Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Ciencia e enxeñaría dos materiais Código 730G05013
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Mier Buenhombre, Jose Luis
Correo electrónico
jose.mier@udc.es
Profesorado
Fernandez Feal, Maria Mercedes del Coro
Mier Buenhombre, Jose Luis
Correo electrónico
coro.ffeal@udc.es
jose.mier@udc.es
Web
Descrición xeral Fundamentos da ciencia dos materiais. Estrutura cristalina, propiedades mecánicas, transformacións de fases e diagramas de equilibrio; materiais e os seus tratamentos: aliaxes férreas, aliaxes non férreas, cerámicos, polímeros e materiais compostos

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Coñecemento da ciencia e tecnoloxía de materiais e capacidade para a súa selección, así como para a avaliación do seu comportamento
B1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita encontrarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
C2 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C4 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas que deben enfrontarse
C5 Asumir como profesionais e cidadáns a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
C6 Valorar a importancia da investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C7 Capacidade de traballar nun ámbito multilingüe e multidisciplinar.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento da ciencia e tecnoloxía de materiais e capacidade para a súa selección, así como para a avaliación do seu comportamento A8
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita encontrarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo B1
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo B2
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía B5
C4
Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación (de carácter cuantitativo e/ou cualitativo) cunha finalidade estratéxica e que contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento B3
B4
C2
C7
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida C1
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas que deben enfrontarse C4
Asumir como profesionais e cidadáns a importancia da aprendizaxe ao longo da vida C5
Valorar a importancia da investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade C6

Contidos
Temas Subtemas
Os bloques ou temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación Fundamentos da ciencia de materiais. Estrutura cristalina. Transformacións de fase e diagramas de equilibrio. Aliaxes férreas. Aliaxes non férreas. Cerámicos. Polímeros. Materiais compostos. Propiedades mecánicas. Outras propiedades dos materiais. Selección de materiais
Estrutura cristalina dos materiais Cela Unitaria
Redes de Bravais
Sistemas cristalinos
Estrutura cúbica centrada no corpo.
Estrutura cúbica centrada nas caras.
Estrutura hexagonal compacta.
Direccións e planos cristalográficos. Índices de Miller.
Cálculos de densidade nas celas unitarias.
Polimorfismo
Materiais Amorfos
Solucións sólidas metálicas. imperfeccións cristalinas. Solucións sólidas sustitucionais
Solucións sólidas intersticiais.
Defectos de punto.
Defectos lineais. Dislocacións.
Diagramas de fase Diagramas de fases en substancias puras.
Regra das fases de Gibbs.
Curvas de arrefriamento.
Sistema de aliaxes binarias isomórficas.
Regra da panca.
Solidificación fóra do equilibrio.
Sistema de aliaxes binarias eutécticas e eutectoides.
Sistema de aliaxes binarias peritécticas e peritectoides.
Sistemas binarios monotécticos.
Compostos intermetálicos.
Diagramas de fases ternarios.
Propiedades mecánicas Deformacións elásticas e plásticas. Acritude. Recuperación e recristalización.
Ensaio de tracción.
Dureza e Ensaio de dureza. Escalas de dureza.
Tenacidade e resiliencia: temperatura de transición. Comportamento dúctil e fráxil.

Sistema ferro-carbono Diagramas Fe-Fe3C e Fe-C (grafito).
Fases solidas no diagrama Fe-Fe3C.
Transformacións en estado sólido no diagrama Fe-Fe3C.
Arrefriamento lento de aceiros ao carbono simples.
Tratamentos térmicos dos aceiros Martensita.
Descomposición térmica da austenita: Curvas T.T.T. Curvas de arrefriamento continuo.
Tempero dos aceiros.
Revido.
Normalizado.
Recocido
Tratamentos isotérmicos: recocido isotérmico, austempering, martempering.
Tratamentos termomecánicos.
Tratamentos termoquímicos dos aceiros. Cementación
Nitruración.
Outros tratamentos termoquímicos.
Aliaxes férreas Aceros al carbono.
Aceros aleados. Aceros inoxidables.
Fundiciones.
Aliaxes non férreas Aliaxes de aluminio. Envellecemento natural e artificial.
Aliaxes de cobre.
Aliaxes de titanio.
Aliaxes de níquel. Superaliaxes
Cerámicos Vidros. O estado vítreo. Estrutura e propiedades do vidro.
Refractarios: tipo de refractarios.
Cementos e formigón: tipos e propiedades
Polímeros Polimerización. Grao de polimerización. Peso molecular dun polímero.
Polímeros cristalinos e non cristalinos. Temperatura de transición vítrea.
Clasificación dos polímeros.
Propiedades dos polímeros.
Materiais Compostos Clasificación dos materiais compostos.
Materiais compostos de matriz polimérica.
Propiedades mecánicas dos materiais compostos de matriz polimérica.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A8 B2 B3 B5 C1 C7 7 0 7
Proba obxectiva A8 B1 B2 B3 C4 6 36 42
Traballos tutelados A8 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C4 C5 C6 1 7 8
Presentación oral A8 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C4 C5 C6 1 2 3
Solución de problemas A8 B3 C2 C5 14 14 28
Sesión maxistral A8 B1 B2 C4 C5 C6 23 0 23
 
Atención personalizada 1.5 0 1.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Realizaranse tres sesións prácticas de laboratorio. A asistencia ás práctica de laboratorio é obrigatoria para aprobar a materia.
Proba obxectiva Os exames constarán de dúas partes, problemas e teoría en forma de preguntas curtas, cuestións ou temas, breves exercicios numéricos e preguntas relacionadas coas clases prácticas de laboratorio.
Traballos tutelados Realizarase dous traballos tutelados por grupo sobre materiais metálicos, cerámicos ou polímeros con especial énfase nas súas aplicacións navais.
Presentación oral Presentarase oralmente en grupo uno dos traballos tutelados realizados polos estudantes. Despois da exposición realizaranse preguntas sobre o traballo.
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Sesión maxistral Tratarase de expoñer nestas os aspectos máis importantes de cada un dos capítulos do programa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas de laboratorio
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada realizarase nas titorías ben por iniciativa do alumnado para aclarar ou resolver as súas dúbidas ou dificultades ou ben por iniciativa do profesor convocando persoalmente o alumnado cando a ocasión o requira

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A8 B3 C2 C5 Os alumnos que asistan a máis do 80% das clases de problemas terán 0,2 puntos sobre 10 na nota final 2
Sesión maxistral A8 B1 B2 C4 C5 C6 Os alumnos que asistan a máis do 80% das clases de teoría terán 0,3 puntos sobre 10 na nota final 3
Prácticas de laboratorio A8 B2 B3 B5 C1 C7 A asistencia a prácticas de laboratorio é obrigatoria para os alumnos que non as fixeron outros cursos. A non asistencia a unha práctica de laboratorio debidamente xustificada (certificado médico, citación, etc.,) e a non entrega do cuestionarios por parte dos alumnos novos levará o suspenso na materia.

Así mesmo, presentarase un cuestionario relacionado coas prácticas. Este cuestionario subirase á plataforma Moodle. A nota dos cuestionarios supoñerá o 5% da nota final da materia.
5
Proba obxectiva A8 B1 B2 B3 C4 Poderanse facer exames parciais que terán carácter liberatorio para as convocatorias do curso presente.
Os exames constarán de dous partes, problemas e teoría, en forma de preguntas curtas, cuestións ou temas, breves exercicios numéricos e preguntas relacionadas coas clases prácticas de laboratorio.
As partes de Problemas e de Teoría teñen unha ponderación do 40% e 60%, respectivamente, na nota final dos exames.
Para ter opción ao aprobado na cualificación final débese obter: polo menos unha nota superior a 5.0 nos dous parciais de teoría e en ningún de devanditos parciais sacar menos de 4.0; polo menos unha nota superior a 5.0 nos dous parciais de problemas, e en ningún de devanditos parciais sacar menos de 4.0
70
Traballos tutelados A8 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C4 C5 C6 Trátase de traballos en grupo, onde cada grupo realizará dous traballos sobre materiais metálicos, cerámicos ou polímeros con especial énfase nas súas aplicacións navais. Estes traballos constitúen o 20% da nota total. 10
Presentación oral A8 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C4 C5 C6 Presentarase oralmente en grupo uno dos traballos tutelados realizados polos estudantes. Despois da exposición realizaranse preguntas sobre o traballo. 10
 
Observacións avaliación

Non se acepta dispensa académica.


Fontes de información
Bibliografía básica ROSIQUE J., COCA P. (1979). Ciencia de materiales. Problemas. Pirámide
ASKELAND D.R. (2001). Ciencia e ingeniería de los materiales. Thomson Editores
AMIGÓ V. (1999). Fundamentos de la ciencia de materiales. Universidad Politécnica de Valencia
SMITH W.F.; HASHEMI J. (2006). Fundamentos de la ciencia e ingeniería de materiales. McGraw-Hill
SHACKELFORD J.F (2010). Introducción a la ciencia de materiales para ingenieros.. Prentice-Hall
CALLISTER W.D. (2009). Introducción a la ciencia e ingeniería de materiales. Editorial Reverté
BARROSO S.; IBÁÑEZ J. (2008). Introducción al conocimiento de los materiales. UNED
VARELA A. (2001). Problemas de ciencia de los materiales. Servicio de reprografía de la UDC
VARELA A. (1990). Problemas de metalotecnia. Sección de publicaciones de la E.T.S.I.I.

Bibliografía complementaria García Ledesma R. (2000). Ciencia de materiales . Madrid : Servicio de Publicaciones de la EUITI de la Universidad Politécnica
Blázquez V.M (2012). Ingeniería y ciencia de materiales metálicos. Madrid : Sección de Publicaciones de la Escuela Técnica Superior de Ingenieros Industriales, Univers
Schaeffer J.P. (1995). The science and design of engineering materials. Chicago: Irwin


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química/730G05004

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

  • Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático
  • Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
  • En caso de ser necesario realizalos en papel:
    • Non se empregarán plásticos
    • Realizaranse impresións a dobre cara.
    • Empregarase papel reciclado.
    • Evitarase a impresión de borradores.
Por outra banda:
  • Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural
  • Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais
  • Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos,propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…)
  • Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
  • Deberanse detectar situacións de discriminación e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías