Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS Código 730G04024
Titulación
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Análise Económica e Administración de Empresas
Coordinación
Garcia del Valle, Alejandro
Correo electrónico
alejandro.garcia.delvalle@udc.es
Profesorado
Crespo Pereira, Diego
Garcia del Valle, Alejandro
Lamas Rodriguez, Adolfo
Correo electrónico
diego.crespo@udc.es
alejandro.garcia.delvalle@udc.es
adolfo.lamasr@udc.es
Web http://www.gii.udc.es
Descrición xeral Esta materia ensina a dirección de operacións dende o punto de vista da Enxeñería Industrial.

Competencias do título
Código Competencias do título
A15 Coñecementos básicos dos sistemas de produción e fabricación.
A17 Coñecementos aplicados de organización de empresas.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B7 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C6 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecementos de organización de empresas e de sistemas de produción.* A15
A17
B2
B3
B4
B5
B7
C1
C4
C6
Analizar e descompoñer procesos de organización industrial. Simplificar problemas complexos. A17
B2
B3
B4
B5
B7
C1
C4
C6
Utilizar software para resolver problemas de organización de empresas con gran volume de datos. A17
B2
B3
B4
B5
B7
C1
C4
C6

Contidos
Temas Subtemas
1. Introducción Bens, servizos e operacións. Áreas funcionais da empresa. A función de produción e a súa relación coas outras áreas da empresa. O proceso entrada-transformación-saída. Obxectivos: calidade, rapidez, interdependencia, flexibilidade, custo.
2. Análisis técnico económico de alternativas de decisión Introdución. Aplicacións. Definición de Escenarios. Valor Actual Neto. Taxa Interna de Retorno. Período de Recuperación. Opcións de Financiamento. Análise de Sensibilidade. Opcións Reais.
3. Selección, deseño e análise do proceso Tipos de procesos. Diagramas de procesos. Deseño do proceso e mapa do fluxo de valor (Value Stream Mapping). Utilización de recursos. Lei de Little.
4. Previsión e planificación da demanda Previsión da demanda. Técnicas de previsión. Métodos de previsión cuantitativos. Análise de series temporais. Media móbil. Alisamento exponencial. Regresión e previsión da demanda. Problemas.
5. Planificación agregada da produción Planificación agregada da produción. Estratexias básicas que se poden seguir na determinación dun plan agregado. Desenvolvemento do plan de produción. O método gráfico. Regras para a obtención de plans de produción alternativos. Planificación agregada mediante programación lineal. Problemas.
6. Xestión de inventarios Tipos de inventarios. Xestión de inventarios. Custos de inventarios. Clasificación ABC. Modelos de inventarios. Modelo de revisión continua (punto de pedido). Modelo de revisión periódica (intervalo de revisión). Problemas.
7. Produción LEAN e JIT Sincronización esvelta: beneficios do fluxo sincronizado. A filosofía LEAN. Aspectos básicos da filosofía LEAN. Eliminación de dilapidacións: os sete tipos de dilapidacións. Factores para eliminar a dilapidación: fluxo coordinado, procesos flexibles, minimización da variabilidade. As cinco Ss. Problemas.
8. Planificación de recursos empresariais ERP Planificación de recursos. Planificación de requirimentos de material: programa mestre de produción, lista de materiais, ficheiro de estado de inventario, cálculos para a planificación de requirimentos de material. Implantación dun sistema ERP.
9. Programación de traballos Programación de traballos: medidas de rendemento. Regras de despacho. Programación dunha máquina. Programación dunha liña de produción. Programación de talleres. Problemas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A17 A15 B2 B3 B4 B5 C6 24 44.4 68.4
Prácticas a través de TIC B7 C1 C4 32 32 64
Proba mixta B4 B5 4 12 16
 
Atención personalizada 1.6 0 1.6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases maxistrais en grupos grandes
Prácticas a través de TIC Clases en grupos medianos e pequenos utilizando TIC (Excel, ExtendSIM e outras ferramentas que se consideren oportunas).
Proba mixta Examen final da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Proba mixta
Descrición
A atención personalizada farase en horario de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC B7 C1 C4 Clases en grupos medianos e pequenos utilizando TIC (Excel, ExtendSIM e outras ferramentas que se consideren oportunas). 25
Proba mixta B4 B5 Examen final da materia 75
 
Observacións avaliación
O "Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" comunicarán ó inicio do curso a súa situación os profesores da materia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC" (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b).

O alumnado nesta situación será evaluado na data aprobada na Xunta de Escola, mediante una proba obxectiva que consistirá na resolución de exercicios sobre os contidos do paso 3 da Guía.


Fontes de información
Bibliografía básica García del Valle, Alejandro; Lamas, Adolfo; Crespo, Diego (). Apuntes de Organización de Empresas. Moodle
David Krahl, Robin Clark (2011). ExtendSIM for Discrete Event System Simulation. Imagine That!
Collier, David Alan; Evans, James R. (). OM4. CENGAGE Learning
Heizer, Jay and Render, Barry (). Operations Management. Prentice Hall
Slack, Nigel; Chambers, Stuart; Johnston, Robert (). Operations Management. Prentice Hall

Bibliografía complementaria Askin, Ronald G and Jeffrey, B. Goldberg (2002). Desing and Analysis of Lean Production Systems. John Wiley
Greasley, Andrew (2009). Operations Management. John Wiley


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
ESTATÍSTICA/730G03008
XESTIÓN EMPRESARIAL/730G03010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Existe unha ampla bibliografía sobre os contidos da materia na biblioteca da Escola Politécnica Superior. No Moodle da materia atópanse recursos coma os apuntes da materia, prácticas e exames de anos anteriores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías