Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) SIMULACIÓN DE PROCESOS INDUSTRIAIS E OPTIMIZACIÓN Código 730G04065
Titulación
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Empresa
Coordinación
Garcia del Valle, Alejandro
Correo electrónico
alejandro.garcia.delvalle@udc.es
Profesorado
Crespo Pereira, Diego
Garcia del Valle, Alejandro
Lamas Rodriguez, Adolfo
Correo electrónico
diego.crespo@udc.es
alejandro.garcia.delvalle@udc.es
adolfo.lamasr@udc.es
Web
Descrición xeral Materia que trata da Simulación e Optimización como ferramentas de gran utilidade para a caracterización e comprensión dos procesos industriais con obxecto de diminuír custos e melloralos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan formularse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Ser capaz de concibir, deseñar ou poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con rigor científico para resolver calquera problema formulado, así como de comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a un público tanto especializados como leigo dun xeito claro e sen ambigüidades
B7 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
B8 Deseñar e realizar investigacións en ámbitos novos ou pouco coñecidos, con aplicación de técnicas de investigación (con metodoloxías tanto cuantitativas como cualitativas) en distintos contextos (ámbito público ou privado, con equipos homoxéneos ou multidisciplinares etc.) para identificar problemas e necesidades
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C3 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C4 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber formular e resolver problemas en situacións onde hai aleatoriedad. A1
B2
B4
B5
B6
B7
B8
Capacidade de abstracción. Comprender, analizar e caracterizar procesos. A1
B2
B4
B5
C3
Utilizar software e ferramentas para simulación. Resolver problemas de procesos industriais complexos. A1
B2
B4
B5
C1
C4

Contidos
Temas Subtemas
Los bloques o temas siguientes desarrollan los contenidos establecidos en la ficha de la Memoria de Verificación que son: Simulación. Tipos de simulación. Ferramentas de simulación. Caracterización de procesos industriais mediante simulación. Optimización de procesos e análise dos resultados.
1. Simulación Introdución. Aplicacións da Simulación.
2. Modelización e Simulación Sistemas, modelos e simulación. Tipos de simulación. O proceso de modelización.
3. Simulación de Eventos Discretos Sistemas e procesos de eventos discretos. Terminoloxía e arquitectura dun modelo de eventos discretos. Áreas de aplicación.
4. Conceptos empleados en Simulación de Eventos Discertos Ítems, propiedades e valores. Colas. Rutas. Procesamento. Unión e desunión de entidades. Recursos e quendas.
5. Técnicas avanzadas de simulación Análise de sensibilidade. Optimización. Xestión de escenarios de simulación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 B2 B4 B5 C3 6 18 24
Estudo de casos A1 B6 B7 B8 C1 25 29.5 54.5
Proba mixta A1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C3 C4 1 8 9
Traballos tutelados A1 B5 B6 B7 C4 1 20 21
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases maxistrais en grupos grandes
Estudo de casos Resolución interactiva de problemas de simulación
Proba mixta Examen corta da materia
Traballos tutelados Traballo final realizado en grupo. Farase unha defensa conxunta de todos os grupos de traballo e valorarase:

- Presentación.
- Resultados.
- Orixinalidade e innovación.
- Calidade da exposición.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Estudo de casos
Proba mixta
Descrición
A atención personalizada farase en horario de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 B5 B6 B7 C4 Traballo realizado en grupo 40
Estudo de casos A1 B6 B7 B8 C1 Proporanse ao alumno unha serie de casos para a súa resolución na aula ao longo do curso. Así mesmo fará un traballo individual que será avaliado polo profesor. 40
Proba mixta A1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C3 C4 Exame corta da asignatura 20
 
Observacións avaliación

Faranse dous traballos ó longo do curso. Uno individualizado e outro en grupo. Ambos traballos se calificarán de 0 a 10.

A calificación final NF será:

NF = 0.2xT1 + 0.8xT2

O "Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" comunicarán ó inicio do curso a súa situación os profesores da materia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC" (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b).

O alumnado nesta situación será evaluado na data aprobada na Xunta de Escola, mediante una proba obxectiva que consistirá na resolución de exercicios sobre os contidos do paso 3 da Guía.



Fontes de información
Bibliografía básica Alejandro García del Valle (2013). Apuntes de Simulación. Moodle
David Krahl, Robin Clark (2011). ExtendSIM for Discrete Event System Simulation. Imagine That!
Diego Crespo Pereira, David del Río Vilas, Nadia Rego Monteil, Rosa Ríos Prado (2012). Simulation and Highly Variable Environments: A Case Study in a Natural Roofing Slates Manufacturing Plant, Use Cases of Discrete Event Simulation. Springer
Steward Robinson (2004). Simulation. The Practice of Model Development and Use. John Wiley and Sons

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS/730G04024
ESTATÍSTICA/730G04008
XESTIÓN EMPRESARIAL/730G04010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

As notas do curso estarán dispoñibles en Moodle así como as declaracións de casos propostas.

Existe unha ampla bibliografía na Biblioteca da Escola Politécnica Superior.

Debe facer un uso sostible dos recursos ea prevención de impactos negativos sobre o medio natural

Para acadar un ambiente inmediato sostido e cumprir o obxectivo da acción número 5 ("Educación e investigación ambiental e social sa e sostible") do "Plan de Acción do Campus Verde de Ferrol", a entrega dos traballos documentais realizados neste campo:

• Pedirase en formato virtual e / ou soporte informático

• Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimir

• Se é necesario facelos en papel: a) non se usará plástico, b) realizarase impresión a dúas caras, c) utilizarase papel reciclado, d) evitarase a impresión de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías