Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Mantemento e reparación de buques Código 730G05039
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Oceánica
Coordinación
Fernandez Rodriguez, Angel
Correo electrónico
angel.fernandezr@udc.es
Profesorado
Fernandez Rodriguez, Angel
Correo electrónico
angel.fernandezr@udc.es
Web
Descrición xeral Preténdese que os alumnos coñezan as tarefas de mantemento que afectan os sistemas instalados no buque, as diferentes políticas de mantemento e como ditas políticas poden influír no deseño do buque. Ademas os alumnos poderán adquirir coñecementos sobre a xestión e os métodos de traballo que levan a cabo nun Estaleiro para a reparación e transformación de buques e/ou elementos flotantes

Competencias do título
Código Competencias do título
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
B6 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
C2 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Asumir como profesionais e cidadáns a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
C7 Capacidade de traballar nun ámbito multilingüe e multidisciplinar.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender que o mantemento é un labor obxecto de estudo e unha parte importante do espectro laboral do enxeñeiro B2
B3
C2
Coñecer as diferentes políticas de mantemento e como ditas políticas poden influír no deseño do buque B3
B6
C1
Coñecer sistemas de xestión e métodos de traballo que levan a cabo nun Estaleiro para a reparación e transformación de buques e/ou elementos flotantes B4
C5
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. INTRODUCIÓN Mantemento. Definición. Obxectivos. Historia. Organización. Evolución. Metodoloxía
2. TIPOS DE MANTEMENTO Clasificación. Mantemento Correctivo. Mantemento Preventivo. Mantemento Predictivo. Mantemento Modificativo. Mantemento Produtivo Total. Mantemento autónomo. Planificación de mantemento. Plan de mantemento
3. MANTEMENTO CENTRADO NA FIABILIDADE Introdución. Funcións e estándares de uso. Fallos funcionais. Modos de fallo. Causas do fallo. Efectos do fallo. Consecuencias do fallo
4. ESTUDO DE FALLOS E SÍNTOMAS Introdución. Definición do fallo. Clasificación de fallos. Curva de taxa de fallo-tempo. Definición e selección de síntomas
5. VIDA ÚTIL Fiabilidade. Dispoñibilidade e mantenibilidade. Modelos de vida. Fiabilidade de conxuntos
6. TÉCNICAS DE VERIFICACIÓN MECÁNICA Introdución. Parámetros de significación funcional. Clasificación das técnicas de verificación mecánica. Inspección visual. Líquidos penetrantes. Partículas magnéticas. Inspección radiográfica. Ultrasóns. Análise do lubricante. Vibracións. Medida da presión. Medida da temperatura. Impulsos de choque
7. CONSIDERACIÓNS ECONÓMICAS DO MANTEMENTO NOS BUQUES Custos de mantemento dentro da estrutura dos custos fixos de operación. Custos fixos de operación. Custos de mantemento. Efecto do mantemento sobre o prezo de venda. Evolución dos custos de mantemento co tempo e a idade do buque. Compoñentes do custo de mantemento.
8. MANTEMENTO E REPARACIÓNS NAVAIS Estaleiros de reparación. Tipos. Medios: talleres, almacéns, diques. Organigrama . Operatividade. Exemplos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas B3 B2 8 0 8
Traballos tutelados B6 C1 C7 5 20 25
Proba obxectiva B2 B6 3 0 3
Saídas de campo C2 C5 2 0 2
Presentación oral B4 0.5 0 0.5
Prácticas a través de TIC C1 1 0 1
Sesión maxistral B3 25 39 64
 
Atención personalizada 9 0 9
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas O profesor explicará o método e a forma que se ha de seguir na resolución de distintos tipos de problemas. Os problemas serán exercicios de aplicación das distintas partes que conforman a materia.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba obxectiva Realización dunha proba na que o alumno reflicta os coñecementos adquiridos durante o curso.
Saídas de campo Visita a empresas, estaleiros e buques
Presentación oral Atenderase á capacidade do alumno para presentar en público, a súa capacidade de síntese, e o seu dominio da materia presentada
Prácticas a través de TIC Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión
Sesión maxistral Actividade presencial na aula que consiste na explicación de conceptos teóricos e prácticos para que o alumno adquira as habilidades para o desenvolvemento da profesión. Consiste en la exposición oral complementada con el uso de medios audiovisuales y la introducción de algunas preguntas dirigidas a los estudiantes, con el fin de transmitir conocimientos y facilitar el aprendizaje

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Traballos tutelados
Saídas de campo
Descrición
Informar o alumno sobre a forma e fondo da realización dos traballos indicando as direcrtrices para a súa realización.

Nas tutorias dar a información necesaria e suplir as clases maxistrais segundo as indicacións de Bolonia

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B6 C1 C7 Realización e entrega dos traballos prácticos propostos en clase.
Terase en conta:
- Estrutura do traballo.
- Calidade da documentación.
- Orixinalidade.
- Presentación.
- Exposición.
- Referencias
25
Proba obxectiva B2 B6 Realización dunha proba na que o alumno reflicte os coñecementos adquiridos durante o curso 60
Saídas de campo C2 C5 Tamén ten en conta a avaliación continua e outro tipo de actividades 5
Presentación oral B4 Atenderase á capacidade do alumno para presentar en público, a súa capacidade de síntese, e o seu dominio da materia presentada 10
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Adolfo Crespo Márquez y otros (2004). Ingeniería de mantenimiento técnicas y métodos de aplicación a la fase operativa de los equipos. AENOR
De la Huerga, M. A (2004). Reparaciones y transformaciones navales. Servicio de publicaciones Universidad de Cádiz
Gómez de León, Félix Cesáreo (1998). Tecnología del Mantenimiento Industrial. Servicio de publicaciones Universidad de Murcia
González Fernández, Francisco Javier (2011). Teoría y práctica del mantenimiento industrial avanzado. Fundación Confemetal
Chorro Oncina; Rosendo (1999). TEROTECNOLOGIA NAVIERA. Universidad Politécnica de Madrid, Escuela Técnica Superior de Ingenieros Navales

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Traballo fin de grao/730G05042

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías