Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Estatística Código 730G05012
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Tarrio Saavedra, Javier
Correo electrónico
javier.tarrio@udc.es
Profesorado
Tarrio Saavedra, Javier
Correo electrónico
javier.tarrio@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia introduce os conceptos básicos da análise estatística de datos, desde a análise exploratoria (incluindo as principais ferramentas gráficas) ata a inferencia estatística, pasando pola introducción á probabilidade, o concepto de variable aleatoria e as ferramentas fundamentais do control estatístico da calidade, enfocando a súa docencia para a resolución de problemas prácticos en enxeñaría naval e oceánica.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan formularse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os seus coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización
B1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita encontrarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B6 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
C4 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas que deben enfrontarse
C7 Capacidade de traballar nun ámbito multilingüe e multidisciplinar.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Participación en proxectos multidisciplinares de enxeñaría naval e oceánica. A1
B1
B2
B3
Modelar estatiscamente sistemas e procesos complexos de todos os ámbitos da Enxeñaría Naval e Oceánica. A1
B6
C1
Resolver problemas con datos aplicando diversas técnicas estatísticas de forma efectiva para a enxeñería naval. B1
B2
C1
C4
C7

Contidos
Temas Subtemas
Os temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, que son: Análise estatística de datos. Cálculo de Probabilidades. Estimación puntual e Intervalos de Confianza. Contraste de Hipóteses. Introdución ao control de calidade.
Descripción estatística dunha variable. Conceptos xerais.
Distribucións de frecuencias.
Representacións gráficas.
Medidas características.
Descripción estatística de varias variables. Vectores estatísticos.
Regresión lineal.
Correlación.
Probabilidade. Conceptos xerais.
Definición axiomática de Kolmogorov.
Asignación de probabilidades: regla de Laplace.
Probabilidade condicionada. Definición de probabilidade condicionada.
Independencia de sucesos.
Teoremas do producto, da probabilidad total e de Bayes.
Variables aleatorias unidimensionales. Concepto de variable aleatoria unidimensional.
Variables aleatorias discretas e continuas.
Transformación de variables aleatorias.
Medidas características dunha variable aleatoria. Desigualdade de Tchebychev.
Distribucións notables discretas. Variables aleatorias discretas notables: Distribución uniforme discreta. Distribución de Bernoulli. Distribución binomial. Distribución xeométrica. Distribución binomial negativa. Distribución de Poisson. Distribución Hiperxeométrica
Distribucións notables continuas. Variables aleatorias continuas notables: normal. O teorema central do límite. Aproximación entre distribucións. Distribución chi-cuadrado de Pearson. Distribución t de Student. Distribución F de Fisher-Snedecor.
Introducción á inferencia estatística. Conceptos xerales. Mostraxe. Xeración de variables aleatorias. Concepto de estimador puntual. A distribución no muestreo dun estimador puntual.
Estimación puntual. Propiedades dos estimadores. Métodos de obtención de estimadores. Estimador puntual da media. Estimador puntual da varianza. Estimador puntual dunha proporción.
Estimación por intervalos de confianza. Concepto de intervalo de confianza. Intervalos de confianza para a media. Intervalo de confianza para a varianza. Intervalo de confianza para unha proporción. Intervalos de confianza para a diferencia de medias. Intervalo de confianza para o cociente de varianzas. Intervalo de confianza para a diferencia de proporcións.
Contrastes de hipótese. Conceptos xerales. Nivel crítico e nivel de significación dun contraste. Potencia dun contraste. Procedimento xeneral de contrastes de hipótese. Contrastes para la media. Contraste para la varianza. Contraste para unha proporción. Contrastes para a diferencia de medias. Contraste para o cociente de varianzas. Contraste para a diferencia de proporcións. Contrastes de posición. Contrastes de bondad de axuste. Contrastes de independencia. Contrastes de homoxeneidade.
Introducción ao control estatístico da calidade Conceptos básicos. Metodoloxía Seis Sigma. Principais ferramentas do control estatístico da calidade.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 B2 B3 C1 30 45 75
Solución de problemas B1 B6 C1 20 30 50
Prácticas a través de TIC C1 C4 C7 10 10 20
Proba obxectiva A1 B1 2.125 2.125 4.25
 
Atención personalizada 0.75 0 0.75
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Levaránse a cabo clases maxistrais nas que o profesor explicará, coa axuda de medios audiovisuais adecuados (ordenador portátil e canón de vídeo), os principais contidos da materia.
Solución de problemas Levaranse a cabo seminarios de resolución de problemas, en grupos de tamaño intermedio, co obxecto de fixar os conceptos mostrados nas sesións maxistrais e proporcionar ós alumnos coñecementos das metodoloxías para a resolución práctica de problemas de estatística.
Prácticas a través de TIC Parte das clases prácticas realizaranse nun laboratorio informático onde, coa axuda dun paquete estatístico (software libre R), levaranse a cabo distintas prácticas con datos reais ou simulados, proporcionados con anterioridade aos estudantes.
Proba obxectiva Ao finalizar o curso realizarase unha proba/exame tipo test de 15-20 cuestións prácticas e teóricas do temario.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Descrición
Realizaranse clases maxistrales donde o profesor explicará, coa axuda de medios audiovisuales adecuadoas (ordenador portatil e cañón de vídeo), os principales contenidos da asignatura. Fomentarare en todo momento o debate entre os alumnos e entre os alumnos e profesor.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 B1 Exame escrito tipo test constituido por entre 15 e 20 preguntas, tanto prácticas como teóricas, acerca da materia do curso. 100
 
Observacións avaliación

Avaliación na primeira oportunidade

A nota da proba obxectiva ponderarase coa calificación correspondente á entrega opcional de traballos prácticos relacionados coas prácticas realizadas con software estatístico R (máximo 1.5 puntos) e coa nota de asistencia a clase (1 punto), sendo preciso obter polo menos unha nota de 3.5 sobre 10 na proba obxectiva para poder facer esta compensación.

Avaliación na segunda oportunidade

A
avaliación farase seguindo o mesmo procedemento que na primeira oportunidade.

No caso do
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia que decida non asistir ás clases, será avaliado nas dúas
oportunidades como o resto de alumnado que se atopa nunha situación similar.


Fontes de información
Bibliografía básica http://www.r-project.org/ (). .
Cao R., Franciso M, Naya S., Presedo M., Vázquez M., Vilar J.A. y Vilar J.M. (2001). Introducción a la Estadística y sus aplicaciones. Editorial Pirámide
Montgomery, D. C. & Runger, G. C. (2004). Probabilidad y Estadística aplicadas a la Ingeniería.. Editorial Limusa-Wiley

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
CÁLCULO/730G01101
ÁLXEBRA/730G01106

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías