Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Prácticas en empresa Código 730G05041
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Díaz Casás, Vicente
Correo electrónico
vicente.diaz.casas@udc.es
Profesorado
Álvarez García, Ana
Díaz Casás, Vicente
Miguez Gonzalez, Marcos
Correo electrónico
ana.alvarez1@udc.es
vicente.diaz.casas@udc.es
marcos.miguez@udc.es
Web http://http://eps.udc.es/grados/documentacion-practicas-externas/
Descrición xeral O enlace do apartado anterior leva ó Manual de prácticas externas para estudos de grao e mestrado da Escola Politécnica Superior
Plan de continxencia As practicas externas están en revisión permanente en funcióndas instrucións que se reciban das autoridades competentes. 1. Modificacións nos contidos Non se modifican os contidos. 2. Metodoloxías As metodoloxías non se modifican agas a necesidade de facelas online. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Os mecanismos de atención personalizada non se modifican agas a necesidade de facelas online. 4. Modificacións na avaliación Non se modifica agas modifiquese a normativa relativa a prácticas externas. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se modifica.

Competencias do título
Código Competencias do título
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
C2 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C3 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C5 Asumir como profesionais e cidadáns a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
C7 Capacidade de traballar nun ámbito multilingüe e multidisciplinar.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento dunha empresa real e capacidade para integrarse na estructura da mesma para desenrolar nela unha tarefa profesional do ámbito da enxeñería naval. Ser capaz de realizar unaha estancia nunha empresa realizando tarefas relacionadas coa súa titulación. B2
B4
B5
B6
C2
C3
C5
C7

Contidos
Temas Subtemas
Tema único Realización de prácticas en empresas, organizacións administrativas, económicas ou profesionais tanto dos sectores publicos coma privados, ou de calquer outra forma que se estableza, colaborando ou formándose en tarefas técnicas no ámbito da súa titulación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados B2 B4 B5 B6 C2 C3 C5 C7 240 0 240
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O estudante realizará as prácticas nunha empresa ou institución na cal realizará un traballo relacionado coas competencias da súa titulación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
As prácticas estarán titorizadas por un titor profesional e por un titor académico, que serán os encargados de que se realicen correctamente.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B2 B4 B5 B6 C2 C3 C5 C7 Unha vez rematadas as prácticas o/a estudante e o/a titor/a profesional deberán presentar os seus informes ó titor/a académico/, sendo esta última persoa a que porá a nota do/a estudante. 100
 
Observacións avaliación
Atendendo ao indicado no manual de prácticas externas da EPS:

Para ser avaliado/a, o/ a alumno/a deberá ter subido ao Moodle da materia de prácticas correspondente o proxecto formativo, o informe profesional e a memoria final de prácticas con anterioridade ao inicio do período de avaliación de dita oportunidade.

Abrirase esta tarefa para subir dita documentación, en caso de dúbida o que exista algún problema contacte no correo do coordinador de prácticas externas: empresa.eps@udc.es

Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para a realización de prácticas o alumnado debe cumprir os seguintes requisitos:

Estar matriculado no ensino ao cal se vincularen as competencias básicas, xenéricas e específicas que adquirirán na súa realización.

Ter superado o 50% dos créditos necesarios para obter o título de grao, incluídos, como mínimo, todos os créditos de formación básica.

Non superar a duración en horas establecida no artigo 14 do Regulamento  de prácticas académicas externas do estudantado da Universidade da Coruña.

Estar oficialmente matriculado (matrícula ordinaria) segundo o procedemento establecido pola Universidade da Coruña

"Para axudar a acadar un ambiente inmediato sostido e cumprir o obxectivo da acción número 5:" Educación e investigación ambiental e social sa e sostible "do" Plan de Acción do Campus Verde de Ferrol ":

 

• A entrega dos traballos documentais feitos neste asunto:

• Pedirase en formato virtual e / ou soporte informático

• Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimir

• Se é necesario facelos en papel:

·     Plásticos non se utilizarán

·     As impresións a dúas caras faranse.

·     Papel reciclado utilizarase.

·     Evitarase a impresión de borradores.