Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Enfermaría Comunitaria II Código 750G01019
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Bernabeu Piñeiro, Francisco
Correo electrónico
francisco.bernabeu@udc.es
Profesorado
Bernabeu Piñeiro, Francisco
Fraga Sampedro, María Luisa
Correo electrónico
francisco.bernabeu@udc.es
m.fraga2@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Asignatura dirixida a dar continuidade ao aprendido na materia enfermaria comunitaria I, levándoa a un nivel maior de profundidade e especialización. Nesta materia desenvolverase a estructura do sistema sanitario no que acontece o traballo dos enfermeiros comunitarios, e abordaranse os principais e máis actuais retos da saúde pública e a atención primaria en pos de unha atención comunitaria baseada no empoderamento persoal e comunitario onde sexan os propios cidadáns os que lideren o futuro dos coidados que queren recibir no ámbito da comunidade.

Competencias do título
Código Competencias do título
A26 Capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades a desenvolver para proporcionar un coidado integral de enfermaría ao individuo, a familia e comunidade.
A27 Comprender a función e actividades e actitude cooperativa que o profesional desenvolverá nun equipo de Atención Primaria de Saúde.
A28 Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade.
A29 Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas do entorno, para atender as persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade.
A30 Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos.
A33 Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B18 Desenvolver a capacidade de liderado.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B22 Capacidade para motivarse e motivar a outros.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C10 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Describir o concepto, fundamentos e desenvolvemento da atención primaria de saúde A26
B1
B3
B8
C1
C7
Definir o concepto de traballo no equipo de saúde, os principios que o determinan e identificando o rol da enfermeira/o comunitaria. A27
B1
B3
B6
B11
B12
B13
B18
B22
C1
C4
C6
C7
C10
C11
Identificar as necesidades de coidado da persoa, grupos e comunidades A28
A29
A30
A33
B1
B6
B11
B16
C1
C4
C6
C10
Identificar problemas de saúde (diagnósticos de enfermaría e/o complicacións potenciais) na persoa, grupos e comunidades A28
A29
A30
A33
B1
B3
B8
B11
B13
B18
B20
B24
C1
C4
C6
Planificar coidados de enfermaría para os problemas de saude das persoas, grupos y comunidades A28
A29
A30
A33
B3
B6
B8
B11
B12
B13
B16
B20
B24
C1
C4
C6
C7
C10
C12
Identificar e desenvolver as diferentes fases dos programas de prevención, promoción e educación para a saúde A26
A27
A28
A29
A30
A33
B1
B3
B6
B8
B12
B13
B16
B20
B22
B24
C1
C4
C6
C7
C11
C12

Contidos
Temas Subtemas
Atención Primaria de saúde e saúde comunitaria Tema 1. Atención Primaria de Saúde.

1.1. O sistema sanitario español. Organización, prestacións e actividades.
1.2. Dende Alma Ata ata os nosos días.
1.3. A atención primaria de saúde.
1.5. O modelo APOC: atención primaria centrada na comunidade
1.6. O modelo biopsicosocial de Engel: a desmedicalización dos “problemas da vida”.
1.7. O modelo de atención centrada no paciente de McWhinney e a contextualización.
1.8. A orientación salutoxénica da atención primaria. Do modelo dos determinantes da saúde ao modelo de activos en saúde.
1.9. Locus de actuación para a reorientación efectiva da Atención primaria de saúde: a comunidade, o centro de saúde, a consulta.

Tema 2. Saúde Comunitaria.

2.1. Saúde comunitaria: da enfermidade ao benestar.
2.2. Implicacións dun enfoque baseado na saúde comunitaria para a atención primaria e a saúde pública.
2.3. Da cultura do proxecto aos procesos comunitarios
2.4. Cómo iniciar un proceso de intervención e participación comunitaria dende o centro de saúde.
Enfermaría Familiar e comunitaria Tema 3. Os coidados de enfermaría no nivel primario de saúde.

3.1. Organización dos coidados en atención primaria.
3.2. Continuidade dos coidados en atención primaria.
3.3. Competencias en coidados de enfermaría familiar e comunitaria.
3.4. A enfermaría de saúde familiar e comunitaria.
3.5. O coidado integral como obxeto de atención da enfermeira comunitaria.
3.6. A familia como suxeito de atención enfermeira.
3.7. A atención domiciliaria. A visita domiciliaria.
3.8. A comunidade como suxeito da atención da enfermeira.
3.9. Calidade en enfermaría familiar e comunitaria.
3.10. Prescripción enfermeira.
Equipo interdisciplinario de saúde Tema 4. O equipo de saúde.

4.1. Conceito de equipo de saúde en Atención Primaria.
4.2. Composición do equipo de saúde.
4.3. Funcións e actividades do equipo de saúde.
4.4. Organización do traballo en equipo.
4.5. Dinámica de traballo no equipo de saúde.
4.6. Cómo optimizar un equipo de saúde.
Atención de Enfermaría nos problemas de saúde prevalentes na comunidade Tema 5. Atención de enfermaría nas diferentes etapas do ciclo vital

5.1. Atención de enfermaría na infancia e na adolescencia.
5.2. Atención de enfermaría á muller.
5.3. Atención de enfermaría ao adulto.
5.4. Atención de enfermaría ao adulto maior.

Tema 6. Procesos e/ou subprocesos de enfermaría na atención integrada dos problemas de saúde prevalentes na comunidade.

Tema 7. Plans de coidados para pacientes con problemas de saúde prevalentes na comunidade.
Educación para a saúde Tema 8. A educación sanitaria na comunidade.

8.1. Educación sanitaria.
8.2. Modelo transteorético do cambio de conducta.
8.3. Da educación sanitaria ao empoderamiento de pacientes.
8.4. Coaching en saúde. Nurse coaching.
8.5. A educación sanitaria e o empoderamento de pacientes no marco do modelo de promoción da saúde de Pender.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A26 A27 A29 A30 B1 C6 15 30 45
Aprendizaxe colaborativa B1 B3 B8 B12 B18 B20 B22 C11 15 15 30
Lecturas A29 A30 B8 B11 B16 C6 10 4 14
Estudo de casos A28 A30 A33 B1 B3 B11 B13 B16 B20 B24 C1 C4 C7 C10 C11 C12 20 20 40
Proba mixta A26 A27 A28 A29 A30 B6 B8 B13 C10 C11 2 18 20
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións para introducir aos alumnos nos temas novos de cada bloque temático, esclarecer conceitos e sobre todo para significar o contido do bloque en relación ao aprendido na asignatura comunitaria I.
Aprendizaxe colaborativa Resolución de problemas ou desenvolvemento de tarefas de xeito colaborativo, non só sumando talento individual, senón aprendendo a construir un grupo con capacidade para resolver problemas e respostar creativamente aos novos escenarios sociais que poidan atopar.
Lecturas Lectura de literatura científica recente, ou de documentos de traballo que poden ser de interese para a actualización do alumno ou para a mellora das competencias esperadas, pero que non se atopan fácilmente nos libros de referencia sobre a materia.
Estudo de casos Proposta de resolución de casos ficticios ou anónimos para familiarizar ao alumnado coa aplicación e a utilidade real do que está aprendendo.
Proba mixta Proba escrita con diferentes tipos de preguntas

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Atención persoalizada a demanda do alumno, coa finalidade de esclarecerlle dúbidas en torno aos contidos da materia ou calquer problema que lle poida dificultar a comprensión ou o seguimento da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A26 A27 A28 A29 A30 B6 B8 B13 C10 C11 Proba escrita de composición mixta dirixida a avaliar a consecución dos obxectivos propostos na asignatura. Permite acadar ata oito puntos do total da materia, debendo obter a lo menos catro para considerarse superada e poder facer o sumatorio das súas partes da materia. 80
Estudo de casos A28 A30 A33 B1 B3 B11 B13 B16 B20 B24 C1 C4 C7 C10 C11 C12 Traballo dirixido a que o alumno obteña destrezas resolutivas na planificación de coidados diante de casos similares aos que pode atopar na práctica como enfermeiro comunitario. Supón un 20 % (2 puntos) da nota total. Sendo necesario un mínimo de 1 punto para superar a materia. 20
 
Observacións avaliación

 A metodoloxía de avaliación descrita é obligada para os alumnos de matrícula ordinaria en primeira oportunidade (xuño). 

Os alumnos que concurran á segunda oportunidade (xullo) poderán escoller o mesmo sistema de avaliación ou optar pola realización de exame único:

- Se opta polo mesmo sistema de avaliación que en xuño, excepcionalmente e só durante este curso académico, poderá conservar a nota da parte que tivera aprobada -se fose o caso- na oportunidade de xuño.

- Se opta polo sistema de exame único, deberá solicitalo por escrito ao profesor antes da data oficial da avaliación. En ese caso o exame contará con dúas preguntas adicionais relativas as materias e as competencias traballadas mediante o estudo de casos ao longo do curso. Será requisito para aprobar o exame acadar 5 puntos e que a lo menos unha de esas preguntas engadidas sexa correctamente respostada.

Os alumnos con matrícula a tempo parcial poderán acollerse ao sistema de avaliación de exame único tanto na convocatoria de xuño como na de xullo debendo solicitalo por escrito ao profesor antes da data oficial de avaliación.

A calificación de Matrícula de Honra poderán obtela os alumnos que puntúen a lo menos un 9, con preferencia para as calificacións de 10. O profesor poderá dirimir quen obtén esta calificación utilizando a tal fin o contido do exame. En caso de igualdade de condicións e habendo máis aspirantes que matrículas, o profesor pode convocar aos alumnos aspirantes para a realización de unha proba voluntaria que dirimirá quen obtén a calificación MH ata o máximo de matrículas permitido.


Fontes de información
Bibliografía básica Martín Zurro A, Cano Pérez J.F. (2014). Atención Primaria. Barcelona,Elsevier
Bulechek Gloria,Butcher Howar (2014). Clasificación de intervenciones de enfermería (NIC). Barcelona, Elsevier
Moorhead Sue, Johnson Marion (2014). Clasificación de intervenciones de enfermería (NOC). Barcelona, Elsevier
García Suso A, Vera Cortés M, Campo Osaba A (2001). Enfermería Comunitaria. Bases teóricas. Madrid, DAE
Ramos Calero E. (2000). Enfermería Comunitaria. Métodos y técnicas. Madrid, DAE
Ayuso Murillo D, Tejedor L, Serrano A (2015). Enfermería Familiar y Comunitaria. Madrid, Díaz de Santos
Pender N, Murdaugh C, Parsons MA (2015). Health Promotion in nursing practice. South California, Pearson.
Johnson Marion, Bulechek Gloria (2011). Interrelaciones NANDA NOC Y NIC. Barcelona, Elsevier
Martínez Riera JR, Del Pino Casado R. (2013). Manual práctico de Enfermería Comunitaria. Barcelona, Elsevier
Organización Mundial de la Salud (1999). Salud 21. Ministerio de Sanidad y Consumo.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Enfermaría Comunitaria I/750G01014

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías