Identifying Data 2020/21
Subject (*) Clinical Nursing III Code 750G01017
Study programme
Grao en Enfermaría
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate Yearly
Third Obligatory 9
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Ciencias da Saúde
Coordinador
Pérez Castro, Teresa Rosalía
E-mail
t.perez@udc.es
Lecturers
Gago García, Esther
Pérez Castro, Teresa Rosalía
E-mail
e.gago@udc.es
t.perez@udc.es
Web http://moodle.udc.es
General description A asignatura de Enfermaría Clínica III pertence ó Grao en Enfermaría, desenrolándose no terceiro curso, con carácter anual. Ten asignados 9 créditos, o que supón 225 horas de carga lectiva para o alumno. Os principais temas ou núcleos de coñecemento abarcan alteracións neurolóxicas, cardiolóxicas, inmunolóxicas, hematolóxicas, dos sentidos (oftalmolóxicas, autitivas), da pel, e a atención a doentes en estado crítico, partindo dunha base anatómica e fisiolóxica. O propósito desta materia é capacitar ao estudante para identificar as principais alteracións de saúde nas persoas adultas, as súas consecuencias a nivel persoal, familiar e comunitario; planificar e avaliar os coidados de enfermaría, adaptóndoos ó ámbito de actuación profesional, sendo o obxectivo dos coidados conseguir o maior grao de independencia das persoas
Contingency plan En caso de imposibilidade de facer a docencia programada de xeito persoal por alerta sanitaria, o formato modificarase, converténdose en docencia non presencial, mediante sesións telemáticas a través de Teams, co soporte audiovisual pertinente, ao que se poderá acceder a través de Moodle

1. Modificacións nos contidos:ninguna

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen: a docencia expositiva virtual e os seminarios grupais (só os que sexan virtuais)

*Metodoloxías docentes que se modifican: Os seminarios presenciais convertiranse en virtuais con mecánicas de grupo.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
A través de MOODLE: para resolución de dudas a través do correo ou do Foro de dudas. Frecuencia: según demanda
A través de TEAMS: para tutorías virtuais, mantendo os mesmos horarios que estaban marcados para as tutorías presenciais, ou en caso de ser necesario, adaptando os horarios para facilitar as reunións. Máximo 1 h semanal por alumno que o solicite

4. Modificacións na avaliación:
Resposta múltiple e probas: No caso de non poder facerse de forma presencial faranse telemáticamente de forma síncrona na hora marcada, con participación obrigatoria na sesión que se creará en Teams para ese fin, coa cámara e o sonido acendidos.

*Observacións de avaliación:
• Antes da realización das probas pasarase lista. En caso de non celebrarse de forma presencial pasarase lista a través de MicrosoftTeams na reunión creada para o evento. En caso de realización non presencial, durante a realización das probas escritas, os alumnos deberán permanecer conectados a Teams a través de videoconferencia. O docente poderá fixar a cámara do estudante que desexe, e activar o micrófono do estudante que desexe. En calquera momento da videoconferencia o docente pode pedir que amosen a súa pantalla é/ou o que estean escribindo en papel.
• En caso de mala conexión do estudante, a proba farase por chamada telefónica na data oficial, nunha hora marcada para tal fin.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: ninguna

Study programme competencies
Code Study programme competences
A15 Recoñecer as situacións de risco vital e saber executar manobras de soporte vital básico e avanzado.
A34 Coñecer as alteracións de saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas distintas fases.
A35 Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde.
A36 Analizar os datos recollidos na valoración, priorizar os problemas do paciente adulto, establecer e executar o plan de coidados e realizar a súa avaliación.
A37 Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares.
A38 Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde.
A39 Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
B14 Habilidades interpersonais.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
B21 Implicación na calidade e busca/procura da excelencia.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C10 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Identificar as alteracións de saúde da persoa adulta: factores que inflúen, mecanismos fisiopatolóxicos, manifestacións, os métodos diagnósticos e tratamentos médicos e cirúrxicos específicos A15
A34
A35
A36
A37
A38
A39
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B13
B14
B16
B19
B21
B24
C3
C4
C6
C8
C10
C11
C12
Identificar as necesidades de coidado en persoas adultas con problemas de saúde, e os derivados de tratamentos, probas diagnósticas e procedementos terapeuticos A34
A35
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B9
B15
B16
C1
C3
C6
C11
Identificar os diagnósticos de enfermermaría e complicacións potenciais en personas adultas con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas diagnósticas e procedementos terapéuticos. A34
A35
A36
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B9
B11
B13
B14
B15
B16
B19
B24
C1
C3
C6
C8
C11
Planificar coidados de enfermaría en persoas adultas con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas diagnósticas e procedementos terapéuticos. A34
A35
A36
A37
A38
A39
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B19
B21
B24
C1
C3
C6
C7
C8
C10
C11
Identificar os procesos patolóxicos que desencadenan riscos vitais A15
A34
A35
B1
B2
B3
B4
B8
B9
C1
C3
C11
Identificar as necesidades de coidados das persoas adultas en situación crítica e as súas familias e planificar coidados de enfermaría para as persoas adultas en situación crítica e as familias A15
A34
A35
A36
A37
A38
A39
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B12
B13
B14
B16
B21
C1
C3
C4
C6
C7
C8
C10
C12

Contents
Topic Sub-topic
MÓDULO I: COIDADOS DE ENFERMARÍA A DOENTES EN ESTADO CRÍTICO COIDADOS DE ENFERMARÍA A DOENTES EN ESTADO CRÍTICO
TEMA 1: Características das Unidades de Coidados Intensivos.

1.1: Definición. Clasificación dos niveis asistenciais hospitalarios
1.2: Organización, xestión, recursos e estrutura física
1.3: Seguridade e calidade
1.4: Dereitos e garantías do paciente
TEMA 2: Procedimientos especiais: monitoraxe e rexistros 2.1: Monitoraxe. Tipos, obxectivos.
2.2: Rexistros
TEMA 3:Shock 3.1: Concepto e fases
3.2: Como detectar un shock? Clínica e diagnóstico etiolóxico
3.3: Clases de shock
3.4: Monitoraxe no shock.
3.4: Manexo terapéutico
3.5: Papel da enfermaría
TEMA 4: Traumatismos Torácicos 4.1: Valoración clínica
4.2: Clasificación do TT
4.3: Complicacións e secuelas
4.4: Probas de imaxe e tratamento quirurxico
4.5: Oxigenoterapia. Drenaxe pleural
4.6: Incentivadores
4.7: Gasometrías arteriais
TEMA 5: Traumatismos Abdominais 5.1: Clasificación do TA
5.2: Fisiopatoloxía do TA
5.3: Valoración do doente con TA
5.4: Probas específicas abdominais
5.5: Manexo do paciente con TA
5.6: Laparotomía
5.7: Presión intra-abdominal
5.8: Manexo da dor abdominal
TEMA 6:Traumatismos Cranioencefálicos 6.1: Clasificación do TCE
6.2: Avaliación e reanimación do TCE grave
6.3: Protocolo terapéutico
6.4: Monitoraxe e tratamento
6.5: Profilaxe e apoio nutricional no doente con TCE
TEMA 7: Intoxicacións Agudas 7.1: Definición de intoxicación
7.2: Clasificación de tóxicos
7.3: Causas de intoxicación
7.4: Avaliación das Intoxicacións agudas
7.5: Tratamento das Intoxicacións agudas
TEMA 8: O gran queimado 8.1: Definicións
8.2: Fisiopatoloxía
8.3: Clasificación das queimaduras
8.4: Manexo do queimado
8.5: Tratamento xeral e específico
8.6: Tratamento das lesións por queimadura
MÓDULO II: ALTERACIÓNS DE SAÚDE EN ADULTOS ALTERACIÓNS DE SAÚDE EN ADULTOS
TEMA 9: Atención de enfermaría a doentes con alteracións Neurolóxicas 9.1: Observación e valoración do paciente con alteracións do sistema nervioso.
9.2: Técnicas diagnósticas en Neurología
9.3: Epilepsia
9.4: Accidente cerebro-vascular agudo (ACVA)
9.5: Meninxite
9.6: Tumores cerebrais
9.7: Enfermidades da medula espinal. Hernia de disco
TEMA 10: Atención de enfermaría a doentes con alteracións Cardíacas 10.1: Insuficiencia coronaria
10.2: Insuficiencia cardíaca.
10.3: Endocardite infecciosa.
10.4: Enfermidades do pericardio
10.5: Tromboembolismo pulmonar
10.6: Trastornos do ritmo cardíaco relacionados con PCR
TEMA 11: Atención de enfermaría a doentes con alteracións Hematolóxicas 11.1: Métodos diagnósticos
11.2: Anemias
11.3: Leucemias.
11.4: Linfomas.
11.5: Aplasia medular.
11.6.Trastornos da hemostasia
TEMA 12: Atención de enfermaría a doentes con alteracións Inmunolóxicas 12.1: Autoinmunidad e enfermidades autoinmunes
12.2: Síndrome de inmunodeficiencia adquirida. Infección VIH/SIDA
12.3: Transplante de órganos e tecidos
12.4: Enfermidades autoinmunes: Lupus eritematoso. Artrite reumatoide
TEMA 13: Atención de enfermaría a doentes con alteracións Oftalmolóxicas 13.1: Anatomía do Aparello Ocular
13.2: Métodos diagnósticos. Exame e valoración física. Probas diagnósticas
13.3: Principais alteracións das pálpebras
13.4: Principais alteracións das vías lagrimales
13.5: Principais alteracións da conjuntiva: Conjuntivitis
13.6: Principais alteracións da córnea: Queratitis. Traumatismos. Queratoplastia.
13.7: Principais alteracións do cristalino: Cataratas
13.8: Principais alteracións da cámara anterior do ollo. Glaucoma: Tipos, etiología, manifestacións clínicas, tratamento.
13.9: Principais alteracións da mácula: MAE, DMAE
13.10: Principais alteracións da retina: Desprendemento de retina. Retinopatía diabética.
13.11: Traumatismos oculares
TEMA 14: Atención de enfermaría a doentes con alteracións da pel 14.1: Recordo anatomo-fisiolóxico
14.2: Alteracións dérmicas: dermatite
14.3: Úlceras por presión
14.4: Tumoraciones

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B5 B7 B8 B12 B14 B15 B16 B19 B24 C4 C7 C10 C11 32 32 64
Seminar A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B15 B21 B24 C1 C3 C6 C7 C8 C10 C11 C12 31 31 62
Case study A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B24 B21 B16 B14 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C6 C7 C10 C11 C12 0 10 10
Workbook A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B4 B11 B21 C6 C7 C8 C11 8 11 19
Objective test A15 A34 A35 A36 A38 B1 B3 B21 C3 C4 C6 C11 0 15 15
Multiple-choice questions A34 A35 A36 A37 A38 A39 B2 B3 2 49 51
 
Personalized attention 4 0 4
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech
Exposición oral con apoio audiovisual na que, a partir dunha base anatomo-fisiolóxica, desenvolveranse os temas que comprende a materia, co fin de transmitir coñecementos acerca das principais alteracións de saúde no adulto e facilitar no alumno unha base teórica que contribúa á toma de decisións, priorización de problemas, e á planificación do seu traballo
Seminar Metodoloxía de aprendizaxe orientada a un nivel máis práctico, na que, a partir do estudo dun tema, o grupo adquira coñecementos e poida, en base a iso, expor unha discusión, hipótese ou presentar opcións de resolución de casos.
Nos seminarios promoverase a participación individual e colaborativa.
Poderanse realizar nos seminarios escenarios de simulación relacionados cos temas tratados na materia, para iso é posible que se modifique a estrutura dos grupos de traballo

Case study Actividade na que, unha vez adquiridos os coñecementos necesarios e facilitada documentación complementaria que contribúa á formación, exponse casos clínicos (situacións reais da actividade profesional) para que o alumno trate de analizar a situación, comprendela, e expoña as accións que considere para resolver o problema.
Este traballo exporase de forma individual ou en pequenos grupos, coa finalidade de desenvolver tanto capacidades autónomas como interpersoais dentro dun equipo.
Workbook Conxunto de textos, artigos científicos, guías de práctica clínica, que se seleccionan tanto para que o alumno desenvolver capacidade de análise como para complementar os coñecementos adquiridos.
Mediante estas lecturas, téntase que o alumno se afaga á procura de información a partir das bases de datos e que se conciencie da importancia da formación continuada e da investigación para o desenvolvemento das súas funcións.
Objective test Tratarase dunha "proba do coñecemento dos temas" a través de metodoloxía online co fin de facer avaliación contínua.

Multiple-choice questions

Proba de resposta múltiple: Proba obxectiva de carácter evaluativo que integra preguntas de resposta múltiple referidas aos contidos desenvolvidos a través das distintas metodoloxías durante o curso.

Probas de coñecemento dos temas: Proba obxectiva de caracter evaluativo por tema

Personalized attention
Methodologies
Case study
Multiple-choice questions
Workbook
Description
A atención personalizada para as metodoloxías consistirá no seguimento por parte do profesor do proceso de aprendizaxe do alumnado para cada caso clínico ou lectura proposto, de tal forma que este tempo contribúa a orientar e a apoiar os avances por parte do alumno. Esta atención farase telemáticamente a través de Moodle ou Teams de forma individual ou en pequeno grupo, mediante a supervisión dos arquivos que proporcionen os alumnos ante o requirimento do profesor sobre o tema que se estea a tratar.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a “Norma que regula o Réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao na UDC” (Arts 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012). Este alumnado desenvolverá a súa actividade coa participación nas dinámicas propostas para a materia descritas para os Estudos de Casos e as Lecturas, tendo en conta a flexibilidade de asistencia-participación e os requisitos para superar a materia

MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA Ó ALUMNADO
• MOODLE para resolución de dudas a través do correo ou do Foro de dudas. Frecuencia: según demanda
• TEAMS para tutorías virtuais, mantendo os mesmos horarios que estaban marcados para as tutorías presenciais, ou en caso de ser necesario, adaptando os horarios para facilitar as reunións. Máximo 1 h semanal por alumno que o solicite.



Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Case study A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B24 B21 B16 B14 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C6 C7 C10 C11 C12 Nos estudos de casos exporanse aos alumnos casos clínicos
prácticos relacionados cos temas da materia, mediante sistema de pregunta-resposta curta, proporcionando no caso de que sexa necesaria documentación ou outro material para facilitar o seu enchemento e ampliar os coñecementos.

Valorarase a capacidade para relacionar o coñecemento xeral dos temas desenvolvidos nas Sesións Maxistrais e os Seminarios con problemas concretos, a capacidade de análise e comprensión da situación, así como a capacidade de interacción dentro do grupo e as achegas durante o proceso de reflexión no traballo en grupo no caso de que os casos cínicos non se resolvan de forma individual.

Os Casos Clínicos exporanse a través da plataforma Moodle e o alumno terá que facer entrega a través da mesma plataforma, e dentro do prazo sinalado, e seguindo as “Normas de presentación de Casos Clínicos e Lecturas” da súa proposta para a resolución do caso exposto.

A entrega dos estudos de casos é obrigatoria. Quedan excluídos desta obrigatoriedade os alumnos de matrícula parcial con exención de asistencia, que deberán realizar as actividades que se lle indiquen e entregalas no momento sinalado; esta programación realizarase cando se presente o caso. Os traballos que non se presenten en tempo e forma non serán avaliados

As actividades relacionadas cos estudos de casos son de carácter sumativo e non se poden recuperar ou substituír por outras actividades da materia, conformándose así unha avaliación contínua da aprendizaxe. Ao longo do curso, realizaranse un total de 3 estudos de casos, nas datas establecidas no cronograma da materia.

Para a superación da materia é necesaria a entrega do 100% dos estudos, e acadar unha nota como mínimo de 5 puntos, resultante do cálculo da media de puntuacións dos traballos. Os traballos non entregados puntuaranse como “0” puntos á hora de facer o cálculo da nota dos estudos. No caso de non presentar o 100% dos casos, este apartado computará como 0 puntos no cálculo da puntuación da materia, sen posibilidade de superación da mesma, e terá que presentarse en 2ª oportunidade.

Cada estudo de casos ten unha puntuación máxima de 10. Supoñerán o 30% da cualificación final
30
Multiple-choice questions A34 A35 A36 A37 A38 A39 B2 B3 Realizaranse dúas probas escritas (parciais) cada unha nun tempo de 30 minutos:
- 1ª proba escrita: coincidindo unha semana despois de finalizar o Módulo I (Atención de Enfermaría a persoas en Estado Crítico).
- 2ª proba escrita: unha semana despois de finalizar o Módulo II

A proba final realizarase coincidindo coa data oficial publicada na páxina web da Facultade.

As dúas probas constarán de 30 preguntas por módulo tipo test (4 alternativas de resposta, cunha soa resposta válida) e realizaranse de forma presencial sempre que a situación o permita a través da plataforma Moodle. En caso de non poder facerse de forma presencial faranse telemáticamente de forma síncrona na hora marcada a través de Moodle, e con participación obrigatoria na sesión que se creará en Teams para ese fin, coa cámara e o sonido acendidos. Os contidos que se avaliarán nestas dúas probas serán os desenvolvidos durante as sesións maxistrais, os seminarios, os estudos de casos e as lecturas científicas.
As dúas probas escritas, en caso de ser superadas, liberan materia ata a convocatoria de XULLO dese curso académico. Se na convocatoria de Xullo o alumno non logrou superar as 2 probas escritas, deberá examinarse da materia completa na seguinte convocatoria.
Cada proba posúe un valor de 10 puntos e para superalo o alumno debe alcanzar unha puntuación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 en cada unha das probas.
A nota final da proba de resposta múltiple calcularase facendo unha media aritmética da cualificación obtida nas dúas probas escritas a condición de que en ambas as probas obtéñase a cualificación mínima esixida (unha puntuación igual ou superior a 5 puntos sobre 10).
Estas probas supoñerán o 40% da cualificación final.
Fórmula para o cálculo da puntuación:
Puntuación = nº de acertos - nº erros/4.
40
Objective test A15 A34 A35 A36 A38 B1 B3 B21 C3 C4 C6 C11 Probas de coñecemento dos temas: Realizarase 1 proba por tema tipo Test de 10 preguntas con 4 opcións de resposta a través da plataforma Moodle relacionada con coñecementos dos temas. Cada proba terá unha puntuación máxima de 10 puntos, e para a superación da material será necesaria a entrega do 100% das probas propostas. Para a superación desta parte, o alumno terá que acadar unha media de 5 ou máis puntos. Se non se acadase o 100% da entrega das probas de coñecemento dos temas, a nota deste apartado será de 0 puntos e impedirá a superación da material.
Supoñerá o 20% da cualificación final
20
Workbook A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B4 B11 B21 C6 C7 C8 C11 Nas actividades de Lectura proporcionaranse aos alumnos Artigos Científicos relacionados cos temas expostos nas Clases Maxistrais ou Seminarios, de tal forma que o alumno terá que facer unha lectura crítica dos mesmos.

Do mesmo xeito que nos Estudos de Casos, valorarase o nivel de conceptos adquirido polo alumno, a claridade de ideas e a capacidade do alumno para chegar a expresar un criterio propio sobre o texto proposto, tentando que este se base na mellor Evidencia Científica que exista sobre o tema desenvolvido.

Realizaranse un total de 2 lecturas ao longo do curso.
A entrega das lecturas é de carácter obrigatorio, e non se poderán recuperar ou substituír por outras actividades. Teñen un carácter sumativo. Poderanse substituír as lecturas por outro tipo de traballos.

Cada actividade de lectura ten unha puntuación máxima de 10. Supoñerá o 15% da cualificación final
10
 
Assessment comments

Tanto os estudos de casos como as lecturas ou outros traballos solicitados cuxa nota sexa menor de 5 poderán ser presentados de novo para poder superalos. Para iso terán como límite 10 días desde que sexa comunicada a nota. Neste caso a nota máxima a conseguir será de 5 puntos sobre 10.

Sendo unha materia de carácter obrigatorio, será necesaria a asistencia ás sesións maxistrais e seminarios (virtuais ou presenciais) e a entrega do 100% dos estudos de casos e lecturas e das probas de avaliación dos temas para a superación da materia.En cso de que o alumno non chegue a ditas porcentaxes, a puntuación destes apartados será de 0 puntos. No caso de no poder acudir a unha sesión maxistral ou virtual @ alumn@ terá que certifica-lasúa ausencia e se a causa que a produce pode anticiparse, notíficalo tamén con antelación. 

Non Presentado : no acta de cualificacións figurará como Non presentado (N.P.) aquel alumno que non se presente á proba escrita final.

Matrícula de honra : será outorgada automaticamente aos 3 alumnos que alcancen a maior cualificación, sempre que esta sexa igual ou superior a 9,0. No caso de que exista maior número de alumnos que matrículas de honra asignadas á materia, previa solicitude por escrito dos alumnos interesados, programarase, en hora e data acordada polos interesados, a realización dun exame tipo proba obxectiva para asignar as matrículas de honra ás mellores cualificacións

Oportunidade adiantada : será condición necesaria para superar a materia:

· Superar unha proba escrita coincidindo coa data oficial da materia ao finalizar o curso. A proba constará de 30 preguntas tipo test con 4 alternativas de resposta nas que só unha opción é válida. A puntuación máxima desta proba será de 10 puntos. Será necesaria unha puntuación =5 puntos para a superación da proba. Supoñerá o 40% da nota final.

· A cualificación dos casos prácticos será substituída por un único traballo que posuirá unha cualificación máxima de 10 puntos. Supoñerá o 60% da nota final.

· Para superar a materia é necesario obter unha avaliación favorable (puntuación de 5 na proba escrita e no traballo presentado). Os 5 restantes son sumativos pero non son obrigatorios.

· Fórmula para o cálculo da puntuación:
Puntuación = nº de acertos – nº erros/4.
As respostas non contestadas non puntúan

Alumnos con matrícula a tempo parcial sen exención de asistencia :

· Realizaranse as mesmas probas de resposta múltiple, estudios de casos, lecturas e probas de coñecemento dos temas que para o resto dos alumnos. Os contidos que se avaliarán neste exame serán os desenvolvidos durante as sesións maxistrais, os seminarios, os estudos de casos e as lecturas O primeiro exame parcial realizarase ao finalizar o módulo 1. Este exame en caso de ser superado libera materia en convocatoria de Xuño e Xullo dese curso académico. Para liberar materia o alumno debe alcanzar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10. En caso de non superalo o alumno poderá repetir esta proba na convocatoria de Xuño ou Xullo. Achegará o 40% da puntuación total da materia.

· Fórmula para o cálculo da puntuación:
Puntuación = nº de acertos – nº erros/4.
As respostas non contestadas non puntúan

· Ao longo do curso, os alumnos deberán presentar os estudos de casos e lecturas propostas polo profesor a través da plataforma Moodle. Cada estudo de caso terá un valor máximo de 10 puntos e achegarán o 25% do total da nota final. Cada lectura terá un valor máximo de 10 puntos e achegarán o 15% do total da nota final.

Alumnos con matrícula parcial e exención de asistencia . Realizarán:

· 2 probas de resposta múltiple a través de Moodle de forma telemática, con conexión a través de Teams mediante vídeo. A proba constará de 30 preguntas tipo test con 4 alternativas de resposta nas que só unha opción é válida. Os contidos que se avaliarán neste exame serán os desenvolvidos durante as sesións maxistrais, os seminarios, os estudos de casos e as lecturas. O primeiro exame parcial realizarase ao finalizar o módulo 1.

Este exame en caso de ser superado libera materia en convocatoria de Xuño e Xullo dese curso académico. A puntuación máxima de cada proba será de 10 puntos. Para liberar materia o alumno debe alcanzar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10. Supoñerán o 40% da nota final.

· Un traballo sobre un tema relacionado co programa da materia, e a defensa do mesmo será oral (a data da entrega do traballo e a defensa oral publicarase na plataforma Moodle) de forma non presencial a través da plataforma Teams. O traballo posúe un valor de 10 puntos e supoñerá o 60% da nota final. Este traballo virá substituír as probas de coñecemento, os estudos de casos e as lecturas traballados durante o curso.

O traballo entregarase unha semana antes da proba de resposta múltiple a través de Moodle proposta polas docentes da materia.

Segunda oportunidade :

Os alumnos que na 1ª oportunidade non superasen algunha das partes da avaliación (Probasde resposta múltiple/ Casos clínicos e lecturas/ Probas de coñecemento dostemas), teranse que presentar en 2ª oportunidade da parte non superada. No caso de que as partes non superadas sexan os casos clínicos e lecturas, a puntuaciónmáxima destes será de 5 puntos, e será necesaria a presentación do 100% dos casos e lecturas. En caso de quea presentación sexa inferior o 100%, non se poderá superar a asignatura, e esteapartado computará como “0” puntos para o cálculo da nota da asignatura.


Sources of information
Basic BULECHEK GLORIA M, BUTCHER HOWARD K, DOCHTERMAN JOANNE M, WAGNER CHERYL M (2014). Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC). Barcelona: Elsevier
MOORHEAD S, JOHNSON M, MERIDEAN LM, SWANSON E (2014). Clasificación de Resultados de Enfermería (NOC). . Barcelona: Elsevier
LUIS RODRIGO MT. (2013). Diagnósticos Enfermeros. Revisión y guía práctica. Barcelona: Elsevier
LINDNER U, DUBIN D. (2005). Introducción a la electrocardiografía: Método autodidacta de interpretación de ECG. . Barcelona: Masson
FARRERAS / ROZMAN (2004). Medicina Interna. (2 vol.). Madrid: Elsevier
(2013). NANDA Internacional. Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación: 2012-2014. Madrid: Elsevier
Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Anatomy/750G01001
Biology/750G01002
Information and Communication Systems in Health Science/750G01004
Fisioloxía I/750G01005
Coidados Básicos en Enfermaría/750G01006
Fundamentos da Enfermaría/750G01007
Nutrition/750G01009
Physiology II/750G01010
Pharmacology/750G01011
Health Risk Situations and Radiology/750G01013
Professional Ethics, Legal Framework and Philosophy of Care/750G01016
Clinical Placement I/750G01025
Clinical Placement II/750G01026
Clinical Nursing I/750G01034
Physiology/750G01105

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Community Nursing II/750G01019
Gerontological Nursing/750G01020
Management of Nursing Services/750G01021
Clinical Placement V/750G01029
Practicum/750G01032

Subjects that continue the syllabus
Clinical Placement IV/750G01028

Other comments

Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XERO:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestará especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

- Nesta materia, o profesorado, ten contraído o compromiso de aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.