Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Enfermaría Comunitaria I Código 750G01014
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Coronado Carvajal, Carmen
Correo electrónico
carmen.coronado@udc.es
Profesorado
Coronado Carvajal, Carmen
Fernández Basanta, Sara
Fraga Sampedro, María Luisa
Vidan Martinez, Luciano
Correo electrónico
carmen.coronado@udc.es
sara.fbasanta@udc.es
m.fraga2@udc.es
l.vidan@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Esta asignatura pretende proporcionar ferramentas para promover a saúde a nivel individual, familiar e comunitario, e para familiarizar aos estudantes co método epidemiolóxico, e que poidan utilizalo como instrumento de traballo na analise, planificación e realización das súas actividades de coidado enfermeiro (de promoción e prevención, diagnósticas, e de investigación).

Competencias do título
Código Competencias do título
A29 Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas do entorno, para atender as persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade.
A30 Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos.
A31 Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde mais relevantes nunha comunidade.
A32 Analizar os datos estatísticos referidos a estudios poblacionais, identificando as posibles causas de problemas de saúde.
A33 Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C10 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender o concepto de saude e identificar e analizar os factores determinantes da saúde (biolóxicos, ambientais, estilos de vida, e sistemas sanitarios). A29
A30
B1
B16
B20
C8
C10
C11
C12
Describir a evolución histórica da saude pública e a enfermaría comunitaria A30
A33
B3
B6
B24
C6
Desenvolver habilidades para identificar, analizar e interpretar datos estadísticos referidos a estudos poblacionais. A31
A32
B1
B20
C4
C6
C8
C11
C12
Describir as características e os obxetivos dos distintos tipos de estudos epidemiolóxicos. Técnicas e instrumentos de recollida de datos. A31
A32
B1
B3
B6
B10
C4
C8
C11
Describir a epidemioloxía das enfermidades transmisibles e non transmisibles na comunidade. A29
A30
A31
A32
C10

Contidos
Temas Subtemas
A SAUDE E OS SEUS FACTORES DETERMINANTES - Aproximacións ao concepto de saúde

- Factores determinantes da saúde:
Biolóxicos
Ambientais
Estilo de vida
Sistema sanitario

- Repercusion na saúde individual, familiar e comunitaria
FUNDAMENTACIÓN TEÓRICA E XERALIDADES DA SAÚDE PÚBLICA E ENFERMARÍA COMUNITARIA
- Concepto e funcións da saúde pública. A saúde pública en España.
- Funcións e actividades da Saúde pública:
--- A promoción da saúde e a súa axenda internacional. Papps
--- A prevención da enfermidade. Niveis e tipos.
- Da enfermaría de saúde pública a enfermaría comunitaria. Situación actual.
- As enfermeiras especialistas en enfermaría comunitaria.
- A enfermeira comunitaria de enlace. Conecta 72.
- A comunidade como suxeito de atención da enfermeira comunitaria.
- O diagnóstico de saúde na comunidade e a planificación sanitaria para enfermeiros comunitarios.
DEMOGRAFIA SANITARIA - Estadísticas demográficas.

- Poboacións e modelos de crecemento.

- Interese para os profesionais de enfermaria comunitaria.
EPIDEMIOLOXIA CLÍNICA - Epidemioloxía de saúde pública. Método epidemiolóxico e aplicacións da epidemioloxía. Vixiancia epidemioloxica

- Coidados de enfermaría baseados na evidencia.

- Epidemioloxía aplicada aos problemas de saúde máis prevalentes. Interese para os profesionais de enfermaría.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A30 B1 1.5 0.375 1.875
Sesión maxistral A29 A30 A31 A32 A33 B1 B3 B6 B16 B20 B24 C6 C8 19.5 29.25 48.75
Lecturas A30 A32 A33 B3 B16 C4 C8 10 10 20
Traballos tutelados A29 A30 A31 A32 A33 B1 B3 B6 B10 C4 C6 C8 C10 C11 C12 11 33 44
Proba obxectiva A29 A30 A31 A32 A33 B16 B20 B24 C10 C11 C12 2 20 22
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades iniciais dirixidas a que o alumno dispoña de información organizada sobre a súa propia saúde e o seu estilo de vida, a fin de poder utilizala como unha liña de base sobre a que articular o proceso de ensino aprendizaxe.
Sesión maxistral Sesións utilizadas para introducir os novos temas ou subtemas, axudando ao alumno a articula-los en torno ao coñecemento do que xa dispón, poñendo atención nos aspectos claves do tema, como en aqueles de máis difícil comprensión, e nas mellores estratexias para aborda-los.
Lecturas Textos que permiten afondar nos contidos da materia, ou coñecer aspectos novidosos que non se atopan regularmente nos libros de referencia dos que dispomos.
Traballos tutelados Traballo dirixido a aprender o xeito en que se realizan determinados aspectos do coidado para a saúde ou cómo se utilizan os coñecementos, instrumentos ou ferramentas de que dispomos para facilitar o proceso.
Proba obxectiva Proba de carácter obxetivo dirixida a avaliar se o alumno acada os obxetivos da asignatura, podendo estar conformada por diferentes tipos de preguntas sexan test, cortas, de asociación, etc...

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Atención persoalizada que se proporcionará a demanda do alumno a fin de que éste poida seguir con aproveitamento o ritmo de aprendizaxe do grupo. É de especial interese para guiar o estudo daqueles alumnos que non participan regularmente na aula.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A29 A30 A31 A32 A33 B16 B20 B24 C10 C11 C12 Proba de carácter obxectivo dirixida a avaliar se o alumnado alcanza os obxectivos da materia, podendo estar conformada por diferentes tipos de preguntas sexan test, curtas, de asociación, etc.
Realizarase unha parte da proba obxectiva sobre os contidos relativos a: Demografía e estatísticas de poboación/Epidemiología xeral clínica. A esta parte asignaránselle 5 puntos (50% nota final)
Realizarase outra parte da proba obxectiva sobre os contidos relativos a: A saúde e os seus determinantes/Fundamentación teórica e xeneralidades da Saúde pública e a Enfermaría comunitaria. A esta parte asignaránselle 3 puntos (30% nota final).
A calificación obtida e única e aplicable só a oportunidade na que se realiza a proba.
80
Traballos tutelados A29 A30 A31 A32 A33 B1 B3 B6 B10 C4 C6 C8 C10 C11 C12 Traballo tutelado ao que se asignarán 2 puntos (20%) na nota final da materia, sendo condición necesaria para poder realizar o sumatorio da nota do exame e da nota do traballo, ter presentado o traballo e conseguir a metade da puntuación (1 punto). Na avaliación seguiranse criterios de calidade sobre: presentación, estrutura, contidos, bibliografía e exposición oral. A puntuación obtida aplicarase en primeira e en segunda oportunidade só durante o curso académico actual.
Ante situacións de plaxio aplicarase o que se recolle na normativa da UDC.
20
 
Observacións avaliación

 A metodoloxía de avaliación descrita é obligada para o alumnado de matrícula ordinaria en primeira oportunidade (xuño). 

O alumnado que concorra á segunda oportunidade (xullo) poderá elixir o mesmo sistema de avaliación da primeira e conservarase a puntuación do traballo tutelado en primeira oportunidade, ou acollerse a un sistema de avaliación de exame único onde cada parte dos contidos achegará o 50% da nota final. (Sen realizar o traballo tutelado).

O alumnado con matrícula a tempo parcial con o sin dispensa académica que lle exima da asistencia a clase poderá acollerse ao sistema de avaliación de exame único tanto na convocatoria de xuño como na de xullo, debendo solicitar esta opción por escrito ao profesorado antes da data oficial de avaliación.

A calificación de Matrícula de Honra poderá obtela o alumnado que puntúe a lo menos un 9, con preferencia para as calificacións de 10. O profesorado poderá dirimir quen obtén esta calificación utilizando a tal fin o contido do exame e dos traballos tutelados. En caso de igualdade de condicións e habendo máis aspirantes que matrículas, se pode convocar aos aspirantes para a realización de unha proba voluntaria que dirimirá quen obtén a calificación MH ata o máximo de matrículas permitido.


Fontes de información
Bibliografía básica Campo Osaba, A. (2009). Enfermería comunitaria . Madrid : Difusión Avances de enfermería
Martínez Riera, J.R., Del Pino Casado, R. (2014). Manual práctico de enfermeria comunitaria . Elsevier
Martín Zurro, A., Jodar Solà, G. (2018). Atención familiar y salud comunitaria : conceptos y materiales para docentes y estudiantes. Barcelona. Elsevier
Flores Bienert, M.D., González Cuello, A.M. (2013). Bases de la enfermería comunitaria y educación para la salud. Diego Marin Librero Editor
Sánchez Moreno, A. (2000). Enfermería Comunitaria 2. Epidemiología y Enfermería. Madrid. McGraw Hill Interamericana
Icart Isern, M.T., Guàrdia Olmos, J., Isla Pera, P. (2003). Enfermería Comunitaria II. Epidemiología. Barcelona. Ed. Masson.
García Suso A., Vera Cortés M., Campo Osaba A. (2001). Enfermería Comunitaria. Bases teóricas.. Madrid. Difusión avances de Enfermería.
Sánchez Moreno A, Aparicio Ramón V, Germán Bes C, Mazarrasa L. (2000). Enfermería Comunitaria. Tomo 1. Madrid. McGraw Hill Interamericana.
Acinas Acinas et al. (2018). Enfermería Familiar y Comunitaria. Formación Alcalá
Fernández-Crehuet Navajas, J., Espigares García, M. (2016). Piédrola Gil, Gonzalo (1907-1996). Medicina preventiva y salud pública. Elsevier
Frías Osuna, A. (2002). Salud pública y educación para la salud. Masson

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Bioloxía/750G01002
Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/750G01004
Bases para a interpretación do coñecemento científico/750G01008

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Enfermaría Comunitaria II/750G01019
Estancias Clínicas IV/750G01028

Observacións
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":
1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural
3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…)
5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade
6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas
7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías