Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Electrotecnia Código 730G05014
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Vazquez Rodriguez, Santiago
Correo electrónico
santiago.vazquez@udc.es
Profesorado
Vazquez Rodriguez, Santiago
Correo electrónico
santiago.vazquez@udc.es
Web http://https://campusvirtual.udc.es
Descrición xeral Nesta materia se estudia o análise de circuitos eléctricos e unha breve introducción ao funcionamiento das máquinas eléctricas

Competencias do título
Código Competencias do título
A9 Coñecemento da teoría de circuítos e das características das máquinas eléctricas, así como capacidade para realizar cálculos de sistemas en que interveñan os devanditos elementos
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
C2 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C3 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C4 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas que deben enfrontarse
C5 Asumir como profesionais e cidadáns a importancia da aprendizaxe ao longo da vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Seleccionar e aplicar a metodoloxía adecuada na análise de circuítos en corrente continua e corrente alterna, tanto en réxime permanente como en réxime transitorio. A9
Analizar e resolver circuítos trifásicos equilibrados e desequilibrados. A9
Coñecer os principios básicos de funcionamento das máquinas eléctricas convencionais. A9
Avanzouse no desenvolvemento de competencias transversales non relacionadas directamente co contido da asignatura. B2
B3
B4
B5
B6
C1
C2
C3
C4
C5

Contidos
Temas Subtemas
Análise de circuitos en corrente contínua Conceptos básicos
Elementos dos circuitos
Asociación de elementos
Análise por correntes de malla
Análise por tensións de nó
Principios e teoremas no análise de circuitos
Análise de circuitos en corrente alterna Conceptos básicos
Análises de circuítos en réxime estacionario sinusoidal
Potencia e enerxía en réxime estacionario sinusoidal
Principios e teoremas en réxime estacionario sinusoidal
Análise de circuitos trifásicos Xeralidades
Circuitos trifásicos equilibrados e desequilibrados
Potencia en circuitos trifásicos
Medida da potencia en circuitos trifásicos
Análise de circuitos en réxime transitorio Conceptos básicos
Circuitos RL, RC e RLC
Introducción ó funcionamento das máquinas eléctricas Circuitos magnéticos e conversión de enerxía
Principios xerais das máquinas eléctricas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais C2 C5 2 0 2
Sesión maxistral A9 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C5 60 0 60
Solución de problemas A9 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C5 30 30 60
Prácticas de laboratorio A9 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C5 10 10 20
Proba mixta A9 B2 4 3 7
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da materia, os seus contidos, metodoloxía e criterios de avaliación
Sesión maxistral Sesión expositiva xeral con resolución de dúbidas que poidan exporse. Ao longo do curso, durante as sesións de clase, o profesor poderá expor cuestións ou exercicios aos alumnos e avaliar as súas respostas. A cualificación destas respostas poderá ser incorporada á cualificación da materia segundo detállase no apartado de avaliación.
Solución de problemas O profesor propón problemas en clase para a súa resolución. Estes serán resoltos, segundo estime o profesor, polos alumnos ou polo profesor no encerado. O profesor pode elixir a un alumno para a resolución dalgún problema no encerado
Prácticas de laboratorio Os alumnos terán a oportunidade de contrastar os coñecementos adquiridos mediante montaxes prácticas no laboratorio da materia
Proba mixta Baixo esta denominación inclúense:
1.- As probas de carácter oficial que se realizan ao finalizar o cuadrimestre e de segunda oportunidade. Estas constan dun conxunto de exercicios e preguntas que o alumno deberá resolver e responder nun tempo máximo estipulado polo profesor.
2.- Todas aquelas actividades avaliables propostas polo profesor ao longo do período lectivo e que permitan a aquel facer unha avaliación continuada do traballo e coñecemento dos alumnos no tocante á materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Proba mixta
Solución de problemas
Descrición
Durante todo período de clases, o profesor conta cunhas horas de titoría nas que se resolven cuestións dos alumnos de forma personalizada, tanto para unha mellor comprensión dos contidos da materia, como para a resolución de problemas e a preparación das actividades avaliables.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A9 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C5 Para a avaliación das Prácticas de laboratorio entran en xogo os conceptos seguintes:

1.- asistencia ás prácticas programadas
2.- probas tras a realización das prácticas
3.- cualificación obtida en exame final
20
Proba mixta A9 B2 A proba de carácter oficial consistirá nun exame final 80
 
Observacións avaliación

A cualificación obtida en cada unha das metodoloxías avaliables e, por extensión, en cada unha das probas ou actividades nas que se dividen estas, consistirá nunha nota numérica que vai de 0 a 10 puntos. 

A cualificación final da materia obterase como suma ponderada da nota obtida en cada unha das metodoloxías avaliables, resultando nun valor numérico sobre un máximo de 10 puntos.

cualificación final = cualificación Proba mixta (80%) + cualificación Prácticas de laboratorio (20%)

O aprobado da materia establécese en 5 puntos e está condicionado polo aprobado de todas e cada unha das metodoloxías avaliables e de cada unha das probas ou actividades en que estas puidesen dividirse.

Pódese darse o caso no que, aínda cando un alumno suspendese algunha das metodoloxías avaliables, a suma ponderada das notas de todas elas lanzase unha cualificación maior ou igual a 5. Nestes casos, a nota que se consignará na acta da convocatoria en curso será de 4,5 puntos.

Baixo ningún concepto poderase aprobar a materia sen superar con éxito a Proba mixta.

Observacións á avaliación da Proba mixta

A actividade avaliable principal e única necesaria para aprobar a Proba mixta é o exame final. É dicir, a nota máxima obtida neste exame supón un 10 na Proba mixta.

Con todo, o profesor poderá propoñer actividades que permitan ao alumno mellorar a súa cualificación. Estas actividades serán de carácter voluntario.

No caso de que a suma da cualificación obtida no exame final e as obtidas nas distintas actividades propostas sexa superior a 10 puntos, a cualificación da Proba mixta será de 10 puntos.

A mera asistencia a clase non é obrigatoria para a superación da materia e tampouco supón ningún tipo de recompensa en termos de cualificación final da materia. O profesor da materia non levará un control de asistencia ás clases máis aló do que estime necesario para coñecer o nome dos alumnos.

Observacións á avaliación das Prácticas de laboratorio

A forma de cualificar as Prácticas de laboratorio nas distintas convocatorias é a seguinte:

  • Convocatoria de 1ª Oportunidade, a cualificación resultará da suma dos conceptos seguintes:
    1. Asistencia ás prácticas + Probas (opcionais) para avaliar as prácticas (50%)
    2. Exame escrito (50%)
  • Convocatoria de 2ª Oportunidade, a cualificación será o valor máximo obtido nalgunha das dúas opcións seguintes:
    1. Nota obtida na convocatoria de 1ª Oportunidade
    2. Exame escrito

Os alumnos repetidores quedan eximidos da asistencia ás prácticas a condición de que asistisen á totalidade das prácticas no curso inmediatamente anterior. É dicir, a nota da apartado "Asistencia ás prácticas" se garda unicamente un curso académico

Convocatoria de segunda oportunidade

Salvo as diferenzas indicadas anteriormente na forma de avaliar a parte de Prácticas de laboratorio, os criterios de avaliación para a convocatoria de segunda oportunidade serán os mesmos que os empregados para a convocatoria de primeira oportunidade.

Convocatoria adiantada

Os criterios de avaliación para a convocatoria adiantada de decembro serán os mesmos que os empregados para a convocatoria de segunda oportunidade do curso anterior.

Dispensa académica

Os procedementos de avaliación descritos son aplicables a todos os alumnos, teñan ou non dispensa académica.


Fontes de información
Bibliografía básica Fraile Mora, J. (2012). Circuitos Eléctricos. Madrid: Pearson
Ortega Jiménez, Jesús; Parra Prieto, Valentín; Pastor Gutiérrez, Antonio; Pérez Coyto, Ángel (2003). Circuitos Eléctricos. Vol. I. Madrid: UNED
Fraile Mora, J. (2008). Máquinas Eléctricas. Madrid: McGraw-Hill
Gomollón García, Jesús Á. y Vázquez Rodríguez, Santiago (2003). Teoría de Circuitos. Santiago de Compostela: Andavira

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemáticas 1/730G05001
Física 1/730G05002
Matemáticas 2/730G05005
Física 2/730G05006
Ecuacións diferenciais/730G05011

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Ecuacións diferenciais/730G05011

Materias que continúan o temario
Sistemas eléctricos e electrónicos do buque/730G05036
Automatismos. control e electrónica/730G05016

Observacións

Para contribuír a acadar un entorno inmediato sostido e cumprir o obxectivo da actuación número 5: “Docencia e investigación ambiental e social saudable e sostible” do “Plan de Acción Campus Verde Ferrol”, a entrega dos traballos documentais realizados no ano Esta materia solicitarase. , realizada e entregada por vía electrónica ou mediante algún soporte informático. No caso de ser necesario elaboralos en papel, non se empregarán plásticos, farase impresión a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías