Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) TECNOLOXÍA DE MATERIAIS COMPOSTOS Código 730G04061
Titulación
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Artiaga Diaz, Ramon Pedro
Correo electrónico
ramon.artiaga@udc.es
Profesorado
Artiaga Diaz, Ramon Pedro
López Beceiro, Jorge José
Correo electrónico
ramon.artiaga@udc.es
jorge.lopez.beceiro@udc.es
Web http://materiales.wikispaces.com
Descrición xeral Tecnoloxía dos materiais compostos: materiais de partida, procesos de transformación, propiedades, aplicacións, caracterización.

Competencias do título
Código Competencias do título
A9 Coñecementos dos fundamentos de ciencia, tecnoloxía e química de materiais. Comprender a relación entre a microestrutura, a síntese ou procesado e as propiedades dos materiais.
A15 Coñecementos básicos dos sistemas de produción e fabricación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Ser capaz de concibir, deseñar ou poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con rigor científico para resolver calquera problema formulado, así como de comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a un público tanto especializados como leigo dun xeito claro e sen ambigüidades
B8 Deseñar e realizar investigacións en ámbitos novos ou pouco coñecidos, con aplicación de técnicas de investigación (con metodoloxías tanto cuantitativas como cualitativas) en distintos contextos (ámbito público ou privado, con equipos homoxéneos ou multidisciplinares etc.) para identificar problemas e necesidades
B9 Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación (de carácter cuantitativo e/ou cualitativo) cunha finalidade estratéxica e que contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C5 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C6 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Seleccionar axeitadamente os materiais de partida para a fabricación de elementos construtivos en materiais compostos. A9
A15
B2
B5
B6
B8
B9
C1
C4
C5
C6
Coñecer os nanocomposto e as súas potencialidades. A9
B2
B5
B6
C6
Determinar as técnicas máis axeitadas e interpretar os ensaios de control de calidade do proceso de fabricación e do produto rematado. A9
B2
B4
B6
B9
C4
C5
C6

Contidos
Temas Subtemas
Os bloques ou temas seguintes desenrolan os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, que son: Materiais de matriz e de reforzo. Materiais compostos de matriz polimérica, cerámica e metálica: métodos de fabricación e propiedades. Diseño con materiais compostos. Técnicas de caracterización e control do producto. Nanocomposites.
I- ASPECTOS XERAIS Tema 1. Introdución.
Introdución histórica. Concepto clásico e actual. Matriz e reforzo. Tipos de materiais compostos. Materiais compostos naturais. Vantaxes e inconvenientes xerais da súa utilización. Aplicacións dos principais tipos de materiais compostos.

Tema 2. Materiais usados como matriz.
Matrices poliméricas. Curado de termoestables. Resinas de poliéster. Resinas de viniléster. Epoxi. Poliimidas. Polibencimidazoles. Matrices fenólicas e de carbono. Matrices termoplásticas. Matrices metálicas. Matrices cerámicas.

Tema 3. Reforzos.
Cargas e reforzos. Fibras. Fibra de vidro. Fibras de carbono e grafito. Fibras orgánicas. Boro, carburo de silicio e reforzos especiais. Estruturas téxtiles. Partículas e whiskers. Comparación entre distintos tipos de reforzos.

Tema 4. Interfase matriz-reforzo.
Tipos de Interaccións entre Matriz e Reforzo. Influencia da Interfase nas propiedades mecánicas. Métodos para mellorar a interfase. Ensaios da unión fibra-matriz.

Tema 5. Deseño con materiais compostos.
Aspectos xeométricos. Concordancia de propiedades mecánicas de fibra e matriz. Selección de reforzo, matriz e sistema de fabricación. Cálculo en materiais compostos. Consideracións acerca dos laminados. Moldes. Desmontaxe e reciclaxe.
II- MATERIAIS COMPOSTOS DE MATRIZ POLIMÉRICA Tema 6. Produtos intermedios de matriz polimérica.
Masas de moldeo Bulk Moulding Compound e Sheet Moulding Compound. Termoplásticos reforzados con fibra de vidro. Preimpregnados.

Tema 7. Moldeo de composites de matriz polimérica.
Laminado manual. Proxección simultánea. Moldeo con saco de baleiro e autoclave. Centrifugado. Enrolamento de filamentos. Moldeo de preimpregnados. Prensado. Pultrusión. Moldeo por transferencia. R-RIM e S-RIM. Asfalto e mesturas asfálticas.

Tema 8. Rematado e ensamblaxe.
Traballos de rematado. Técnicas de fixación mecánica. Unión adhesiva e técnicas de ensamblado. Construción sándwich.

Tema 9. Propiedades de composites de matriz polimérica.
Propiedades mecánicas estáticas. Fatiga. Temperatura de deformación baixo carga. Resistencia ao impacto. Propiedades mecano-dinámicas. Coeficientes de expansión térmica. Efectos ambientais. Propiedades mecánicas a longo prazo. Comportamento á fractura e tolerancia ao dano.

Tema 10. Composites baseados na madeira.
Características químicas e físicas da madeira. Adhesivos para a madeira. Tipos de materiais compostos. Técnicas de fabricación. Aplicacións.
III- MATERIAIS COMPOSTOS DE MATRIZ METÁLICA E DE MATRIZ CERÁMICA Tema 11. Materiais compostos de matriz metálica.
Compostos con reforzo continuo e discontinuo. Reaccións na interfase. Propiedades mecánicas e termomecánicas. Procesado.

Tema 12. Materiais compostos de matriz cerámica.
Estrutura dos materiais cerámicos. Mecanismos de fallo micro mecánico. Propiedades mecánicas. Procesado.
IV- CONTROL DE CALIDADE Tema 13. Ensaios e aseguramento da calidade.
Xeneralidades sobre os ensaios. Normas. Ensaios de fibras sen resinas: químicos, físicos e mecánicos. Ensaios sobre resina non curada. Ensaios sobre resina curada.

Tema 14. Ensaios de laminados curados.
Determinación grao de curado mediante DSC e DMA. Ensaios físicos. Ensaios mecánicos. Ensaios de resistencia ao ambiente. Comportamento en servizo. Ensaios non destrutivos.
V- PERSPECTIVAS DE FUTURO Tema 15. Tendencias actuais en materiais compostos.
Evolución e perspectiva histórica. Progreso nos métodos de análise de esforzo. Novas tendencias. Nanocompuestos. Redes poliméricas interpenetradas. Técnicas de fabricación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A9 A15 B5 B9 C4 C5 C6 24 36 60
Prácticas de laboratorio A9 B2 B5 B6 B8 C4 C6 18 18 36
Traballos tutelados A9 A15 B2 B4 B5 B6 B8 B9 C1 C5 C6 14 28 42
Proba obxectiva A9 A15 B2 B4 2 0 2
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.

1.Laminado manual dun composto vidro-poliéster.
2.Determinación do índice epoxi.
3.Determinación da entalpía residual de curado.
4.Determinación do contido en fibra de vidro.
5.Moldeo de preimpregnados con autoclave.
Traballos tutelados Metodoloxía destinada a promover a aprendizaxe independente de estudantes, baixo a tutela do profesor e varios escenarios (académicos e profesionais). El refírese principalmente a aprender "como facer as cousas." Unha opción baseada na suposición polos alumnos da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
O sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe do alumno independente e pista de saber que o titor.
Proba obxectiva Proba obxectiva escrita

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Descrición
Para abordar dúbidas que xurdan da exposición maxistral.
Discusión cos alumnos da adecuación dos métodos de busca e a pertinencia da bibliografía encontrada.
Axuda na posta en marcha das prácticas individuais.
Orientación continua nos traballos tutelados.
Resolución de dúbidas aos alumnos mentres preparan a presentación.
Orientación sobre o enfoque da investigación.
Dúbidas durante a proba. Explicacións posteriores á proba.

Non se acepta dispensa académica.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A9 A15 B2 B4 Evaluación das respostas 40
Traballos tutelados A9 A15 B2 B4 B5 B6 B8 B9 C1 C5 C6 realización del traballoo, elaboración da memoria, interpretación dos resultados. 30
Prácticas de laboratorio A9 B2 B5 B6 B8 C4 C6 realización das prácticas, elaboración da memoria, interpretación dos resultados. 30
 
Observacións avaliación

Non se acepta dispensa académica.


Fontes de información
Bibliografía básica

Composite materials : design and applications / Daniel Gay, Suong V. Hoa, Boca Raton [Florida] : CRC Press, [2007]2nd ed. ISBN 978-1-4200-4519-2

Materiales compuestos / director de la obra: Antonio Miravete; coautores: E. Larrodé... [et.al.] Antonio Miravete, 2000 reimpr.2007, ISBN 84-921349-7-6 (o.c)

Nanocomposite science and technology / P. M. Ajayan, L.S. Schadler, P.V. Braun, Weinheim: Wiley-VCH Verlag, 2004, ISBN 3-527-30359-6

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": 


A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 
• Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático 
• Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 
• En caso de ser necesario realizalos en papel:
- Non se empregarán plásticos 
- Realizaranse impresións a dobre cara. 
- Empregarase papel reciclado. 
- Evitarase a impresión de borradores.
Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural 


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías