Identifying Data 2019/20
Subject (*) Biology Code 750G01002
Study programme
Grao en Enfermaría
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
First Basic training 6
Language
Spanish
English
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Ciencias da Saúde
Coordinador
Coronado Carvajal, Carmen
E-mail
carmen.coronado@udc.es
Lecturers
Coronado Carvajal, Carmen
Rodriguez Maseda, Emma
E-mail
carmen.coronado@udc.es
emma.rodriguez.maseda@udc.es
Web http://moodle.udc.es
General description Nesta materia preténdese que o alumno adquira os coñecementos científicos e técnicos básicos en Bioloxía Celular e Molecular, Histoloxía, Xenética, Microbioloxía e Parasitoloxía. Isto permitiralle comprender mellor as bases moleculares e fisiológicas das células e os tecidos, así como a transmisión da herdanza, a importancia dos microorganismos no equilibrio saúde-enfermidade e a relación parásito-hospedador durante a infección. Esta materia básica é fundamental para uniformizar coñecementos e sentar as bases necesarias para alcanzar competencias da titulación cruciais na formación do futuro enfermeiro.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A2 Comprender as bases moleculares e fisiolóxicas das células e os tecidos.
A3 Comprender a morfoloxía e a fisioloxía dos microorganismos e os parasitos.
A16 Coñecer os principios de radioloxía, radioprotección e prevención e control de infeccións.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 CB1 Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parta da base da educación secundaria xeral, e sólese atopar a un nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda dun campo de estudo.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Describir a estrutura, orixe e función dos compoñentes celulares, tanto nas células eucariotas como procariotas. A2
A3
B1
B3
B8
B11
C1
C3
C6
C8
C9
Recoñecer e diferenciar a organización, estrutura e función dos distintos tecidos que constitúen os órganos humanos. A2
B1
B3
B8
B11
C1
C3
C6
C8
C9
Comprender a organización, transmisión, expresión e mutacións do material xenético. A2
A3
B1
B3
B8
B11
C1
C3
C6
C8
C9
Comprender os fundamentos microbiolóxicos da esterilización, a desinfección e a antibioterapia e quimioterapia antibacteriana. A3
A16
B1
B3
B8
B11
C1
C3
C6
C8
C9
Identificar os microorganismos como axentes produtores de enfermidade, recoñecer os mecanismos de transmisión das enfermidades infecciosas, explicar os mecanismos de resistencia do corpo humano ante os axentes infecciosos. A3
B1
B3
B8
B11
C1
C3
C6
C8
C9
Identificar as enfermidades infecciosas e parasitosis máis comúns, os seus axentes etiológicos, epidemiología, sintomatología, tratamento e prevención. A3
B1
B3
B8
B11
C1
C3
C6
C8
C9

Contents
Topic Sub-topic
BLOQUE TEMÁTICO I. A CÉLULA VIVA
Tema 1.- Introducción á célula.
Tema 2.- Organización celular procariota.
Tema 3.- Organización celular eucariota.
BLOQUE TEMÁTICO II. PRINCIPIOS DE HISTOLOXÍA
Tema 4.- Introducción á Histoloxía.
Tema 5.- Tecidos epiteliais.
Tema 6.- Tecidos conxuntivos.
Tema 7.- Tecidos musculares.
Tema 8.- Tecido nervioso.
BLOQUE TEMÁTICO III. PRINCIPIOS DE XENÉTICA
Tema 9.- Mecanismos xenéticos básicos
Tema 10.- O ciclo celular.
Tema 11.- Reprodución e transmisión da herdanza.
BLOQUE TEMÁTICO IV. MICROBIOLOXÍA E PARASITOLOXÍA
Tema 12.- Microbioloxía e Parasitoloxía: concepto e contido.
Tema 13.- Crecemento bacteriano.
Tema 14.- Xenética bacteriana.
Tema 15.- Control do crecemento bacteriano: Axentes físicos e químicos. Antimicrobianos.
Tema 16.- Microorganismos e infección.
Tema 17.- Resistencia á infección.
Tema 18.- Diagnóstico microbiolóxico.
Tema 19.- Microorganismos e parásitos transmitidos polo aire.
Tema 20.- Microorganismos e parásitos transmitidos por vía sexual.
Tema 21.- Microorganismos e parásitos transmitidos por insectos.
Tema 22.- Microorganismos e parásitos transmitidos por alimentos.
Tema 23.- Microorganismos e parásitos transmitidos pola auga
Tema 24.- Micosis.


Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Mixed objective/subjective test A2 A3 A16 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 C9 6 30 36
Guest lecture / keynote speech A2 A3 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 43 34.4 77.4
Laboratory practice A2 A3 A16 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 7 7 14
Collaborative learning A3 A16 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 C9 2 14 16
Field trip A2 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 2 2 4
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Mixed objective/subjective test Durante o desenvolvemento da materia realizaranse dúas probas parciais e unha proba final (na data oficial do centro).
Realizarase un modelo de exame que inclúe 10 preguntas curtas de ensaio e 30 preguntas de tipo test con catro posibilidades e resposta única. Na proba que corresponda incluiranse unha pregunta curta e dúas preguntas tipo test relativas ao traballo en grupo.
Guest lecture / keynote speech A maior parte dos contidos desta materia desenvolveranse mediante leccións maxistrais participativas con apoio importante de imaxes e vídeo.
Laboratory practice Realizaranse unhas prácticas dedicadas a introducir ao alumnado no manexo do microscopio óptico para observar preparacións comerciais de mostras biolóxicas relativas ao contido da materia. Realizarase unha práctica de sementeira e cultivo microbiano dirixida a demostrar os beneficios do lavado de mans.
Collaborative learning Realizarase un traballo colaborativo obrigatorio en grupos preferiblemente de seis integrantes. Consistirá nun traballo de síntese de información sobre coñecemento científico relativo ao control do crecemento dos microorganismos como base para a aplicación na práctica enfermeira da política de antisepsia e desinfección no ambiente clínico. A data de entrega do traballo será única a final do período de clases e anunciarase en Campus Virtual da UDC.
Field trip Realizaranse visitas programadas a centros de interese para o contido da materia.

Personalized attention
Methodologies
Collaborative learning
Field trip
Guest lecture / keynote speech
Description
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial co profesor, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumnado.
A forma e momento en que se desenvolverá a atención personalizada correspondente a cada actividade, indicarase ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia e publicarase no Campus Virtual.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Collaborative learning A3 A16 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 C9 A presentación do traballo tutelado é obrigatoria en Primeira Oportunidade. Valorarase: adecuación ao guión solicitado, integración de coñecementos teóricos básicos na aplicación práctica, estilo e bibliografía.
Ante situacións de plaxio aplicarase o que se recolle na normativa da UDC.
15
Laboratory practice A2 A3 A16 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 Avaliarase o traballo práctico realizado no proceso de aprendizaxe e o aproveitamento da observación en relación cos contidos da materia, que se plasmará na elaboración dun caderno de laboratorio. A realización de todas as sesións prácticas e a presentación do caderno correspondente é obrigatoria e contribuirá sumando 0,5 puntos. 5
Field trip A2 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 A asistencia a esta actividade e a entrega da memoria resumen da saída valórase con 0,5 puntos. Se non poidese realizarse a saída, as prácticas de laboratorio cualificaríanse como o 10% da nota final. 5
Mixed objective/subjective test A2 A3 A16 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 C9 As preguntas de ensaio puntúanse entre 0 e 1 e supoñen o 50% da nota da proba. As preguntas obxectivas de resposta única constitúen o outro 50% da nota. Tres preguntas non acertadas (ou fracción) restan unha acertada. Para poder facer a suma debe obterse en cada parte polo menos 15% da calificación total da proba. As probas parciais deben superarse polo menos con 4 puntos para quedar exento de realizar a proba final. A proba final será única e relativa ao contido completo da materia. Para poder aprobar a materia, a nota da proba final debe ser igual ou superior a 4 puntos. O alumnado que non se presente a esta proba final na data oficial do centro obterá a cualificación de Non Presentado. O alumnado que superase as dúas probas parciais e teña superada a materia, pode presentarse a unha proba na data oficial da Primeira oportunidade e sumar o 10% da nota desta proba á súa nota de avaliación continuada. 75
 
Assessment comments

A avaliación continuada descrita (ITINERARIO ORDINARIO) é obrigatoria para todos o alumnado con matrícula ordinaria na Primeira oportunidade (febreiro). Para a Segunda oportunidade (xullo) e na Oportunidade adiantada de avaliación (decembro, ITINERARIO ADIANTADA), o alumnado pode elixir o sistema de avaliación descrito para a primeira oportunidade (sempre que entregase en prazo as actividades académicas deseñadas para o curso) ou a avaliación mediante un exame único que achegue o 100% da nota final (ITINERARIO FINAL), indicándoo por escrito na proba mixta o día da data oficial para a realización do exame. O alumnado con matrícula a tempo parcial (con ou sen dispensa académica que lle exima de asistencia a clase concedida) pode acollerse a este último sistema de avaliación (avaliación mediante un exame único que achegue o 100% da nota final) tanto en Primeira como en Segunda oportunidade (ITINERARIO TEMPO PARCIAL) e Adiantada (ITINERARIO ADIANTADA).

Avaliación ITINERARIO ORDINARIO (aplicable en Primeira, Segunda e Oportunidade adiantada):

1.- Traballo tutelado 15%

2.- Proba mixta con nota superior a 4 puntos 75%

3.- Prácticas de laboratorio 5%

4.- Saída de campo 5%

Avaliación ITINERARIO FINAL, ITINERARIO TEMPO PARCIAL e ITINERARIO ADIANTADA (aplicable só en Segunda e Oportunidade adiantada para alumnado con matrícula ordinaria e en Primeira, Segunda e Oportunidade adiantada para alumnado con matrícula a tempo parcial):

1.- Proba mixta 100%

A avaliación en segunda e posteriores matrículas do alumnado será a mesma que para primeira matrícula, coa excepción de que se conservará durante dous cursos académicos a porcentaxe da nota final obtida pola avaliación das Prácticas de laboratorio e Saída de campo


Sources of information
Basic Alberts, B., Johnson, A., Lewis, J., Raff, M., Roberts, R. y Walter, P. (2016). Biología molecular de la célula. Sexta edición. Ed. Omega
Madigan, M.T., Martinko, J.M., Bender, K., Buckley, D. y Stahl, D. (2015). Brock Biología de los microorganismos. Décimo cuarta edición . Pearson education
Klug W.S. y Cummings, M.R. (2013). Conceptos de genética. Décima edición. Pearson education
Ross M.H., Pawlina W. (2016). Histología: texto y atlas, correlación con biología celular y molecular. Séptima edición. Wolters Kluwer
Willey, J.M., Sherwood, L.M. y Woolverton, C.J. (2009). Microbiología de Prescott, Harley y Klein. Séptima edición. Mc Graw Hill Interamericana
Willey, J.M., Sherwood, L., Woolverton, C.J., Prescott, L. M. (2015). Prescott's microbiology. Tenth edition. McGraw Hill

Complementary Gartner, L.P. y Strum, J.M. (2015). Biología celular e Histología. Séptima edición . Wolters Kluwer
Karp, G. (2014). Biología Celular y Molecular. Conceptos y experimentos. Séptima edición. McGraw Hill Interamericana
Solomon, E.P., Berg, L.R., Martin, D.W. (2013). Biología. Novena edición. CENGAGE Learning
Paniagua, R. et al. (2007). Citología e histología vegetal y animal: biología de las células y tejidos animales y vegetales. Cuarta edición. McGraw Hill Interamericana
Tortora, G.J., Funke, B.R. y Case, C.L. (2010). Introducción a la Microbiología. Décima edición. Editorial Médica Panamericana
Ingraham, J.L. e Ingraham, C.A. (2004). Introducción a la Microbiología. Volumen I y Volumen II. Ed. Reverté
Cooper, G.M. y Hausman, R.E. (2017). La célula. Septima edición. Marbán S.L.
Martín, A., Béjar, V., Gutiérrez, J.C., Llagostera, M. y Quesada, E. (2019). Microbiología Esencial. Ed. Médica Panamericana
Becerril Flores, M.A. (2014). Parasitología médica. Cuarta Edición. McGraw Hill
Joklik, W.K., Willet, H.P. y Amos, D.B. (1994). Zinsser Microbiología. Vigésima edición. Editorial Panamericana


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Anatomy/750G01001
Physiology/750G01105

Subjects that continue the syllabus
Health Risk Situations and Radiology/750G01013
Community Nursing I/750G01014

Other comments

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":
1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural
3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…)
5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade
6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas
7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.