Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Industria Intelixente. IIoT Código 730G04077
Titulación
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Becerra Permuy, Jose Antonio
Correo electrónico
jose.antonio.becerra.permuy@udc.es
Profesorado
Becerra Permuy, Jose Antonio
Paz López, Alejandro
Correo electrónico
jose.antonio.becerra.permuy@udc.es
alejandro.paz.lopez@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Esta materia pretende formar aos estudantes na Internet das cousas ( IoT = Internet of Things) e, en particular, na súa aplicación na industria ( IIoT = Industrial Internet of Things). As sesións maxistrais tratarán de proporcionar unha visión ampla e completa de todos os aspectos relevantes, mentres que o resto de actividades servirán para que os alumnos poidan levar aos práctica exemplos de aplicación de todo o que sexa posible dentro do transmitido nas sesións maxistrais.

Competencias do título
Código Competencias do título
B5 CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B7 B5 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
B9 B8 Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación (de carácter cuantitativo e/ou cualitativo) cunha finalidade estratéxica e que contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento
C4 C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C6 C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o concepto do Internet Industrial das Cousas ( IIoT). B7
C6
Elementos que o configuran, a súa interconexión e comunicación. B7
B9
Entender a maneira en que poden implementar e axudar na optimización dos procesos e á mellora da eficiencia. B5
B7
B9
C4
C6

Contidos
Temas Subtemas
Os bloques ou temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da memoria de verificación. - Introdución
- Dispositivos de monitoraxe, control e comunicación
- Visualización. Plataformas in cloud
- Comunicación e datos
- Xestión de datos
- Automatización da xestión na industria intelixente
Tema 1: Introdución
1.1.- IoT e IIoT
1.2.- Exemplos de aplicación
Tema 2: Arquitecturas
2.1.- Elementos
2.2.- Tipos
Tema 3: Dispositivos
3.1.- Tipos de dispositivos:
3.2.- Sensores e endpoints
3.3.- Actuadores
3.4.- Fuentes de enerxía
3.5.- Plataformas hardware
Tema 4: Redes de comunicación
4.1.- Tipos de redes: WAN, LPWAN, WLAN, WPAN...
4.2.- Gateways
4.3.- Protocolos de comunicación: MQTT, HTTP...
Tema 5: Procesamento da información 5.1.- Edge / Fog Computing
5.2.- Cloud computing
5.3.- Data Analytics e Machine Learning
5.4.- Dixital Twins
5.5.- Plataformas software: AWS, Azure...
Tema 6: Interfaces de usuario 6.- Interfaces de usuario
Tema 7: Seguridade
7.- Seguridade

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta B7 2.5 4.5 7
Sesión maxistral B7 B9 C4 C6 21 27.3 48.3
Solución de problemas B5 B7 B9 21 35.7 56.7
Traballos tutelados B5 B7 B9 C4 C6 0 36 36
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba de avaliación que se realizará nas correspondentes oportunidades das convocatorias oficiais. Consistirá nunha proba escrita coa finalidade de comprobar o afianzamento dos conceptos teóricos máis importantes vistos na materia.
Sesión maxistral Actividade presencial na aula que serve para establecer os conceptos fundamentais da materia. Consiste na exposición oral facendo uso profuso de medios audiovisuais e buscando a participación dos alumnos mediante a formulación de casos prácticos e a realización de preguntas, co fin de facilitar a aprendizaxe e fomentar o espírito crítico.
Solución de problemas Mediante esta actividade os alumnos implementarán no laboratorio pequenos programas / sistemas que exemplificarán os conceptos vistos nas sesións maxistrais, de forma que poidan probar no mundo real algúns dos métodos e técnicas, e valorar de primeira man os problemas (e as súas implicacións) que xorden na implementación. Durante a súa realización, o alumno poderá expor dúbidas ao profesor ou consultar os materiais que estime oportuno.
Traballos tutelados Realización dun ou varios traballos ao longo do cuadrimestre, de forma autónoma e titorizados polos profesores, que implicarán levar á práctica os conceptos vistos nas sesións maxistrais. Polo menos o traballo final será realizado en grupo e os alumnos entregarán, en soporte informático, unha memoria e terán que realizar tamén unha presentación ante o profesor e os seus compañeiros de clase.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
Solución de problemas: a atención personalizada nas clases prácticas consistirá en resolver as dúbidas conceptuais ou procedementais que poidan xurdir durante a súa realización, modulando o tempo de atención a cada alumno en función das súas necesidades individuais.

Traballos tutelados: a atención personalizada nos traballos consistirá en titorías intermedias, durante o prazo habilitado para a súa realización, que se centrarán na revisión do traballo realizado ata ese momento, suxerindo cambios e aclarando dúbidas.

Consideracións para os alumnos con matrícula a tempo parcial: acordarase con cada un deles unha atención personalizada en todas as metodoloxías anteriores compatible coa dispoñibilidade horaria do profesor.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B7 Proba final da materia que consistirá na realización dun exame individual. Esta proba terá preguntas de tipo teóricas e prácticas relacionadas cos conceptos estudados nas clases maxistrais, nas prácticas de laboratorio ou cos contidos dos traballos / proyectos tutelados.

Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
PM: nota obtida nesta proba.
30
Traballos tutelados B5 B7 B9 C4 C6 Desenvolvemento dun ou varios proxectos individuais ou en grupos reducidos. Será necesario entregar os materiais en tempo e forma seguindo as indicacións do enunciado. Polo menos o traballo final requirirá a exposición oral por parte de todos os integrantes do grupo de traballo, empregando para iso a presentación entregada. A non realización da presentación supoñerá unha nota de cero nesta actividade.

Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
TT: nota obtida no traballo tutelado.
70
 
Observacións avaliación
Para poder aprobar a materia o estudante deberá cumprir os seguintes requisitos (puntuación entre 0 e 10 en todas as actividades):
  1. Que a nota nos traballos tutelados sexa maior ou igual que 5.
  2. Que a nota na proba mixta sexa maior ou igual que 5.
Se non se cumpren todos os requisitos anteriores a cualificación será de suspenso e a nota numérica máxima que se poderá obter, na oportunidade correspondente, será de 4,5 puntos. Se se cumpren os requisitos esixidos, a nota final calcularase da seguinte forma:
  • NOTA FINAL = 0,3*PM + 0,7*TT
Notas sobre as actividades:
  • No caso dos alumnos matriculados a tempo parcial, ofreceráselles a posibilidade de pasar a parte da puntuación dos traballos tutelados á proba mixta. Igualmente cos alumnos que se presenten na convocatoria de decembro. Por iso, é necesario que os estudantes se poñan en contacto cos profesores ao comezo do curso.
  • Todas as actividades terán unha única oportunidade para a súa entrega durante o curso académico, salvo a proba mixta que terá dúas oportunidades oficiais de exame. Por tanto, as notas obtidas durante o curso nos traballos tutelados gárdanse para a oportunidade de xullo, NON SENDO POSIBLE REPETILOS.
  • De acordo ao artigo 14, apartados 1 e 3 da normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, cuxa última versión é do 29 de xuño de 2017, a copia ou intento de copia (ou calquera comportamento impropio) durante unha proba implicará a cualificación de suspenso cun 0 nas dúas oportunidades da convocatoria anual.
  • De acordo ao artigo 14, apartado 4 da mesma normativa, o plaxio de calquera traballo implicará a cualificación de suspenso cun 0 no devandito traballo.

Fontes de información
Bibliografía básica Veneri, G., & Capasso, A. (2018). Hands-On Industrial Internet of Things. Packt Publishing Ltd.
Dow, C. (2018). Internet of Things Programming Projects. Packt Publishing Ltd.

Bibliografía complementaria Ravulavaru, A. (2018). Enterprise Internet of Things Handbook. Packt Publishing Ltd.
Lea, P. (2018). Internet of Things for Architects. Packt Publishing Ltd.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
INFORMÁTICA/730G04004

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Para axudar a conseguir unha contorna sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5 ("Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social") do "Plan de Acción Green Campus Ferrol" a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.

2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

3. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías