Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Mecánica Código 730G05018
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Ramil Rego, Alberto
Correo electrónico
alberto.ramil@udc.es
Profesorado
Ramil Rego, Alberto
Correo electrónico
alberto.ramil@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo xeral é o desenvolvemento das destrezas e actitudes necesarias para a aplicación dos principios fundamentais da mecánica á resolución de problemas de interese na enxeñaría. Abórdase a estática, cinemática e dinámica do punto material, dos sistemas e do sólido ríxido dende a formulación newtoniana e dende a formulación lagrangiana. Esta materia contribuirá á mellora da capacidade de análise e de construción de modelos matemáticos que describen os efectos das forzas e os movementos sobre unha gran variedade de estruturas e máquinas incorporando as hipóteses físicas e as aproximacións matemáticas axeitadas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A13 Coñecemento da mecánica e dos compoñentes de máquinas
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender a cinemática do sólido ríxido, e ser quen de aplicar a composición dos movementos. A13
B2
B4
B5
C1
Coñecer e comprender o método dos traballos virtuais e do potencial para a súa aplicación na resolución dos problemas de estática. A13
B2
B4
B5
C1
Coñecer e comprenderas leis da dinámica, tanto na formulación vectorial como na analítica A13
B2
B4
B5
C1

Contidos
Temas Subtemas
Cinemática do sólido ríxido. Composición de movementos.
Estática: método dos traballos virtuais e do potencial.
Dinámica de sistemas: formulación vectorial e analítica.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A13 B4 B5 B2 B4 B5 C1 21 21 42
Traballos tutelados A13 B2 B4 B5 C1 3 51 54
Solución de problemas A13 A13 B4 B5 B4 B5 C1 21 21 42
Proba mixta A13 B2 B2 B4 B5 C1 10 0 10
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición na aula dos distintos temas nos que se desenvolven os contidos da materia incluindo demostracións, exemplos, exercicios.
Traballos tutelados Traballo individual deseñado para promover a aprendizaxe autónoma. O tema incluirá a aplicación dos coñecementos desenvolvidos na materia pero tamén poderá incluir aspectos non tratados nas clases maxistrais para desenvolver a capacidade de investigación e auto aprendizaxe.
Solución de problemas Resolución de problemas e exercicios relacionados cos temas que se van desenvolvendo nas sesións maxistrais.
Proba mixta Proba escrita que consta de preguntas de diferente tipo (resposta curta, ensaio, exercicios ou problemas) sobre os contidos da materia.


Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Solución de problemas
Descrición
Recoméndase a cada estudante que acuda ás titorías pra recibir unha orientación personalizada sobre os métodos de resolución dos problemas, dificultades, dúbidas, etc., na resolución dos problemas así como nos conceptos desenvolvidos nas clases maxistrales e todas as dúbidas que poidan encontrar na preparación das probas de avaliación.
No traballo tutelado existe o deber de asistir a un mínimo de entrevistas de titorización. Estas entrevistas teñen como obxecto definir o contido do traballo e o seu alcance, así como comprobar o progreso do mesmo.
Esta atención levarse a cabo nas horas de titorías (6h/semana) publicado na web da UDC.
Quen teña dispensa académica poderá solicitar a realización das titorías nun horario diferente ao publicado na web da UDC.





Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A13 B2 B2 B4 B5 C1 As catro probas mixtas terán carácter de avaliación continua polo que en cada proba se incluirán os contidos de todas as anteriores.
O peso de cada proba será 10%, 20%, 30% e 40%, respectivamente do total da proba mixta.
As datas destas probas serán as que figuren no calendario da planificación do curso publicado polo centro.


80
Traballos tutelados A13 B2 B4 B5 C1 O traballo será de carácter individual e penalizarase a copia de resultados ou do método utilizado.
Cada estudante deberá entregar o seu informe no prazo establecido e asistir ás titorías obrigatorias no calendario establecido. En caso de non cumprir estas condicións o traballo puntuarase como 0.
20
 
Observacións avaliación

Soamente se cualificará como NON PRESENTADO quen non concorra a ningunha das probas mixtas.

Admítese a dispensa académica nos termos establecidos no punto 5 do artigo 7º da "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na universidade da Coruña”, aprobada polo Consello Social do 04/05/2017. Polo tanto, quen teña recoñecida a dispensa académica avaliarase en primeira oportunidade utilizando o mesmo sistema que o resto do alumnado, é dicir, traballo tutelado 20% + proba mixta 80%.

Na 2ª oportunidade non será posible a avaliación continua polo que a cualificación do traballo será a recibida na 1ª oportunidades e a proba mixta consistirá nunha única proba que se realizará na data establecida para a proba final no calendario de exames do centro.

Na convocatoria adiantada non existe posibilidade de realizar o traballo tutelado polo que se realizará unha única proba mixta, na data establecida pola dirección do centro, que supoñerá o 100% da cualificación.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso 0 na materia na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica Meriam, James L. / Kraige, L. G. (2000). Mecánica para Ingenieros. Reverté
Bastero de Eleizalde, José María / Casellas Roure, Joaquín / Bastero de Eleizalde, Carlos (2011). Curso de Mecánica. EUNSA
CARLOS F. GONZALEZ FERNANDEZ (2003). Mecánica del sólido rígido. Ariel

LIBROS DE PROBLEMAS:

SPIEGEL, M.: "Teoría y Problemas de Mecánica Teórica". McGraw-Hill

CARRIL, R.D., FANO, J.: "Mecánica. Problemas Explicados". Jucar (1987)

MESHERSKI, I.: "Problemas de Mecánica Teórica". Mir 2ªed (1985)

LUMBROSO, H.: "Problemas resueltos de mecánica…". Reverté (1986)

ESTELLÉS, H: "Problemas de Dinámica". UPV 2ªed (1989)

SEELY, ENSIGN: "Mecánica Analítica para Ingenieros". UTEHA 3ªed (1992) KOTKIN, SERBO: "Problemas de Mecánica Clásica". MIR 2ª ed (1988)

WELLS, D. A.: "Teoría y Problemas de Dinámica de Lagrange". McGraw-Hill

Bibliografía complementaria Goldstein, Herbert (2002). Classical Mechanics.. San Francisco : Addison Wesley
Prieto Alberca, Manuel (1994). Curso de mecánica racional.. Aula Documental de Investigación
Fernández-Rañada, Antonio (1990). Dinámica clásica.. Alianza


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemáticas 1/730G05001
Física 1/730G05002
Matemáticas 2/730G05005
Física 2/730G05006

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Ecuacións diferenciais/730G05011

Materias que continúan o temario
Hidrodinámica naval/730G05023
Estruturas mariñas 1/730G05025
Estruturas mariñas 2/730G05026
Vibracións e ruídos/730G05031
Mecánica de fluídos/730G05019
Hidrostática e estabilidade/730G05020

Observacións

En consonancia coas recomendacións do GREEN CAMPUS, débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías