Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) PLANIFICACIÓN ENERXÉTICA Código 730G04055
Titulación
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Cartelle Barros, Juan José
Correo electrónico
juan.cartelle1@udc.es
Profesorado
Cartelle Barros, Juan José
Correo electrónico
juan.cartelle1@udc.es
Web
Descrición xeral Coñecemento dos aspectos económicos da enerxía e realización de balances enerxéticos. Coñecemento das técnicas e líñas estratéxicas na planificación enerxética. Optimización e control ambiental na utilización da enerxía. Coñecemento da normativa e lexislación de aplicación.

Competencias do título
Código Competencias do título
B5 CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B7 B5 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
B9 B8 Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación (de carácter cuantitativo e/ou cualitativo) cunha finalidade estratéxica e que contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aproximar o modelado matemático de sistemas e procesos complexos no ámbitos da economía enerxética. B5
B7
B9
Investigación, desenvolvemento e innovación en produtos, procesos e métodos industriais cara á racionalización do consumo enerxético e á redución do seu impacto ambiental asociado. B5
B7
B9

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución e conceptos básicos 1.1. Introdución.
1.2. Enerxía primaria, enerxía secundaria e cadeas enerxéticas.
1.3. Recursos e reservas.
1.4. As fontes de recursos enerxéticos e a cuestión das unidades.
1.5. Contabilidade enerxética: a base de datos e o balance enerxético.
1.6. O balance enerxético.
1.6.1. O balance de enerxía primaria.
1.6.2. O balance de enerxía final.
1.6.3. O balance de enerxía útil.
1.6.4. Particularidades do balance enerxético.
1.7. Contabilidade enerxética aplicada.
1.8. Planificación enerxética.
1.9. Custos enerxéticos.
2. Enerxía e economía.
2.1. Aspectos particulares da economía enerxética.
2.2. Elasticidade da demanda.
2.3. A análise coste-beneficio.
2.3.1. Evolución histórica da análise coste-beneficio.
2.3.2. Fundamentos económicos da análise coste-beneficio.
2.3.3. Criterios de decisión.
2.3.4. Criterios cuantitativos de economicidade.
2.3.5. Estructura dos problemas de decisión.
2.3.6. Aplicabilidade da análise coste-beneficio.
2.4. A enerxía e o desenvolvemento económico.
2.5. Evolución da demanda e procesos de substitución.
2.6. Distribución espacial da produción e o consumo enerxéticos.
2.7. A crise enerxética.
3. As fontes enerxéticas.
3.2. O petróleo.
3.1. O carbón.
3.3. O gas natural.
3.4. A enerxía nuclear.
3.5. A enerxía hidroeléctrica.
3.6. Outras fontes enerxéticas.
4. A enerxía en España.
4.1. Aspectos xerais.
4.2. O carbón.
4.3. O petróleo.
4.4. O gas natural.
4.5. A enerxía nuclear.
4.6. O sector eléctrico.
4.7. Os recursos renováveis.
5. A planificación enerxética.
5.1. A planificación enerxética en España.
5.2. As liñas estratéxicas da planificación enerxética a escala rexional.
5.3. Programas de investigación e desarrollo enerxético.
5.4. Planes de aforro e eficiencia enerxética.
5.5. Optimización e control ambiental na utilización da enerxía.
5.6. O contexto europeo.
5.7. Métodos de planificación.
6. Energía y control ambiental.
6.1. Xeralidades.
6.2. A interrelación entre os usos da enerxía e a contaminación.
6.3. Enerxía e ambiente na Unión Europea.
7. Aspectos particulares.
7.1. Tarifación e prezo da enerxía.
7.2. Demanda e facturación de electricidade e gas.
7.3. Produción de electricidade en réxime especial.
7.4. Plan de fomento de enerxías renováveis.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados B5 B7 B9 10 30 40
Sesión maxistral B5 B7 B9 30 60 90
Proba mixta B5 B7 B9 2 8 10
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Se utilizarán documentos bibliográficos (artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Empregarase como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas e como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Sesión maxistral Consistirá na exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Proba mixta Será unha proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, coñecementos, capacidades, e destrezas. Combinará preguntas de resposta múltiple e de resposta breve.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Descrición
A atención será mediante tutorías presenciais, correo electrónico e Teams.

Permétese dispensa académica.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B5 B7 B9 A utilización das fontes aconselladas e mesmo calquera ampliación da información de aplicación será tida en conta. 40
Proba mixta B5 B7 B9 É a partida metodolóxica de mais peso na avaliación do aproveitamento do curso. 60
 
Observacións avaliación

Para os alumnos de dispensa académica a avaliación realizarase da mesma forma que para o resto de alumnos.

Os criterios de avaliación da 2ª oportunidade e da convocatoria adiantada son os mesmos que os da 1ª oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica Cartelle Barros, J., Lara Coira, M., de la Cruz, M.P., del Caño A. (2015). Assessing the global sustainability of different electricity generation systems. Energy
Cartelle Barros, J., Lara Coira, M., de la Cruz, M.P., del Caño A. (2017). Comparative analysis of direct employment generated by renewable and non-renewable power plants. Energy
Kleinpeter, M. (1995). Energy Planning and Policy. Chichester. John Wiley & Sons
Department of Development and Planning (Aalborg University) (2022). EnergyPLAN: Advanced Energy System Analysis Computer Model (https://www.energyplan.eu/). Denmark
Albi Ibáñez, E. (1989). Introducción al Análisis Coste-Beneficio. Madrid. Instituto de Estudios Fiscales
García Alonso, J.M. e Iranzo Martín, J.E. (1989). La energía en la economía mundial y en España. Madrid. Editorial AC
Furfari, S. (2007). Le Monde et l'Énergie. Enjeux géopolitiques. Paris, Editions Technip
Cartelle Barros, J., Lara Coira, M., de la Cruz, M.P., del Caño A. (2021). Probabilistic assessment of offshore wind energy potential along the Spanish coast for 10-MW wind turbines. Dyna
Cartelle Barros, J., Lara Coira, M., de la Cruz, M.P., del Caño A. (2016). Probabilistic life-cycle cost analysis for renewable and non-renewable power plants. Energy
Cartelle Barros, J., Lara Coira, M., de la Cruz, M.P., del Caño A., Soares, I. (2020). Probabilistic multicriteria environmental assessment of power plants: A global approach. Applied Energy
Cartelle Barros, J., Filgueira Vizoso, A., Castro Santos, L., Lamas Galdo, I. (2022). Sustainability evaluation of power systems using MCDM techniques. Springer

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
ENERXÍAS RENOVABLES/730G04049
CENTRALES ENERXÉTICAS/730G04052
XESTIÓN EMPRESARIAL/730G04010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":
a) A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia solicitarase preferentemente en formato virtual ou soporte informático, e poderá realizarse a través de Moodle, en formato dixital, sen necesidade de imprimilos. No caso de se realizar en papel, non se empregarán plásticos, as impresións serán a dobre cara en papel reciclado, e evitarase a impresión de borradores.
b) Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas, socioculturais ou de xénero, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías