Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Física 1 Código 730G05002
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Alvarez Feal, Jose Carlos Juan
Correo electrónico
carlos.alvarez@udc.es
Profesorado
Alvarez Feal, Jose Carlos Juan
Saavedra Otero, Emilio
Correo electrónico
carlos.alvarez@udc.es
emilio.saavedra@udc.es
Web
Descrición xeral Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo, así como da súa aplicación para resolver problemas propios da enxeñaría.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos:

NON SE MODIFICAN

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
SESIÓN MAXISTRAL NO PRESENCIAL


*Metodoloxías docentes que se modifican:

SOLUCIÓN DE PROBLEMAS VIA TEAMS. PRÁCTICAS DE LABORATORIO VIRTUAIS: O PROFESOR FACILITARÁ DATOS EXPERIMENTAIS E O ALUMNADO CUBRIRÁ O INFORME DE CADA PRACTICA DE ACORDO AO INDICADO NOS GUIÓNS DE PRACTICAS E ENTREGARAOS NA TAREFA CORRESPONDENTE DE MOODLE, CADA UNHA NA SÚA DATA PREVISTA DE
REALIZACIÓN.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:

-TITORÍAS VÍA EMAIL O REUNIÓN VIA TEAMS PREVIA CITA POR CORREO.
-TEST DE AUTOEVALUACIÓN DE TEORÍA CON ACCESO PERMANENTE EN MOODLE

4. Modificacións na avaliación:

AS PROBAS OBXECTIVAS SERÁN NON PRESENCIAIS.

*Observacións de avaliación:

PROBAS DE TEORÍA: CUESTIONARIOS DE RESPOSTAS CURTAS TIPO TEST (VERDADEIRO/FALSO, RESPOSTA MÚLTIPLE OU COMBINACIÓN DELAS), VIA MOODLE.

PROBAS DE PROBLEMAS: RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS DE VARIOS TEMAS E ENVÍO DE SOLUCIÓNS E CÁLCULOS Á TAREFA CORRESPONDENTE DE MOODLE.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:

SE AS CONDICIÓNS IMPOSTAS NA CONTINXENCIA IMPIDE O ACCESO Á BIBLIOTECA, O PROFESOR FACILITARÁ BIBLIOGRAFÍA ONLINE OU DOCUMENTACIÓN EN FORMATO DIXITAL SIMILAR Á PROPOSTA NA GUÍA DOCENTE

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo, así como da súa aplicación para resolver problemas propios da enxeñaría
B1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita encontrarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
C5 Asumir como profesionais e cidadáns a importancia da aprendizaxe ao longo da vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo, así como da súa aplicación para resolver problemas propios da enxeñaría. A2
B1
B3
B5
B6
C1
Asume como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe continua ao longo da vida. C5

Contidos
Temas Subtemas
Os capítulos seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, a saber: magnitudes, unidades e dimensións, sistemas de vectores, cinemática, estática e dinámica da partícula, do sistema de partículas e do sólido ríxido, mecánica de fluídos e ondas mecánicas.
Capítulo I TEMAS PRELIMINARES Tema 1 Introducción á física
Tema 2 Magnitudes físicas
Tema 3 Magnitudes vectoriais
Capítulo II ESTÁTICA Tema 4 Equilibrio do punto material
Tema 5 Sistemas de forzas
Tema 6 Equilibrio do sólido ríxido
Capítulo III CINEMÁTICA Tema 7 Cinemática do punto
Tema 8 Movemento relativo
Capítulo IV DINÁMICA DO PUNTO MATERIAL Tema 9 Principios fundamentais da dinámica do punto
Tema 10 Traballo e enerxía
Capítulo V DINÁMICA DOS SISTEMAS Tema 11 Dinámica dun sistema de partículas
Tema 12 Dinámica do sólido ríxido
Capítulo VI DINÁMICA DOS MEDIOS DEFORMABLES Tema 13 Sólidos deformables
Tema 14 Estática de fluídos
Tema 15 Dinámica de fluídos
Capítulo VII Ondas mecánicas Tema 16 Movemento ondulatorio
Tema 17 Son

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 B6 C5 30 27 57
Solución de problemas B1 B3 B5 C1 20 20 40
Prácticas de laboratorio B5 C1 10 4 14
Proba mixta A2 B1 B3 B6 2 3 5
Proba mixta A2 B1 B3 B6 4 8 12
Proba mixta A2 B1 B3 B6 4 8 12
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clase de teoría nunha reunión de Microsoft Teams.
O profesor expondrá os principios fundamentais de cada tema e exemplos de aplicación.
Indicará donde obter información complementaria.
Solución de problemas Realizarase presencial no grupo mediano:
O profesor resolverá exercicios ou demostracións teóricas.
Prácticas de laboratorio Realización das prácticas de laboratorio: 3 ou 4 prácticas de 2 h cada una.
Proba mixta O curso se divide en 2 partes, cada unha con seu examen de control.
A primeira comprenderá os capítulos de vectores, estática e cinemática.
A proba realizarase ao longo do curso en data fixadas polo calendario de exames.
Proba mixta
A proba obxectiva final, abarcará a segunda parte da materia:
Dinámica do punto, Dinámica do sólido, Fluídos e Ondas mecánicas.
Será realizada na data de exame final aprobada en Xunta de Centro.

Proba mixta A proba obxectiva de segunda oportunidade incluirá toda a materia que indiquen os profesores.
Será realizada na data aprobada en Xunta de Centro.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Descrición
Titorías sobre os temas das aulas maxistrais, sobre a resolución de exercicios, debates e outros ámbitos relacionados coa materia.

Os/as estudantes matriculados/as na modalidade de Dispensa académica deberán:

i asistir ás probas obxectivas (exames) da materia,
ii realizar as tres ou catro prácticas de laboratorio do programa, os profesores de prácticas facilitarán a elaboración das mesmas
iii e entregar, ben en man ben electronicamente, os exercicios previstos nas datas fixadas, podendo facer as titorías telematicamente,
iv As/os estudantes con dispensa académica tamén están obrigados á realización dos test de autoavaliación de cada tema de teoría.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B5 C1 • A asistencia ao laboratorio é obrigatoria e excluínte. Para ser avaliado os/as alumnos/as deben ter feito 3 ou 4 prácticas (dependo das circunstancias sanitarias).

• Non se admiten faltas non justificadas.

• A asistencia e realización de todas as practicas será puntuada sobre 10 e representará o 10 % da nota final.





10
Proba mixta A2 B1 B3 B6 • Haberá una proba ao longo do cuadrimestre que abarcará os capítulos de introducción á física, estática e cinemática.

• A contribución desta proba á nota final será do 30 % da nota final.

• A proba constará dunha parte de teoría (T = 40 % da nota), unha de problemas (30 % da nota) e os exercicios entregados (30% da nota).

• A nota final de a proba será calculada como sigue:

NOTA (E1)=0.4T+0.3P+0.3E

• De non cumprir co mínimo de 4 asistencias a titorías a NOTA(E1) será penalizada con 0.5, é dicir, NOTA(E1) = 0.4T+0.3P+0.3E - 0.5

A calificaciòn indicada (21 % sobre o total) só inclúe a puntuación obtida na proba obxectiva (teoria+problemas). A valoracion dos 30 exercicios propostos está incluída en apartado de solución de problemas (9 % do total de 24 %).





21
Proba mixta A2 B1 B3 B6 • Haberá una proba ao final do cuadrimestre que abarcará os capítulos de dinámica do punto, dinámica do sólido, medios continuos e ondas mecánicas.

• A contribución desta proba á nota final será do 50 %, cinco puntos sobre dez.

• O sistema de puntuación será igual que o do apartado anterior.

• Realizarase coincidindo coa data do exame final aprobada en Xunta de Centro.

A calificaciòn indicada (35 % sobre o total) só inclúe a puntuación obtida na proba obxectiva (teoria+problemas). A valoracion dos 35 exercicios propostos está incluída en apartado de solución de problemas (15 % do total de 24 %)
35
Sesión maxistral A2 B6 C5
• A asistencia ás sesións maxistrais é obrigatoria. Para a súa avaliación contabilizarase a realización dos test de autoavaliación dispoñibles en Moodle. Requírese un intento realizado en cada tema para lograr a máxima puntuación.


• Dado o carácter non presencial, as/os estudantes con Dispensa académica tamén están obrigados á realización dos test de autoavaliación de cada tema.




10
Solución de problemas B1 B3 B5 C1 • A asistencia ás clases de solucións de problemas é obrigatoria. Permitiranse un máximo de 5 faltas non xustificadas ao longo do curso.

• Proporanse 65 exercicios (30+35) a resolver polos alumnos. Para puntuar, deberán facerse ben un mínimo de 80 % de exercicios por cada entrega. A nota distribuirase proporcinalmente comezando en 5 (80 % de exercicios ben resoltos) ata o 10 (100 % correctos)

Só se admite a entrega dos problemas nas datas fixadas.

• Haberá que cumprir un número mínimo de titorías: 4 asistencias antes de cada proba obxectiva (8 en total). En caso de non satisfacer este requisito a nota dos exercicios será penalizada.





24
Proba mixta A2 B1 B3 B6
Na proba de segunda oportunidade, o/a estudante só terá que examinarse da parte que indiquen os profesores.

(*) A porcentaxe desta proba sobre a nota final depende da parte que teña que examinarse.

A valoración obtida da asistencia á teoría, prácticas de laboratorio e exercicios entregados será conservada de cara á obtención da nota final.
0
 
Observacións avaliación

A nota final da materia deducirase da ecuación: Nota = 0.1* Prácticas + 0.1*Asistencia + 0.3*E1 + 0.5*E2

A nota final para estudantes con Dispensa académica ven determinada por: Nota =0.1* Prácticas  + 0.3375*E1 + 0.5625*E2

onde:

Prácticas representa a nota de prácticas de laboratorio.
Asistencia representa o número de asistencias do alumno/ total
E1 representa a nota da primeira proba obxectiva
E2 representa a nota da proba obxectiva final

Criterios para a
avaliación de resolución de problemas propostos e probas
obxectivas.

Para
a avaliación da competencia: Comprensión e dominio dos conceptos
básicos sobre leis xerais da estática, cinemática, dinámica e
ondas e a súa aplicación para a resolución de problemas de
enxeñaría.
Utilizarase a rúbrica como instrumento de
avaliación, tendo en conta as seguintes subcompetencias:

  • Posúe coñecementos
    e conceptos sobre leis xerais


  • Analiza un problema,
    identifica magnitudes e a súa importancia relativa


  • Utiliza as
    ferramentas de análises e cálculo apropiadas


  • É capaz de analizar
    a coherencia do resultado, indicándoo.


  • Obtén resultados
    numéricos sen erros


  • Expresa o resultado
    coas unidades de medida adecuadas

Os criterios de avaliación da 2ª oportunidade (exame de xuño/xullo) son os mesmos que para as outras probas obxectivas.

Fontes de información
Bibliografía básica Tipler, Paul Allen (1992). Física. Reverté
Serway, Raymond A. (1992). Física. McGraw-Hill
Francis Sears, Zemansky, Young (1986-1998). Física Universitaria. Addison-Wesley

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
CÁLCULO/730G02101
EXPRESION GRAFICA/730G02103
ÁLXEBRA/730G02106
ECUACIÓNS DIFERENCIAIS/730G02110

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostido e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":          

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:           

1.1 Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático           

1.2 Realizaranse a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de impresión           

1.3 No caso de ser necesario a súa realización en papel:               

    • Non se empregarán plásticos              
    • Realizaranse impresiones a dobre cara.                
    • Empregarase papel reciclado.
    • Evitarase a impresión de borradores.

Asemade, incorporase a perspectiva de xénero na docencia desta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…)



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías