Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Organización e xestión da empresa Código 730G05007
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Castro Santos, Laura
Correo electrónico
laura.castro.santos@udc.es
Profesorado
Castro Santos, Laura
Correo electrónico
laura.castro.santos@udc.es
Web
Descrición xeral Introducir na disciplina da xestión empresarial. Para iso deberán: coñecer o concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa, así como a súa estrutura organizativa e funcional; coñecer os sistemas de custos e os estados contables; coñecer e aplicar as técnicas de avaliación financeira de proxectos; e coñecer e aplicar as técnicas de planificación da produción.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Coñecemento axeitado do concepto de empresa e o marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas
B1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita encontrarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
C3 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Valorar a importancia da investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o marco xurídico e institucional e da organización e xestión de empresas A6
B1
B3
B5
B6
C1
C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
Os bloques ou temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, que son: - Fundamentos básicos empresariais.
- Función directiva.
- Función económico-financeira.
- Función de produción.
BLOQUE I: FUNDAMENTOS BÁSICOS EMPRESARIAIS Tema 1: A empresa como sistema.
Tema 2: Marco institucional e xurídico: clases de empresas.
BLOQUE II: FUNCIÓN DIRECTIVA Tema 3: A planificación, a dirección e o control.
Tema 4: A organización.
Tema 5: A estratexia empresarial.
BLOQUE III: FUNCIÓN ECONÓMICO-FINANCEIRA Tema 6: Fundamentos de análise de investimentos.
Tema 7: O financiamento da empresa.
Tema 8: Viabilidade de proxectos.
BLOQUE IV: FUNCIÓN DE PRODUCIÓN Tema 9: A produción e as operacións.
Tema 10: Dirección de proxectos.
Tema 11: A xestión da calidade.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A6 B1 B3 B5 B6 C1 C3 C6 18 27 45
Sesión maxistral A6 B5 B6 C1 C3 C6 30 30 60
Solución de problemas A6 B5 B6 C1 C3 C6 8 8 16
Traballos tutelados A6 B5 B6 C1 C3 C6 1 21 22
Proba mixta A6 B1 B3 B5 B6 C1 C3 C6 3 0 3
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canal para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os traballos tutelados serán propostos ao longo do curso, polo que o alumnado será guiado no desenvolvemento dos mesmos, requirindo unha atención personalizada mediante titorías presenciais ou por Microsoft Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A6 B5 B6 C1 C3 C6 Os traballos tutelados consistirán na realización dun plan de empresa repartido en varias entregas ao longo do curso. 40
Proba mixta A6 B1 B3 B5 B6 C1 C3 C6 Proba ou probas escritas utilizadas para a avaliación da aprendizaxe. 60
 
Observacións avaliación

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será avaliado exclusivamente coa proba mixta, representando esta un 100% da súa calificación.

Os criterios de avaliación da segunda oportunidade son os mesmos que os da primeira oportunidade. Neste contexto, gardaranse as partes aprobadas para a segunda oportunidade.

Os criterios de avaliación da convocatoria extraordinaria son os mesmos que os da primeira oportunidade.

Para facer media cómpre que o alumnado teña unha nota igual ou superior a 4 puntos na proba mixta e entregar e expoñer o traballo tutelado na data indicada.

Nota: Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.


Fontes de información
Bibliografía básica Hampton, David R. (1989). Administración . McGraw-Hill
Thompson, Arthur (2008). Administración estratégica. Mc Graw-Hill
Jarillo, José Carlos (1993). Dirección estratégica. Mc Graw Hill
Bueno Campos, E., Cruz Roche, I. y Durán, J. (2002). Economía de la empresa. Pirámide
Esteban Pérez, José (2009). Economía del sector marítimo. Instituto Marítimo Español
Mochón Morcillo, F. et al. (2010). Empresa y economía industrial. Mc Graw Hill
Lucía Boedo Vilabella (2010). Evaluación de un proyecto de inversión en entornos de certeza, riesgo e incertidumbre. Universidade da Coruña
García del Junco, J. y Casanueva, C (2002). Fundamentos de Gestión Empresarial. Pirámide
Abancens, A. (1995). Organización empresarial: organización de la producción. Donostiarra

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo do plan de acción do Green Campus Ferrol:
1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
 1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático
 1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos


2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

3. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…)



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías