Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Organización e xestión da empresa Código 730G05007
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Oceánica
Coordinación
Castro Santos, Laura
Correo electrónico
laura.castro.santos@udc.es
Profesorado
Bouza Fernandez, Maria Sonia
Castro Santos, Laura
Piñon Quiñonero, Manuel
Correo electrónico
sonia.bouzaf@udc.es
laura.castro.santos@udc.es
manuel.pinon@udc.es
Web
Descrición xeral Introducir na disciplina da xestión empresarial. Para iso deberán: conocer o concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa, así como a súa estrutura organizativa e funcional; coñecer os sistemas de custos e os estados contables; coñecer e aplicar as técnicas de avaliación financeira de proxectos; e coñecer e aplicar as técnicas de planificación da produción.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Coñecemento axeitado do concepto de empresa e o marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
C3 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Valorar a importancia da investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento da estrutura organizativa e funcional dunha empresa no seu conxunto e de cada unha das súas áreas funcionais (comercial, financeira, produción e operacións) A6
B5
C1
C3
C6
Coñecemento do concepto de empresa e do marco institucional e xurídico da mesma A6
C1
C3
C6
Coñecemento dos sistemas de custos e os estados contables A6
B2
B6
Coñecemento e aplicación da función financeira da empresa a través de técnicas de avaliación de proxectos de investimento A6
B2
B5
C1
C3
Planificación e dirección das operacións necesarias para as actividades que se levan a cabo para a construción e reparación de buques e outras unidades flotantes A6

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I: FUNDAMENTOS Tema 1: A empresa como sistema.
Tema 2: Marco institucional e xurídico: clases de empresas.
BLOQUE II: A FUNCIÓN DE DIRECCIÓN Tema 3: A planificación.
Tema 4: A organización.
Tema 5: A Dirección e o control
Tema 6: A estratexia empresarial.
BLOQUE III: A FUNCIÓN FINANCEIRA Tema 7: Fundamentos de análise de investimentos.
Tema 8: O financiamento da empresa.
Tema 9: Viabilidade de proxectos.
BLOQUE IV: A FUNCIÓN DE PRODUCIÓN Tema 10: A produción e as operacións.
Tema 11: A xestión da calidade.
Tema 12: Dirección de proxectos.
Tema 13: Xestión de aprovisionamentos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A6 B2 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C6 C7 24 36 60
Solución de problemas A6 B2 B5 B6 C1 C3 C6 25.5 25.5 51
Traballos tutelados A6 B2 B5 B6 C1 C3 C6 0.5 28.5 29
Proba obxectiva A6 B2 B5 B6 C1 C3 C6 5 0 5
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Sesión maxistral
Descrición
As sesións maxistrais e a solución de problemas requiren unha atención personalizada na aula.
Os traballos tutelados serán propostos ao longo do curso, polo que o alumno será guiado no desenvolvemento dos mesmos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A6 B2 B5 B6 C1 C3 C6 Os traballos tutelados consistirán na realización dun plan de empresa repartido en varias entregas ao longo do curso. 20
Proba obxectiva A6 B2 B5 B6 C1 C3 C6 Proba ou probas escritas utilizadas para a avaliación da aprendizaxe. 70
Solución de problemas A6 B2 B5 B6 C1 C3 C6 A solución de problemas comprende tanto a realización de problemas, como as prácticas a través de TIC e o estudo de casos. As profesoras elixirán a metodoloxía máis axeitada para o desenvolvemento dos contidos da materia. 10
 
Observacións avaliación

A materia dividese en duas partes: bloques I e II e bloques III e IV.

Realizarase unha ou varias probas obxectivas.

Para a calificación final da materia requírese aprobar ambas partes e que as probas obxectivas teñan unha nota igual ou superior a 4 puntos
para facer media coa avaliación continua (solución de problemas e traballos tutelados) e coa outra parte da materia.

No caso de alumnos con algunha parte suspensa, deberán ir con dita parte ao exame da convocatoria ordinaria e/ou de segunda oportunidade (xullo), gardándose as notas dos traballos tutelados e da solución de problemas ata a convocatoria de segunda oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica Hampton, David R. (1989). Administración . McGraw-Hill
Thompson, Arthur (2008). Administración estratégica. Mc Graw-Hill
Jarillo, José Carlos (1993). Dirección estratégica. Mc Graw Hill
Bueno Campos, E., Cruz Roche, I. y Durán, J. (2002). Economía de la empresa. Pirámide
Esteban Pérez, José (2009). Economía del sector marítimo. Instituto Marítimo Español
Mochón Morcillo, F. et al. (2010). Empresa y economía industrial. Mc Graw Hill
García del Junco, J. y Casanueva, C (2002). Fundamentos de Gestión Empresarial. Pirámide
Abancens, A. (1995). Organización empresarial: organización de la producción. Donostiarra

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías