Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Física 1 Código 730G05002
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Saavedra Otero, Emilio
Correo electrónico
emilio.saavedra@udc.es
Profesorado
Saavedra Otero, Emilio
Correo electrónico
emilio.saavedra@udc.es
Web
Descrición xeral Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica e ondas , así como da súa aplicación para resolver problemas propios da enxeñaría.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo, así como da súa aplicación para resolver problemas propios da enxeñaría
B1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita encontrarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
C5 Asumir como profesionais e cidadáns a importancia da aprendizaxe ao longo da vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo, así como da súa aplicación para resolver problemas propios da enxeñaría. A2
B1
B3
B5
B6
C1
Asume como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe continua ao longo da vida. C5

Contidos
Temas Subtemas
Os capítulos seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, a saber: magnitudes, unidades e dimensións, sistemas de vectores, cinemática, estática e dinámica da partícula, do sistema de partículas e do sólido ríxido, mecánica de fluídos e ondas mecánicas.
Capítulo I TEMAS PRELIMINARES Tema 1 Introducción á física
Tema 2 Magnitudes vectoriais
Tema 3 Magnitudes físicas
Capítulo II ESTÁTICA Tema 4 Equilibrio do punto material
Tema 5 Sistemas de forzas
Tema 6 Equilibrio do sólido ríxido
Capítulo III CINEMÁTICA Tema 7 Cinemática dunha partícula
Tema 8 Movemento relativo
Capítulo IV DINÁMICA DO PUNTO MATERIAL Tema 9 Principios
Tema 10 Traballo e enerxía
Capítulo V DINÁMICA DOS SISTEMAS Tema 11 Dinámica de sistemas de partículas
Tema 12 Dinámica dos sólidos ríxidos
Capítulo VI DINÁMICA DOS MEDIOS DEFORMABLES Tema 13 Medios deformables
Tema 14 Estática de fluídos
Tema 15 Dinámica de fluídos
Capítulo VII Ondas mecánicas Tema 16 Movemento ondulatorio
Tema 17 Son

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 B6 C5 30 30 60
Solución de problemas B1 B3 B5 C1 20 30 50
Prácticas de laboratorio B5 C1 10 0 10
Proba mixta A2 B1 B3 B6 4 6 10
Proba mixta A2 B1 B3 B6 4 6 10
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizarase co grupo grande.
O profesor exporá os principios fundamentais de cada tema e exemplos de aplicación.
Indicará onde obter información complementaria.
Solución de problemas Realizarase presencial no grupo mediano:
O profesor resolverá exercicios ou demostracións teóricas.
Prácticas de laboratorio Realización das prácticas de laboratorio: 4 prácticas de 2 h cada una.
Proba mixta O curso dividese en 2 partes, cada unha con seu exame de control.
A primeira comprenderá os capítulos de introducción, estática e cinemática.
A proba realizarase ao longo do curso en data fixadas polo calendario de exames.
Proba mixta A proba obxectiva final abarcará a segunda parte da materia:
Dinámica do punto, Dinámica do sólido, Medios Continuos e Ondas Mecánicas.
Será realizada na data de exame final aprobada en Xunta de Centro.


Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Descrición
Titorías presenciais sobre os temas das aulas maxistrais, sobre a resolución de exercicios, debates e outros ámbitos relacionados coa materia. Circunstancialmente poderá usarse o correo electrónico e a plataforma Teams para realizar as titorías.

Os/as estudantes matriculados/as na modalidade de Dispensa académica deberán:

i asistir ás probas obxectivas (exames) da materia,
ii realizar as prácticas de laboratorio do programa, os profesores de prácticas facilitarán a elaboración das mesmas
iii e entregar, ben en man ben electronicamente, os exercicios previstos nas datas fixadas, podendo facer as titorías telematicamente,
iv As/os estudantes con dispensa académica tamén están obrigados á realización dos test de autoavaliación de cada tema de teoría.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B5 C1 • A asistencia ao laboratorio é obrigatoria e excluínte.

• Para ser avaliado os/as alumnos/as deben ter feito as prácticas que se indiquen.

• Non se admiten faltas non xustificadas.

• A asistencia e realización de todas as practicas representará o 10 % da nota final.





10
Proba mixta A2 B1 B3 B6 • Haberá unha proba ao longo do cuadrimestre que abarcará os capítulos de introducción á física, estática e cinemática.

• A proba estará en galego e en castelán.

• A contribución desta proba á nota final será de tres puntos como máximo, o 30 % da nota final.

• A proba constará dunha parte de teoría (T con 1.2 puntos, máximo) e unha de problemas (P con 1 punto, máximo) . Tamén se contabilizarán os exercicios entregados H1.

• A nota final da proba será calculada como sigue: NOTA (E1)=T + P + H1

• De non cumprir co mínimo de 4 asistencias a titorías a NOTA(E1) será penalizada con 0.5, é dicir, NOTA(E1) = T+ P + H1 - 0.5






22
Proba mixta A2 B1 B3 B6 • Haberá unha proba ao final do cuadrimestre que abarcará os capítulos de dinámica do punto, dinámica do sólido, medios continuos e ondas mecánicas.

• A proba estará en galego e en castelán.

• A contribución desta proba á nota final será de seis puntos como máximo, o 60 % da nota final.

• O sistema de puntuación seguirá as mesmas proporcións que no apartado anterior: T con 2.4 puntos máximo e P con 2 puntos máximo. Tamén se contabilizarán os exercicios entregados H2. Entón,

NOTA (E2)=T + P + H2

• De non cumprir co mínimo de 4 asistencias ás titorías a NOTA(E2) será penalizada con 0.5, é dicir, NOTA(E2) = T+ P + H2 - 0.5

• Realizarase coincidindo coa data do exame final aprobada en Xunta de Centro.
44
Sesión maxistral A2 B6 C5 • A asistencia ás sesións maxistrais é obrigatoria. Para o seu estudo disporase de varios test de autoavaliación de cada tema na plataforma do Campus Virtual.


• As/os estudantes con Dispensa académica tamén disporán dos test de autoavaliación de cada tema.




0
Solución de problemas B1 B3 B5 C1 • A asistencia ás clases de solucións de problemas é obrigatoria.

• Proporanse 60 exercicios (30+30) para resolver. Para puntuar, deberán facerse ben un mínimo de 80 % de exercicios por cada entrega. A nota distribuirase proporcionalmente aos exercicios ben resoltos.

Só se admite a entrega dos problemas nas datas fixadas.

• Haberá que cumprir un número mínimo de titorías: 4 asistencias antes de cada proba obxectiva (8 en total). En caso de non satisfacer este requisito a nota dos exercicios será penalizada.

• Os problemas da primeira parte (30) puntuaranse a partir de 24 correctos. A nota H1 comezará en 0.32 puntos (por 24 problemas correctos) e rematará en 0.8 puntos (por 30 problemas correctos ).

• Os problemas da segunda parte (30) puntuaranse a partir de 24 correctos. A nota H2 comezará en 0.64 puntos (por 24 problemas correctos) e rematará en 1.6 puntos (por 30 problemas correctos ).




24
 
Observacións avaliación

A nota final da materia virá dada pola ecuación: Nota = Prácticas  + E1 + E2

onde:

  • Prácticas representa a nota de prácticas de laboratorio,
  • E1 representa a nota da primeira proba obxectiva
  • E2 representa a nota da proba obxectiva final

Os criterios de avaliación da 2ª oportunidade e convocatorias extraordinarias son os mesmos que para as outras probas obxectivas.

  • Nestas probas o/a estudante só terá que examinarse da parte que indiquen os profesores.
  • A proba estará en galego e en castelán.

  • A valoracións obtidas nas prácticas de laboratorio e
    nos exercicios entregados  serán conservadas de cara á
    obtención da nota final.

  • A porcentaxe desta proba sobre a nota final depende da parte que teña que examinarse.

  • Realizarase na data aprobada en Xunta de Centro.


Criterios para a
avaliación de resolución de problemas propostos e probas
obxectivas.

Para
a avaliación da competencia: Comprensión e dominio dos conceptos
básicos sobre leis xerais da estática, cinemática, dinámica e
ondas e a súa aplicación para a resolución de problemas de
enxeñaría.
Utilizarase a rúbrica como instrumento de
avaliación, tendo en conta as seguintes subcompetencias:

  • Posúe coñecementos
    e conceptos sobre leis xerais


  • Analiza un problema,
    identifica magnitudes e a súa importancia relativa


  • Utiliza as
    ferramentas de análises e cálculo apropiadas


  • É capaz de analizar
    a coherencia do resultado, indicándoo.


  • Obtén resultados
    numéricos sen erros


  • Expresa o resultado
    coas unidades de medida adecuadas


Fontes de información
Bibliografía básica Tipler, Paul Allen (1992). Física. Reverté
Serway, Raymond A. (1992). Física. McGraw-Hill
Francis Sears, Zemansky, Young (1986-1998). Física Universitaria. Addison-Wesley

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
CÁLCULO/730G02101
EXPRESION GRAFICA/730G02103
ÁLXEBRA/730G02106
ECUACIÓNS DIFERENCIAIS/730G02110

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostido e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":        

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio.

Asemade, incorporase a perspectiva de xénero na docencia desta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…)



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías