Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Proxecto Interdisciplinar I Código 730G04078
Titulación
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Lema Rodríguez, Marcos
Correo electrónico
marcos.lema@udc.es
Profesorado
Lema Rodríguez, Marcos
López López, Manuel
Sanjurjo Maroño, Emilio
Correo electrónico
marcos.lema@udc.es
manuel.lopez.lopez@udc.es
emilio.sanjurjo@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é que os alumnos poidan elaborar un proxecto de enxeñería de forma íntegra nun tema de interese para unha empresa concreta, poñendo en práctica os coñecementos adquiridos nas materias cursadas ata este momento, e como elemento que facilite a posterior integración no mundo laboral, actuando como ponte entre a súa formación no rol de alumnos e o que desempeñarán como enxeñeiros na súa futura actividade profesional. Para iso, impartiranse seminarios sobre aspectos concretos que poidan quedar fóra das materias xa cursadas e realizarase un seguimento minucioso do proxecto que deberán de realizar. O traballo aquí realizado será susceptible de ser continuado en traballos fin de grao.

Competencias do título
Código Competencias do título
B5 CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B7 B5 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
B9 B8 Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación (de carácter cuantitativo e/ou cualitativo) cunha finalidade estratéxica e que contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Desenvolvemento de capacidades técnicas e de deseño B5
B9
Desenvolvo de soft skills: traballo en grupo, comunicación B5
B9
Preparación para o desenvolvemento profesional no ámbito da enxeñería. B7
Experiencia coa resolución de problemas profesionais reais. B7
B9
Desenvolvemento da compresión da perspectiva industrial: incluíndo aspectos de regulamentos, legais e económicos B7
Coñecemento das tecnoloxías industriais B7
Someterse a avaliacións sobre os resultados dos seus proxectos B5
B7
B9

Contidos
Temas Subtemas
Conceptos de deseño e cálculo en proxectos I. Conceptos de deseño e cálculo en proxectos I.
Conceptos de xestión de proxectos. Conceptos de xestión de proxectos.
Coñecementos do proceso de desenvolvemento de produtos. Coñecementos do proceso de desenvolvemento de produtos.
Capacidade de traballo en equipo. Capacidade de traballo en equipo.
Comunicación gráfica, oral e escrita. Comunicación gráfica, oral e escrita.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B9 B7 42 42 84
Traballos tutelados B5 B7 0 61 61
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais consistirán en seminarios especializados que teñan un interese significativo para a realización do proxecto para desenvolver polos alumnos. Estes seminarios impartiranse por profesores expertos nas súas respectivas areas de coñecemento e a asistencia será obrigatoria.
Traballos tutelados O traballo tutelado consistirá na realización en grupo do proxecto asignado aos alumnos, en concerto coas empresas colaboradoras. O obxectivo do proxecto é un desenvolvemento dunha solución conceptual do problema proposto. Este desenvolvemento farase en varias fases. Ao final de cada unha o profesorado e os representantes das empresas proporcionarán o seu feedback e irán avaliando as propostas iniciais e guiando o desenvolvemento do proxecto.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Será necesario mostrar os avances que se vaian realizando para ofrecer a orientación adecuada, resolver dúbidas e asegurar a calidade do traballo. Estas titorías realizaranse en grupo e de forma presencial.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B5 B7 Traballo autónomo en grupos reducidos. Será necesario entregar os materiais (documento e presentación) en tempo e forma. Ademais, requirirá a exposición oral pública por parte de todos os integrantes do grupo de traballo, empregando para iso a presentación entregada. Terase en conta para a avaliación desta actividade a memoria e a presentación entregada así como as contestacións ás preguntas do profesor durante a presentación obrigatoria. A non realización da presentación supoñerá unha nota de cero.

Criterios xerais de avaliación:
* Claridade, extensión e calidade da memoria do traballo.
* Claridade e calidade da exposición oral do traballo.
* Dominio do tema e adecuación das contestacións do alumno ás preguntas do profesor na sesión de exposición.
100
 
Observacións avaliación

Se un alumno non supera a materia na primeira oportunidade, na segunda oportunidade unicamente poderá entregar a revisión e mellora daqueles traballos entregados e cualificados como non aptos previamente. 

A asistencia e participación aos seminarios e actividades de seguimento é obrigatoria para poder ser avaliado, non habendo métodos alternativos de avaliación para os alumnos matriculados a tempo parcial / con dispensa académica.

De acordo ao artigo 14, apartado 4 da normativa de avaliación, revisión e reclamación dos estudos de grao e máster universitario, cuxa última versión é do 29 de xuño de 2017, o plaxio de calquera traballo implicará a cualificaciónde suspenso cun 0 no devandito traballo.


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Proxecto Interdisciplinar II/730G04079

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5 ("Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social") do "Plan de Acción Green Campus Ferrol" a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.

2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

3. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías