Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) ENXEÑARÍA DA REACCIÓN QUÍMICA Código 730G04056
Titulación
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial 2
Coordinación
Vega Martin, Alberto de
Correo electrónico
alberto.de.vega@udc.es
Profesorado
Ligero Martínez - Risco, Pablo
Ruiz Bolaños, Isabel
Vega Martin, Alberto de
Correo electrónico
pablo.ligero@udc.es
isabel.ruiz@udc.es
alberto.de.vega@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A27 Capacidade para o deseño e xestión de procedementos de experimentación aplicada, especialmente para a determinación de propiedades termodinámicas e de transporte, e modelado de fenómenos e sistemas no ámbito da enxeñaría química, sistemas con fluxo de fluídos, transmisión de calor, operacións de transferencia de materia, cinética das reaccións químicas e reactores.
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
B6 Ser capaz de concibir, deseñar ou poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con rigor científico para resolver calquera problema formulado, así como de comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a un público tanto especializados como leigo dun xeito claro e sen ambigüidades
B7 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
B8 Deseñar e realizar investigacións en ámbitos novos ou pouco coñecidos, con aplicación de técnicas de investigación (con metodoloxías tanto cuantitativas como cualitativas) en distintos contextos (ámbito público ou privado, con equipos homoxéneos ou multidisciplinares etc.) para identificar problemas e necesidades
C3 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C4 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C6 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecementos sobre balances de materia e enerxía, transferencia de materia, operacións de separación, enxeñaría da reacción química, deseño de reactores e valorización e transformación de materias primas e recursos energéticos. A27
B4
B6
B7
C4
C6
Planificación estratéxica e discusión do deseño de reactores B4
B6
B7
B8
C3
C4
C6

Contidos
Temas Subtemas
UD I .- VELOCIDADE DE REACCIÓN

1. SIGNIFICACDO DA VELOCIDADE DE REACCIÓN
2. CLASIFICACIÓN DAS REACCIÓNS. VARIABLES QUE AFECTAN Á VELOCIDADE DE REACCIÓN
3. VELOCIDADE DE REACCIÓN E CONCENTRACIÓN
4. A CONCENTRACIÓN DO REACTIVO E O TEMPO
5. MODELOS PARA A VELOCIDADE DE REACCIÓN
6. VELOCIDADE DE REACCICÓN E TEMPERATURA
7. CATÁLISIS
8. MECANISMOS DE REACCIÓN
9. CINÉTICA DAS REACIÓNS HOMOXÉNEAS. REACCIÓNS SIMPLES E MÚLTIPLES. REACCIÓNS ELEMENTAIS E NON ELEMENTAIS
UD II.- EQUILIBRIO QUÍMICO EN FASE GAS

1. O EQUILIBRIO DO SISTEMA N2O4-NO2
2. EXPRESIÓN DA CONSTANTE DE EQUILIBRIO
3. DETERMINACIÓN DE K
4. APLICACIÓNS DA CONSTANTE DE EQUILIBRIO
5. EFECTOS DOS CAMBIOS NAS CONDICIÓNS DUN SISTEMA EN EQUILIBRIO
UDIII.- REACTORES QUIMICOS



1. INTRODUCCIÓN Ó DESEÑO DE REACTORES: REACTORES IDEALES
2. OPTIMIZACIÓN DE REACTORES
3. ESTABILIDAD DE REACTORES
4. FUNDAMENTOS DE CATÁLISIS
5. REACTORES MULTIFÁSICOS

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A27 24 48 72
Solución de problemas A27 B6 B7 16 16 32
Seminario B4 B8 C3 8 24 32
Proba obxectiva A27 C4 C6 4 8 12
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición de contidos con medios audiovisuais e presentacións.
Secuencias de pequenos debates
Resolución de dúbidas
Solución de problemas Resolución de problemas prácticos relacionados cos temas teóricos para facilitar os coñecementos na aplicación industrial de procesos
Seminario Prevense 4 sesións de 2 horas en grupos reducidos nas que se lles entregarán aos alumnos exercicios para resolver e corrixir na mesma sesión, e formarán parte da avaliación.
Proba obxectiva Proba escrita obxectiva para que o alumno verifique o grado de consecución dos obxectivos, utilizada para a avaliación do aprendizaxe
Pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, problemas, etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Seminario
Solución de problemas
Descrición
Atenderase ó alumnado nas horas de titorias indicadas

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A27 C4 C6 Probas escritas presenciais 60
Seminario B4 B8 C3 Resolución presencial de exercicios e entrega de resultados ós profesores 40
 
Observacións avaliación
A cualificación final de cada un dos alumnos será o resultado da ponderación, tal e como se indica máis arriba, das dúas metodoloxías que se avalían: seminarios e proba obxectiva.

Para superar a materia o alumno debe obter unha media ponderada igual ou superior a 5 puntos.

Na proba obxectiva, que se valorará de 0 a 10 puntos, será necesario obter una cualificación mínima de 4 puntos para facer a ponderación coa cualificación obtida nos seminarios. Nos posibles casos nos que a media ponderada sexa igual ou superior a 5 pero cunha avaliación na proba obxectiva inferior a 4, a cualificación final será de 4.5.

Na segunda oportunidade manterase a cualificación obtida nos seminarios durante o cuadrimestre, polo que só é obxecto de mellora a "proba obxectiva".

No caso dos alumnos de continuidade (que non tiveran superada a materia en cursos anteriores) non se considerará ningunha cualificación de cursos anteriores. É dicir: a súa avaliación abrangue exclusivamente ás actividades deste curso 2016/17.

Fontes de información
Bibliografía básica Fogler, H. Scott. (2008). Elementos de ingeniería de las reacciones químicas. Naucalpan de Juárez: Pearson Educación,
Octave Levenspiel (2003). Ingeniería de las reacciones químicas. Reverté
Levenspiel, Octave (1990). Ingeniería de las reacciones químicas . Barcelona : Reverté
Calleja Pardo, G., Martínez, de Lucas, Prats Rico, D. and Rodríguez Maroto, J. M. (). Introducción a la Ingeniería Química. Editorial síntesis
Muñoz Andrés, V. and Maroto Valiente, A. (2013). Operaciones unitarias y reactores químicos.. UNED
Masterton,W. L. and Hurley, C. N. (2003). Química. Principios y Reacciones. ThomsonParaninfo

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
TECNOLOXÍA QUÍMICA/730G04051
QUÍMICA/730G04005
ENXEÑARÍA MEDIOAMBIENTAL/730G04017

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías