Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Ecuacións diferenciais Código 730G05011
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Díaz Díaz, Ana María
Correo electrónico
ana.ddiaz@udc.es
Profesorado
Díaz Díaz, Ana María
Correo electrónico
ana.ddiaz@udc.es
Web
Descrición xeral A materia Ecuacións Diferenciais plantexa como resultados da aprendizaxe: capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan plantexarse na enxeñaría; aptitude para aplicar os coñecementos sobre ecuacións diferenciais e en derivadas parciais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan formularse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os seus coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
C4 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas que deben enfrontarse
C7 Capacidade de traballar nun ámbito multilingüe e multidisciplinar.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Modelizar determinados procesos -relacionados cas distintas áreas da enxeñaría- nos termos propios das ecuacións diferenciais A1
C4
C7
Afianzar e/ou desenvolver os coñecementos básicos necesarios na materia (álxebra lineal, integración en variable real, transformada de Laplace, series, variable complexa) A1
B2
C7
Ser capaz de analizar unha ecuación diferencial para determinar á súa solución mediante o método máis sinxelo. Discernir as diferentes posibilidades dependendo tamén dos valores iniciais ou problemas de contorno. A1
B2
B3
B5
B6
C4
Dar unha solución correcta, concreta e ben definida, ao problema físico ou matemático exposto mediante o uso e resolución de ecuacións diferenciais A1
B6

Contidos
Temas Subtemas
Os bloques ou temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, os cales son:
Bloque I. Ecuaciones y sistemas de ecuaciones diferenciales ordinarias.
Bloque II. Ecuaciones diferenciales en derivadas parciales
Ecuacions diferenciaies ordinarias de primer orden; ecuacions diferenciais ordinarias de orden superior a un; transformada de Laplace; ecuacions definidas por series; sistemas de ecuacions diferenciais; métodos numéricos de integración: problema de valor inicial; ecuacions en derivadas parciais; ecuacions en diferenciales totais e en derivadas parciales non lineais; cálculo en variable complexa
0. INTRODUCCIÓN -
1. ECUACIÓNS DIFERENCIAIS ORDINARIAS: PRIMEIRA ORDE.
-
2. ECUACIÓNS DIFERENCIAIS DE ORDE SUPERIOR. -
3. INTRODUCIÓN Á TRANSFORMADA DE LAPLACE. -
4. SOLUCIÓNS DE ECUACIÓNS DIFERENCIAIS DEFINIDAS POR SERIES. -
5. SISTEMAS DE ECUACIÓNS DIFERENCIAIS. -
6. ECUACIÓNS EN DERIVADAS PARCIAIS. -
7. ECUACIÓNS EN DIFERENCIAIS TOTAIS. -
8. ECUACIÓNS EN DERIVADAS PARCIAIS NON LINEAIS. -
9. FUNCIÓNS DE VARIABLE COMPLEXA. -

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A1 B2 B3 B5 B6 25 25 50
Proba mixta A1 B2 B3 B5 B6 C4 C7 4 6 10
Traballos tutelados A1 B2 B3 B5 B6 4 24 28
Sesión maxistral A1 B2 B3 B5 B6 30 30 60
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Aplicación de diferentes métodos de resolución das ecuacións diferenciais a casos prácticos.
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas.
Traballos tutelados Estudio e desenrolo dun caso concreto para promover o aprendizaxe autónomo do estudiante, baixo a tutela do profesor
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
Pode desenvolverse en dúas modalidades principais: - Presencial: directamente na aula e nos momentos que o profesor ten asignados a titorías de despacho. - Non presencial: a través do correo electrónico, do campus virtual ou medios similares.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 B2 B3 B5 B6 C4 C7 ver observacións 80
Traballos tutelados A1 B2 B3 B5 B6 Consistirá en elaborar un traballo a partir da información da que se disporá no curso Moodle da asignatura; a exposición do mesmo será en horario de tutoría ante os docentes da asignatura. 20
 
Observacións avaliación

A avaliación realizase ao longo do curso e nos exames oficiais.

Probas de avaliación continua. Realizaranse dúas. Cada unha delas avalíase cunha nota comprendida entre 0 e 10 puntos. Estas notas serán denominadas NAC1 e NAC2.

Traballo tutelado. Os contidos deste traballo, anunciaranse nas primeiras semanas do curso; entregaráse a través de Moodle, e avaliarase cunha defensa durante o período lectivo da materia. A nota desta proba, comprendida entre 0 e 20 puntos, será denominada NTT.

O exame oficial da primeira oportunidade abarca todos os contidos da materia. Avaliarase cunha nota NPO comprendida entre 0 e 10 puntos.

O
exame oficial da primeira oportunidade abarca todos os contidos da materia.

Para superar a materia na primeira oportunidade deben cumprirse: 0.1xNAC1+0.2xNAC2+0.1xNTT+0.5xNPO sexa maior ou igual a 5,

Os criterios de avaliación da segunda oportunidade son os mesmos que os da convocatoria ordinaria da primeira oportunidade. As actividades que forman parte da avaliación continua non poden repetirse na segunda oportunidade.

O alumnado con dispensa académica para asistir ás clases que non participe na avaliación continua será calificado mediante unha proba mixta específica que realizará o día fixado no calendario de exames.

Na convocatoria adiantada, o alumnado será cualificado mediante unha proba mixta que abarca todos os contidos da materia.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.


Fontes de información
Bibliografía básica https://elibro-net.accedys.udc.es/es/ereader/bibliotecaudc/60259 (). .
https://elibro-net.accedys.udc.es/es/ereader/bibliotecaudc/69222 (). .
https://elibro-net.accedys.udc.es/es/ereader/bibliotecaudc/48684 (). .
Kent Nagle y EdwardB. Saff (). Fundamentos de ecuaciones diferenciales. MT.E63
Puig Adam (). Curso teórico práctico de Ecuaciones Diferenciales.
Ross: (). Ecuaciones diferenciales. MT.E51
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": 

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 
1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 
1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 
1.3. De se realizar en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. 
2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural 
3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais 
4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…) 
5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade 
6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas 
7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías