Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Ciencia e enxeñaría dos materiais Código 730G05013
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Mier Buenhombre, Jose Luis
Correo electrónico
jose.mier@udc.es
Profesorado
Fernandez Feal, Maria Mercedes del Coro
Mier Buenhombre, Jose Luis
Correo electrónico
coro.ffeal@udc.es
jose.mier@udc.es
Web
Descrición xeral Fundamentos da ciencia dos materiais. Estrutura cristalina, propiedades mecánicas, transformacións de fases e diagramas de equilibrio; materiais e os seus tratamentos: aliaxes férreas, aliaxes non férreas, cerámicos, polímeros e materiais compostos
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

Elimínanse os seguintes temas/apartados do programa inicial:
Tema 12. Criterios mecánicos, físicos e químicos de selección de materiais. Propiedades térmicas, eléctricas y magnéticas dos materiais. Degradación química dos materiais.


2. Metodoloxías

*Metodoloxías docentes que se manteñen

Mantéñese as metodoloxías docentes modificando unicamente o seu carácter presencial, agás as as prácticas de laboratorio que se cancelarían definitivamente.

*Metodoloxías docentes que se modifican

Cancélaríanse as prácticas de laboratorio pola imposibilidade de realizalas presencialmente. Os contidos das prácticas incorpóranse á sesión de problemas.


3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

Moodle.
Teams.
Correo electrónico.
Atención telefónica.
De acordo co horario de titorías aprobado.


4. Modificacións na evaluación

Metodoloxía: Proba mixta
Peso na cualificación: 60%
Descrición: Exames tipo test de 20-30 preguntas a través de Moodle sobre o temario de teoría con varias opcións de resposta das cales só unha é correcta. 30% do peso total na cualificación.
Cuestionarios de resolución de problemas relacionados coas clases maxistrais de resolución de problemas. 30% do peso total na cualificación.

Metodoloxía: Solución de problemas
Peso na cualificación: 20%
Descrición: Boletins de problemas relacionados coas prácticas de laboratorio.

Metodoloxía: Traballos tutelados
Peso na cualificación: 20%
Descrición: Trátase de traballos en grupo, onde cada grupo realizará dous traballos sobre materiais metálicos, cerámicos ou polímeros con especial énfase nas súas aplicacións navais.

*Observacións de avaliación:

Mantéñense os mesmos criterios de notas mínimas para a proba mixta descritos no apartado de avaliación presencial para aprobar a materia.

Para aprobar será necesario obter un 5 na nota global da asignatura.

Os criterios de evaluación son os mesmos para a primeira e para a segunda oportunidade


5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

A webgrafía adicional atoparase na páxina Moodle correspondente á materia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Coñecemento da ciencia e tecnoloxía de materiais e capacidade para a súa selección, así como para a avaliación do seu comportamento
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C3 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C4 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas que deben enfrontarse
C6 Valorar a importancia da investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C7 Capacidade de traballar nun ámbito multilingüe e multidisciplinar.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a estrutura interna dos materiais A8
B2
B3
B4
B5
C3
C4
C6
C7
Relacionar a estrutura dos materiais coas súas propiedades A8
B2
B3
B4
B5
C3
C4
C6
C7
Capacidade de selección de materiais A8
B2
B3
B4
B5
C3
C4
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
Os bloques e temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación Estrutura cristalina (temas 1-2).
Diagramas de fase. Tratamentos térmicos (temas 3-6).
Aliaxes férreas (tema 7).
Aliaxes non férreas (tema 8).
Materiais non metálicos (temas 9-11).
Criterios mecánicos, físicos e químicos de selección de materiais (tema 12).
Bloque I. Estrutura cristalina
Tema 1. Celas cristalinas
Cela Unitaria
Redes de Bravais
Sistemas cristalinos
Estrutura cúbica centrada no corpo.
Estrutura cúbica centrada nas caras.
Estrutura hexagonal compacta.
Direccións e planos cristalográficos. Índices de Miller.
Cálculos de densidade nas celas unitarias.
Polimorfismo
Materiais Amorfos
Bloque I. Estrutura cristalina
Tema 2. Solucións sólidas metálicas. Imperfeccións cristalinas.
Solucións sólidas sustitucionais
Solucións sólidas intersticiais.
Defectos de punto.
Defectos lineais. Dislocacións.
Bloque II. Diagrama de fases. Tratamentos térmicos
Tema 3. Diagramas de fase
Diagramas de fases en substancias puras.
Regra das fases de Gibbs.
Curvas de arrefriamento.
Sistema de aliaxes binarias isomórficas.
Regra da panca.
Solidificación fóra do equilibrio.
Sistema de aliaxes binarias eutécticas e eutectoides.
Sistema de aliaxes binarias peritécticas e peritectoides.
Sistemas binarios monotécticos.
Compostos intermetálicos.
Diagramas de fases ternarios.
Bloque II. Diagrama de fases. Tratamentos térmicos
Tema 4. Sistema ferro-carbono
Diagramas Fe-Fe3C e Fe-C (grafito).
Fases solidas no diagrama Fe-Fe3C.
Transformacións en estado sólido no diagrama Fe-Fe3C.
Arrefriamento lento de aceiros ao carbono simples.
Bloque II. Diagrama de fases. Tratamentos térmicos
Tema 5. Tratamentos térmicos dos aceiros
Martensita.
Descomposición térmica da austenita: Curvas T.T.T. Curvas de arrefriamento continuo.
Tempero dos aceiros.
Revido.
Normalizado.
Recocido
Tratamentos isotérmicos: recocido isotérmico, austempering, martempering.
Tratamentos termomecánicos.
Bloque II. Diagrama de fases. Tratamentos térmicos
Tema 6. Tratamentos termoquímicos dos aceiros.
Cementación
Nitruración.
Outros tratamentos termoquímicos.
Bloque III. Aliaxes férreas
Tema 7. Aliaxes férreas
Aceros al carbono.
Aceros aleados. Aceros inoxidables.
Fundiciones.
Bloque IV. Aliaxes non férreas
Tema 8. Aliaxes non férreas
Aliaxes de aluminio. Envellecemento natural e artificial.
Aliaxes de cobre.
Aliaxes de titanio.
Aliaxes de níquel. Superaliaxes
Bloque V. Materiais non metálicos
Tema 9. Cerámicos
Vidros. O estado vítreo. Estrutura e propiedades do vidro.
Refractarios: tipo de refractarios.
Cementos e formigón: tipos e propiedades
Bloque V. Materiais non metálicos
Tema 10. Polímeros
Polimerización. Grao de polimerización. Peso molecular dun polímero.
Polímeros cristalinos e non cristalinos. Temperatura de transición vítrea.
Clasificación dos polímeros.
Propiedades dos polímeros.
Bloque V. Materiais non metálicos
Tema 11. Materiais Compostos
Clasificación dos materiais compostos.
Materiais compostos de matriz polimérica.
Propiedades mecánicas dos materiais compostos de matriz polimérica.
Bloque VI. Criterios mecánicos, físicos e químicos de selección de materiais
Tema 12. Criterios mecánicos, físicos e químicos de selección de materiais
Deformacións elásticas e plásticas. Acritude. Recuperación e recristalización.
Ensaio de tracción.
Dureza e Ensaio de dureza. Escalas de dureza.
Tenacidade e resiliencia: temperatura de transición. Comportamento dúctil e fráxil.
Propiedades térmicas, eléctricas y magnéticas dos materiais
Degradación química dos materiais


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A8 B2 B3 B5 C7 6 6 12
Proba mixta A8 B2 B3 B4 B5 4 4 8
Sesión maxistral A8 B2 C6 C4 20 20 40
Solución de problemas A8 B3 14 14 28
Traballos tutelados A8 B2 B3 B4 B5 C3 C4 C6 1 20 21
 
Atención personalizada 3.5 0 3.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Realizaranse tres sesións prácticas de laboratorio. A asistencia ás práctica de laboratorio é obrigatoria para aprobar a materia.
Proba mixta Realizaranse dous exames parciais. Cada un deles constará de dous partes: teoría e problemas.
Sesión maxistral Tratarase de expoñer nestas os aspectos máis importantes de cada un dos capítulos do programa.
Solución de problemas Darase aos estudantes un boletín de problemas por anticipado. A resolución dos devanditos problemas farase nas clases de seminarios de problemas ao longo do curso
Traballos tutelados Realizarase dous traballos tutelados por grupo sobre materiais metálicos, cerámicos ou polímeros con especial énfase nas súas aplicacións navais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Proba mixta
Solución de problemas
Descrición
A atención personalizada realizarase nas titorías ben por iniciativa do alumnado para aclarar ou resolver as súas dúbidas ou dificultades ou ben por iniciativa do profesor convocando persoalmente o alumnado cando a ocasión o requira

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A8 B2 B3 B5 C7 A asistencia a prácticas de laboratorio é obrigatoria para os alumnos que non as fixeron outros cursos. A non asistencia a unha práctica de laboratorio debidamente xustificada (certificado médico, citación, etc.,) e a non entrega do cuestionarios por parte dos alumnos novos levará o suspenso na materia.

Así mesmo, presentarase un cuestionario relacionado coas prácticas. Este cuestionario subirase á plataforma Moodle. A nota dos cuestionarios supoñerá o 10% da nota final da materia.
10
Traballos tutelados A8 B2 B3 B4 B5 C3 C4 C6 Trátase de traballos en grupo, onde cada grupo realizará dous traballos sobre materiais metálicos, cerámicos ou polímeros con especial énfase nas súas aplicacións navais. Estes traballos constitúen o 20% da nota total. 20
Proba mixta A8 B2 B3 B4 B5 Poderanse facer exames parciais que terán carácter liberatorio para as convocatorias do curso presente.
Os exames constarán de dous partes, problemas e teoría, en forma de preguntas curtas, cuestións ou temas, breves exercicios numéricos e preguntas relacionadas coas clases prácticas de laboratorio.
As partes de Problemas e de Teoría teñen unha ponderación do 40% e 60%, respectivamente, na nota final dos exames.
Para ter opción ao aprobado na cualificación final débese obter: polo menos unha nota superior a 5.0 nos dous parciais de teoría e en ningún de devanditos parciais sacar menos de 3.0; polo menos unha nota superior a 5.0 nos dous parciais de problemas, e en ningún de devanditos parciais sacar menos de 3.0
70
 
Observacións avaliación

Non se acepta dispensa académica.

A avaliación do alumnado que se presenta á convocatoria de segunda oportunidade (xullo) realizaranse cos mesmos criterios que os expostos para os exames da 1ª convocatoria ordinaria (maio/xuño).


Fontes de información
Bibliografía básica ROSIQUE J., COCA P. (1979). Ciencia de materiales. Problemas. Pirámide
ASKELAND D.R. (2001). Ciencia e ingeniería de los materiales. Thomson Editores
AMIGÓ V. (1999). Fundamentos de la ciencia de materiales. Universidad Politécnica de Valencia
SMITH W.F.; HASHEMI J. (2006). Fundamentos de la ciencia e ingeniería de materiales. McGraw-Hill
SHACKELFORD J.F (2010). Introducción a la ciencia de materiales para ingenieros.. Prentice-Hall
CALLISTER W.D. (2009). Introducción a la ciencia e ingeniería de materiales. Editorial Reverté
BARROSO S.; IBÁÑEZ J. (2008). Introducción al conocimiento de los materiales. UNED
VARELA A. (2001). Problemas de ciencia de los materiales. Servicio de reprografía de la UDC
VARELA A. (1990). Problemas de metalotecnia. Sección de publicaciones de la E.T.S.I.I.

Bibliografía complementaria García Ledesma R. (2000). Ciencia de materiales . Madrid : Servicio de Publicaciones de la EUITI de la Universidad Politécnica
Blázquez V.M (2012). Ingeniería y ciencia de materiales metálicos. Madrid : Sección de Publicaciones de la Escuela Técnica Superior de Ingenieros Industriales, Univers
Schaeffer J.P. (1995). The science and design of engineering materials. Chicago: Irwin


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química/730G05004

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

  • Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático
  • Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
  • En caso de ser necesario realizalos en papel:
    • Non se empregarán plásticos
    • Realizaranse impresións a dobre cara.
    • Empregarase papel reciclado.
    • Evitarase a impresión de borradores.
Por outra banda:
  • Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural
  • Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais
  • Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos,propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…)
  • Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
  • Deberanse detectar situacións de discriminación e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías