Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Matemáticas 1 Código 730G05001
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Brozos Vázquez, Miguel
Correo electrónico
miguel.brozos.vazquez@udc.es
Profesorado
Brozos Vázquez, Miguel
Correo electrónico
miguel.brozos.vazquez@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral Nesta materia faise unha introdución á Álxebra linear e ao Cálculo diferencial e integral de funcións de unha variable.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan formularse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os seus coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización
B1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita encontrarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
C4 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas que deben enfrontarse

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar conceptos e ferramentas matemáticas para abordar problemas que poidan presentarse na Enxeñería. A1
B1
B2
B5
B6
C4
Demostrar o manexo de determinadas técnicas da Álxebra linear, Xeometría e Cálculo Diferencial e Integral para aplicalos na resolución de problemas. A1
B1
B2
B5
B6
C4

Contidos
Temas Subtemas
O espazo R^n - O plano complexo. Operacións con complexos. Forma polar e exponencial.
- Estrutura vectorial:
Os espazos vectoriais: R^2 e R^3.
Subespazos vectoriais.
Bases e dimensión. Coordenadas.
Sistemas de ecuacións lineares.
- Estrutura métrica:
Produto escalar, norma e distancia.
- Estrutura topolóxica:
Clasificación topolóxica de puntos e conxuntos.
Coordenadas polares, cilíndricas e esféricas.
Apicacións lineares Correspondencias. Aplicacións.
Aplicacións lineares.
Propiedades das aplicacións lineares.
Matriz asociada a unha aplicación linear.
Diagonalización de endomorfismos: subespazos invariantes, autovalores e autovectores, endomorfismos diagonalizables.
Cálculo diferencial Topoloxía en R.
Funcións de unha variable. Continuidade.
Diferenciación de funcións de unha variable.
Polinomio de Taylor.
Curvas parametrizadas en R^n. Reparametrización.
Cálculo integral Sumas de Riemann.
Funcións integrables. Teoremas do cálculo integral: Teorema do Valor Medio, Teorema Fundamental e Regra de Barrow.
Cálculo de primitivas.
Interpolación polinómica.
Integración numérica: método de Simpson.
Cálculo de volumes. Lonxitudes de curvas e integrais de liña de funcións escalares.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 B5 B6 C4 30 30 60
Solución de problemas A1 B1 B2 B5 B6 C4 30 30 60
Traballos tutelados A1 B1 B2 B5 B6 C4 0 16 16
Proba mixta A1 B1 B2 B5 B6 C4 5 5 10
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta e exercicios aplicados da materia, a partir dos coñecementos que se traballaron.
Traballos tutelados Exercicios que realizará o alumnado autonomamente e que serán avaliados polo profesorado da materia.
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
Os contidos da materia así como as distintas metodoloxías empregadas requiren que o alumnado traballe tamén autonomamente. Isto pode provocar que xurdan dúbidas que se poderán resolver personalizadamente preguntando ao profesorado nas titorías. Estas serán presenciais cando as circunstancias o permitan e telemáticas noutro caso.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia fará uso das titorías como referente para o seguimento da materia e o traballo autónomo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 B1 B2 B5 B6 C4 Probas escritas que son utilizadas para a avaliación da aprendizaxe. A proba constará de dúas partes e a nota será a suma das notas obtidas en cada unha delas.

1) A avaliación da primeira parte realizarase no periodo de docencia mediante un exame parcial e farase, previsiblemente, en base ós contidos dos temas 1 e 2. Esta parte será eliminatoria (no caso de superala, a nota gardarase para o presente curso ata a 2ª oportunidade) e recuperable.

2) A segunda parte realizarase no período usual de exames finais en xaneiro, xunto cunha recuperación para aqueles que non aprobaran a primeira parte no parcial.

No caso de aprobar algunha das dúas partes, ben sexa no parcial ou no exame final de xaneiro, o aprobado conservarase para o presente curso, ata a celebración do exame da 2ª oportunidade.

Para superar a materia é necesario obter como mínimo un 30% da cualificación máxima en cada unha das partes.
80
Traballos tutelados A1 B1 B2 B5 B6 C4 Ao longo do cuadrimestre proporase un traballo relacionado cos contidos da materia para realizar autonomamente polo alumnado. 20
 
Observacións avaliación

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia ás clases avaliarase coa entrega de traballos e  nas probas
mixtas nas mesmas condicións que o resto do alumnado.

A avaliación na 2ª oportunidade e na convocatoria adiantada de decembro farase seguindo os mesmos criterios que na 1ª oportunidade.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación das dúas oportunidades.


Fontes de información
Bibliografía básica Burgos, J. (1993). Álgebra lineal. McGrawHill
Grossman, S. I. (1995). Álgebra Lineal con Aplicaciones.. Mcgraw-Hill
Lay, D. C. (2007). Álgebra lineal y sus aplicaciones. Addison-Wesley
Larson, R., Edwards, B.H., Calvo, D. C. (2004). Álgebra lineal.. Pirámide Ediciones
Granero Rodríguez, F. (1991). Álgebra y Geometría Analítica. Mcgraw-Hill
González Rodríguez, R. (2022). Álxebra linear. Historia, teoría e práctica.. Universidade de Vigo
García, A. et al. (2007). Cálculo I. Teoría y Problemas de Análisis Matemático en Una Variable. Madrid. Clagsa
Burgos Román, Juan de (2007). Cálculo infinitesimal de una variable. Madrid. McGraw-Hill
Soler, M., Bronte, R., Marchante, L. (1992). Cálculo infinitesimal e integral. Madrid
García Castro, F., Gutiérrez Gómez, A. (1990-1992). Cálculo Infinitesimal. I-1,2. Pirámide. Madrid
Tébar Flores, E. (1977). Cálculo Infinitesimal. I-II. Madrid. Tébar Flores
Coquillat, F (1997). Cálculo Integral. Madrid. Tebar Flores
Marsden, J., Tromba, A. (2010). Cálculo vectorial. ADDISON WESLEY
Larson, R., Hostetler, R., Edwards, B. (2013). Calculus. . Brooks Cole
Salas, L., Hille, E., Etgen, G. (2003). Calculus. vol I-II. Madrid. Reverté
Ladra, M., Suárez, V., Torres, A. (2003). Preguntas test de Álgebra Lineal y Cálculo Vectorial. E. U. Politéctica
Villa Cuenca, A. (1994). Problemas de Álgebra.. CLAGSA
Gómez Bernúdez, C. (2015). Problemas de Álxebra Linear.. Andavira
Gómez Bernúdez, C, Gómez Gratacos, F. (2018). Problemas de Cálculo. Anvavira

Bibliografía complementaria

Recoméndanse recursos bibliográficos da páxina

http://maxima.sourceforge.net/

para o uso do programa Maxima, que servirá de apoio nesta materia.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Matemáticas 2/730G05005
Ecuacións diferenciais/730G05011

Observacións

Recoméndase a asistencia ao "Curso 0", onde se tratarán preliminares da materia.

Para contribuír a acadar unha veciñanza saudábel e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudábel e sustentábel ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol", a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

              •  Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático, sen necesidade de imprimilos.

              •  En caso de ser necesario realizalos en papel, dentro do posible:

                  -     Non se utilizarán plásticos.

                  -      Realizaranse impresións a dobre cara.

                  -      Utilizarase papel reciclado.

                  -      Evitarase a impresión de borradores.

          En xeral, farase un uso sostible dos recursos e evitaranse na medida do posible impactos negativos sobre o medio natural. Ademais, terase en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías