Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Procesos de fabricación e montaxe Código 730G05130
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Bouza Fernandez, Javier
Correo electrónico
javier.bouza@udc.es
Profesorado
Bouza Fernandez, Javier
Fernandez Rodriguez, Angel
Correo electrónico
javier.bouza@udc.es
angel.fernandezr@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Procesos de Fabricación e Montaxe é de carácter teórico-práctico e a súa finalidade é que os alumnos adquiran unha ampla base de coñecementos científicos e tecnolóxicos relacionados coa capacidade para seleccionar, deseñar e implementar diferentes sistemas de procesos de fabricación e montaxe no ámbito da Construción Naval
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
Se manteñen todas as metodoloxías excepto as Prácticas no Laboratorio que pasan integrarse na Metodoloxía de Traballos Tutelados.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Teams: Desenvolvemento dos contidos teóricos, prácticos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Así, como tamén, titorías de grupos ou persoais.
– Moodle, Plataforma de Office 365 y Plataforma de Google: Segundo a necesidade do alumando e para desevolvemento de probas síncronas ou asíncronas.

4. Modificacións na avaliación
Integrase 5% dás Prácticas de laboratorio nos Traballos tutelados que pasan a ponderar o 35%.

En caso de realización de pruebas no presenciales, indicar:
• Deben ser conscientes de que os accesos serán controlados para garantir a identidade.
• En calquera momento da videoconferencia, o/a docente pode pedir que amosen a súa pantalla e/ou o que estean escribindo en papel.
• Ante unha detección de usurpación de identidade ou copia, realizaranse as investigacións e actuacións administrativas correspondentes.
• No caso das fotos de probas manuscritas, recoméndase empregar unha App de escaneo de documentos que produza un documento en PDF. Nestes casos, será necesario que o/a estudante custodie o exame manuscrito, que poderá ser solicitado polo/a docente

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Non se realizarán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A31 Coñecemento dos materiais específicos para máquinas, equipos e sistemas navais, así como dos criterios para a súa selección
A38 Coñecemento dos procesos de fabricación mecánica
A39 Coñecemento dos procesos de montaxe a bordo de máquinas, equipos e sistemas
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
B6 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
C4 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas que deben enfrontarse
C5 Asumir como profesionais e cidadáns a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
C6 Valorar a importancia da investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C7 Capacidade de traballar nun ámbito multilingüe e multidisciplinar.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Seleccionar os procesos e sistemas de fabricación e montaxe a partir do coñecemento das súas capacidades e limitacións e adecuándoos aos requirimentos específicos do ámbito do sector naval. A31
A38
A39
B2
B3
B6
C4
C5
C6
C7
Deseñar e implementar os procesos de fabricación e sistemas de fabricación e montaxe no sector naval A31
A38
A39
B2
B3
B4
B6
C4
C5
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
Presentación da materia Presentación dos profesores e alumnos e de como se desenvolverá a materia este curso: actividades, calendario, prácticas, requisitos de avaliación, etc.
Bloque I Xestión e mellora de procesos
Bloque II Procesos e sistemas de fabricación e montaxe empregados nun estaleiro
Bloque III Técnicas e sistemas de control e de xestión de procesos de Fabricación e Montaxe
Bloque IV Automatización e metodoloxías de supervisión de procesos de fabricación e montaxe
Bloque V Procesos de montaxe de equipos y sistemas a bordo
Bloque VI Protección e Tratamento de superficies
Nota: As cinco unidades didácticas e as prácticas obrigatorias desenvolven os contidos establecidos na Memoria de Verificación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A31 A38 A39 B2 B3 B4 B6 C4 C5 C6 30 30 60
Solución de problemas A31 A38 A39 B2 B3 B4 B6 C4 C5 C7 4 4 8
Prácticas de laboratorio A31 A38 A39 B3 B4 B6 C4 C5 C6 C7 24 24 48
Traballos tutelados A39 B2 B3 B4 B6 C4 C5 C6 C7 2 17 19
Proba mixta A31 A38 A39 B2 B3 B4 B6 C4 C5 C6 4 0 4
 
Atención personalizada 11 0 11
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Programa da materia
Solución de problemas Formulación e solución de problemas y casos prácticos
Prácticas de laboratorio
Realizaranse prácticas:
1- Deseño e implementación de procesos e sistemas de fabricación e montaxe no Laboratorio
2- Técnicas soldadura en Talleres do Estaleiro Navantia (esta última opción dependerá a dispoñibilidade)
Traballos tutelados Os alumnos realizarán traballos prácticos tutelados durante o curso que terán que expoñer para obter:
- Coñecemento da materia
- Habilidades para o traballo en grupo
- Habilidades para o desenvolvemento da profesión

Nos traballos terase en conta:
- Estrutura
- Calidade da documentación
- Orixinalidade
- Presentación
- Exposición

A realización das prácticas e traballos da materia é obrigatoria. A non superación dos mesmos impide presentarse ao exame final da materia durante o presente curso
Proba mixta
Fundamentada nos contidos e na parte práctica da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Proba mixta
Descrición
Serán clases participativas tanto de trabajo individual como en grupo. Además de las tutorías presenciales se emplearán las TIC´s: correo, chat, videoconferencia y plataformas web de trabajo en grupo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A39 B2 B3 B4 B6 C4 C5 C6 C7 Consistentes en traballos do estudante sobre diferentes contidos tanto teóricos como prácticos (incluidos os referidos as Prácticas no laboratorio). 45
Prácticas de laboratorio A31 A38 A39 B3 B4 B6 C4 C5 C6 C7 Desenvoltas tanto no laboratorio como no Estaleiro 5
Proba mixta A31 A38 A39 B2 B3 B4 B6 C4 C5 C6 Integra probas obxectivas e de ensaio ou desenvolvemento no laboratorio 50
 
Observacións avaliación

Na 1º e 2º convocatoria:
 A avaliación realizarase en función das Metodoloxías expostas. A cualificación das metodoloxías realizarase con notas sobre 10 e será condición necesaria para superar a avaliación da 1ª oportunidade: non ter ningunha nota inferior a 3,5 en calquera das metodoloxías e das distintas probas de cada metodoloxía. Alén de ter unha asistencia ás actividades presenciais superior ao 80%.


Alumnos con Dispensa Académica ou nas Convocaotorias extraordinarias: Realizarase mediante dúas probas selectivas presenciais que engloban os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos na materia. A cualificación dos módulos ou
proba realizarase con notas sobre 10 e será condición necesaria para superar a
avaliación: non ter ningunha nota inferior a 3,5 nas mesmas. A nota final será:

 ( 0,5 * Proba obxectiva + 0,5 * Proba práctica ) / (Número de notas inferiores que 3,5 + 1)

A proba práctica desenvolverase no Laboratorio

Nota:
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia comunicará ó inicio do curso a súa situación o profesor da materia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC" (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b). 



Fontes de información
Bibliografía básica Javier Bouza & Ángel Fernández (2020). Apuntes de Procesos de Fabricación y Montaje. Reprografía EPS
Cuatrecasas Arbós, Lluís (2013). Diseño avanzado de procesos y plantas de producción flexible: técnicas de diseño y herramientas gráficas con soporte informático. Barcelona: Profit
Albert Suñé Torrents, Francisco Gil Vilda, Ignasi Arcusa Postils (2004). Manual práctico de sistemas productivos. Madrid: Diaz de Santos
Primitivo B. Gonzalez Lopez (2000). Tecnicas de construccion naval. Universidade da Coruña
Francisco Javier Gonzalez de Lema Martinez (2007). Tecnología de la Construcción del buque. Universidade da Coruña

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Construción naval e sistemas de propulsión/730G05009
Automatismos. control e electrónica/730G05016

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Máquinas mariñas e sistemas de propulsión 1/730G05027
Sistemas auxiliares do buque 1/730G05028
Sistemas hidráulicos e neumáticos/730G05029

Materias que continúan o temario
Tecnoloxía da construción naval/730G05024
Traballo fin de grao/730G05042
Visitas Técnicas/730G05132
Proxecto Multidisciplinar/730G05131

Observacións
“Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":
            A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
              •  Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático
             •  Realizarase a través de Plataformas de almacenamento (Google  drive,...) , en formato dixital sen necesidade de imprimilos
             •  En caso de ser necesario realizalos en papel:
                  -     Non se empregarán plásticos
                 -      Realizaranse impresións a dobre cara.
                 -      Empregarase papel reciclado.
                 -      Evitarase a impresión de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías