Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) TECNOLOXÍA DOS MATERIAIS METÁLICOS Código 730G04062
Titulación
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial 2
Coordinación
Varela Lafuente, Angel Eduardo
Correo electrónico
a.varelal@udc.es
Profesorado
Varela Lafuente, Angel Eduardo
Correo electrónico
a.varelal@udc.es
Web
Descrición xeral Proceso siderúrxico integral : materias primas, forno alto. Obtención do aceiro : procesos de conversión con osíxeno e aceiría eléctrica. Metalurxia secundaria do aceiro. Os elementos de aliaxe no aceiro. Clasificación dos aceiros. Aceiros inoxidables. Fundicions. Metalurxia do aluminio. O aluminio e as suas aliaxes. Metalurxia do cobre. O cobre e as suas aliaxes. Superaliaxes. Outras aliaxes metálicas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A9 Coñecementos dos fundamentos de ciencia, tecnoloxía e química de materiais. Comprender a relación entre a microestrutura, a síntese ou procesado e as propiedades dos materiais.
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Ser capaz de concibir, deseñar ou poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con rigor científico para resolver calquera problema formulado, así como de comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a un público tanto especializados como leigo dun xeito claro e sen ambigüidades
B7 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
B8 Deseñar e realizar investigacións en ámbitos novos ou pouco coñecidos, con aplicación de técnicas de investigación (con metodoloxías tanto cuantitativas como cualitativas) en distintos contextos (ámbito público ou privado, con equipos homoxéneos ou multidisciplinares etc.) para identificar problemas e necesidades
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C2 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C3 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C4 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C5 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C6 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento dos procesos de obtención do aceiro A9
B3
B5
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
Coñecemento dos diferentes tipos de aceiros e as suas aplicacions na industria A9
B3
B4
B5
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
Coñecemento das aplicacions das fundicions A9
B6
B8
C1
C2
C3
C4
C5
C6
Coñecemento da metalurxia do aluminio e do cobre e das aplicacions das suas aliaxes A9
B3
B5
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
Coñecemento de outras aliaxes metálicas para aplicacions específicas A9
B4
B6
B8
C1
C2
C3
C4
C5
C6

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1 Materiais metálicos. Os cinco metais principais: Ferro, Aluminio, Cobre, Cinc e Chumbo.Outros metais : Níquel, Magnesio e Estaño. Metais estratéxicos : Titanio, Metais refractarios e metais para a industria nuclear. Metais preciosos.
Tema 2 O proceso siderúrxico. Materias primas. Minerais de ferro. Preparación previa dos minerais : sinterización e peletización. Carbons e coque. Proceso de coquización. Fundentes. Chatarra e prerreducidos. Obtención do arrabio. Partes do forno alto. Marcha operativa do forno alto.
Instalacions auxiliares. Productos do forno alto.
Tema 3 Fabricación do aceiro. Fundamentos da obtención do aceiro. Procesos de conversión por osíxeno. Fases do proceso.A acería eléctrica. Descripción do forno eléctrico de arco. Procesos de fabricación. Control do proceso. Ventaxas e inconvenientes do proceso de forno eléctrico de arco.
Tema 4 Metalurxia secundaria do aceiro. Sistemas de metalurxia secundaria. Objxtivos, equipos e procesos da mesma. Descripción de alguns tratamentos da metalurxia secundaria. Colada do aceio. Colada
en lingoteira. Desoxidación en lingoteira. Clasificación dos aceiros polo seu grado de desoxidación. Colada continua. Instalacions e marcha operativa. Ventaxas da colada continua.
Tema 5 Os elementos de aliaxe nos aceiros. Clasificación dos elementos de aliaxe. Influencia dos elementos de aliaxe sobre a solubilidade do carbono na austenita, sobre as coordenadas do punto eutectoide e sobre a resistencia a deformación dos constituintes dos aceiros. Reparto dos elementos de aliaxe entre as diferentes fases dos aceiros aleados
Tema 6 Clasificación xeral dos aceiros en función das suas propiedades e utilización. Aceiros de construcción. Aceiros deferramentas. Aceiros inoxidables e refractarios. Clasificación dos aceiros en
función do proceso de fabricación. Clasificación dos aceiros en función da porcentaxe de elementos de aliaxe.
Tema 7 Aceiros o carbono de construcción. Aceiros que se utilizan en bruto de forxa e laminación: composicions típicas, propiedades e aplicacions. Aceiros que se utilizan deformados en frío : características e utilización. Aceiros que se utilizan con tratamento térmico. Tratamentos habituais.
Características mecánicas acadadas. Aplicacions.
Tema 8 Aceiros especiais de construcción que se utilizan en bruto de forxa ou laminación : clasificación. Aceiros de baixa aliaxe e alto límite elástico : tipos, propiedades e aplicacions. Aceiros de fácil mecanización: tipos, propiedades e aplicacions. Aceiros especiais de alto límite elástico para a fabricación de muelles. Composicions utilizadas. Tratamentos térmicos. Fabricación de muelles e defectoloxía
Tema 9 Aceiros especiais de gran resistencia. Clasificación en función do contido en carbono, dos elementos de aliaxe e da resistencia acadable. Principais composicions utilizadas. Tratamentos térmicos. Características mecánicas. Criterios de selección. Aplicacions.
Tema 10 Aceiros de cementación : clasificación. Aceiros o carbono. Aceiros de baixa e media aliaxe. Aceiros de alta aliaxe. Selección de aceiros de cementación. Tratamentos térmicos pre e postcementación. Aceiros de nitruración : clasificación. Composicions, tratamentos térmicos e características acadadas. Aplicacions. Outros aceiros nitrurables. Aceiros máis utilizados para temple superficial por chama e por inducción
Tema 11 Aliaxes férreas con propiedades magnéticas especiais : xeneralidades. Aceiros para chapa magnética: Tipos, propiedades e tratamentos. Aliaxes de alta permeabilidade. Aliaxes de permeabilidade controlada. Aliaxes con alto valor de saturación. Aliaxes de alta magnetoestricción. Aliaxes amagnéticas.Aliaxes férreas para imans.
Tema 12 Aceiros de ferramentas. Principais tipos de aceiros de ferramentas. Propiedades e características. Aceiros de ferramentas o carbono. Aplicacions. Aceiros de ferramentasol carbono con pequenas cantidades de elementos de aliaxe.Aceiros rápidos. Tratamentos
térmicos dos aceiros rápidos. Microestructuras, propiedades e utilización.
Tema 13 Aceiros indeformables. Clasificación. Tratamentos térmicos. Microestructuras, propiedades e aplicacions. Aceiros para traballos en
quente. Clasificación. Tratamentos, propiedades e aplicacions. Selección.Aceiros de corte non rápidos. Clasificación en función do contido en carbono e o medio de temple. Composicions, tratamentos e utilización. Aceiros para traballo de choque e corte en frío : tipos,
propiedades, tratamentos e aplicacions. Aceiros resistentes o desgaste : xeneralidades.
Tema 14 Aceiros inoxidables : xeneralidades. Clasificación pola microestructura dos aceiros inoxidables. Diagramas de constitución dos aceiros inoxidables. Corrosión dos aceiros inoxidables. Aceiros inoxidables martensíticos : tipos, tratamentos, propiedades e utilización. Aceiros inoxidables ferríticos: tipos, tratamentos, propiedades e aplicacions. Aceiros inoxidables austeníticos : tipos, tratamentos, propiedades e aplicacions. Aceiros Maraging.
Tema 15 Diagrama metaestable ferro-cementita. Microestructura das fundicions brancas : hipoeutécticas,eutécticas e hipereutécticas. Variables que rexen a formación das fundicions brancas : velocidade de enfriamento e composición química. Propiedades das fundicions brancas. Aplicacions industriais. Diagrama estable ferro-grafito.Mecanismo de solidificación das fundicions grises e atroitadas. Factores que inflúen na grafitización. Microestructura das fundicions grises. Tipos de grafito. Xerminación do grafito : variables que inflúen. Propiedades das fundicions grises. Influencia do grafito sobre as propiedades mecánicas.
Tema 16 Fundicions maleables : tipos. Fundición maleable europea : fabricación, maleabilización, microestructura e propiedades. Fundición maleable americana : fabricación, maleabilización, microestructura e propiedades. Fundicions esferoidais: fabricación, tratamentos, propiedades e aplicacions. Fundicions esferoidais aleadas. Fundicions con grafito difuso. Aliaxes Centra-Steel. Fundicions aleadas. Clasificación das fundicions aleadas. Influencia dos elementos de aliaxe nas fundicions. Fundicions de baixa e media aliaxe. Fundicions brancas martensíticas. Fundicions de alta aliaxe. Fundicions grises austeníticas. Fundicions brancas o cromo. Fundicions ferríticas.
Tema 17 Obtención do aluminio. Materias primas. Preparación da alúmina. Descripción do proceso Bayer. Electrolisis da alúmina. Afino electrolítico.Aluminio. Propiedades físicas, químicas e mecánicas. Aplicacions. Influencia dos elementos de aliaxe. Clasificación das aliaxes de aluminio : aliaxes de moldeo e de forxa. Propiedades e utilización das aliaxes de aluminio. Tratamentos térmicos. Bonificado. Influencia da temperatura e o tempo na solubilización. Maduración : natural e artificial.
Tema 18 Obtención do cobre. Principais minerales de cobre. Metalurxia por via seca. Principio. Tostación parcial. Fusión para mata. Conversión da mata. Afino do cobre puro. Metalurxia por via húmeda.
Cobre. Propiedades físicas, químicas e mecánicas. Principais variedades do cobre industrial e aplicacions. Clasificación das aliaxes de cobre. Latons : comunes e aleados. Propiedades e aplicacionrs. Concepto do cinc equivalente. Tratamento térmico dos latons. Bronces : comunes, aleados e especiais. Propiedades e aplicacions. Tratamento térmico dos bronces.
Tema 19 Titanio. Propiedades físicas, químicas e mecánicas do titanio. Elementos de aliaxe. Clasificación das aliaxes de titanio. Tratamentos térmicos. Aplicacions do titanio e as suas aliaxes. Magnesio e as suas aliaxes. Propiedades e aplicacions. Aliaxes de cinc. Aliaxes de chumbo. Aliaxes de estaño. Aliaxes de baixo punto de fusión. Aliaxes metálicas refractarias..
Tema 20 Níquel. Propiedades físicas, químicas e mecánicas. Aliaxes de base níquel : binarias e ternarias. Sistema níquel-cobre. Sistema níquel-hierro. Sistema níquel-cromo. Sistema níquel-cromo-hierro.
Aliaxes de níquel de endurecimento estructural. Cobalto. Propiedades e aplicacions. Aliaxes de cobalto. Superaliaxes. Propiedades mecánicas. Influencia da composición e estructura sobre as suas propiedades .Clasificación das superaliaxes.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Presentación oral A9 B3 B4 B5 B8 C3 C4 C6 1 0 1
Proba obxectiva A9 B3 B5 C1 C4 3 3 6
Traballos tutelados A9 B3 B4 B6 B7 C1 C2 1 15 16
Sesión maxistral A9 B3 B5 B7 C1 C4 C5 30 30 60
Prácticas de laboratorio A9 B3 B6 B7 B8 C3 C4 C5 30 15 45
 
Atención personalizada 22 0 22
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Exposición verbal a través da que o alumnado e o profesorado interactúan dun xeito ordeado, plantean cuestions, facendo aclaracions e expoñendo traballos de forma dinámica
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a evaluación do aprendizaxe. Pode combinar distintos tipos de preguntas : resposta múltiple, resolución de problemas, etc.
Traballos tutelados Realización dun traballo monográfico sobre un tema relacionado co programa elexido polo propio alumno ou no seu caso proposto polo profesor
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais ca finalidade de transmitir coñecimentos e facilitar o aprendizaxe.
Prácticas de laboratorio Realización de actividades de carácter práctico : caracterización química, metalográfica e mecánica dos materiais metálicos, realización de tratamentos térmicos, etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Descrición
Farase nas titorías e tamén durante a realización das prácticas

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A9 B3 B6 B7 B8 C3 C4 C5 Terase en conta o interés mostrado na execución material das prácticas, a capacidade de manexo do equipo de laboratorio e a memoria final de resultados obtidos. 10
Presentación oral A9 B3 B4 B5 B8 C3 C4 C6 Valoraráse conxuntamente co traballo tutelado 0
Proba obxectiva A9 B3 B5 C1 C4 Constará dunha serie de preguntas relacionadas co material dado nas sesions maxistrais.
Para poder sumar a parte correspondente os traballos tutelados e as prácticas de laboratorio é necesario ter un mínimo de 4 sobre 10 na proba obxectiva.
80
Traballos tutelados A9 B3 B4 B6 B7 C1 C2 Valorarase o contido e a orixinalidade do traballo asi como as fontes usadas. Tamén a presentación oral do mesmo e a capacidade de resposta as dúbidas planteadas. 10
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica APRAIZ BARREIRO J (1975). Aceros especiales y otras aleaciones/pjp. Dossat
PERO-SANZ J.A. (2004). Aceros. Metalurgia física, selección y diseño. Cie Dossat
HATCH J.E. (1993). Aluminium : properties and physical metallurgy. A.M.S.
MARSHALL P. (1984). Austenitic stainless steels. Elsevier
DAVIS J.R (Ed.) (1996). Carbon and alloy steels. A.S.M. International
DAVIS J.R (Ed.) (1996). Cast irons. A.S.M. International
BETTERIDGE W. (1982). Cobalt and its alloys. Ellis Horwood
KING F. (1992). El aluminio y sus aleaciones. Limusa
BISWAS A.K. (1993). El cobre: metalurgia extractiva. Limusa
TURKDOGAN E.T. (1996). Fundamentals of Steelmaking. Institute of Materials, Minerals and Mining
APRAIZ BARREIRO J. (1981). Fundiciones. Dossat
PERO-SANZ J.A. (1994). Fundiciones férreas. Dossat
DORAZIL E. (1991). High strength austempered ductile iron. Ellis Horwood
PALACIOS J.M. ; ARANA J.L. ; LARBURU J.I. ; INIESTA L. (1998). La fabricación del acero. UNESID
SANCHO J.P. (1994). La metalurgia del aluminio. Düsseldorf Aluminium
BERANGER G. ; HENRY G. ; LABBE G. ; SOULIGNAC P (). Les aciers speciaux. Technique&Documentation
POLMEAR I.J. (1995). Light alloys: The metallurgy of the light alloys. Ed Edward Arnold
DI CAPRIO G. (1999). Los aceros inoxidables. Grupinox
PICKERING F.B. ( Ed.) (1992). Materials science and technology. VCH
BALLESTER A. (2000). Metalurgia extractiva. Síntesis
HEUBNER U. (Ed.) (1998). Nickel alloys. Marcel Dekker
BETTERIDGE W. (1984). Nickel and its alloys. Ellis Horwood
DAVIS J.R (Ed.) (2000). Nickel, Cobalt and their alloys. A.S.M. International
(1990). PROPERTIES AND SELECTION : IRONS, STEELS, AND HIGH PERFORMANCE. Metals Handbook
(1990). PROPERTIES AND SELECTION: NONFERROUS ALLOYS AND SPECIAL PURPOSE MATERIALS. Metals Handbook
LULA R.A. (1985). Stainless steel. A.S.M.
DAVIS J.R (Ed.) (1994). Stainless steel. A.S.M. International
LLEWELLYN D.T. (1995). Steels. Metallurgy&Applications. Butterworth Heinemannage
HONEYCOMBE R.W.K.; BHADESHIA H.K.D.H. (1995). Steels.Microstructure and properties. Edward Arnold
SMITH W.F.J (1993). Structure and properties of engineering materials. Mc Graw-Hill
BOYER R. (1994). Titanium alloys. A.S.M. International

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
CIENCIA DOS MATERIAIS/730G04007

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
TECNOLOXÍA DOS MATERIAIS NON METÁLICOS/730G04063
TECNOLOXÍA DO PROCESADO DE MATERIAIS/730G04064

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías