Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Hidrostática e estabilidade Código 730G05020
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 7.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Miguez Gonzalez, Marcos
Correo electrónico
marcos.miguez@udc.es
Profesorado
Miguez Gonzalez, Marcos
Santiago Caamaño, Lucía
Correo electrónico
marcos.miguez@udc.es
lucia.santiago.caamano@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo de esta materia é acadar que os alumnos entendan e coñezan todo o relativo á estabilidade do buque e máis o modo de facer os cálculos de arquitectura naval necesarios para estudar a mesma, tanto en estado intacto como despois de avarías.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

Os contidos non se modificarán.

2. Metodoloxías

*Metodoloxías docentes que se manteñen

Mantéñense as metodoloxías de proba mixta, sesión maxistral, solución de problemas e traballos tutelados. Estas metodoloxías realizaránse virtualmente a través da plataforma Teams e Moodle.

*Metodoloxías docentes que se modifican

Elimínanse as prácticas de laboratorio, que non se realizarán.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

MS Teams: proporcionarase atención os alumnos a través desta ferramenta. As titorías acordaranse previamente cos docentes a través de MS Teams, Moodle ou correo electrónico.
Correo Electrónico/Moodle: Poderán resolverse dúbidas en calquera momento a través do correo electrónico dos docentes.

4. Modificacións na avaliación

A calificación das prácticas de laboratorio, que se eliminan, incluiranse nos traballos tutelados. A calificación de cada unha das metodoloxías será a que segue:

Proba mixta – 70
Solución de problemas – 10
Traballos tutelados - 20

*Observacións de avaliación:

Non hai observacións adicionais.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

A bibliografía necesaria para abordar as metodoloxías desta materia estará disponible na páxina Moodle da mesma.

Competencias do título
Código Competencias do título
A18 Capacidade para a realización de cálculos de xeometría de buques e artefactos, flotabilidade e estabilidade
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
C5 Asumir como profesionais e cidadáns a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
C7 Capacidade de traballar nun ámbito multilingüe e multidisciplinar.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender os fundamentos e os métodos de cálculo nos que se basea a hidrostática e a estabilidade do buque, así como coñecer e aplicar os reglamentos referidos á estabilidade do buque e a súa avaliación. A18
B2
B5
B6
C1
C5
C7

Contidos
Temas Subtemas
Bloque I. Introduccion. Introduccion.
Bloque II. Xeometría do buque e curvas hidrostáticas. Xeometría do buque. Coeficientes adimensionais. Plano de formas. Cálculo aproximado de áreas, volúmenes, centros de gravedade e momentos de inercia.
O buque como flotador. Curvas de carenas rectas (hidrostáticas) e carenas inclinadas.
Bloque III. Estabilidade transversal en estado intacto. Introduccion.
Estabilidade transversal a pequenos ángulos de escora.
Estabilidade transversal a grandes ángulos de escora.
Estabilidade dinámica.
Alteracións na estabilidade transversal (efecto das superficies libres, pesos suspendidos, etc.).
Criterios reglamentarios de estabilidade en estado intacto.
Experiencia de estabilidade.
Bloque IV. Estabilidade lonxitudinal en estado intacto. Introduccion.
Modificacións na situación de equilibrio lonxitudinal do buque.
Bloque V. Estabilidade despois de avarías. Introduccion ás varadas.
Varadas accidentais e controladas. Efectos no equilibrio e a estabilidade do buque.
Introduccion ás avarías.
Efectos das avarías e o compartimentado.
Métodos de cálculo do equilibrio e a estabilidade do buque tras avaría. Pérdida de empurro e adicion de pesos.
Criterios reglamentarios de estabilidade tras averías.
Bloque VI. Francobordo e arqueo.
Introduccion ó francobordo e arqueo.
Convenio internacional sobre líñas de carga, 1966 e Protocolo de 1988, enmendado en 2003.
Convenio internacional sobre arqueo de buques, 1969.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A18 B2 B6 C5 C7 30 30 60
Proba mixta A18 B6 2 0 2
Prácticas de laboratorio A18 B6 C1 3 3 6
Traballos tutelados A18 B5 C1 C7 9 49.5 58.5
Solución de problemas A18 B2 B6 30 30 60
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral PRESENTACIÓN E DESENVOLVEMENTO DOS TEMAS CITADOS NO APARTADO DE CONTIDOS CO OBXECTIVO DE QUE OS ALUMNOS POIDAN TRABALLAR A PARTIRES DE AHÍ NELES
Proba mixta PROBAS INDIVIDUAIS PARA DETERMINAR SI SE CUMPLEN OS OBXECTIVOS DOS COÑECEMENTOS ADQUIRIDOS A PARTIRES DAS SESIÓNS MAXISTRAIS E DO RESTO DOS TRABALLOS

Farase unha proba obxectiva que consistirá nun examen que se dividirá en dúas partes:

1.- Estabilidade en estado intacto, 2.- Varada e Estabilidade en avarías e Francobordo e Arqueo.

Cada unha de estas partes dividirase a súa vez en Teoría e Problemas.

Haberá, adicionalmente aos exames finais, uns exames parciais de cada unha das partes antes sinaladas.

Todos estes exames serán liberatorios, pero esta liberación só terá valor hasta o remate do curso académico actual. En ningún caso esta liberación será válida para a proba da convocatoria adiantada.

A LIBERACIÓN DAS PARTES SO SE PODERÁ FACER DE FORMA CONXUNTA PARA CADA PARTE, POLO TANTO, NON SE LIBERARÁ DE FORMA INDIVIDUALIZADA TEORÍA E PROBLEMAS DE CADA PARTE.
Prácticas de laboratorio REALIZACIÓN DUNHA PROBA DE ESTABILIDADE NO LABORATORIO

Nestas prácticas realizarase a experiencia de estabilidade dun modelo de buque a escala. Tras estas prácticas, os alumnos deberán recoller nunha memoria os cálculos necesarios para obter as características do rosca do buque que se estuda.

A asistencia presencial as prácticas no laboratorio, así como a realización da memoria, é obrigatoria para poder superar a asignatura.

Os detalles das datas/prazos das prácticas publicaranse na web (Moodle) da asignatura e se farán públicos nas clases presenciais.

Aqueles alumnos con dispensa de asistencia que non poidan acudir a sesión presencial de prácticas, farán xunto co exame final da asignatura un exame de prácticas que terá a mesma contribución á cualificación final que estas prácticas de laboratorio.

Estas prácticas deberán de realizalas todolos alumnos matriculados por primeira vez na asignatura e todos aqueles que non as aprobaran en cursos anteriores. Aqueles coas prácticas aprobadas de cursos anteriores e que desexen non realizalas no curso actual poderán facelo, pero a cualificación correspondiente será de 0 puntos. Optativamente, poderán optar por repetilas para obter unha nova cualificación na mesma.
Traballos tutelados ELABORACIÓN DE CÁLCULOS DE ESTABILIDADE E CÁLCULOS DE FRANCOBORDO E ARQUEO.

Nestes estudos de casos realizaranse os cálculos de hidrostáticas e estabilidade dun buque real. Os alumnos deberán entregar unha memoria con tódolos cálculos necesarios e unha análise dos resultados obtidos.

A realización e entrega da memoria, é obrigatoria para poder superar a asignatura.

Os detalles das datas/prazos dos estudos publicaranse na web (Moodle) da asignatura e se farán públicos nas clases presenciais.

Estes traballos deberán de realizalos tódolos alumnos matriculados por primeira vez na asignatura e todos aqueles que non os aprobaran en cursos anteriores. Aqueles cos traballos aprobados de cursos anteriores e que desexen non realizalos no curso actual poderán facelo, pero a cualificación correspondente será de 0 puntos. Optativamente, poderán optar por repetilos para obter unha nova cualificación nos mesmos.
Solución de problemas RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS PRÁCTICOS DE CADA UN DOS TEMAS NOS QUE SE DIVIDE A ASIGNATURA.

O profesor proporá un boletín de problemas, que deberán ser resoltos polo alumno e entregados nunha memoria que conteña os cálculos e os resultados obtidos.

A realización e entrega da memoria, é obrigatoria para poder superar a asignatura.

Os detalles das datas/prazos dos problemas publicaranse na web (Moodle) da asignatura e se farán públicos nas clases presenciais.

Estes traballos deberán de realizalos tódolos alumnos matriculados por primeira vez na asignatura e todos aqueles que non os aprobaran en cursos anteriores. Aqueles cos problemas aprobados de cursos anteriores e que desexen non realizalos no curso actual poderán facelo, pero a cualificación correspondente será de 0 puntos. Optativamente, poderán optar por repetilos para obter unha nova cualificación nos mesmos.





Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Descrición
Atención personalizada para resolver as dúbidas que se presenten na realización dos problemas, as prácticas de laboratorio e os traballos tutelados propostos.

Este apartado é tamén de aplicación a aqueles alumnos con dispensa de asistencia a clase.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A18 B2 B6 RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS PRÁCTICOS DE CADA UN DOS TEMAS NOS QUE SE DIVIDE A ASIGNATURA.

O profesor proporá un boletín de problemas de cada unha das dúas partes da asignatura, que deberán ser resoltos polo alumno e entregados nunha memoria que conteña os cálculos e os resultados obtidos.

A memoria dos problemas de cada unha das partes computará un 5 % na avaliación final do alumno.
10
Proba mixta A18 B6 Farase unha proba obxectiva que consistirá nun exame que se dividirá en dúas partes:

1.- Estabilidade en estado intacto, 2.- Varada e Estabilidade en avarías e Francobordo e Arqueo.

Cada unha destas partes dividirase a súa vez en Teoría e Problemas.

Para poder aprobar a materia haberá que obter alo menos un 4 (sobre 10) en cada unha das dúas partes antes citadas. Esa nota obterase considerando en conxunto as notas de Teoría e de Problemas.

A parte de Teoría terá unha valoración do 35 % do total e a de problemas o 65 % do total.

Haberá, adicionalmente aos exames finais, uns exames parciais de cada unha das partes antes sinaladas.

Todos estes exames serán liberatorios, pero esta liberación só terá valor ata o remate do curso académico actual. En ningún caso esta liberación será válida para a proba da convocatoria adiantada.

A LIBERACIÓN DAS PARTES SÓ SE PODERÁ FACER DE FORMA CONXUNTA PARA CADA PARTE, POLO TANTO, NON SE LIBERARÁ DE FORMA INDIVIDUALIZADA TEORÍA E PROBLEMAS DE CADA PARTE.
70
Traballos tutelados A18 B5 C1 C7 ELABORACIÓN DE CÁLCULOS DE ESTABILIDADE E CÁLCULOS DE FRANCOBORDO E ARQUEO.

Nestes estudos de casos realizaranse os cálculos de hidrostáticas e estabilidade dun buque real. Os alumnos deberán entregar unha memoria con tódolos cálculos necesarios e unha análise dos resultados obtidos.
10
Prácticas de laboratorio A18 B6 C1 REALIZACIÓN DUNHA PROBA DE ESTABILIDADE NO LABORATORIO

Nestas prácticas realizarase a experiencia de estabilidade dun modelo de buque a escala. Tras estas prácticas, os alumnos deberán recoller nunha memoria os cálculos necesarios para obter as características do rosca do buque que se estuda.
10
 
Observacións avaliación

A cualificación final do alumno obterase mediante a media ponderada de cada unha das tarefas anteriormente descritas, do xeito seguinte:

Cualificación final = 0.7 * Cualificación Proba Mixta +  0.1 * Práctica Laboratorio + 0.1 * Traballo Tutelado + 0.05* Boletin Problemas 1 + 0.05* Boletin Problemas 2

Onde:

Cualificación Proba Mixta = 0.5 * Cualificación Parte 1 +  0.5 * Cualificación Parte 2

Para superar a asigntura, a Cualificación final deberá superar os 5 PUNTOS, e a nota de cada unha das probas mixtas de cada unha das dúas partes deberá superar os 4 PUNTOS. Asimesmo, será necesario ter presentado tanto as memorias de prácticas de laboratorio, coma os traballos tutelados e os problemas resoltos, e asistido as prácticas de laboratorio.

Para presentarse á convocatoria de primeira oportunidade, será imprescindible ter entregado tanto as memorias de prácticas de laboratorio, coma os traballos tutelados e os problemas resoltos nas datas estipuladas polos docentes ao principio de curso. Habilitarase un plazo extraordinario de entrega para os alumnos que se presenten na segunda oportunidade.

Todos aqueles alumnos que se presenten ás convocatorias adiantadas ou
de segunda oportunidade, deberán ter entregado, durante o curso
actual, tanto os problemas, como as prácticas de
laboratorio e os traballos tutelados, cumplindo cos mismos requisitos
que os alumnos presentados na convocatoria ordinaria.

Dado
que a asistencia ás clases non se evalúa dentro da asignatura, os
requisitos que aqueles alumnos con dispensa de asistencia a clase terán
que cumprir, tanto en primeira como en segunda oportunidade, serán os
mesmos requisitos que aqueles sen esta dispensa

Respecto a asistencia ás prácticas de laboratorio, os alumnos con dispensa poderán acordar co profesor unha data alternativa para a realización das devanditas practicas que se adapte as súas necesidades.


Fontes de información
Bibliografía básica
- Zazurca, A. Teoría del Buque. Sección de Publicaciones Escuela Técnica Superior de Ingenieros Navales y Oceánicos. UPM. Madrid. 1983.

- de Juan García Aguado, J. M.  Estática del buque. Servicio de Publicaciones de la Universidade da Coruña. A Coruña. 2004.

- Tupper, E. C., Rawson, K. J. Basic ship theory, combined volume. Butterworth-Heinemann. 2001.

- Lewis, E. V. Principles of naval architecture second revision: stability and strength. SNAME. Jersey.1988.

- Biran, A., Lopez Pulido, R. Ship hydrostatics and stability. Butterworth-Heinemann. 2013.

Bibliografía complementaria

-, PRINCIPLES OF NAVAL ARCHITECTURE , S.N.A.M.E. , , Libro,


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemáticas 1/730G05001
Física 1/730G05002
Matemáticas 2/730G05005
Construción naval e sistemas de propulsión/730G05009
Mecánica/730G05018

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Dinámica do buque (en extinción)/730496004
Dinámica de artefactos oceánicos (en extinción)/730496009
Traballo fin de mestrado(en extinción)/730496023

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":


A entrega dos traballos documentales que se realicen nesta materia:

- Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático.
- Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

En caso de ser necesario realizalos en papel:

- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.

Débese de facer un uso sostenible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías