Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Termodinámica técnica Código 730G05015
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Calvo Diaz, Jose Ramon
Correo electrónico
jose.ramon.calvo@udc.es
Profesorado
Calvo Diaz, Jose Ramon
Lamas Galdo, Isabel
Correo electrónico
jose.ramon.calvo@udc.es
isabel.lamas.galdo@udc.es
Web http://www.udc.es
Descrición xeral Estudo da relación entre o calor, traballo e diversas formas de enerxía.

Competencias do título
Código Competencias do título
A14 Coñecemento da termodinámica aplicada e da transmisión da calor
B1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita encontrarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
C4 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas que deben enfrontarse
C5 Asumir como profesionais e cidadáns a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
C6 Valorar a importancia da investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Modelar matematicamente sistemas e procesos relacionados a la utilización y generación de la energía A14
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C4
C5
C6
Aprender a aprender A14
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C4
C5
C6
Resolver problemas de forma efectiva. A14
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C4
C5
C6
Capacidad de abstracción, comprensión y simplificación de problemas complejos. A14
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C4
C5
C6

Contidos
Temas Subtemas
Os bloques ou temas seguintes desenrolan os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, que son: Introdución
Conservación da enerxía
Propiedades das sustancias puras
Análise de volume de control
Segundo principio. Entropía
Análise exerxética
1. Introducción á termodinámica
Aplicacións da termodinámica. Medio continuo. conceptos básicos:sistema, contorna, estado, propiedade termodinámica, equilibrio. Caracterización e medida das propiedades primitivas: presión, volume e temperatura. Escalas de temperatura. O termómetro de gas.
2. Conceptos de Traballo e Calor e Primeiro Principio (Conservación da Enerxía) Revisión do concepto de traballo de acordo coa Mecánica. Exemplos. A Lei da Conservación da Enerxía Mecánica. Generalización do concepto de traballo. O traballo eléctrico. Exemplos. Procesos case-estáticos e o traballo. Interacción de calor. Exemplos comparativos de calor e traballo. Enerxía interna e enerxía total. A Lei da Conservación da Enerxía. Procesos de transferencia de calor a volume e presión constante. A entalpía. A enerxía interna e a entalpía para gases ideais e fluídos incompresibles. Táboas de gases ideais.
3. Propiedades dunha substancia pura Postulado de caracterización do estado dunha SPSC. A ecuación de estado e as superficies termodinámicas. Diagramas (p, v) e (T, v) dunha SPSC. As táboas de propiedades termodinámicas e os estados de referencia para a auga e os refrigerantes. Exemplos.
4. Conservación da Enerxía e a Primeira Ley da Termodinámica Exemplos de máquinas térmicas: trubinas a vapor, turbinas hidráulicas, compresores, toberas, intercambiadores de calor. A noción de Volume de Control (Sistema Aberto). Conservación da Masa. Exemplos. A Conservación da Enerxía e os traballos de entrada e saída. A Conservación da Masa e da Enerxía aplicadas ás máquinas térmicas. Problemas en estado estacionario e non estacionario. Enchido e baleirado de depósitos.
5. Segunda Ley da Termodinámica e introducción ós Ciclos Termodinámicos Concepto de reversibilidade. Procesos irreversibles. Procesos expontáneos. Procesos internamente reversibles. O foco térmico. Motores e refrixeradores. O rendemento e o coeficiente de eficacia. Enunciados do 2º Principio da Termodinámica: o de Kelvin-Plank e o de Clausius. Equivalencia entre os enunciados. O ciclo motor reversible (Carnot) a partir dun gas ideal contido nun conxunto cilindro-pistón. O rendemento do ciclo motor reversible. Corolarios do 2º Principio. Escala absoluta de temperaturas. A desigualdade de Clausius.
6. A Entropía Analogía entre traballo e presión e calor e temperatura en procesos reversibles. A Entropía, propiedade termodinámica. Relacións termodinámicas envolvendo a entropía. Relacións para gases ideais. Táboas de propiedades para SPSC. Diagramas (T,s) e (h,s). A xeración de entropia en procesos irreversibles. A transferencia e a xeración de entropía. Sistemas abertos. Aplicaiones a máquins térmicas. O rendemento das máquinas térmicas: compresores, bombas, turbinas, toberas. Aplicacións.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A14 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C4 C5 C6 30 40 70
Proba de ensaio A14 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C4 C5 C6 9 2 11
Sesión maxistral A14 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C4 C5 C6 40 28 68
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Consisten de prácticas na aula de informática, nas que o alumno aprende a manexar un programa informático específco, a través do cal pode resolver problemas da materia. Cada clase envolverá a solución dun problema cuxa solución poderá ser concluída como traballo indiivdual que será presentado na próxima clase.
Tamén se realizarán prácticas de laboratorio. O alumno deberá presentar una memoria.
Proba de ensaio Dous exames con dous tipos de problemas: (1) os que tratan aspectos conceptuais; e (2) os que esixen que o alumno demostre a súa capacidade de modelar e resolver numericamente problemas.
Sesión maxistral Clases ministradas polo instructor con carácter convencional.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
O desenvolvemento dos proxectos require un seguimento próximo o que implica nunha atención personalizada(ao grupo de traballo).

A atención personalizada está relacionada a sesións de tutorías indivuales.

Permítese dispensa académica. Os alumnos que a soliciten deberanse de poñer en contacto co profesor para compensar.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A14 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C4 C5 C6 Exame/s. Para aprobar é necesario obter ó menos un 3,5 no exame final e un 5 de nota final. 70
Prácticas a través de TIC A14 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C4 C5 C6 Corrección de entregas. 30
 
Observacións avaliación

Para os alumnos de dispensa académica as prácticas de
laboratorio serán substituidas por actividades propostas polo profesor. A ponderación
na cualificación é a mesma que para as prácticas a través de TIC.


Fontes de información
Bibliografía básica M. Moran y H. N Shapiro (2004). Fundamentals of Engineering Thermodynamics. John Willey & Sons
J. Mª Sáiz Jabardo (2008). Introducción a la Termodinámica.
Y. A. Çengel y M. A. Boles. (2006). Thermodynamics. McGraw-Hill

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
CÁLCULO/730G01101
FÍSICA I/730G01102
ECUACIÓNS DIFERENCIAIS/730G01110
MECANICA/730G01118

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
MECÁNICA DE FLUÍDOS/730G01119
CALOR E FRIO INDUSTRIAL/REFRIG/730G03020
MÁQUINAS TERMICAS E HIDRAULICAS/730G03023

Observacións

Para axudar a acadar un ambiente inmediato sostido e cumprir o obxectivo da acción número 5: "Educación e investigación ambiental e social sa e sostible" do "Plan de Acción do Campus Verde de Ferrol":

            A entrega dos traballos documentais feitos neste asunto:

              • Pedirase en formato virtual e / ou soporte informático

             • Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimir

             • Se é necesario facelos en papel:

                  - Os plásticos non serán utilizados

                 - As impresións dobre cara realizaranse.

                 - Usarase o papel reciclado.

                 - Evitarase a impresión de borradores.

              • Debe realizarse o uso sostenible de recursos e prevención de impactos negativos sobre o medio natural

              • Hai que ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais

              • A perspectiva de xénero incorpórase á docencia desta materia (usarase a lingua non sexista, a bibliografía dos autores de ambos sexos será utilizada, a intervención na clase dos alumnos será incentivada ...)

              • Realizarase o traballo para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase o medioambiente para modificar e promover valores de respecto e igualdade.

              • Deben detectarse situacións de discriminación e propoñerán accións e medidas para corrixilos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías