Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Recipientes e Conducións Código 730G04071
Titulación
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Moreno Madariaga, Alicia
Correo electrónico
alicia.moreno@udc.es
Profesorado
Moreno Madariaga, Alicia
Correo electrónico
alicia.moreno@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta asignatura estúdase os criterios básicos para os recipientes sometidos a presión interna e/ou externa,
de acordo coas normas da UE e ASME, así como as técnicas de homologación precisas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral
- Solución de problemas
- Traballos tutelados (con Atención personalizada) (Computa na avaliación)
*Metodoloxías docentes que se modifican
Mantéñense todas as metodoloxías docentes modificando unicamente o seu carácter presencial.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico e Moodle: de uso pra facer consultas o resolver dúbidas segundo a necesidade do alumnado.
- Teams: de 1 a 2 sesións semanais na franxa horaria que ten asignada a materia para a resolución de dúbidas e o seguimento e apoio na realización dos traballos tutelados.
4. Modificacións na avaliación
Mantéñense as metodoloxías de avaliación e a súa ponderación que figuran na guía docente.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
- As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
B5 CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B7 B5 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
B9 B8 Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación (de carácter cuantitativo e/ou cualitativo) cunha finalidade estratéxica e que contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ser capaces de deseñar e calcular os depósitos a presión segundo a normativa en vigor, así como o control da obra a realizar B5
B7
B9

Contidos
Temas Subtemas
Os bloques ou temas seguintes desenvolven os contidos establecidos
na ficha da Memoria de Verificación.
Normativa e fabricación de recipientes a presión
Tema 1: Deseño de recipientes sometidos a presión interna. Teoría da membrana. Aplicación a recipientes esféricos, cilíndricos cónicos e troncocónicos. Depósitos de gases. Depósitos de líquidos. Normativa. Deseño de recipientes sometidos a presións intermedias. Deseño de recipientes sometidos a alta presión.
Tema 2: Deseño de recipientes sometidos a presión externa. Normativa. Presión de deseño. Deseño de carcasas cilíndricas. Deseño de carcasas esféricas. Deseño de angulares de reforzo.
Tema 3: Deseño de torres altas. Presión interna ou externa, efecto do vento, cargas sísmicas, peso, cargas
excéntricas. Combinación de esforzos. Escalonamiento de espesores. Condicións de estabilidade. Flecha máxima e vibración.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados B5 B7 B9 7 28 35
Sesión maxistral B5 B7 21 42 63
Solución de problemas B5 B7 14 28 42
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Realizarase un proxecto relacionado coa asignatura durante o curso.
Sesión maxistral O profesor expoñerá os contidos da materia.
Solución de problemas Metodoloxía consistente na formulación e resolución de casos prácticos, mediante
exposición, discusión e participación, que axuda á comprensión das bases teóricas
da materia e permite a explicación dos métodos máis frecuentes de aplicación da mesma.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Alumnado con dedicación completa:
Traballos tutelados: seguimiento e resolución de dúbidas sobre o desenvolvemento do proxecto

Alumnado a tempo parcial:
Traballos tutelados: seguimiento e resolución de dúbidas en tutorías individuais sobre o desenvolvemento do proxecto

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B5 B7 B9 Realización dun proxecto 100
 
Observacións avaliación

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:

asistencia/ participación nas actividades de clase mínima do 75%:

a) Traballos tutelados: realización do proxecto (100%)

Segunda oportunidade: mantéñense os criterios de avaliación correspondentes á primeira oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica Eugene F. Megyesy (1994 (1999 reimp.)). Manual de recipientes a presión diseño y cálculo. México. España: Limusa

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
ANÁLISE E DESEÑO DE ESTRUTURAS E CONSTRUCIÓNS INDUSTRIAIS/730G04069
RESISTENCIA DOS MATERIAIS/730G04013

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostido e cumprir co obxectivo da acción número 5: Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social do Plan de Acción Green Campus Ferrol:
A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático.
Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
En caso de ser necesario realizalos en papel:

- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.

Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías