Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Psicoloxía Código 750G01003
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Primeiro Formación básica 9
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Psicoloxía
Coordinación
Escudero Carranza, Valentin
Correo electrónico
valentin.escudero@udc.es
Profesorado
Escudero Carranza, Valentin
Movilla Fernandez, Maria Jesus
Correo electrónico
valentin.escudero@udc.es
maria.jesus.movilla@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Finalizado o proceso de enseñanza-aprendizaxe de Psicología, o alumno deberá contar cos coñecementos necesarios que lle capacitaten para integrar a perspectiva psicolóxica na prestación de coidados integrais ás persoas ante as situacions de saude-enfermidade, e as situacions de violencia de xénero. Igualmente estará capacitado para establecer e realizar unha relación eficaz co paciente familia e grupo.

Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
1.1.- Prof Movilla: Non se realizan cambios nos contidos da materia
1.2.- Prof Escudero: Non se realizan cambios nos contidos da materia

2. Metodoloxías
2.1.- Prof. Movilla:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Sesión Maxistral, Análise de fontes documentais e Proba de ensaio

*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se realizan cambios nas metodoloxias da materia.
As metodoloxias programadas previamente de modo presencial pasarán a modo virtual.

2.2.- Prof. Escudero
Non se realizan cambios nas metodoloxias da materia.
As metodoloxias programadas previamente de modo presencial pasarán a modo virtual.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
3.1.- Prof. Movilla:
• Correo electrónico: De uso para facer consultas e resolver dúbidas.
• Videoconferencia (Teams): Exposición dos contenidos teóricos, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario da facultade. Esta opción ser a aplicable tanto na sesión maxistral como nos seminarios.
• Moodle: Empregarase como repositorio do material documental e para a realización de tareas e actividades para o seguimento da materia

3.2.- Prof. Escudero:
• Correo electrónico: De uso para facer consultas e resolver dúbidas.
• Videoconferencia (Teams): Exposición dos contenidos teóricos, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario da facultade. Esta opción ser a aplicable tanto na sesión maxistral como nos seminarios.
• Moodle: Empregarase como repositorio do material documental e para a realización de tareas e actividades para o seguimento da materia

4. Modificacións na avaliación.
4.1.- Prof. Movilla:
Non se realizan cambios na avaliación da materia

*Observacións de avaliación: • As diferentes actividades de avaliación continuada efectuaranse de xeito non presencial, mediante a plataforma Moodle e con de soporte en directo mediante Teams.

4.2.- Prof. Escudero:
Non se realizan cambios na avaliación da materia

*Observacións de avaliación: • As diferentes actividades de avaliación continuada efectuaranse de xeito non presencial, mediante a plataforma Moodle e con de soporte en directo mediante Teams.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
• Disporán de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A12 Identificar as respostas psicosociais das persoas ante as diferentes situacións de saúde, seleccionando as accións adecuadas para proporcionar axuda nas mesmas.
A13 Establecer unha relación empática e respectuosa coa paciente e familia, acorde coa situación da persoa, problema e saúde e etapa de desenvolvemento.
A14 Utilizar estratexias e habilidades que permitan unha comunicación, efectiva con pacientes, familias e grupos sociais, así como a expresión das súas preocupacións e intereses.
A17 Coñecer e identificar os problemas psicolóxicos e físicos derivados da violencia de xénero para capacitar ao estudante na prevención, a detección precoz, a asistencia, e a rehabilitación das vítimas desta forma de violencia.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B13 Toma de decisións.
B14 Habilidades interpersonais.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B22 Capacidade para motivarse e motivar a outros.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 CB1 Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parta da base da educación secundaria xeral, e sólese atopar a un nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda dun campo de estudo.
C10 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar as respostas psicosociais das persoas ante as diferentes situacions de saude A12
B1
B3
B4
B11
C8
Valorar as persoas con problemas psicosociais e planificar as intervencions A12
A13
B1
B3
B4
B5
B8
B11
B13
C3
C9
Describir as características de unha relación terapéutica co/coa paciente e a sua familia A12
A13
A14
B5
B6
B7
B10
B13
B14
B15
C10
Describir e utilizar unha comunicación eficaz na relación co/coa paciente, familia e membros do equipo de saude A12
A13
A14
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B13
B14
B15
B16
C4
C5
C8
Identificar os principais problemas físicos, psicolóxicos e sociais das víctimas de violencia de xénero e das suas familias A17
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B13
B14
B15
B16
B22
B24
C3
C4
C6
C7
C8
C9
C11
Describir os principais aspectos da prevención, detección, asistencia e rehabilitación das víctimas de violencia de xénero A17
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B13
B14
B15
B16
B22
B24
C3
C4
C6
C7
C8
C9
C11

Contidos
Temas Subtemas
1. A psicoloxía: teorías e modelos da psicoloxía como ciencia 1.1. Teorías Psicolóxicas.
1.2. Metodoloxías psicolóxicas, experimentación e observación
1.3. Campos de acción da Psicoloxía.
1.4. Características psicolóxicas da Enfermeira.
2. Procesos psicolóxicos básicos da conducta humana 2.1 Procesos de percepción e atención
2.2 Memoria e aprendizaxe
2.3 Motivación e emociones
2.4 O funcionamento da mente humana, procesos cognitivos
3. Saude e Enfermidade ó longo do ciclo vital dende a perspectiva psicolóxica. 3.1. Teorías Evolutivas.
3.2. Teoría do Apego.
3.3. Enfoques cognitivos.
3.4. Aplicacions á Enfermaría.
4. Teorías psicolóxicas da comunicación interpersonal. 4.1. Teorías da relación interpersonal.
4.2. Pragmática da comunicación humana.
4.3. Aplicacions á enfermaría.
5. A relación terapéutica. 5.1. Psicodinámica.
5.2. Cognitivo-Conductual.
5.3. Humanista.
5.4. Sistémica.
5.5. O modelo SOFTA no contexto da enfermaría.
6. Afrontamento psicolóxico da enfermidade e o sufrimento. 6.1. A dor e o sufrimento psicolóxico.
6.2. Psicoloxía da Saude.
6.3. Psiconeuroinmunoloxía.
6.4. Modelos de afrontamento
6.5. Dor.
6.6. Estrés.
7. Conceptos xerais de Violencia de Xénero. 7.1. Definición.
7.2. Causas.
7.3. O proceso da violencia.
7.4. Consecuencias na saude.
7.5. Importancia do persoal dos servizos sanitarios.
7.6 Dificultades para identificar a violencia de xénero.
7.7. Recomendacions para a prevención da violencia no sistema sanitario.
8. Actuación ante a violencia de xénero no ámbito da Atención Primaria e Especializada. 8.1. Detección e valoración. Algoritmo de actuación.
8.2. Indicadores de sospeita.
8.3. Aspectos éticos e legais.
8.4. Actuación co maltratador.
8.5. Parte de lesions e informe médico.
8.6. Guía de recursos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A12 A13 A14 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B10 B11 B13 C6 C8 10 30 40
Análise de fontes documentais A17 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B11 B13 B16 B24 C3 C6 C7 C8 C9 C11 15 39 54
Estudo de casos A12 A13 A14 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B13 B14 C6 C10 C11 4 8 12
Sesión maxistral A12 A13 A14 A17 B1 B3 B6 B7 B8 B11 B24 C3 C6 C7 C8 C9 31 46 77
Proba de ensaio A17 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B11 B13 B16 B24 C4 C7 C9 C11 2 16 18
Proba de resposta múltiple A12 A13 A14 B1 B3 B4 B8 B9 B11 B13 2 16 18
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Os alumnos deberán resolver unha situación problemática concreta a partir dos coñecementos adquiridos.
Análise de fontes documentais Analizanse documentos escritos ou audiovisuais relacionados cos contidos da materia.
Os alumnos de forma individual ou grupal analizarán e comentarán o documento
Estudo de casos Presentanselle ós alumnos casos que deberán analizar
Sesión maxistral Exposición oral relacionada con contidos do programa.
Pode ser completada co uso de medios audiovisuais, a introducción de algunhas preguntas para facilitar a aprendizaxe.
O alumno poderá interrumpir para hacer preguntas sobre o tema.
Proba de ensaio Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espíritu crítico. Utilizase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxetivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplio e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as suas relacions.
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Descrición
Corrección de exames e axuda na solución de problemas e dudas que se lle plantexen ó estudantado

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A17 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B11 B13 B16 B24 C3 C6 C7 C8 C9 C11 Analizanse de xeito individual ou grupal documentos escritos ou audiovisuais relacionados cos contidos da materia.
Esta metodoloxía será utilizada pola Prof. Dra María Jesús Movilla Fernández.

A analise de fontes documentais coa Prof. Dra
María Jesús Movilla Fernández é OBRIGATORIA para superar a sua parte da materia e supon un 20% (2 puntos) da nota total da materia Psicoloxia.
Sendo necesario un mínimo de 1 punto para superar esta actividade.
20
Solución de problemas A12 A13 A14 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B10 B11 B13 C6 C8 Tratase de EXERCICIOS PRACTICOS que os/as estudantes deberán resolver a partir dos coñecementos adquiridos.
Esta metodoloxía será utilizada polo Prof. Dr Valentin Escudero
A entrega de esta actividade é OBRIGATORIA para poder facer o examen do Prof. Dr Valentin Escudero.
6
Proba de ensaio A17 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B11 B13 B16 B24 C4 C7 C9 C11 Proba na que o/a estudante responderá por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espíritu crítico.
Esta metodoloxía será empregada pola Prof. Dra María Jesús Movilla Fernández para avaliar a sua parte da materia.
Representa un 20% (2 puntos) da nota total da materia Psicoloxia.. Sendo necesario un mínimo de 1 punto para superar a materia.
20
Proba de resposta múltiple A12 A13 A14 B1 B3 B4 B8 B9 B11 B13 Proba obxetiva empregada polo Prof. Dr. Valentin Escudero para avaliar a sua parte da materia. Consiste en plantear unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcions ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucions, das que sólo unha de elas é válida. 48
Estudo de casos A12 A13 A14 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B13 B14 C6 C10 C11 Presentaselles ós/ás estudantes casos que deberán analizar.
Esta metodologxa será utilizada polo Prof. Dr. Valentin Escudero.
A entrega de esta actividade é OBRGATORIA para poder facer o exame do Prof. Dr Valentin Escudero.
6
 
Observacións avaliación

A materia Psicoloxía é impartida por dous profesores, o Prof. Dr Valentin Escudero e a Prof. Dra María Jesús Movilla Fernández. Para superar esta materia o/a estudante debe superar cada unha das partes. A nota final da materia calcularase en base a que a parte do Prof Valentin Escudero representa o 60% da nota final e o 40% da nota final corresponde á materia da Prof Dra Maria Jesus Movilla Fernández
No caso de que non se supere unha das duas partes na 1ª oportunidade a nota que lle figurará será de 4,e para a 2ª oportunidade manterase aprobada a parte que se teña superada na 1ª oportunidade dentro da mesma convocatoria. 

MATRICULA PARCIAL: Na parte do profesor Escudero a avaliación incluirá a proba obxetiva de resposta múltiple e unha proba practica baseada en un estudo de caso.  Na parte da profesora Movilla a avaliación consistirá na análise comentada dun documento facilitado pola profesora (2 puntos) sendo necesario obtener 1 punto para superalo e da proba de ensaio (2 puntos) sendo necesario obter 1 punto para superala.  

2ª OPORTUNIDADE E OUTRAS: Na parte do profesor Escudero a avaliación será coincidente co descrito para a 1ª oportunidade
Na parte da profesora Movilla será coincidente co descrito para a 1ª oportunidade, salvo que o/a estudante solicite acollerse ó sistema de avaliación descrito para a matrícula parcial.  

OPORTUNIDADE ADIANTADA: Na parte do profesor Escudero terá que cumplir todas as características sinaladas e constará das mesmas probas.  Na parte da profesora Movilla a avaliación consistirá na análise comentada dun documento facilitado pola profesora (2 puntos) sendo necesario obter 1 punto para superalo e da proba de ensaio (2 puntos) sendo necesario obter 1 punto para superala. 

MATRICULA DE HONOR: Será concedida á nota máis alta por encima de 9. En caso de empate de notas darase a opción de realizar unha proba obxetiva de 10 preguntas elaborada conxuntamente polos 2 profesores da materia 

NON PRESENTADO: A calificación de Non Presentado corresponderá ó/á estudante que non fixera a proba obxetiva na parte do profesor Escudero e/ou que non realizara a proba de ensaio na parte da profesora Movilla.


Fontes de información
Bibliografía básica Caso A; Freire E; Regás R; Rico E; Ventura L (2009). 5 por 2 = 9. Diez miradas contra la violencia de género. Barcelona: Ediciones Península
Escudero V y Friedlander M (2017). Alianza Terapeutica non Familias. Barcelona: Editorial Herder
Osborne R (2009). Apuntes sobre violencia de género. Barcelona: Ediciones Bellaterra
Varela,N y Escudero V (2015). Familias y Enfermedad Física. Madrid: Ed. Grupo 5
Atencio G (2015). Feminicidio. El asesinato de mujeres por ser mujeres. Madrid: Catarata
García de León MA (2002). Herederas y heridas. Sobre las élites profesionales femeninas. Madrid: Ediciones Cátedra
Friedlander M y Escudero V (2009). La Alianza Terapéutica . Barcelona: Paidós
Comisión Común contra la Violencia de Género (2006). Protocolo común para la Actuación Sanitaria ante la Violencia de Género. Madrid. SNS
López Zafra E (Dir.) (2010). Violencia contra las mujeres: descripción e intervención psicosocial. Jaen
Garcia González MN (2008). Violencia de Género: investigaciones y aportaciones pluridisciplianres: significado de su tratamiento en los medios. Madrid:Fragua

Amigo, I., Fernández, C. y Peréz, M. (2009). Manual de Psicología de la Salud, 3ª ed. Madrid: Pirámide. 

Brannon, l. y Feist, J. (2001). Psicología de la Salud. Madrid: Paraninfo 

Costa, M. y López, E. (2008). Educación para la salud: guía práctica para promover estilos de vida saludables. Madrid: Pirámide. 

Csikszentmihalyi, M. (1990). Flow, the psychology of optimal experience. Harper and Row: New York. 

Franzoi, S. (2007). Psicologia Social (4ª Edición). Madrid: McGraw Hill. 

Friedlander, M., Escudero, V. y Heatherington, L (2009) La alianza terapeutica. Barcelona: Paidós

Gil Roales-Nieto, J (Dir.). Psicología de la Salud. Madrid, Pirámide. 

Goleman, D. (1999). La práctica de la inteligencia emocional. Kairós. Barcelona. 

Good, T. y Brophy, J. (1996). Psicología Educativa Contemporánea. México. Mc Graw Hill. 

Morrison, V. y Bennett, P. (2008). Una introducción a la Psicología de la salud. Madrid: Pearson 

Smith, E.R., y Mackie, D.M. (1997). Psicología Social. Madrid. Editorial Médica Panamericana. 

Varela, N., Escudero, V., y López (2015) Familias y enfermedad física: manual de terapia familiar y multifamiliar.Madrid: Ediorial Grupo 5.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Anatomía/750G01001
Bioloxía/750G01002
Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/750G01004
Bases para a interpretación do coñecemento científico/750G01008
Fisioloxía/750G01105
Fundamentos de Enfermaría/750G01107

Materias que continúan o temario
Enfermaría da Saúde Mental/750G01015
Enfermaría Comunitaria II/750G01019

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": 

  • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de se realizar en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
  • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
  • Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas.

Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías