Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Tecnoloxía da construción naval Código 730G05024
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 7.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Bouza Fernandez, Javier
Correo electrónico
javier.bouza@udc.es
Profesorado
Bouza Fernandez, Javier
Fernandez Rodriguez, Angel
Correo electrónico
javier.bouza@udc.es
angel.fernandezr@udc.es
Web
Descrición xeral Adquirir unha ampla base dos coñecementos, os equipamentos e as tecnoloxías empregadas na Construción Naval coa finalidade de poder desenvolver e implementar os diferentes procesos que integran a construción dun buque ou artefacto mariño.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
Se manteñen todas as metodoloxías excepto as Prácticas no Laboratorio que pasan integrarse na Metodoloxía de Traballos Tutelados.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Teams: Desenvolvemento dos contidos teóricos, prácticos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Así, como tamén, titorías de grupos ou persoais.
– Moodle, Plataforma de Office 365 y Plataforma de Google: Segundo a necesidade do alumando e para desevolvemento de probas síncronas ou asíncronas.

4. Modificacións na avaliación
Integrase 10% dás Saídas de campo nos Traballos tutelados que pasan a ponderar o 30%.

En caso de realización de pruebas no presenciales, indicar:
• Deben ser conscientes de que os accesos serán controlados para garantir a identidade.
• En calquera momento da videoconferencia, o/a docente pode pedir que amosen a súa pantalla e/ou o que estean escribindo en papel.
• Ante unha detección de usurpación de identidade ou copia, realizaranse as investigacións e actuacións administrativas correspondentes.
• No caso das fotos de probas manuscritas, recoméndase empregar unha App de escaneo de documentos que produza un documento en PDF. Nestes casos, será necesario que o/a estudante custodie o exame manuscrito, que poderá ser solicitado polo/a docente

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Non se realizarán cambios.


Competencias do título
Código Competencias do título
A20 Coñecemento das características dos materiais estruturais navais e dos criterios para a súa selección
A21 Coñecemento dos procedementos e sistemas que se empregan para o control da corrosión mariña
A29 Coñecemento dos procesos de construción naval
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
B6 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
C4 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas que deben enfrontarse
C5 Asumir como profesionais e cidadáns a importancia da aprendizaxe ao longo da vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os procesos e técnicas, os equipamentos e as tecnoloxías propias empregadas na construcción naval A20
A21
A29
C4
C5
Saber desenvolver e implementar sistemas e procesos tecnolóxicos na construción naval B2
B3
B4
B6

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I Descripción xeral do estaleiro
BLOQUE II Desenrolo dun proxecto e estratexia constructiva
BLOQUE III Análise dos procesos tecnoloxicos da construcción naval
BLOQUE IV Medios de producción, transporte e tecnoloxías empleadas
BLOQUE V Prodecementos e boas prácticas nos traballos dos estaleiros
BLOQUE VI Tecnoloxías de futuro aplicadas a construcción naval
Nota: As tres unidades didácticas coas súas subtemas desenvolven os contidos establecidos na Memoria de Verificación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A29 B2 B3 C4 10 10 20
Saídas de campo A20 B6 C5 5 0 5
Sesión maxistral A20 A21 A29 B2 30 30 60
Traballos tutelados A29 B2 B3 B4 5 40 45
Solución de problemas A29 B2 B3 B4 B6 C4 C5 25 25 50
Proba mixta A29 B2 B3 B4 B6 4 0 4
 
Atención personalizada 3.5 0 3.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Esta metodoloxía permite que os estudantes aprendan a través da realización de actividades de caracter práctico. Por tanto os alumnos realizarán unha simulación práctica obrigatoria relacionada coa materia.
A non superación da mesma impide presentarse ao exame final da materia durante o presente curso.
Saídas de campo Como actividades complementarias podense facer visitas a estaleiros, talleres e instalaciones industriais, seminarios, conferencias, etc.
Sesión maxistral Baseado no programa da materia, exposición oral complementada con axuda de medios audiovisuais coa finalidade de transmitir conocemento e facilitar o aprendizaxe
Traballos tutelados Co fin de promover o aprendizaxe autónomo dos estudantes, propoñerase a elaboración dun o mais traballos tutelados a realizar sobre os contidos da materia
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Proba mixta Consistirá na realización de unha o mais probas obxetivas de avaliación dos coñecementos adquiridos

Atención personalizada
Metodoloxías
Saídas de campo
Prácticas de laboratorio
Proba mixta
Traballos tutelados
Descrición
Serán clases participativas tanto de traballo individual como en grupo. Ademais das titorías presenciais empregaranse as TIC ´s: correo, chat, videoconferencia e plataformas web de traballo en grupo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Saídas de campo A20 B6 C5 Como actividades complementarias podense facer visitas a estaleiros, talleres e instalaciones industriais, asistencia a conferencias e seminarios, etc. 10
Proba mixta A29 B2 B3 B4 B6 Integra probas obxectivas e de ensaio dos contidos teóricos e practicos 70
Traballos tutelados A29 B2 B3 B4 Realización e entrega dun traballo ou traballos prácticos propostos na clase e exposición e defensa en público.

Terase en conta:
- Estrutura do traballo
- Calidade da documentación
- Orixinalidade
- Presentación
- Exposición e defensa en publico obligatoria
- Referencias
20
 
Observacións avaliación

Na 1ª e 2ª oportunidade : A avaliación realizarase en función das Metodoloxías expostas. A cualificación das metodoloxías realizásese con notas sobre 10 e será condición necesaria para superar a avaliación da 1ª e 2ª oportunidade: non ter ningunha nota inferior a 3,5 en calquera das metodoloxías e das distintas probas de cada metodoloxía. Alén de ter unha asistencia ás actividades presenciais de polo menos o 80%.

A calificación obtérase:

((0,10 * Saídas de campo) + (0,20 * Traballos tutelados) + (0,70 * Proba obxectiva)) / (Número de notas inferiores a 3,5 + 1)

Alumnos con Dispensa Académica o convocatorias extraordinarias: Realizarase mediante unha proba selectiva presencial que engloba os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos na materia.A cualificación dos módulos ou
proba realizarase con notas sobre 10 e será condición necesaria para superar a
avaliación: non ter ningunha nota inferior a 3,5 nas mesmas.

Nota: Os sistemas de avaliación fundaméntase no establecido na Memoria de verificación


Fontes de información
Bibliografía básica
- Apuntes da materia: Ángel Fernández & Javier Bouza. Reprografía de la EPS de Ferrol.
- Primitivo B. Gonzalez Lopez (2000). Tecnicas de construccion naval.

- Francisco Javier Gonzalez de Lema Martinez (2007). Tecnología de la Construcción del buque. Universidade da Coruña

- Storch et al., SNAME (1995). Ship production
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Procesos de fabricación e montaxe/730G05130

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Traballo fin de grao/730G05042
Visitas Técnicas/730G05132

Observacións
Para axudar a conseguir unha contorna sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol" a entrega dos traballos que se realicen nesta materia realizarase sempre exclusivamente a través de Moodle o de plataformas de almacenamiento (Google drive,...), en formato dixital sen necesidade de imprimilos

En caso de ser necesario realizalos en papel:
- Non se empregarán plásticos
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías