Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Sistemas auxiliares do buque 2 Código 730G05035
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Carral Couce, Luis Manuel
Correo electrónico
l.carral@udc.es
Profesorado
Carral Couce, Luis Manuel
Villa Caro, Raul
Correo electrónico
l.carral@udc.es
raul.villa@udc.es
Web
Descrición xeral
Coñecemento dos criterios de habilitación e dos sistemas de ventilación, climatización e carga e descarga.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral
– Solución de problemas
– Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación)
– Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican
-Proba mixta (non se realizará, xa que a avaliacións deste coñecementos se incorpora a
metodoloxía dos “Traballos tutelados”)
-Saidas de campo (non se realizará, xa que a avaliacións deste coñecementos se incorpora a
metodoloxía dos “Traballos tutelados”)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para
resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos
asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos
tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica
permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do
alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Traballos tutelados (100%): En relación cos traballos tutelados valorarase:
– A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.
*Observacións de avaliación:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
(traballos tutelados).
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira
dixitalizada en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A31 Coñecemento dos materiais específicos para máquinas, equipos e sistemas navais, así como dos criterios para a súa selección
A33 Coñecemento dos equipos e sistemas auxiliares navais
A40 Coñecemento dos fundamentos do tráfico marítimo para a súa aplicación á selección e montaxe dos medios de carga e descarga do buque
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
C4 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas que deben enfrontarse
C5 Asumir como profesionais e cidadáns a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
C6 Valorar a importancia da investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento dos criterios de habilitacion e o proxecto dos sistemas de ventilación, climatizacion e carga e descarga A31
A33
A40
B2
B3
B4
C1
C4
C5
C6

Contidos
Temas Subtemas
Os bloques ou temas seguintes desenrrolan os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, que son: Bloque 1. Sistemas de fondeo, amarre y remolque.
Bloque 2. Sistemas de goberno y maniobra.
Bloque 3. Sistema de lastre. Sistema de achique. Sistemas de auga doce. Sistemas de augas residuais
Bloque 4. Sistemas de acceso.
Bloque 5. Sistema de Carga/ descarga en buques de carga xeral, buques de graneles sólidos e líquidos.
Tema 1. Presentación.
Presentación persoal. Presentación do curso.Obxectivos do curso. Prácticas. Avaliación. Tutorías.
Tema 2. Sistemas de fondeo, amarre e remolque Elementos do sistema de fondeo, amarre e remolque. Número e Numeral de Equipo. Ancoras. Cadeas. Cables. Estachas. Elementos estáticos (Escobenes. Guías. Alavantes. Bitas. Estopores. Caixa de cadeas).Molinetes. Cabrestantes. Chigres. Maquinillas de amarre. Disposición de equipos en cuberta. Regulamentación aplicable.
Tema 3. Sistema de governo e maniobra Dimensionamento e disposición. Esixencias de maniobrabilidade. O timón. Control dende a ponte. Formas do codaste. Cálculo da mecha do timón. Servomotor. Empuxadores transversais. Empuxadores azimutales.
Tema 4. Sistema de agua dulce. Descripción do sistema. Compoñentes. Cálculo.
Tema 5. Sistema de aguas residuais. Descripción do sistema. Compoñentes. Cálculo
Tema 6. Sistema de lastre. Descripción do sistema. Compoñentes. Cálculo.
Tema 7. Sistema de achique. Descripción do sistema. Compoñentes. Cálculo.
Tema 8. Sistemas especiais para buques de carga líquida. Xeneralidades. Petroleiros de crudo. Petroleiros de productos. Quimiqueiros. Buques gaseiros.
Tema 9. Sistemas especiais para buques de carga seca. Xeneralidades. Buques Bulk carrier y combinados. Buques Cementeros. Buques Madereros. Portacontenedores. Buques Ro-ro. Buques Frigoríficos.
Tema 10. Sistemas especiais para buques auxiliares e artefactos. Buques Remolcadores. Buques Suppliers. Buques de lucha contra a contaminación. Buques cableiros. Dragas. Gánguiles. Dique flotante. Cabrias.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A31 A33 A40 B2 B3 C1 10 0 10
Saídas de campo A31 A33 A40 B1 B2 B3 B4 B5 B6 5 0 5
Traballos tutelados A31 A33 A40 B2 B3 B4 C1 9 46 55
Solución de problemas A31 A33 A40 B2 B3 6 6 12
Sesión maxistral A31 A33 A40 B2 B3 B4 C1 C4 C5 C6 30 30 60
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Saídas de campo Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc.

AS VISITAS PROPOSTAS BASEARASE NO COÑOCEMENTO DE BUQUES DOTADOS DAS INSTALACIONS E SERVIZOS ESTUDADOS NA ASIGNATURA
Traballos tutelados

Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Solución de problemas

Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Sesión maxistral

Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Saídas de campo
Proba mixta
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Solución de problemas
Descrición
NO SE ACEPTA LA DISPENSA ACADÉMICA

Resolucións de dúbidas e cuestións relacionadas coas materias dos contidos da asignatura.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Saídas de campo A31 A33 A40 B1 B2 B3 B4 B5 B6 Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc. 10
Proba mixta A31 A33 A40 B2 B3 C1 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
40
Traballos tutelados A31 A33 A40 B2 B3 B4 C1
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
50
 
Observacións avaliación

A
avaliación da materia basearase:

-Na realización dunha proba escrita na
que se inclúen conceptos teóricos e prácticos, o peso desta proba é de
4 puntos sobre 10.

-Realizarase un traballo tutelado sobre un buque proposto na clase que segue as normas esixidas para o EPS para a elaboración do cuaderno do 12 do TFG, incluindo os seguentes temas: fondeo, amarre e remolque; gobierno y maniobra; aguas dulce y residuales; sistema de carga e descarga e descarga. O peso deste traballo será de 5 puntos sobre 10

-Asistencia e participación nas saidas de campo programadas (visitas a buques e instalacións
industriais navales) se valorarán  1 punto sobre 10.


Fontes de información
Bibliografía básica Villa-Caro, R., Carral, J.C., Fraguela, J.A., López, M., Carral, L. (2018). A REVIEW OF SHIP MOORING SYSTEMS. Brodogradnja/Shipbuilding/Open access
UNIÓN EUROPEA (). DIRECTIVAS SOBRE BUQUES.
COMITÉ EUROPEO DE NORMALIZACIÓN (). Normas del Grupo Naval EN. CEN
INTERNATIONAL ORGANITATION FOR STANDARDIZATION (). Normas del Grupo Naval ISO. ISO
Asociación Española de Normalización (). Normas del Grupo Naval UNE. AENOR
Carral Couce Luis, Carral Couce Juan (1999). Normas prácticas para el diseño de cabrestantes. Ingeniería Naval
Carral Couce Luis, Carral Couce Juan (1999). Normas prácticas para el diseño de chigres de amarre - cabrestantes. Ingeniería Naval
Carral Couce Luis, Carral Couce Juan (). Normas prácticas para el diseño de molinetes de anaclas. Ingeniería Naval
Carral Couce Luis (). Normas prácticas para el diseño de molinetes de anclas en embarcaciones de recreo . Ingeniería Naval
ORGANIZACIÓN MARÍTIMA INTERNACIONAL (). REGLAMENTOS, RESOLUCIONES Y OTROS. OMI
Raúl Villa Caro (2018). SISTEMAS DE AMARRE EN BUQUES: Situación actual y Evolución Futura. EAE

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostido e cumprir co obxectivo da acción número 5: ---“Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

            A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

             -  Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático

             -  Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

            -  En caso de ser necesario realizalos en papel:

                  -     Non se empregarán plásticos

                 -      Realizaranse impresións a dobre cara.

                 -      Empregarase papel reciclado.

                 -      Evitarase a impresión de borradores.

- Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías