Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Mecánica de fluídos Código 730G05019
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Oceánica
Coordinación
Sánchez Simón, María Luisa
Correo electrónico
maria.luisa.sanchez.simon@udc.es
Profesorado
Prieto Garcia, Abraham
Sánchez Simón, María Luisa
Correo electrónico
abraham.prieto@udc.es
maria.luisa.sanchez.simon@udc.es
Web
Descrición xeral A mecánica de fluídos debe ser considerada como unha materia básica na formación dun enxeñeiro industrial. Neste curso o alumno estudará os conceptos fundamentais de cinemática e estática de fluídos, chegará a entender o significado das ecuacións de conservación tanto en forma integral como diferencial, comprenderá a necesidade e aprenderá a simplificar estas ecuacións e estudará o movemento de fluídos, a teoría da capa límite e a turbulencia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 Coñecemento dos conceptos fundamentais da mecánica de fluídos e da súa aplicación ás carenas de buques e artefactos, así como ás máquinas, equipos e sistemas navais
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C4 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas que deben enfrontarse

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Explicar os principios fundamentais que rexen o comportamento dos medios fluídos a partir dos principios básicos de conservación e constitución. A7
B2
B5
Aplicar os métodos e conceptos de cinemática para a descripción de fluxos de fluídos. A7
B2
B5
Deducir as ecuacións da mecánica de fluídos en forma integral e diferencial a partir dos principios constitutivos e leis de conservación, e explicar o significado físico dos seus termos. A7
B2
B5
Aplicar as ecuacións da Mecánica de Fluidos ao cálculo de balances de masa, forzas, momento cinético e balances de enerxía. A7
B2
B5
C4
Aplicar as técnicas de análise dimensional á obtención dos parámetros mínimos nun determinado problema, á dedución de leis de escala e semellanza, e para a distinción dos principais fluxos e a correspondente simplificación das ecuacións. A7
B2
B5
C4
Aplicar os métodos de análise dos principais fluxos de interese en enxeñaría. A7
B2
B5
C4
Explicar os conceptos e fundamentos utilizados na análise de fluxos turbulentos. A7
B2
B5
Calcular perdas de carga en redes de tubaxes acopladas a máquinas hidráulicas. A7
B2
B5
C4
Describir os métodos e instrumentos básicos utilizados na medida y caracterización de fluxos. A7
B2
B5
C4
Realizar medidas de fluxos básicos e interpretar os datos obtidos. A7
B2
B5
C4

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. Introducción e conceptos básicos A Mecánica de Fluídos
• A Mecánica de Fluídos, obxecto e aplicacións
• A Mecánica de Fluídos e as súas relacións con outras ciencias
• Formulación e organización do curso

Definicións e hipóteses básicas
• Sólidos, líquidos e gases
• Os fluídos como medios continuos
• Magnitudes fluídas. Densidade, evelocidade e enerxía interna nun punto
• Hipótese do equilibrio termodinámico local. Variables termodinámicas
• Partícula fluída
• Tipos particulares de fluxos

Forzas no seo do fluído considerado como continuo
• Forzas no seo dun fluído
• Forzas de volume e forzas másicas
• Forzas de superficie. Tensor de esforzos. Presión
• Ecuación da cantidade de movemento

TEMA 2. Fluidostática e tensión superficial Fluidostática
• Ecuación fundamental da fluidostática
• Equilibrio baixo a acción de forzas másicas que derivan dun potencial
• Estabilidade
• Forzas másicas habituales, os seus potenciales, e as súas superficies equipotenciais
• Principio de Arquímedes xeralizado
• Atmósfera estándar
• Unidades de presión
• Principio de Pascal

Hidrostática
• Hidrostática
• Superficies planas. Prisma de presións
• Compoñente vertical da forza de presión
• Compoñente horizontal d la forza de presión
• Estabilidade de corpos mergullados e flotantes
• Efectos de subpresión
• Aplicacións á medida de presión


Tensión superficial
•Tensión superficial
• Equilibrio na entrefase. Ecuación de Laplace
• Liña e ángulo de contacto
• Formas da entrefase entre fluídos en repouso. Lonxitude capilar
TEMA 3. Cinemática Conceptos de cinemática de fluídos
• Sistemas de referencia de Lagrange e Euler
• Tipos particulares de movementos fluídos
• Liñas, superficies e volumes fluídos
• Traxectoria, traza e senda
• Liñas de corrente e superficies de corrente
• Punto de remanso

Variación de magnitudes fluídas
• Derivada substancial
• Aceleración

Movemento na contorna dun punto
• Velocidades na contorna dun punto
• Tensor velocidades de deformación
• Velocidade de rotación
• Vorticidade e circulación
• Movementos irrotacionais. Función potencial
• Teorema de Bjerknes -Kelvin

TEMA 4. Dinámica e ecuacións xerais Fenómenos de transporte
• Fenómenos difusivos de transporte e as leis fenomenolóxicas
• Transmisión de calor por conducción
• Difusión de masa
• Transporte molecular de cantidade de movemento

Volumes fluídos e de control
• Os modelos fluídos e as leis de conservación
• Volume de control
• Teorema do transporte de Reynolds

Ecuación de conservación da masa
• Forma integral
• Forma diferencial
• Función de corrente

Ecuación de conservación da cantidade de movemento
• Ecuación de cantidade de movemento en forma integral
• Ecuación do momento cinético
• Ecuación de cantidade de movemento en forma diferencial: Ecuación de Navier -Stokes
• Simplificación ao caso de viscosidade constante e viscosidade volumétrica despreciable
• Simplificación para fluxo incompresible
• Ecuación da enerxía mecánica

Ecuación de conservación da enerxía
• Ecuación da enerxía en forma integral
• Caso de que as forzas másicas deriven dun potencial escalar
• Ecuación de conservación da enerxía en forma diferencial
• Ecuación da entropía
• Irreversibilidade debido a un gradiente de temperatura
• Ecuación da enerxía interna para un fluído de densidade constante
• Ecuación da enerxía para unha máquina de fluído
• Ecuación da enerxía interna para máquinas hidráulicas
• Ecuación da enerxía para unha máquina hidráulica
• Aquecemento debido á fricción
• Alturas e rendementos en máquinas hidráulicas


Resumo e discusión do sistema completo de ecuacións de Navier-Stokes
• O sistema completo de ecuacións de Navier-Stokes
• Fluídos de densidade constante
• Condicións iniciais e de contorno
• Existencia e unicidade da solución. Movemento turbulento

TEMA 5. Análise dimensional e semellanza Análise dimensional e semellanza
• Obxecto e aplicacións da análise dimensional
• O teorema PI de Buckingham
• Aplicación do teorema PI ao estudo do movemento ao redor dun corpo
• Adimensionalización das ecuacións. Números adimensionais
• Semellanza. Semellanza parcial
TEMA 6. Movemento laminar Movimientos laminares unidireccionales de líquidos
• Introducción
• Simplificación das ecuacións do movemento
• Condicións iniciais e de contorno
• Ecuación da enerxía
• Movementos laminares estacionarios planos e unidireccionales
• Movemento laminar estacionario en condutos de sección circular
• Estabilidade da corrente laminar
• Efecto da lonxitude finita do tubo
• Estacionariedad do movemento
• Movemento en condutos de sección lentamente variable e curvatura pequena
• Estimación de perdas locais
TEMA 7. Fluidos ideais Fluídos ideais
• Condicións de fluxo ideal
• Ecuacións de Euler
• Condicións iniciais e de contorno das ecuacións de Euler
• Continuidade, unicidade e existencia da solución das ecuacións de Euler
• Descontinuidades e capas límites en fluídos ideais
• Movemento isentrópico e homeotrópico
• Ecuación de Euler-Bernoulli
• Ecuación de Euler-Bernoulli para movemento isentrópico de gases
• Condicións de remanso
• Ecuación de Bernoulli
• Tubo de Pitot
• Outras aplicacións

TEMA 8. Capa límite Capa límite
• Concepto de capa límite
• Ecuacións da capa límite bidimensional incompresible
• Espesores de capa límite
• Forza de fricción
• Capa límite térmica laminar
• Solución de Blasius para a capa limite laminar de placa plana sen gradiente de presión
• Capa límite turbulenta
• O efecto do gradiente de presión. Desprendemento da capa límite
Tema 9. Turbulencia Introdución á turbulencia
• Orixe e características do movemento turbulento
• Escalas da turbulencia e fervenza de enerxía
• Valores medios
• As ecuacións de Reynolds
• Esforzos de Reynolds
• O problema do peche

Perdas de carga en condutos
• Movemento en condutos de sección circular
• Perdas de carga en condutos de sección circular
• Diagrama de Moody
• Condutos de sección non circular. Diámetro hidráulico
• Perdas de carga locais
• Sistemas de tubaxes
• Tubaxe acoplada a unha bomba
Prácticas de Laboratorio Práctica 1. Determinación da velocidade de descarga dun depósito
Práctica 2. Calibración dun Venturi
Práctica 3. Distribución de presións ao redor dun cilindro
Práctica 4.1. Perdas de carga en tubo recto
Práctica 4.2. Perdas de carga en tubo con accesorios
Práctica 5. Capa límite nunha placa plana

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A7 B2 B5 C4 25 45 70
Solución de problemas A7 B2 B5 C4 18 30 48
Prácticas de laboratorio A7 B2 B5 C4 8 16 24
Proba obxectiva A7 B2 B5 C4 6 0 6
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Actividade presencial na aula que serve para establecer os conceptos fundamentais da materia. Consiste na exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhos exemplos e preguntas dirixidas aos estudantes, co fin de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Solución de problemas O profesor explicará o método e a forma que se ha de seguir na resolución de distintos tipos de problemas. Os problemas serán exercicios de aplicación das distintas partes que conforman a materia. En cada parte comezarase con exercicios simples que se irán facendo mais complexos co fin de adaptalos o mais posible a casos reais. O alumno disporá dunha colección de problemas que poderá resolver por se mesmo.
Prácticas de laboratorio Desenvolvemento de prácticas no laboratorio de mecánica de fluídos. Os alumnos obterán datos experimentais dos valores de distintas magnitudes fluidodinámicas nos distintos bancos e equipos do laboratorio. Posteriormente deberán de facer un tratamento dos datos que lles permita ter un coñecemento preciso dos fenómenos estudados.
Proba obxectiva Realizaranse dúas probas de avaliación, unha a mediados e outra ao final de curso. Consistirán nunha proba escrita na que haberá que responder a diferentes tipos de preguntas tanto teóricas como resolver problemas curtos e longos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
As prácticas de laboratorio realízanas os alumnos por parellas en grupos reducidos que non exceden de tres parellas por cada sesión de prácticas. Isto permite ao profesor prestar unha atención personalizada. En cada momento cada parella realiza unha práctica diferente e vanse rotando ao longo da sesión.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 B2 B5 C4 A asistencia as prácticas de laboratorio é obrigatoria. Deberá realizarse, tamén obrigatoriamente, unha memória de prácticas cuxa nota mínima tendrá que ser de 5 sobre 10 para estar aprobada.

A asistencia ao laboratorio e as memorias manteranse para anos sucesivos.
15
Proba obxectiva A7 B2 B5 C4 Realizarase unha proba a metade do curso e outra ao final. Cada unha das dúas probas terá unha parte de problemas e outra de teoría que constará, non só de preguntas de desenvolvemento teórico, senón tamén de exercicios simples de aplicación dos conceptos teóricos desenvolvidos en clase. Esta parte terá un peso do 50% da nota da proba. A parte de problemas terá un peso do 50%.

Se na primeira proba, a nota da primeira proba é superior a 4/10 e as notas das partes de teoría e problemas son superiores a 3/10 poderase liberar a primeira parte da materia para o exame final e ponderaranse ambas as probas ao 50%. Esta liberación estederase até a proba da convocatoria extraordinariade xullo do mesmo ano.

Para aprobar a materia é necesario obter polo menos un 5/10 na proba mixta e polo menos un 3/10 na nota media da parte de problemas e na parte de teoría.
85
 
Observacións avaliación

A segunda proba mixta farase coincidir co exame final, no que os alumnos que non teñan liberada a parte correspondente á primeira proba mixta, examinaranse de toda a materia.


Fontes de información
Bibliografía básica Robert W. Fox, Alan T. McDonald (1989). Introducción a la mecánica de fluidos. McGraw-Hill
Victor L. Streeter, E. Benjamin Wylie, Keith W. Bedford (1999). Mecánica de fluidos. McGraw-Hill
Crespo Martínez, Antonio (2006). Mecánica de fluidos. Thomson
López Peña, Fernando (). Mecánica de fluidos. Universidade da Coruña. Servizo de Publicacións, ed.
White, Frank (2008). Mecánica de fluidos. McGraw-Hill Interamericana de España

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemáticas 1/730G05001
Física 1/730G05002
Matemáticas 2/730G05005
Física 2/730G05006
Ecuacións diferenciais/730G05011
Mecánica/730G05018
Termodinámica técnica/730G05015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Transmisión de calor/730G05022
Hidrodinámica naval/730G05023
Máquinas mariñas e sistemas de propulsión 1/730G05027
Sistemas auxiliares do buque 1/730G05028
Sistemas hidráulicos e neumáticos/730G05029
Máquinas mariñas e sistemas de propulsión 2/730G05034
Sistemas auxiliares do buque 2/730G05035
Aproveitamento enerxético do medio mariño/730G05040
Hidrostática e estabilidade/730G05020

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías