Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Vibracións e ruídos Código 730G05031
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
García San Gabino, Carlos Segundo
Correo electrónico
c.gsangabino@udc.es
Profesorado
García San Gabino, Carlos Segundo
Correo electrónico
c.gsangabino@udc.es
Web
Descrición xeral A asignatura de Vibracións e Ruídos divídese en tres partes diferenciadas.

Na primeira parte realizarase unha aproximación teórica ós fenómenos das vibracións, analizando de forma xeral os conceptos fundamentais da dinámica de sistemas mecánicos.

Na segunda parte, aplicaranse os contidos estudados anteriormente ó caso práctico das vibracións en buques, analizando as causas, consecuencias e as posibles medidas de redución de vibracións a bordo.

Por último, na terceira parte presentaranse as solucións constructivas, estándares e reglamentacións aplicables ó campo do control de ruido a bordo e ós requisitos de confort cada vez de mais aplicación no deseño de buques.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Sesión maxistral
– Discusión dirixida (computa na avaliación)
– Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación)
– Atención personalizada

*Metodoloxías docentes que se modifican
- Proba mixta, pode ser vía telemática, a través de Moodle, Teams ou similares, se non é posible facelo de xeito presencial nunha aula adaptada ás circunstancias especiais de separación e protección de alumnos e profesores.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

– Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, mediante o que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
Ata 3 sesións semanais (segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación

Non se realizarán cambios

*Observacións de avaliación:

A proba mixta telemática adaptarase á situación específica do momento no que se debe realizar e para iso pode empregar diferentes modalidades de avaliación como:
- Realización dunha proba en liña de preguntas con respostas predeterminadas
- Realización dunha proba teórica e / ou escrita con acceso permitido á bibliografía ou notas
- Realización dunha proba teórica e / ou escrita sen acceso á bibliografía e notas
- Realización dunha proba oral persoal mediante telemática
- Unha combinación dos anteriores

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios

Competencias do título
Código Competencias do título
A16 Capacidade para a realización do cálculo e control de vibracións e ruídos a bordo de buques e artefactos
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
B6 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
C4 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas que deben enfrontarse
C6 Valorar a importancia da investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C7 Capacidade de traballar nun ámbito multilingüe e multidisciplinar.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento das fontes de ruido e vibracións nos buques e a súa transmisión e propagación a bordo. Plantexamento e aplicación de medidas para reducir os niveis de ruido e vibracións no buque. A16
B2
B4
B6
C1
C4
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
Parte I - Introducción Teórica a análise de Vibracións e Ruidos. Descrición, modelado e simulación de sistemas dinámicos xeradores de vibracións. I -1 - Introducción as vibracións
I -2 - Análise de sistemas discretos. Solución de problemas de valores propios e análise modal. Sistemas de un e varios grados de liberdade.
Parte II - Vibracións en buques. Transmisión de vibracións e ruido a bordo. II -1 - Vibracións en buques.
- Frecuencias naturais da estrutura do buque.
- Vibracións debidas as ondas, máquina propulsora e equipos auxiliares e hélice.
- Amortiguamiento hidrodinámico e estrutural.
Parte III - Consideracións de deseño relacionadas coas Vibracións e o Ruido. Medidas correctivas. Analise e aplicación. Normativa e reglamentación aplicable.
II 1 .- Introducción á aplicación do concepto de confort ao deseño do buque.
II-2 .- Requirimientos das Sociedades de Clasificación e estatutarios. Notacións de confort.
II-3 .- Análise previo e medicións a bordo.
II-4 .- Solucións de deseño e construtivas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A16 B2 B4 B6 C1 C4 C6 C7 23 23 46
Solución de problemas A16 B2 B6 C1 C4 C6 C7 14 14 28
Traballos tutelados A16 B2 B4 B6 C1 C4 C6 C7 7 28 35
Proba mixta A16 B2 B6 C4 C7 2 0 2
 
Atención personalizada 1.5 0 1.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición dos conceptos básicos de cada tema, facendo especial fincapé naqueles puntos que son a base para o desenvolvemento do tema.
Solución de problemas Resolución de problemas prácticos de cada un dos temas nos que se divide a asignatura, tanto polo profesor como polos propios alumnos, en sesións presenciais.
Traballos tutelados Realización dun traballo tutelado, relacionado con algún dos temas que se tratan na materia.

Este traballo será realizado individualmente ou en grupo, a definir durante do curso.
Proba mixta Para a avaliación dos coñecementos adquiridos realizásense probas obxectivas compostas basicamente de resolución de problemas e resposta a cuestións de teoría.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Respecto aos traballos tutelados, suscítase o desenvolvemento de titorías individualizadas nas que se guiará ao alumno na correcta realización dos mesmos, aportando posible bibliografía e fontes de información e consello nas distintas fases do seu desenvolvemento,

Este apartado é tamén de aplicación a aqueles alumnos con dispensa académica o a tempo parcial.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A16 B2 B4 B6 C1 C4 C6 C7 A puntuación asignada ao traballo tutelado dsupoñerá un máximo dun 30 % da nota final do alumno.

A súa realización é obligatoria para superar a asignatura.

Poderá esixirse a defensa oral do mesmo fronte ó profesor da asignatura.
30
Proba mixta A16 B2 B6 C4 C7
Realización do exame teórico/práctico dos contidos da asignatura, podendo incluírse tanto cuestións teóricas como prácticas, desenvolvidas ao longo do curso.

A puntuación desta proba supoñerá un máximo do 70 % da nota final do alumno.
70
 
Observacións avaliación

Dado que a asistencia as clases non se avalía na asignatura, os requisitos que terán que cumprir aqueles alumnos con dispensa de asistencia a clase , tanto en primeira como en segunda oportunidade, serán os mesmos requisitos que aqueles sen esta dispensa. Isto ultimo será de aplicación tanto ós alumnos con dedicación a tempo parcial coma ós alumnos con dispensa académica.

Os traballos demandados polo profesor deberán ser entregados na forma e prazo requeridos. A entrega dos traballos é necesaria para superar a materia. En caso de non ser entregados na forma e prazo requeridos a materia non poderá ser superada nin na primeira nin na segunda oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica Espinosa de los Monteros, I. (). Dinámica de Estructuras y Vibraciones del Buque. ETSIN
M. P. Norton,D. G. Karczub (2003). Fundamentals of Noise and Vibration Analysis for Engineers. Cambridge University Press
Harris, Cyril M. (1995). Manual de medidas acústicas y control del ruido.. McGraw-Hill
Casanova Rivas, E. (2001). Máquinas para la Propulsión de Buques. Universidade da Coruña
R.Craig Jr. (1981). Sturctural Dynamics. John Wiley and Sons
Lewis, F.M. (1988). Vibration of Ships,Principles of Naval Architecture, Cap. X. SNAME

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
ELASTICIDADE E RESISTENCIA DOS MATERIAIS/730G02117
MECANICA/730G02118

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":


A entrega dos traballos documentales que se realicen nesta materia:

- Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático.
- Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

En caso de ser necesario realizalos en papel:

- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.

Débese de facer un uso sostenible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías