Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado Código 750G01016
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Varela Feal, Nuria Esther
Correo electrónico
nuria.varela.feal@udc.es
Profesorado
Varela Feal, Nuria Esther
Correo electrónico
nuria.varela.feal@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Ao termo do proceso de ensino-aprendizaxe o estudante deberá coñecer e asimilar os criterios éticos que lles permitan exercer con dignidade e responsabilidade a súa profesión, así como tamén os aspectos lexislativos do seu ámbito profesional. Ademáis iniciarase o alumnado no dominio de certas habilidades básicas, sendo a máis importante a deliberación.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizará ningunha modificación.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen: Todas
*Metodoloxías docentes que se modifican: Realizarase de maneira virtual a totalidade dos seminarios e probas.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Para a comunicación e seguimento do alumnado utilizaranse as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual da UDC a canle principal de comunicación.
4. Modificacións na avaliación: Ningunha *Observacións de avaliación: A realización das probas será mediante o uso das ferramentas informáticas institucionais.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Ningunha

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A56 Coñecer a lexislación aplicable e o código ético e deontolóxico da enfermaría española, inspirado no código europeo de ética e deontoloxía de enfermaría.
A57 Prestar coidados, garantindo o dereito á dignidade, privacidade, intimidade, confidencialidade e capacidade de decisión do paciente e familia.
A58 Individualizar o coidado considerando a idade, o xénero, as diferenzas culturais, o grupo étnico, as crenzas e valores.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C10 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Comprender e aceptar as condicións éticas, legáis e profesionáis que conforman a práctica da enfermaría. A56
B1
B2
B6
B8
B16
C3
C6
C7
C11
Recoñecer os códigos deontolóxicos da profesión e as normas legais do ámbito profesional, así como a lexislación en materia de saúde. A56
B1
B2
B3
C4
C10
C12
Identificar e xustificar o dereito á dignidade, privacidade, intimidade e confidencialidade das persoas con problemas de saúde. A57
B1
B3
B6
B8
B11
B12
B16
C7
C10
C11
C12
Identificar e defender o dereito á información e á autonomía na toma de decisións do usuario e da súa familia. A56
A57
A58
B1
B4
B5
B6
C4
C7
C10
C11
C12
Interpretar e sintetizar críticamente as fontes de datos e a información que faciliten a libre elección do usuario. A56
A57
B1
B2
B3
B8
B11
B12
C1
C3
C6
C10
C11
C12
Descubrir e utilizar as intervencións enfermeiras no marco ético e deontolóxico da enfermaría. A57
A58
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B12
B16
C4
C7
C10
C11
C12

Contidos
Temas Subtemas
1.- CONSIDERACIÓNS XERAIS DE ETICA E MORAL
1.1 Introdución.
1.2 Definición de ética e moral. Conceptos: Lexislación, Deontología.
1.3 Diferentes perspectivas e tendencias da ética.
1.4 Toma de decisions éticas e proceso deliberativo.
2. ETICA CIVICA
2.1 Necesidade dunha ética cívica.
2.2 Respecto activo, non indiferenza.
2.3 Solidariedade corporativa e solidariedade moral.
3. ENFERMARÍA Y ÉTICA PROFESIONAL
4.1 Introdución.
4.2 Etica das profesións.
4.3 Etica do coidado.
4.4 Coidar con calidade.
4.5 Principios e valores enfermeiros.
4.6 A etica en enfermaría.
4.7 Codigo deontolóxico en enfermaría.
4. A BIOÉTICA Y OS SEUS PRINCIPIOS ESPECÍFICOS
5.1 Concepto de bioética.
5.2 Principios eticos.
5.3 Principios bioéticos.
5.4 Comites de bioética.
5. DEREITOS FUNDAMENTAIS
6.1 Dereitos da persoa na Constitución española.
6.2 Dereitos e deberes dos usuarios.
6.3 Información. Consentimento informado.
6.4 Lexislación sobre Dereitos e deberes dentro da Lei Xeral de Sanidade.
6. RESPONSABILIDADE ETICA E LEGAL
7.1 Responsabilidade: Responsabilidade civil e penal da enfermeira.
7.2 Segredo profesional. Confidencialidade.
7. ASPECTOS ESPECIFICOS DO EXERCICIO PROFESIONAL
8.1 Interrupción voluntaria do embarazo.
8.2 Eutanasia.
8.3 Dereito a unha morte digna.
8.4 Manipulación do patrimonio xenético e diagnostico xenético.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A56 B16 B3 C7 C10 C12 18 24 42
Aprendizaxe colaborativa A56 A57 A58 B1 B2 B5 B6 B8 B11 B12 C3 C4 C6 C7 C10 C11 18 36 54
Presentación oral A56 B1 B3 B4 B8 B11 B12 C1 C3 C6 C12 4 9 13
Foro virtual B3 B4 B8 C4 C1 0 8 8
Recensión bilbiográfica A56 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C4 C6 C7 C11 0 18 18
Proba obxectiva A56 A57 A58 B2 B3 B16 C11 2 9 11
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os contidos teóricos básicos da materia serán impartidos mediante lección maxistral, pero cun enfoque participativo por parte do alumnado. Baseada na exposición oral complementada co uso de audiovisuais e introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

- Esta metodoloxía realizarase de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre os docentes e o alumnado.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e comunicación.
A metodoloxía utilizada nesta materia basearase na Aprendizaxe Baseada en Problemas (ABP). É un método didáctico que permite ao alumnado adquirir coñecementos, habilidades e actitudes, para ser capaz de identificar, analizar e resolver problemas de saúde de maneira eficaz, eficiente e humana (Bridges, 1991; Branda, 1990)
No ABP un grupo pequeno reúnese, coa facilitación de titor, para analizar e resolver un problema (escenario) seleccionado ou deseñado especialmente para o logro de certos obxectivos de aprendizaxe.
O estudante integrado, obrigatoriamente dentro dun grupo pequeno, traballará conxuntamente na resolución das tarefas asignadas polo profesor para optimizar a súa aprendizaxe e o do resto dos membros do grupo. Traballásese polo menos 5 escenarios e/ou casos.
O desenvolvemento de cada escenario farase durante as horas de seminario e en cada grupo nas horas de traballo autónomo.
Os grupos comporanse o primeiro día de clase da materia. Os resultados dos escenarios entregaranse a través da plataforma Moodle.

- Unha parte desta metodoloxía poderase realizar de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da cal o alumnado e o profesor interactúan dun modo ordenado, propondo cuestións, realizando aclaracións, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Os resultados do traballo realizado con metodoloxía colaborativa serán presentados na aula e argumentado diante do resto do estudiantado.

- Unha parte desta metodoloxía poderase realizar de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado.
Foro virtual Espazo de discusión informal destinado aos estudantes para o tratamento dun tema ou problema, que se desenvolve a través dunha contorna virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación asíncrona (foro).

- Esta metodoloxía realizarse de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado.
Recensión bilbiográfica A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema.
A lectura crítica da documentación aportada (capitulo libros, artigos, tesis...) complementarase con a resposta, por parte do alumnado, a unha serie de preguntas realizadas sobre o tema.

- Esta metodoloxía realizarse de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado.
Proba obxectiva Exame tipo test. A proba será elaborada co fin de valorar o nivel de coñecementos teóricos do alumnado.

A proba poderá realizarse de maneira presencial ou virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Recensión bilbiográfica
Aprendizaxe colaborativa
Presentación oral
Proba obxectiva
Descrición
A atención personalizada ten como finalidade orientar o alumnado na realización das diferentes actividades integradas na materia. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial ou a través das ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual da UDC a canle principal de comunicación.


Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica A56 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C4 C6 C7 C11 A comprensión da documentación achegada valórase a través das respostas, por parte do alumnado, a unha serie de preguntas realizadas sobre o tema ou a entrega de breves comentarios sobre o contido dos textos.

É obrigatoria e supón o 15% (1,5 punto) da nota final.

Será necesario alcanzar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades.
15
Aprendizaxe colaborativa A56 A57 A58 B1 B2 B5 B6 B8 B11 B12 C3 C4 C6 C7 C10 C11 A realización do traballo colaborativo é obrigatoria.

Valorarase nos casos achegados: integración de coñecementos teóricos básicos na aplicación práctica, a aplicación nos casos da toma de decisións dos diferentes casos a través de modelo deliberativo. Desenvolvemento dos cursos de acción extremos, intermedios e os casos de accións prudentes.

Supón o 30% (3 puntos) da nota final.

Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades.

30
Presentación oral A56 B1 B3 B4 B8 B11 B12 C1 C3 C6 C12 Valorarase o problema exposto e as conclusións establecidas, a reflexión xeral do aprendido no caso exposto, o pensamento crítico do grupo sobre o caso e a xustificación das intervencións e/ou respostas a través de bases documentais, normas e leis éticas e deontolóxicas actuais.

Supón o 10% (1 puntos) da nota final.

Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades.
10
Proba obxectiva A56 A57 A58 B2 B3 B16 C11 Exame tipo test cunha única resposta correcta.
É obrigatoria e supón un 40% (4 puntos) da nota total.
As respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula: Puntuación= nº de acertos – (nº erros/4) ou nº de acertos-(nº de errosx0.25).
Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades.
40
Foro virtual B3 B4 B8 C4 C1 Valorarase a participación e a capacidade reflexiva sobre os temas achegados e/ou expostos nos foros, a expresión escrita dos comentarios, suxestións e/ou reflexións expostas polo alumnado. A súa capacidade de análise e pensamento crítico, así como a súa creatividade.

É obligatoria, a participación no foros supón o 5% (0,5 puntos) da nota final.
5
 
Observacións avaliación

Para superar a materia no SISTEMA ORDINARIO (obligatorio para todo o alumnado con matricula ordinaria) o estudante debe superar cada unha das partes: aprendizaxe colaborativo (30%), presentación oral (10%), foro virtual (5%) e recesión bibliográfica (15%) e proba obxectiva (40%).

A cualificación de non presentado: otorgarase ao alumnado que non se presente ao exame nin participe nas actividades programadas. 

O alumnado da convocatoria adiantada de Decembro e Segunda Oportunidade, debe cumprir os mesmos requisitos que nas convocatorias ordinarias.

O alumnado con matrícula a tempo parcial (con o sin dispensa académica) poderá optar a non acudir as actividades grupais presenciais, pero deberá traballar nas actividades programadas (según a documentación do moodle) e presentalas de forma individual na plataforma moodle ou de forma presencial nas tutorías programadas.

Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e finalicen as actividades programadas coa cualificación de aprobado, poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só a proba obxectiva, tendo en conta que a cualificación da mesma fará media coa cualificación obtida no curso académico no que cursase o resto de actividades. 

Para optar á matrícula de honra, o alumnado deberá acadar unha calificación final entre 9,6 - 10.

SEGUNDA OPORTUNIDADE E OUTRAS: O/a estudante de "2ª oportunidade e outras" seguirá o sistema de avaliación da 1ª oportunidade. Poderá presentar as actividades académicas pendentes, ou as non superadas, e acudir á proba obxectiva.


Fontes de información
Bibliografía básica Medina Castellano Carmen (2000). Etica y legislación. Madrid. DAE Grupo Paradigma
Arroyo MP, Serrano A (1988). Etica y Legislación en Enfermería. Madrid. Interamericana
Arroyo P, Cortina A (1996). Etica y legislación en enfermería. Madrid. Interamericana
Almenara P (1995). Etica y Legislación en Enfermería. Master de Enfermería. Barcelona. Masson
ICN (1994). La ética en la práctica de la enfermería. Guia para la toma de decisiones éticas. Ginebra. Consejo Internacional de Enfermeras.
Noval Cinza Jose, et al (1997). Principios de bioética. A Coruña. Servicio de Publicaciones UDC
Calvo Sanchez, Dolores (2010). Secreto profesional en el ámbito de la enfermería. Lisboa. Editorial Juruá

· Mosqueda-Diaz, A., Mendoza-Parra, S., Jofré-Aravena, V. (2014). Aporte de enfermería a la toma de decisiones en salud. Rev Bras Enferm. mai-jun; 67(3):462-7

· Orbegozo Aramburi, A. Etica y Enfermería. http://www.paliativossinfronteras.com/upload/publica/libros/dilemas-eticos-final-vida/02%20Orbegozo.pdf

· Garzón Alarcón, N. (2001). Toma de decisiones éticas. Catadra Manuel Ancina. Etica y Bioética.

· Cortina, A., Conill, J. (2000). El sentido de las profesiones. verbo Divino. Navarra

· Pegueroles, A. F. (2005). Cuidar siguiendo los valores y principios éticos propios de la enfermería. Enfermería Clínica, 15(5), 287-290.

· de Lima, A. E. A. (2003). ¿ Cómo comunicar malas noticias a nuestros pacientes y no morir en el intento?. Rev Argent Cardiol, 71, 217-220.

· Santiago, C. D. V. M. Derecho a la Información en el ámbito sanitario.

· Lorda, S., & Eta Concheiro, P. (1993). L. El consentimiento informado: teoría y práctica. Med Clin (Barc), 100(17), 659-663.

· Simón, P. (2001). Júdez J. Consentimiento informado. Med Clin (Barc), 117(3), 99-106.

· García Ortega, C., Cózar Murillo, V., & Almenara Barrios, J. (2004). La autonomía del paciente y los derechos en materia de información y documentación clínica en el contexto de la Ley 41/2002. Revista española de salud pública, 78(4), 469-479.

· Calvo, D. (2010). Secreto profesional en el ámbito de la enfermería. Ed. Jurúa. Lisboa.

· Lago, E. A., Rico, C. C., & Sanjuán, J. A. G. (2011). Los documentos de Instrucciones Previas y la planificación anticipada de las decisiones sanitarias.Galicia Clínica, 72(3), 121-124.

· de Cuidados Paliativos, S. E. (2014). Guía de cuidados paliativos. línea] http://www. secpal. com/guiacp/guiacp. pdf.[Consultada: 16/05/2006].

· Simón-Lorda, P., Tamayo-Velázquez, M. I., Vázquez-Vicente, A., Durán-Hoyos, A., Pena-González, J., & Jiménez-Zurita, P. (2008). Conocimientos y actitudes de los médicos en dos áreas sanitarias sobre las voluntades vitales anticipadas. Atención primaria, 40(2), 61-66.

· Arauzo, V., Trenado, J., Busqueta, G., & Quintana, S. (2010). Grado de conocimiento sobre la ley de voluntades anticipadas entre los familiares de los pacientes ingresados en un servicio de medicina intensiva. Medicina clínica,134(10), 448-451.

Bibliografía complementaria

Aportarase bibliografía actualizada a través de artigos científicos relacionados cos temas a traballar.

O estudiantado disporá de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.

  


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Psicoloxía/750G01003
Fundamentos da Enfermaría/750G01007

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enfermaría da Saúde Mental/750G01015
Estancias Clinicas II/750G01026

Materias que continúan o temario
Enfermaría clínica III/750G01017
Enfermaría materno-infantil/750G01018
Enfermaría Comunitaria II/750G01019
Enfermaría Xerontolóxica/750G01020
Estadías Clínicas III/750G01027
Estancias Clínicas IV/750G01028
Estancias Clínicas V/750G01029
Estancias Clínicas VI/750G01030
Estancias Clínicas VII/750G01031
Practicum/750G01032

Observacións
Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través da plataforma Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades docentes realizadas co alumnado.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

- Nesta materia o profesorado ten contraído o compromiso de aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías