energético en turbomáquinas hidráulicas

Lección 3.Teorema de Euler

Lección 4.Semejanza en máquinas hidráulicas

Lección 5.Curvas características de turbobombas

Lección 6.Instalaciones de turbobombas

Lección 7.Regulación de turbobombas hidráulicas

Lección 8.Cavitación en turbobombas
Programa de Prácticas.
Práctica nº 1. Despiece de motores.

Práctica nº 2. Calibración de inyectoras.

Práctica nº 3. Curva de Potencia y Consumo.

Práctica nº 4. Módulo de turbinas de vapor

Práctica nº 5. Módulo de turbinas de gas

Práctica nº 6. Caracterización de una bomba centrífuga

Práctica nº 7. Instalación de bombas en serie y en paralelo

Práctica nº 8. Caracterización de una turbina Pelton.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A21 B2 B7 10 14 24
Sesión maxistral A21 B2 C4 23 46 69
Proba mixta B2 2 0 2
Solución de problemas A21 B7 C4 15 33 48
 
Atención personalizada 7 0 7
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio En visitas á "Escuela de Energía y Propulsión de la Armada" en Ferrol e no laboratorio da EPS
Sesión maxistral Son as clases de teoría
Proba mixta Ademais dos exames finais, realizarase un exame parcial liberatorio da parte de máquinas térmicas. O examen parcial liberatorio da parte de máquinas hidráulicas realizarase simulataneamente có examen final (1º convocatoria ordinaria)
Solución de problemas Son as clases de resolución de problemas propostos

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
Actualmente parte das prácticas desta materia, correspondente á parte de máquinas térmicas, desenvólvense na Escola de Enerxía e Propulsión da Armada Española, en Ferrol. Necesítase, por tanto o guiado personalizado dos alumnos por parte do profesor da materia, así como por parte dun profesor da Armada.

As prácticas de máquinas hidráulicas realízanse no laboratorio da EPS en grupos reducidos dun máximo de 8 persoas por sesión.

Aquelas alumnas e alumnos con dispensa académica deberán realizar as prácticas de laboratorio e poderán voluntariamente resolver problemas facilitados polas e os docentes da materia cuxa solución será discutida en titorías, e que poderá formar parte da avaliación final. As datas da realización das prácticas e da entrega das memorias correspondentes poderán ser acordadas cos e as docentes da materia.

A atención personalizada refírese ás horas de titoría habituais.
habituais

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A21 B2 B7 Unha parte das prácticas realízase na Escola de Especialidades da Armada e outra nos laboratorios da EPS. Será necesario elaborar unha memoria desta última, que terá un peso do 10% na nota final da materia. A asistencia ás dúas partes destas prácticas é obrigatoria e imprescindible para que o alumno poida aprobar a materia, sendo ademais necesario que obteña unha cualificación mínima de aprobado na avaliación da memoria antes mencionada.
Os alumnos que realizasen e aproben as prácticas nun mesmo curso académico, en caso de que a media da materia non lle de aprobado, non terán que repetir as prácticas nos dous cursos seguintes no que se realizaron as prácticas. En ningún caso se avaliarán memorias de prácticas realizadas en cursos precedentes.
10
Proba mixta B2 O alumno que aprobe algunha das probas mixtas conservará esta nota e liberará a parte correspondente da materia nas convocatorias do presente curso académico. 90
 
Observacións avaliación

O alumno que aprobe algunha das probas mixtas conservará esta nota e liberará a parte correspondente da materia en todas as convocatorias do presente curso académico ás que puidese presentarse (pero non se conserva para cursos posteriores).A parte de Máquinas Térmicas ten un peso do 60% da nota media e a de Máquinas Hidráulicas do 40%. Para aprobar a materia o alumno necesita unha nota media igual ou superior a 5 e terá que ter unha nota superior a 3.5 en cada unha das partes. Ademais, o exámen de cada parte da materia dividirase en teoría e problemas cun peso do 50% cada unha en Máquinas Hidráulicas e de 60% en problemas e 40% en teoría en Máquinas Térmicas, sendo necesario obter unha nota mínima de 3 en cada unha de de as partes para que se poida cualificar o exame. A segunda proba mixta farase coincidir co exame da convocatoria ordinaria da materia. 

En todas as convocatorias oficiais da materia o exame terá unha parte de Máquinas Térmicas e outra de Máquinas Hidráulicas. As prácticas de laboratorio son obrigatorias, teñen un peso do 10% na nota final e son imprescindibles para que o alumno poida aprobar a materia. A nota de prácticas obterase da avaliación da memoria que o alumno ha de realizar a partir da parte de prácticas realizada na EPS. 

Aqueles alumnos con dispensa académica, deberán realizar: 

As prácticas de laboratorio 

As memorias de prácticas de laboratorio 

A proba mixta 

Con todo as alumnas e os os alumnos con dispensa académica poderán, acordar coas e os docentes da materia datas alternativas para a realización das prácticas, a entrega das memorias de prácticas ,e as probas mixtas, incluíndo o parcial. Estas datas alternativas deberán estar dentro dos prazos que marca o calendario oficial. 


Fontes de información
Bibliografía básica MACINTYRE, A. (1997). Bombas e Instalaçoes de Bombeamento . Livros Técnicos e Científicos Editora, S.A., Brasil
Muñoz Torralbo, Manuel (2002). Máquinas Térmicas. UNED
HERNÁNDEZ KRAHE, J.M. (1976). Mecánica de Fluidos y Máquinas Hidráulicas . UNED, Madrid
F. Payri (2002). Motores de combustión interna alternativos. UPM-ETSII
HERNÁNDEZ, J y CRESPO, A. (1976). Problemas de Mecánica de Fluidos y Máquinas Hidráulicas . UNED
Marta Muñoz Domínguez (1999). Problemas resueltos de motores térmicos y turbomáquinas térmicas. UNED
MATAIX, C. (1975). Turbomáquinas Hidráulicas . ICAI, España

Bibliografía complementaria KARASSIK, I.J. y CARTER, R. (1980). Bombas Centrífugas . CECSA, México
PFLEIDERER, C. (1971). Bombas Centrífugas y Turbocompresores . Labor, USA
YOUNG, F.R. (1989). Cavitation . McGraw-Hill
STEPANOFF (1993). Centrifugal and Axial Flow Pumps . John Wiley and Sons, USA
WISLICENUS, G.F. (1965). Fluid Mechanics of Turbomachinery, . Dover, USA
FOX R.W. y McDONALD A.T. (1995). Introducción a la Mecánica de Fluidos . McGraw-Hill
CASANOVA, E. (2001). Máquinas para la Propulsión de Buques . Serv. publicacións UDC
MUÑOZ, M y PAYRI, F. (1984). Motores de Combustión Interna Alternativos . Serv. publicaciones UPV, Valencia
REQUEJO, I. y otros. (). Problemas de Motores Térmicos . Serv. publicaciones UPV, Valencia.
CHERHASSY, V.M. (1980). Pumps, Fans, compressors . MIR, Moscow
MUÑOZ, M y PAYRI, F. (1978). Turbomáquinas Térmicas. . Serv. publicaciones ETSII, Madrid


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
CALOR E FRIO INDUSTRIAL/REFRIG/730G04020
CÁLCULO/730G04001
FÍSICA I/730G04003
ÁLXEBRA/730G04006
FÍSICA II/730G04009
ECUACIÓNS DIFERENCIAIS/730G04011
TERMODINÁMICA/730G04014
MECÁNICA DE FLUÍDOS/730G04018

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías