Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Elasticidade e resistencia de materiais Código 730G05017
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Moreno Madariaga, Alicia
Correo electrónico
alicia.moreno@udc.es
Profesorado
Ferreño González, Sara
Moreno Madariaga, Alicia
Correo electrónico
sara.ferreno@udc.es
alicia.moreno@udc.es
Web
Descrición xeral A resistencia de materiais é a materia base do cálculo e análise de estruturas e sólidos mecánicos. Proporciona ao alumno, os conceptos básicos para comprender as consecuencias dos esforzos nos sólidos, desde o punto de vista da mecánica dos medios continuos e o campo elástico, sometidos a esforzos estáticos e dinámicos no que respecta ás tensións que se producen e deformacións.

Competencias do título
Código Competencias do título
A12 Coñecemento da elasticidade e resistencia de materiais, e capacidade para realizar cálculos de elementos sometidos a solicitudes diversas
B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Entender o comportamento resistente de estruturas e compoñentes mecánicos. A12
B5
Analizar e deseñar elementos estruturais suxeitos a tensión, compresión, torsión e flexión. A12
B5
Adquirir os conceptos de elasticidade e inelasticidade. A12
B5

Contidos
Temas Subtemas
Os bloques ou temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación. - Introdución á resistencia de materiais
- Carga axial, torsión, esforzos cortantes e momentos flectores
- Análise de tensións
- Flexión hiperestática
Tema 1: Introdución á resistencia de materiais. Propiedades mecánicas dos materiais. Elasticidade e plasticidad. Concepto de tensión nun sólido elástico. Tensións e deformacións.
Tema 2: Carga axial. Cambios de lonxitude en barras uniformes e non uniformes. Efectos térmicos e deformacións previas. Tensións sobre seccións inclinadas. Enerxía de deformación.
Tema 3. Torsión. Introdución. Deformacións a torsión en barras circulares. Relación entre os módulos de elasticidade E e G. Transmisión de potencia por medio de eixos circulares.
Tema 4. Esfuerzos cortantes y momentos flectores. Introdución. Tipos de vigas, cargas e reaccións. Esforzos cortantes e momentos flectores. Relacións entre cargas, esforzos cortantes e momentos flectores. Diagramas de esforzo cortante e momento flector.
Tema 5. Tensións en vigas. Introdución. Flexión. Curvatura dunha viga. Tensións en sólidos sometidos a flexión simple. Deseño e cálculo de forma e dimensións de sólidos elásticos.
Tema 6. Deflexiones en vigas Introdución. Ecuacións diferenciais da curva de deflexión. Deflexiones por integración da ecuación do momento flector. Método área-momento. Enerxía de deformación por flexión. Métodos enerxéticos.
Tema 7. Flexión hiperestática Ecuacións diferenciais da curva de deflexión. Método área-momento. Método de superposición. Métodos enerxéticos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A12 B5 30 30 60
Solución de problemas A12 B5 30 30 60
Actividades iniciais A12 B5 10 0 10
Proba mixta A12 B5 4 4 8
 
Atención personalizada 12 0 12
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación oral complementada coa utilización de medios audiovisuais, que ten como obxectivo transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe no campo da análise estrutural.
Solución de problemas Metodoloxía e resolución de casos prácticos de exposición, debate e participación, o que axuda a comprensión da base teórica da materia e permite a explicación dos métodos máis comúns de aplicala.
Actividades iniciais Repaso dos coñecementos básicos necesarios para a asignatura.
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Solución de problemas
Descrición
Alumnado con dedicación completa, parcial ou con dispensa académica:
Farase un seguimento e resolución das dúbidas concretas xurdidas na solución dos problemas expostos. Os alumnos poderán solicitar tutorías a través do correo electrónico ou ben por Teams.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A12 B5 Se realiza individualmente, de forma presencial, al finalizar la asignatura, con una duración estimada de 3 horas 60
Solución de problemas A12 B5 Son valorados os casos resoltos individualmente polos estudantes 40
 
Observacións avaliación

A solución de problemas consistirá na realización dunha proba
individual, de forma presencial, ao finalizar os temas 1 a 4. Os alumnos que aproben esta actividade eliminan esta materia e non terán que examinarse desta parte na proba mixta. O peso desta actividade na nota final é dun 40%.

Ao final do cuatrimestre (1ª convocatoria) haberá unha proba mixta presencial.

A avaliación na 2ª convocatoria, así como na convocatoria
adelantada, será igual ca na 1ª convocatoria.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:
asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 75%:

a)
Solución de problemas: resolución de casos prácticos (40%)

b) Proba mixta: exame escrito sobre os contidos da
materia (60%)

Segunda oportunidade:

a) Solución de problemas: resolución de casos prácticos (40%)

b)
Proba mixta: exame escrito sobre os contidos da materia (60%)

A realización
fraudulenta das probas ou actividades da avaliación implicará
directamente a cualificación de suspenso, ‘0’, na actividade na convocatoria correspondente, segundo o artigo 14.4 das NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO.


Fontes de información
Bibliografía básica Gere, Timoshenko (2003). Mecánica de Materiales. Iberoamericana
Rodriguez Avial (1995). Problemas resueltos de Resistencia de Materiales. Editorial ETSII. Madrid
Vazquez, M. (1994). Resistencia de Materiales. Noela
Ortiz Berrocal (2003). Resistencia de Materiales. MacGrawHill

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
MECANICA/730G01118
Cálculo/770G01001
Fisíca II/770G01007

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
ESTRUTURAS NAVAIS 1/730G01125

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostido e cumprir co obxectivo da acción número 5: Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social do Plan de Acción Green Campus Ferrol:
A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático.
Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
En caso de ser necesario realizalos en papel:

- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.

Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías