Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Situacións de risco para a saúde e radioloxía Código 750G01013
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Garcia Sanchez, Maria Matilde
Correo electrónico
matilde.garcia@udc.es
Profesorado
Garcia Sanchez, Maria Matilde
Romero Martin, Manuel
Correo electrónico
matilde.garcia@udc.es
manuel.romero.martin@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Materia destinada a describir os conceptos xerais da infección e hixiene na asistencia sanitaria, explicar os procedementos de hixiene e de prevención da infección adquirida nos centros sanitarios, así como identificar as estratexias de prevención de riscos laborais no devandito contexto. Tamén ten como obxectivos describir e aplicar as manobras de soporte vital básico e instrumental, así como identificar os diferentes sistemas radiolóxicos de diagnóstico e tratamento e os procedementos para unha manipulación segura.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizan cambios na avaliación da materia

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

• Sesión maxistral
• Proba mixta (computa na avaliación)

*Metodoloxías docentes que se modifican

As practicas de laboratorio sustituiránse pola realización de exercicios prácticos e de analise dos contidos do laboratorio,
a través do visionado de vídeos e a presentación de casos clínicos, mediante o uso da plataforma Teams.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

• Correo electrónico: De uso para facer consultas e resolver dúbidas.
• Videoconferencia sesión maxistral (Teams): sesión semanal en gran grupo para a exposición dos contidos teóricos, na
franxa horaria que ten asignada a materia no calendario da facultade.
• Videoconferencia sesións teóricas y prácticas (Teams): sesións en grupo para o avance dos contidos teóricos e
prácticos, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario da facultade.
• Moodle: Empregarase como repositorio do material documental e para a realización de tareas e actividades para o
seguimento da materia.

4. Modificacións na avaliación

Non se realizan cambios na avaliación da materia

*Observacións de avaliación:

• As diferentes actividades de avaliación continuada efectuaránse de xeito non presencial, mediante a plataforma Moodle
e con soporte en directo mediante Teams.
• As probas de avaliación correspondentes ás convocatorias oficiais, realizaranse de xeito presencial e, de non ser posible,
faranse na modalidade virtual.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

• Disporán de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
• Engádense ligazóns web na plataforma Moodle, como bibliografía complementaria a algún contido impartido
de xeito non presencial, ao que terá acceso todo o alumnado.


Competencias do título
Código Competencias do título
A15 Recoñecer as situacións de risco vital e saber executar manobras de soporte vital básico e avanzado.
A16 Coñecer os principios de radioloxía, radioprotección e prevención e control de infeccións.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C10 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Describir os conceptos xerais da infección e hixiene en centros sanitarios. A16
B1
B3
B4
B5
B11
C6
C10
Explicar os procedementos de hixiene e de prevención en centros sanitarios. A16
B1
B2
B3
B5
B6
B9
B11
C4
C6
C10
Identificar as estratexias de prevención de riscos laborais no contexto sanitario A16
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B9
B11
C4
C6
C10
Describir e aplicar as manobras de soporte vital básico e avanzado A15
B1
B2
B3
B5
B9
B11
C4
C6
C10
Identificar os diferentes sistemas radiolóxicos de diagnóstico e tratamento e os procedementos para unha manipulación segura A16
B1
B5
B6
C10

Contidos
Temas Subtemas
U.D. I. Conceptos xerais das infeccións nosocomiais, limpeza, desinfección e esterilización 1.1.- Conceptos xerais. Estudo da prevalencia da infección hospitalaria en España
1.2.- Limpeza e desinfección do medio clínico.
1.3.- Antisépticos e desinfectantes de uso xeral no ámbito clínico.
1.4.- Normas de utilización e conservación de antisépticos e desinfectantes.
1.5.- Execución do proceso de limpeza no instrumental cirúrxico
1.6.- Conservación do material e comprobación do seu funcionamento.
1.7.- Métodos de empaquetado para esterilización.
1.8.- Métodos de esterilización.
1.9.- Controis de eficacia
U.D. II: Medidas de prevención da infección asociadas a técnicas e procedementos do ámbito clínico 2.1.- Técnicas e procedementos de prevención da infección hospitalaria segundo CDC e a OMS
2.2.- Lavado de mans como medida de prevención da infección hospitalaria.
2.3.- Técnicas de prevención da infección na ferida cirúrxica
2.4.- Cateterismo intravascular. Prevención da infección.
2.5.- Cateterismo urinario. Prevención da infección.
2.6.- Técnicas de prevención da infección respiratoria.
2.7.- Outras técnicas e procedementos de prevención da infección hospitalaria.

U.D. III: Prevención de riscos laborais no contexto sanitario. 3.1.- Precaucións universais de prevención da infección no persoal sanitario en enfermidades infectocontaxiosas.
3.2.- Procedementos para a prevención de riscos laborais xenerais no contexto sanitario.
U.D. IV: Soporte vital básico e instrumental. 4.1.- Conceptos básicos
4.2.- Prevención do paro cardiorrespiratorio
4.3.- Soporte vital básico e instrumental no adulto e no neno
4.4.- Soporte respiratorio: osixenación e ventilación
4.5.- Soporte circulatorio: desfibrilación automática e
semiautomática. Manexo do DESA/DEA
4.6.- Manexo da via aérea. Manobras de permeabilización e
desobstrucción da via aérea
4.7.-Outras técnicas de soporte vital. Situacións especiais
U.D. V: Introdución á radioloxía e aspectos biolóxicos das radiacións ionizantes Principios e normas básicas de protección radiolóxica.
5.1.- Introdución á radioloxía e aspectos biolóxicos das radiacións ionizantes.
5.2.- Principios e normas básicas de protección radiolóxica.
U.D. VI. Módulo práctico.

6.1.- Vestimenta cirúrxica.
6.2.- Lavado cirúrxico de mans.
6.3.- Colocación de luvas estériles.
6.4.- Técnicas e procedementos de tratamento do instrumental cirúrxico .

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A15 A16 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11 C4 C6 C10 21 23 44
Prácticas de laboratorio A15 A16 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11 C4 C6 C10 21 63 84
Proba mixta A15 A16 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11 C4 C6 C10 2 20 22
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. As preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada, que se describe en relación a estas metodoloxías concíbense como momentos de traballo, onde interactúa o alumno co profesor.

A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A15 A16 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11 C4 C6 C10 A realización e avaliación de todas as prácticas de laboratorio é obrigatoria para superar a materia tanto na primeira como na segunda oportunidade.

Os laboratorios impartidos polo profesor Manuel Romero Martín supoñen un 30% da nota da súa parte da materia (4 ECTS).
Os laboratorios impartidos pola profesora Matilde García Sánchez supoñen un 30% da nota da súa parte da materia (2 ECTS).
25
Proba mixta A15 A16 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11 C4 C6 C10 A realización e superación da proba mixta é obrigatoria para superar a materia.

A proba mixta do profesor Manuel Romero Martín supón un 70% da nota do seu parte da materia (4 ECTS).
A proba mixta do profesora Matilde García Sánchez supón un 70% da nota do seu parte da materia (2 ECTS)
75
 
Observacións avaliación

A materia é impartida polos profesores Manuel Romero Martín (4 ECTS) e Matilde García Sánchez (2 ECTS). 

Primeira oportunidade: Para superar a materia o estudante deberá superar cada unha das partes que a compoñen. A nota final calcularase mediante a suma da media ponderada segundo a seguinte porcentaxe: 70% corresponde á nota alcanzada na materia impartida polo profesor Manuel Romero Martín . 30% corresponde á nota alcanzada na materia impartida polo profesor Matilde García Sánchez. 

Segunda oportunidade: Para superar a materia o estudante deberá realizar e superar as prácticas de laboratorio e a proba mixta

Oportunidade Adiantada: Consistirá nunha proba de avaliación cunha parte práctica (25%) e unha parte teórica (75%). Sendo necesario superar as dúas partes para aprobar a materia. 

O feito de non se presentar a algunha das probas implica figurar na actacomo NON PRESENTADO. 

Matricula Parcial: O sistema de avaliación dos laboratorios adaptarase á dispoñibilidade do estudante. Organizarase unha data na que o estudante poida asistir para a realización e avaliación do laboratorio. Para acollerse a esta modalidade será necesario que o estudante o comunique ao profesor responsable  para facilitar a organización. 

Matricula de Honra: Os estudantes que desexen optar a matricula, deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Obter unha nota media superior a 9,5 na cualificación final da materia.
  • Obter a máxima nota nas dúas avaliacións da materia.


Tras a aplicación dos criterios establecidos, a decisión final quedará supeditada á consideración dos profesores da materia.

Fontes de información
Bibliografía básica (2018). Estudio de Prevalencia de la Infeccion Nosocomial en España (EPINE). Sociedad Española de Medicina Preventiva y Salud Pública
CDC (2013). Normas y procedimientos del CDC de Atlanta.
Romero martín, Manuel; et al (2006). Prevención de la infección en centros sanitarios. Ferrol
Consejo Europeo de Resucitación (2015). Recomendaciones sobre resucitación del Consejo Europeo de Resucitación.
Redondo Castán, Luis Carlos (2018). Soporte vital básico y avanzado. 6ª ed. Alcalá La Real : Formación Alcalá
Romero Martín, Manuel; et al (2019). Técnicas y procedimientos en prevención de la infección relacionados con la asistencia sanitaria. A Coruña

Normas y procedimientos actualizados en prevención de la infección en centros sanitarios del Ministerio de Sanidad.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Bioloxía/750G01002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":  

  • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de se realizar en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
  • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria

Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías