Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Farmacoloxía Código 750G01011
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Psicoloxía
Coordinación
Dios Romero, Serafin De
Correo electrónico
s.dedios@udc.es
Profesorado
Dios Romero, Serafin De
Correo electrónico
s.dedios@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral O obxectivo desta asignatura é que o/a alumno/a adquira os coñecementos necesarios para integrar eficientemente, nos coidados de enfermaría, a aplicación dos tratamentos farmacolóxicos como función derivada do seu exercicio profesional. Preténdese que o/a alumno/a adquira uns coñecementos básicos de farmacoloxía clínica, da función dos medicamentos na sociedade e en relación coa súa actividade como profesional de enfermaría e dos efectos dos medicamentos nos pacientes que serán obxecto da súa actividade profesional.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Os seminarios non se modifican. A entrega do traballo realizado realizarase a través de Moodle, apartado "entrega de ficheiros".
*Metodoloxías docentes que se modifican
A actividade inicial modifícase e pasa de ser presencial a virtualizarse a través da plataforma Moodle
As sesións expositivas modifícanse e pasan de ser presenciais a virtualizarse a través da plataforma Moodle
A proba de resposta múltiple modifícase e pasa de ser presencial a realizarse a través da plataforma Moodle, apartado "proba ou cuestionario", coas mesmos criterios de cualificación que a proba presencial.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico, foros de Moodle, mensaxes de Moodle. A demanda por parte do alumnado.

4. Modificacións na avaliación
A proba de resposta múltiple pasa de se presencial a virtual, e realizarase a través da plataforma Moodle cos mesmos criterios de cualificación que se describen nesta guía docente

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Coñecer o uso e a indicación de produtos sanitarios vinculados aos coidados de enfermaría.
A5 Coñecer os diferentes grupos de fármacos, os principios da súa autorización, uso e indicación, e os mecanismos de acción dos mesmos.
A6 Utilización dos medicamentos, avaliando os beneficios esperados e os riscos asociados e/ou efectos derivados da súa administración e consumo.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B21 Implicación na calidade e busca/procura da excelencia.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 CB1 Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parta da base da educación secundaria xeral, e sólese atopar a un nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda dun campo de estudo.
C10 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Describir os aspectos básicos sobre a regulación e rexistro dos medicamentos en España A4
A5
A6
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B9
B12
B13
B16
B20
B21
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
C10
Explicar os principios de farmacocinética e farmacodinamia dos medicamentos e a súa aplicación no proceso de utilización, especialmente no relativo a eficacia e seguridade A4
A5
A6
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B9
B12
B13
B16
B20
B21
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
C10
Identificar os principais grupos terapéuticos dos medicamentos e a súa aplicación para a prevención, tratamento e curación das enfermidades A4
A5
A6
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B9
B12
B13
B16
B20
B21
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
C10
Explicar os usos clínicos, accións e efectos adversos máis frecuentes, así como a forma correcta de administración dos medicamentos A4
A5
A6
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B9
B12
B13
B16
B20
B21
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
C10

Contidos
Temas Subtemas
PRINCIPIOS XERAIS DA FARMACOLOXÍA CLÍNICA E DA UTILIZACIÓN DE MEDICAMENTOS 1.- Farmacoloxía: Conceptos básicos. As actividades e/ou divisións da farmacoloxía. A farmacoloxía orientada ao paciente e á comunidade. A responsabilidade actual de enfermaría no uso de medicamentos.

2.- Selección de medicamentos. Guías de medicamentos. Ficha técnica. Medicamento xenérico. O uso racional do medicamento. Adherencia ao tratamento. Información de medicamentos. Condicións de conservación dos medicamentos.


3.- Conceptos importantes en farmacocinética. Farmacocinética clínica. A farmacodinamia: mecanismos de acción. A administración de medicamentos: vías de administración e formas farmacéuticas.

4.- Situacións que modifican a resposta aos fármacos. Situacións fisiolóxicas e patolóxicas. Administración e uso de medicamentos en insuficiencia renal, anciáns, pediatría, embarazo e lactación.

5.- O ensaio clínico controlado. Estudos de utilización de medicamentos. Farmacoeconomía.

6.- Os efectos indesexables dos medicamentos: concepto, clasificación, prevención e repercusións. Farmacovixilancia. Erros de medicación.

7.- Interaccións medicamentosas.
GRUPOS TERAPÉUTICOS DE MEDICAMENTOS 1.- Antiinfecciosos: Antibióticos, antifúnxicos, antivirais. Antisépticos. Desinfectantes. Política de antibióticos.

2.- Fármacos que actúan sobre o sistema nervioso autónomo.

3.- Dor. Analxésicos e antiinflamatorios. Analxésicos opiáceos. Tratamento da dor.

4.- Psicofármacos: hipnóticos-sedantes, antidepresivos, antipsicóticos. Fármacos para procesos neurolóxicos: antiparkinsonianos, anticonvulsivantes

5.- Fármacos activos sobre problemas cardiovasculares: Hipertensión, hiperlipidemias, insuficiencia cardíaca, cardiopatía isquémica.

6.- Anticoagulantes e antiagregantes plaquetarios. Medicamentos que actúan sobre o sistema endócrino: antidiabéticos.

7.- Medicamentos que actúan sobre o aparato dixestivo: antiácidos, antiulcerosos, laxantes. Medicamentos que actúan sobre o aparato respiratorio: mucolíticos, antitusígenos, broncodilatadores.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A4 A5 A6 1 0 1
Sesión maxistral A4 A5 A6 B3 B6 B8 B13 B16 B20 B21 20 50 70
Obradoiro A4 A5 A6 B1 B2 B4 B5 B9 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 19 42 61
Proba de resposta múltiple A4 A5 A6 B1 B2 B3 2 12 14
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O curso comezará cunha sesión expositiva presencial dunha hora de duración na que se presentará a asignatura e expoñerase con detalle o traballo a realizar durante o cuatrimestre, así como os criterios de avaliación.
Se non é posible a presencialidade porque non se pode garantir as medidas de distanciamento social (mínimo 1,5 m.) na aula ou porque se xera un novo brote da pandemia, esta sesión expositiva virtualizarase a través da plataforma Moodle.
Sesión maxistral Exposición oral presencial e con medios audiovisuais dos temas que compoñen o programa da asignatura.
Todo o contido das sesións expositivas estará dispoñible en temas en formato pdf no apartado correspondente da plataforma Moodle.
Se non é posible a presencialidade porque non se pode garantir as medidas de distanciamento social (mínimo 1,5 m.) na aula ou porque se xera un novo brote da pandemia, esta sesión expositiva virtualizarase a través da plataforma Moodle.
Obradoiro Ao finalizar cada un dos bloques temáticos da materia realizaranse sesións virtuales a través da plataforma Moodle sobre os temas expostos na sesión maxistral co fin de reforzar y/o aclarar puntos claves e/ou dúbidas dos/das alumnos/as. Combinaranse diversas metodoloxías/probas a través de Moodle (presentacións, foros, tarefas, cuestionarios, probas, resolución de casos clínicos, etc.) nas que o alumnado desenvolve traballo eminentemente práctico sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Proba de resposta múltiple 50 preguntas con 5 respostas das cales só unha é correcta. Non se aplica factor de corrección por respostas non acertadas.
Realizarase de forma presencial segundo o calendario oficial de exames da facultade.
Se non é posible a presencialidade porque non se pode garantir as medidas de distanciamento social (mínimo 1,5 m.) na aula ou porque se xera un novo brote da pandemia, esta proba de resposta múltiple virtualizarase a través da plataforma Moodle cos mismos criterios de cualifación e na data e hora que consta no calendario oficial de exames da facultade.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
Resposta a consultas suscitadas polo alumno. Posibilidade de ampliación de coñecementos
O alumnado poderá poñerse en contacto co profesor mediante correo electrónico, ou través das canles de comunicación que ofrece a plataforma Moodle: foros, mensaxes.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A4 A5 A6 B1 B2 B4 B5 B9 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 Puntúase a entrega das tarefas do/da alumno/a a través de Moodle e o resultado das probas realizadas. 20
Proba de resposta múltiple A4 A5 A6 B1 B2 B3 O/A alumno/a deberá realizar unha proba de 50 preguntas tipo test con resposta múltiple, unha correcta de entre 5 posibles. Non puntúa negativo. O aprobado (5) estará no 70% das respostas correctas (35). Para superar esta proba, e por tanto a asignatura, haberá que obter como mínimo un 5. 80
 
Observacións avaliación
Os seminarios u obradoiros se virtualizarán a través de la plataforma Moodle.

A proba de resposta múltiple realizarase de forma presencial segundo o calendario oficial de exames da facultade. Se non é posible a presencialidade porque non se pode garantir as medidas de distanciamento social (mínimo 1,5 m.) na aula ou porque se xera un novo brote da pandemia, esta proba de resposta múltiple virtualizarase a través da plataforma Moodle cos mismos criterios de cualifación e na data e hora que consta no calendario oficial de exames da facultade.

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art.° 5 do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.
Sistema de cualificacións:
0-4.9=Suspenso
5-6.9=Aprobado
7-8.9=Notable
9-10=Sobresaliente
9-10 Matrícula de Honra (Graciable)
Considerarase non presentado aquel/aquela alumno/a que non asista ao exame final.

Os/As alumnos/as con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deben mandar un correo electrónico ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso. Neste caso, a avaliación dos obradoiros o seminarios realizarase pola entrega das tarefas propostas a través de Moodle. A avaliación da proba de resposta múltiple realizarase seguindo as indicacións desta guía.

A avaliación de segunda oportunidade seguirá os mesmos criterios de  cualificación que para os de primeira oportunidade. Durante o segundo cuadrimestre terán a oportunidade de entregar as tarefas dos seminarios ou  obradoiros se non o fixeron durante o primeiro cuadrimestre. Durante o segundo cuadrimestre este alumnado poderá en poñerse en contacto co profesor (correo electrónico, foros e mensaxes de Moodle) para recibir atención personalizada: resolver dúbidas, ampliación de coñecementos, proposta de novas tarefas para reforzar contidos, etc.

Alumnos/as con segunda matrícula e posteriores: manteráselles a cualificación de cursos anteriores. Se o desexan pode realizar para a súa cualificación as tarefas propostas para este curso académico. Para a proba de resposta múltiple, seguiranse os criterios de avaliación propostos nesta guia.

Oportunidade adiantada: Os criterios rexeranse polos establecidos nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario da UDC".

Fontes de información
Bibliografía básica

1. Laporte JR y Tognoni G. Principios de epidemiología del medicamento. 2ª edición Colección Salud Publica De Masson y Salvat Barcelona 1993.

2. Villa Alcázar LF. MEDIMECUM 2019. Guía de terapia farmacológica. 24ª edición. Ed. Springer Healthcare 2019.

3. Flórez J, Armijo JA, Mediavilla A. 6ª edición. Farmacología Humana. Ed Elsevier Masson 2014.

4. Goodman y Gilman. Las Bases Farmacológicas de la Terapéutica. 11ª edición. Ed. McGraw-Hill. 2006.

5. JM Mosquera; P. Galdós. Farmacología Clínica para Enfermería. 4ª edición. Ed. McGraw-Hill. 2005.

6. Rodríguez-Carranz. Guía de Farmacología y Terapéutica. Ed. McGraw-Hill Interamericana. Madrid 2007.

7. Pacheco del Cerro. Farmacología y Práctica de Enfermería. 1ª ed. Ed. Masson 2006.

8. Velázquez (Lorenzo, Moreno, Leza, Lizasoain, Moro, Portolés). Farmacología Básica y Clínica. 18ª ed. 2009.

9. Catálogo de Especialidades Farmacéuticas (Medicamentos) 2019. Ed. Consejo General de Colesgios Oficiales de Farmacéuticos.

10. Castells Molina, Hernández Perez. Farmacología en Enfermería. Ed. Elsevier 2012.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Farmacoterapia/750G01024

Observacións
Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE DO MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XERO:
  • A entrega dos traballos que se realicen será a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. De se realizar en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado, evitarase a impresión de borradores.
  • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural
  • Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
  • Nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.
  • Prestará especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
Aplicarase a normativa de UDC ante situacións de plaxio nos documentos entregados.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías