Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Vibracións e ruídos Código 730G05031
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Oceánica
Coordinación
Miguez Gonzalez, Marcos
Correo electrónico
marcos.miguez@udc.es
Profesorado
Miguez Gonzalez, Marcos
Correo electrónico
marcos.miguez@udc.es
Web
Descrición xeral A asignatura de Vibracións e Ruídos divídese en tres partes diferenciadas.

Na primeira parte realizarase unha aproximación teórica ós fenómenos das vibracións, analizando de forma xeral os conceptos fundamentais da dinámica de sistemas mecánicos.

Na segunda parte, aplicaranse os contidos estudados anteriormente ó caso práctico das vibracións en buques, analizando as causas, consecuencias e as posibles medidas de redución de vibracións a bordo.

Por último, na terceira parte presentaranse as solucións constructivas, estándares e reglamentacións aplicables ó campo do control de ruido a bordo e ós requisitos de confort cada vez de mais aplicación no deseño de buques.

Competencias do título
Código Competencias do título
A16 Capacidade para a realización do cálculo e control de vibracións e ruídos a bordo de buques e artefactos
B1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita encontrarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento das fontes de ruido e vibracións nos buques e a súa transmisión e propagación a bordo. Plantexamento e aplicación de medidas para reducir os niveis de ruido e vibracións no buque. A16
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C1

Contidos
Temas Subtemas
Parte I - Introducción Teórica a análise de Vibracións e Ruidos. Descrición, modelado e simulación de sistemas dinámicos xeradores de vibracións. I -1 - Introducción as vibracións
I -2 - Análise de sistemas discretos. Solución de problemas de valores propios e análise modal. Sistemas de un e varios grados de liberdade.
Parte II - Vibracións en buques. Transmisión de vibracións e ruido a bordo. II -1 - Vibracións en buques.
- Frecuencias naturais da estrutura do buque.
- Vibracións debidas as ondas, máquina propulsora e equipos auxiliares e hélice.
- Amortiguamiento hidrodinámico e estrutural.
Parte III - Consideracións de deseño relacionadas coas Vibracións e o Ruido. Medidas correctivas. Analise e aplicación. Normativa e reglamentación aplicable.
II 1 .- Introducción á Aplicación do Concepto de Confort ao deseño do Buque.
II-2 .- Requirimientos das Sociedades de Clasificación e Estatutarios. Notacións de Confort.
II-3 .- Análise previo e Medicións a bordo.
II-4 .- Solucións de deseño e construtivas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A16 20 12.5 32.5
Proba obxectiva A16 3 0 3
Traballos tutelados A16 B1 B2 B3 B5 B6 C1 2 18 20
Solución de problemas A16 15 15 30
Estudo de casos A16 B1 B2 B3 B5 B6 C1 2 18 20
Presentación oral B4 1 4 5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición dos conceptos básicos de cada tema, facendo especial fincapé naqueles puntos que son a base para o desenvolvemento do tema.
Proba obxectiva Para a avaliación dos coñecementos adquiridos realizásense probas obxectivas compostas basicamente de resolución de problemas e resposta a cuestións de teoría.
Traballos tutelados Realización dun traballo tutelado, no que se realizará o análise dinámica dun sistema mediante o uso do programa Matlab.

Este traballo será realizado en grupo; o número de alumnos definirase ó principio do curso.
Solución de problemas Resolución de problemas prácticos de cada un dos temas nos que se divide a asignatura, tanto polo profesor como polos propios alumnos, en sesións presenciais.
Estudo de casos Realización dun estudo de aplicación práctica dos principios teóricos de reducción de ruido e vibracións no caso dun buque real. Este estudo realizarase de forma individual.
Presentación oral Presentación oral do traballo de estudo de casos, fronte ao resto dos alumnos e o profesor da materia. Realizarase, así mesmo, a avaliación do resto de traballos expostos. A necesidade de realización ou non desta presentación, definirase a principios de curso e publicarase na plataforma Moodle.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
Respecto tanto aos traballos tutelados como ao estudo de casos, suscítase o desenvolvemento de titorías individualizadas nas que se guiará ao alumno na correcta realización dos mesmos, aportando posible bibliografía e fontes de información e consello nas distintas fases do seu desenvolvemento,

Este apartado é tamén de aplicación a aqueles alumnos con dispensa de asistencia a clase.

No que respecta á presentación oral, incluirase tanto orientación para a elaboración da mesma como nas técnicas básicas para a súa exposición.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A16 B1 B2 B3 B5 B6 C1 A puntuación asignada ós estudos de casos, suporá un 10 % da nota final do alumno.

A súa realización é obligatoria para superar a asignatura.

Será necesario obter unha puntuación mínima de 4 puntos sobre un máximo de 10 para superar a asignatura, tanto no traballo como na posible defensa oral.

No caso de que non se programe a presentación oral destos estudos de casos, a puntuación deste apartado incrementarase ata ó 20%.
10
Traballos tutelados A16 B1 B2 B3 B5 B6 C1 A puntuación asignada ao traballo tutelado de análise dinámica, supoñerá un máximo dun 20 % da nota final do alumno.

A súa realización é obligatoria para superar a asignatura.

Poderá esixirse a defensa oral do mesmo fronte ó profesor da asignatura.

Será necesario obter unha puntuación mínima de 4 puntos sobre un máximo de 10 para superar a asignatura, tanto no traballo como na posible defensa oral.
20
Presentación oral B4 A cualificación da presentación oral dos estudos de casos, así como a participación na avaliación das presentacións do resto de alumnos, supoñerá un máximo dun 10 % da nota final.

Será necesario obter unha puntuación mínima de 4 puntos sobre un máximo de 10 para superar a asignatura.

No caso de que esta presentación non se programe (o que se definirá ó comezo de curso e se publicará no Moodle da asignatura), a nota dos estudos de casos incrementarase ata ó 20%.



10
Proba obxectiva A16
Realización do exame teórico/práctico dos contidos da asignatura, podendo incluírse tanto cuestións teóricas como prácticas, desenvolvidas ao longo do curso.

A puntuación desta proba supoñerá un máximo do 60 % da nota final do alumno. Será necesario obter unha puntuación mínima de 4 puntos sobre un máximo de 10 para superar a asignatura.
60
 
Observacións avaliación

Dado que a asistencia as clases non se evalúa na asignatura, os
requisitos que terán
que cumprir aqueles alumnos con dispensa de asistencia a clase , tanto en primeira como en segunda oportunidade, serán os mesmos
requisitos que aqueles sen esta dispensa, con excepción de non ser
necesaria a realización da presentación oral dos estudos de casos. Polo
tanto, neste caso, a puntuación asignada ao apartado de "Estudo de
casos" será dun 20 % do total da cualificación.


Fontes de información
Bibliografía básica Espinosa de los Monteros, I. (). Dinámica de Estructuras y Vibraciones del Buque. ETSIN
M. P. Norton,D. G. Karczub (2003). Fundamentals of Noise and Vibration Analysis for Engineers. Cambridge University Press
Harris, Cyril M. (1995). Manual de medidas acústicas y control del ruido.. McGraw-Hill
Casanova Rivas, E. (2001). Máquinas para la Propulsión de Buques. Universidade da Coruña
R.Craig Jr. (1981). Sturctural Dynamics. John Wiley and Sons
Lewis, F.M. (1988). Vibration of Ships,Principles of Naval Architecture, Cap. X. SNAME

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
ELASTICIDADE E RESISTENCIA DOS MATERIAIS/730G02117
MECANICA/730G02118

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías