Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Fisioloxía I Código 750G01005
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Medicina
Coordinación
Sangiao Alvarellos, Susana
Correo electrónico
susana.sangiao@udc.es
Profesorado
Sangiao Alvarellos, Susana
Correo electrónico
susana.sangiao@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é axudar o alumno a coñecer e comprender os procesos fisiolóxicos que teñen lugar no corpo humano. O alumno deberá asimilar e integrar diversos conceptos fisiolóxicos e con eles construír a súa noción acerca do funcionamento do organismo; para iso traballarase en comprender os procesos que teñen lugar nos distintos órganos e sistemas, así como as relacións que existen entre eles e entre estes e o medio externo.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e identificar a estrutura e función do corpo humano.
A2 Comprender as bases moleculares e fisiolóxicas das células e os tecidos.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e identificar a estrutura e función do corpo humano A1
Comprender as bases moleculares e fisiolóxicas das células e os tecidos A2
Aprender a aprender B1
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo B3
Capacidad de análise e síntese B8
Capacidade e habilidade de xestión da información B11
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
?Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8
Capacidade para organizar e planificar. B12
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Toma de decisións. B13

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución.
Introdución
2. Presión osmótica e intercambio de líquido entre compartimentos. Osmolaridade.

Ósmose

Transporte de sustancias a través das membranas
3. Funcionamento das células excitables. Potencial de membrana.

Potencial de acción.

Propagación do potencial de acción.

4. Tipos de tecidos musculares, estrutura do músculo e mecanismo de contracción muscular. Tipos de tecidos musculares

Estrutura da miofibrilla.

Mecanismo da contracción muscular.

Tipos de fibras musculares esqueléticas.

5. Descrición xeral do sistema nervioso.
Sistemas sensoriais.
Sistema nervioso central.

Sistema nervioso periférico.

Tipos de células.

Atributos das sensaciones.

Organización dos sistemas sensoriais.
6. Sistemas motores. Receptores sensoriais no músculo

Organización das motoneuronas na médula espiñal.

Sistemas motores do tronco encefálico.

Control motor cortical.

Cerebelo e ganglios basais.

7. Funcións e composición do sangue.
Funcións.

Tipos celulares.

Plasma.

Mecanismos de coagulación.

Mecanismos anticoagulantes.
8. Sistema inmune Inmunidade xeral ou innata

Inmunidade específica ou adquirida

Grupos sanguíneos.
9. Sistema cardiovascular. Ciclo cardíaco. Xeneralidades do sistema cardiovascular.

Ciclo cardíaco: acontecementos eléctricos e mecánicos.

O electrocardiograma.
10. Circulación arterial e venosa. Regulación da presión arterial. Sistema linfático. Características das arterias.

Presión arterial.

Regulación de la presión arterial.

Circulación venosa.

Microcirculación.
11. O ril e os líquidos corporais Estrutura e características xerais da función renal.

Fluxo sanguíneo renal.

Filtración glomerular, reabsorción e secreción.

12. Sistema respiratorio. Ventilación pulmonar. Intercambio e transporte gasoso. Introdución ó sistema respiratorio.

Mecánica da ventilación pulmonar.

Volumes e capacidades pulmonares.

Espazo morto respiratorio.

Ventilación alveolar.

Difusión dos gases respiratorios no organismo.

Transporte de O2 polo sangue.

Transporte de CO2 polo sangue.
13. Sistema dixestivo
Boca e esófago.

Estómago.

Intestino delgado.

Intestino groso.

Dixestión e absorción.

Mecanismos básicos de motilidade.

Mecanismos básicos de secreción.
14. Sistema endócrino. Características xerais das hormonas.

Mecanismo de acción

O hipotálamo e a hipófise.

Glándula tiroide.

Glándulas suprarrenais.

Hormonas sexuais.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 B1 B3 B8 B11 B12 23 64.4 87.4
Seminario A1 A2 B1 B3 B8 B11 B12 C1 C3 C6 C7 C8 8 16 24
Prácticas a través de TIC A1 A2 B1 B3 B8 B11 B12 C1 C3 C6 C7 C8 12.2 24.4 36.6
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesión maxistral con discusión.
Seminario Realización de traballos en grupo por parte dos alumnos. Exposición e discusión na aula de ditos traballos.
Prácticas a través de TIC Realización de prácticas e exercicios na aula en grupo, relacionados coas clases maxistrais e que serán avaliados de xeito semanal polo profesor. Discusión dos erros cometidos en clases posteriores

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Prácticas a través de TIC
Descrición
A atención personalizada implica principalmente a interacción directa co alumno nas distintas prácticas e seminarios, co obxectivo de avaliar de xeito individual as súas carencias e necesidades. Ademais, mediante titorías virtuais os alumnos poden realizar consultas ao profesor practicamente calquera día da semana ao longo do horario laborable

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 A2 B1 B3 B8 B11 B12 C1 C3 C6 C7 C8 Nos seminarios terase en conta tanto a calidade do traballo escrito, coma o formato e a presentación na aula.
No exame escrito realizaranse preguntas sobre os temas tratados nos seminarios.
10
Prácticas a través de TIC A1 A2 B1 B3 B8 B11 B12 C1 C3 C6 C7 C8 Avaliarase a asistencia e a participación, pero fundamentalmente a memoria que entregarán os alumnos ó rematar a práctica e que a profesora avaliará e entregará corrixida posteriormente para que poidan ver os erros cometidos. 30
Sesión maxistral A1 A2 B1 B3 B8 B11 B12 Avaliación mediante un exame escrito (tipo test ou preguntas curtas).
Se o exame é tipo test as preguntas mal contestadas puntuarán negativamente.
60
 
Observacións avaliación

Na avaliación final tamén se terá en conta a asistencia a clase así como a actitude demostrada na mesma. Esixirase unha nota mínima (4 puntos sobre 10) no exame escrito para poder superar a materia.


Fontes de información
Bibliografía básica Gary A. Thibodeau e Kevin T. Patton (). Anatomía y Fisiología. Harcourt
Best & Taylor (). Bases fisiológicas de la práctica médica. Williams & Wilkins – Panamericana
Berne & Levy (). Fisiología. Harcourt
Silverthorn (). Human Physiology. Prentice-Hall
Guyton (). Tratado de Fisiología Médica. Interamericana

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías