Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Mecánica Código 730G05018
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Lopez Diaz, Ana Jesus
Correo electrónico
ana.xesus.lopez@udc.es
Profesorado
Lopez Diaz, Ana Jesus
Correo electrónico
ana.xesus.lopez@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo xeral é o desenvolvemento das destrezas e actitudes necesarias para a aplicación dos principios fundamentais da mecánica á resolución de problemas de interese na enxeñaría. Abórdase a estática, cinemática e dinámica do punto material, dos sistemas e do sólido ríxido dende a formulación newtoniana e dende a formulación lagrangiana. Esta materia contribuirá á mellora da capacidade de análise e de construción de modelos matemáticos que describen os efectos das forzas e os movementos sobre unha gran variedade de estruturas e máquinas incorporando as hipóteses físicas e as aproximacións matemáticas axeitadas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A13 Coñecemento da mecánica e dos compoñentes de máquinas
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender a cinemática do sólido ríxido, e ser quen de aplicar a composición dos movementos. A13
B2
B4
B5
C1
Coñecer e comprender o método dos traballos virtuais e do potencial para a súa aplicación na resolución dos problemas de estática. A13
B2
B4
B5
C1
Coñecer e comprenderas leis da dinámica, tanto na formulación vectorial como na analítica A13
B2
B4
B5
C1

Contidos
Temas Subtemas
Cinemática del sólido rígido. Composición de movimientos.
Estática: método de los trabajos virtuales y del potencial.
Dinámica de sistemas: formulación vectorial y analítica.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A13 B2 B4 B5 C1 28 28 56
Solución de problemas A13 B2 B4 B5 B2 B4 B5 C1 C1 28 28 56
Proba mixta A13 B2 B4 B5 C1 5 5 10
 
Atención personalizada 28 0 28
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición na aula dos distintos temas nos que se desenvolven os contidos da materiai ncluindo demostracións, exemplos, exercicios...
Solución de problemas Resolución de problemas e exercicios relacionados cos temas que se van desenvolvendo nas sesións maxistrais.
Proba mixta É unha proba escrita que consta de dúas partes (teoría e problemas) de unha duración total máxima de 4 horas. A proba de teoría constará de arredor de 5 cuestións de diversa amplitude e grao de concreción sobre os contidos desenvolvidos no programa. A proba de problemas consistirá na resolución de entre 1 e 4 problemas de diversa complexidade sobre os contidos do programa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Solución de problemas
Descrición
Orientación personalizada sobre os métodos de resolución, dificultades, dúbidas, etc., na resolución dos exercicios propostos así como nos conceptos desenvolvidos nas clases maxistrales e todas as dúbidas que podan encontrar na preparación das probas de avaliación.
A profesora promoverá a utilización e aproveitamento por parte do alumnado deste recurso para orientar a cada alumna ou alumno os conceptos que requiren dun maior afondamento e a maneira máis adecuada de abordar o seu estudo
Esta atención levarse a cabo nas horas de titorías (6h/semana).




Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A13 B2 B4 B5 C1 É unha proba escrita que consta de 2 partes: teoría e problemas.
A proba de teoría (peso do 40% na cualificación da proba) constará de arredor de 5 cuestións de diversa amplitude sobre os contidos do programa.
A proba de problemas (peso do 60% na cualificación da proba) consistirá na resolución de 1 a 4 problemas de diverso grao de complexidade sobre os contidos do programa.
Na parte de teoría valóranse a exposición razoada dos fundamentos teóricos da materia e a súa aplicación a cuestións concretas.
Na parte de problemas valórase tanto a formulación como o desenvolvemento para chegar a unha solución.
Cada parte terá unha duración aproximada de entre 1 e 2.5 horas e a proba en total terá unha duración máxima de 4 horas.

Realizaranse dúas probas parciais no curso. A primeira realizarase á metade do cuatrimestre e a segunda terá lugar ao rematar o cuatrimestre.




80
Solución de problemas A13 B2 B4 B5 B2 B4 B5 C1 C1 Propoñeranse problemas sobre os distintos contidos do programa que deberán ser resoltos de forma individual e explicados e entregados nos prazos sinalados pola profesora. 20
 
Observacións avaliación

A Cualificación final da materia será a media das cualificacións das dúas probas parciais (80% da cualificación) e a nota da resolución dos problemas propostos ( 20% da cualificación)

Quen non supere a materia na primeira oportunidade poderá
realizar unha proba final que abrangue todos os temas do programa no período da segunda oportunidade. Os criterios de avaliación serán os mesmos que na 1ª oportunidade (80% proba mixta, 20% poblemas propostos)


As datas destas probas serán as que figuran no calendario de exames e na
planificación do curso publicados polo centro.

Soamente se cualificará
como NON PRESENTADO/A quen non concorra a ningunha das probas parciais.

En esta materia non se contempla a Dispensa Académica


Fontes de información
Bibliografía básica Meriam, James L. / Kraige, L. G. (2000). Mecánica para Ingenieros. Reverté
Bastero de Eleizalde, José María / Casellas Roure, Joaquín / Bastero de Eleizalde, Carlos (2011). Curso de Mecánica. EUNSA
CARLOS F. GONZALEZ FERNANDEZ (2003). Mecánica del sólido rígido. Ariel

LIBROS DE PROBLEMAS:

SPIEGEL, M.: "Teoría y Problemas de Mecánica Teórica". McGraw-Hill

CARRIL, R.D., FANO, J.: "Mecánica. Problemas Explicados". Jucar (1987)

MESHERSKI, I.: "Problemas de Mecánica Teórica". Mir 2ªed (1985)

LUMBROSO, H.: "Problemas resueltos de mecánica…". Reverté (1986)

ESTELLÉS, H: "Problemas de Dinámica". UPV 2ªed (1989)

SEELY, ENSIGN: "Mecánica Analítica para Ingenieros". UTEHA 3ªed (1992) KOTKIN, SERBO: "Problemas de Mecánica Clásica". MIR 2ª ed (1988)

WELLS, D. A.: "Teoría y Problemas de Dinámica de Lagrange". McGraw-Hill

Prieto Alberca, Manuel (1986-1994). Curso de mecánica racional. Aula Documental de Investigación

Fernández-Rañada, Antonio (1990). Dinámica clásica. Alianza 

Goldstein, Herbert (2002). Classical Mechanics. San Francisco : Addison Wesley

Bibliografía complementaria Alberto Ramil Rego et al. (). Problemas de mecánica Fundamental. . Servicios Reprográficos Universitarios
Patrick Hamill (2014). A student´s Guide to Lagrangians and Hamiltonians. Cambridge
Daniel Fleisch (2012). A student´s Guide to Vectors and Tensors. Cambridge


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemáticas 1/730G05001
Física 1/730G05002
Matemáticas 2/730G05005
Física 2/730G05006

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Ecuacións diferenciais/730G05011

Materias que continúan o temario
Hidrodinámica naval/730G05023
Estruturas mariñas 1/730G05025
Estruturas mariñas 2/730G05026
Vibracións e ruídos/730G05031
Mecánica de fluídos/730G05019
Hidrostática e estabilidade/730G05020

Observacións

En esta materia non se solicita a entrega de materiais, agás as probas mixtas dos parciais. Polo tanto non se requerirá ningunha entrega en papel; estando así en consonancia coas recomendacións do GREEN CAMPUS.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria tratarase de incorporar a perspectiva de xénero nesta materia; asimesmo, traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías