Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) ENXEÑARÍA DA REACCIÓN QUÍMICA Código 730G04056
Titulación
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Química
Coordinación
Vega Martin, Alberto de
Correo electrónico
alberto.de.vega@udc.es
Profesorado
Ligero Martínez - Risco, Pablo
Vega Martin, Alberto de
Correo electrónico
pablo.ligero@udc.es
alberto.de.vega@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia abordanse os principios das reaccións químicas, así como as bases do deseño dos distintos tipos de reactores e as súas aplicacións.

Competencias do título
Código Competencias do título
A26 TEQ1 Coñecementos sobre balances de materia e enerxía, biotecnoloxía, transferencia de materia, operacións de separación, enxeñaría da reacción química, deseño de reactores e valorización e transformación de materias primas e recursos energéticos.
A27 TEQ2 Capacidade para á analise, deseño, simulación e optimización de procesos e produtos.
B4 CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
B6 B3 Ser capaz de concibir, deseñar ou poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con rigor científico para resolver calquera problema formulado, así como de comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a un público tanto especializados como leigo dun xeito claro e sen ambigüidades
B7 B5 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
B8 B7 Deseñar e realizar investigacións en ámbitos novos ou pouco coñecidos, con aplicación de técnicas de investigación (con metodoloxías tanto cuantitativas como cualitativas) en distintos contextos (ámbito público ou privado, con equipos homoxéneos ou multidisciplinares etc.) para identificar problemas e necesidades
C3 C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C4 C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C6 C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecementos sobre balanzos de materia e enerxía, biotecnoloxía, trasferencia de materia, operacións de separación, enxeñería da reacción química, deseño de reactores e valorización e transformación de materias primas e recursos enerxéticos. A26
Planificación estratéxica e discusión do deseño de reactores A27
B4
B6
B7
B8
C3
C4
C6

Contidos
Temas Subtemas
Os seguintes temas desenvolven os contidos establecidos na ficha da memoria de verificación. Cinética química homoxénea: Clasifiación, reaccións reversibles, irreversibles, autocatalíticas, reaccións simples e múltiples, reaccións elementales e non elementales. Velocidade de reacción: expresión e variables. Mecanismo de reacción: molecularidade e orde de reacción, conversión. Introdución ao deseño de reactores; Reactores ideais; Deseño para reaccións simples; Deseño para reaccións múltiples; Reactores para sistemas homoxéneos. Efectos da temperatura e da presión.
Catálise.
Ampliación de cinética química. Aplicación a reactores 1. SIGNIFICADO DA VELOCIDADE DE REACCIÓN
2. CLASIFICACIÓN DAS REACCIÓNS. VARIABLES QUE AFECTAN Á VELOCIDADE DE REACCIÓN.
3. MODELOS PARA A VELOCIDADE DE REACCIÓN.
4. VELOCIDADE DE REACCIÓN E TEMPERATURA
5. CATÁLISIS
6. MECANISMOS DE REACCIÓN
7. CINÉTICA DAS REACIÓNS HOMOXÉNEAS. REACCIÓNS SIMPLES E MÚLTIPLES. REACCIÓNS ELEMENTALES E NON ELEMENTALES
8. EQUILIBRIO QUÍMICO
Reactores quìmicos 1. INTRODUCCIÓN AO DESEÑO DE REACTORES: REACTORES IDEAIS
2. DESEÑO DE REACTORES PARA REACTORES MÚLTIPLES
3. EFECTOS DA PRESIÓN E A TEMPERATURA
4. INTRODUCCIÓN AOS REACTORES NON IDEAIS
5. REACTORES PARA SISTEMAS HETEROXÉNEOS.
6. CATÁLISE
Optimización de procesos OPTIMIZACIÓN DE REACTORES PARA REACCIÓNS SIMPLES

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B4 C3 C4 51 25.5 76.5
Traballos tutelados A27 A26 B6 B7 B8 C4 30 30 60
Proba mixta C6 C4 3 7 10
 
Atención personalizada 3.5 0 3.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introducción dalgunhas preguntas dirixidas aos estudiantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como conferencia, método expositivo ou Lección maxistral. Esta última modalidade soe reservarse a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, coun contenido que supón unha elaboración orixinal baseada no uso casi exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia
Traballos tutelados Técnica mediante a que ha resolverse unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se teñen traballado, que pode ter máis dunha posible solución
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. Canto ás primeiras, recolle preguntas abertas de desarrollo, as segundas poden combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Proporcionarase atención personalizada a cada alumno cada vez que o solicite e en data e hora a acordar cos profesores.

Nas sesións de resolución de problemas, a atención personalizada será presencial no transcurso das propias sesións.

Así mesmo, se proporcionará atención personalizada a todo o alumnado que o solicite mediante o correo electrónico, o campus virtual da UdC ou calquera outra aplicación similar.

As persoas ás que se lles conceda o recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica, deberán poñerse en contacto cos profesores, con suficiente antelación, para organizar as actividades docentes. Canto aos tipos de actividades que computan na avaliación deberán realizar as mesmas que realicen as persoas sen dispensa, preferentemente nas mesmas sesións. Se esto no fose posible, farán estas actividades avaliables en sesión extraordinarias (programadas de acordo cos profesores) similares ás do resto do alumnado e coa mesma ponderación numérica indicada no apartado “planificación” desta guía.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta C6 C4 Proba escrita presencial.
Valorarase o coñecemento dos alumnos e a forma en que resolvan situacións e/ou problemas que se lles plantearán, relacionados coa materia.
Valorarase especialmente a claridade e precisión na resolución dos aspectos da proba.
70
Traballos tutelados A27 A26 B6 B7 B8 C4 Resolución de problemas prácticos relacionados coa teoría para facilitar a aplicación dos coñecementos ao deseño de reactores. 30
 
Observacións avaliación
A cualificación final de cada alumno será o resultado da ponderación, tal e como se indica máis arriba, das dúas metodoloxías que se empregan na avaliación: solución de problemas e proba mixta.

Para superar a materia o alumno debe obter unha media ponderada igual ou superior a 5 puntos.

Na proba mixta, que se valorará de 0 a 10 puntos, será necesario obter unha cualificación mínima de 4 puntos para facer a ponderación coa cualificación obtida nos traballos tutelados.

Nos posibles casos nos que a media ponderada sexa igual ou superior a 5 pero cunha avaliación na proba mixta inferior a 4, a cualificación final será de 4,5.

Na segunda oportunidade manterase a cualificación obtida nos traballos tutelados durante o cuadrimestre, polo que só é obxecto de mellora a "proba mixta".

No caso dos alumnos de continuidade (que non tiveran superada a materia en cursos anteriores) non se considerará ningunha cualificación de cursos anteriores. É dicir: a súa avaliación abrangue exclusivamente ás actividades deste curso 19-20.


Fontes de información
Bibliografía básica Octave Levenspiel (1985). El omnilibro de los reactores químicos. Barcelona. Reverté
Fogler, H. Scott. (2008). Elementos de ingeniería de las reacciones químicas. Pearson Educación
Levenspiel, Octave (2005). Ingeniería de las reacciones químicas . Barcelona. Reverté
Santamaría, Jesus; Herguido, Javier; Menéndez, M.; Monzón, A. (2010). Ingeniería de reactores. Madrid. Síntesis

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
TECNOLOXÍA QUÍMICA/730G04051
QUÍMICA/730G04005
ENXEÑARÍA MEDIOAMBIENTAL/730G04017

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

En conformidade co obxectivo número 5 do plan de acción "Green Campus de Ferrol" -Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social- incentivarase o uso de accións que o favorezan como: - Uso de Moodle, correo electrónico e medios telemáticos para evitar o consumo de papel. - Caso de ser necesario a utilización de papel, se usará reciclado e se escribirá/imprimirá polas dúas caras, e en ningún caso se usarán carpetas ou outro material plástico.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías