Identifying Data 2020/21
Subject (*) Gerontological Nursing Code 750G01020
Study programme
Grao en Enfermaría
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatory 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Hybrid
Prerequisites
Department Ciencias da Saúde
Coordinador
Garcia Martinez, Carmen Maria
E-mail
maria.garciam@udc.es
Lecturers
Garcia Martinez, Carmen Maria
E-mail
maria.garciam@udc.es
Web http://moodle.udc.es
General description A Materia de Enfermaría Xerontolóxica ten como meta que o estudante adquira coñecementos, habilidades e actitudes sobre a problemática bio-psico-social do ancián, o que o capacitará para dar coidados integrais de fomento da saúde, prevención da enfermidade, recuperación e rehabilitación física e social, así como o coñecememto das causas e das consecuencias do envellecemento individual e poboacional.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
Non habra modificacións nos contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral con soporte audiovisuais realizada de modo síncrona, e complementada con pdf dos temas a tratar, para facilitar a adquisición de competencias e o seguimento do temario, a través da plataforma Teams
- Análise de fontes documentais, con entrega individual dunhas tarefas en Moodle que recollan a reflexión por parte do estudante
- Estudo de casos realizados de xeito individual a través de tarefas de moodle, e corrixidos de xeito grupal nas clases de grupo reducido, a través da plataforma Teams.
- Probas a través da plataforma moodle, relacionadas cos temas impartidos na Clase magistral on line, preparatorias para o exame final.

*Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesión maxistral: farase mais participativa co obxectivo de aclarar dúbidas, xa que o temario e materiais audiovisuais estarán a disposición do estudante desde o 1º día de clase, nunha planificación detallada diaría con tarefas a desenvolver .
- Traballos tutelados: non se levará a cabo esta metodoloxía, será substituida pola resolución dun caso formulado pola docente.
- Estudo de casos: realizaranse de xeito individual, e con discusión na clase de grupo reducido en Teams.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
MOODLE para resolución de dudas a través do correo ou do Foro de dudas.
Frecuencia: según demanda
TEAMS para tutorías virtuais, mantendo os mesmos horarios que estaban
marcados para as tutorías presenciais, ou en caso de ser necesario,
adaptando os horarios para facilitar as reunións. Máximo 1 h
semanal por alumno que o solicite.
* Modificacións na avaliación:
Estudo de casos: 40% da nota final.Entrega de casos con traballo individual e que despois de seren discutidos na aula, deben ser capaces de reflectilo nun documento escrito de forma coherente e ordenada, segundo as recomendacións metodolóxicas establecidas.
A corrección realizarase mediante rúbrica sinxela,entregada ao estudante o primer día de traballo en grupo reducido. Farase búsqueda biliográfica de evidencia científica actual en cada caso.
Proba de resposta mixta: 60% da nota final. Realizarase unha proba mixta nun
tempo de 55 minutos a través de Moodle, de forma sincrónica na hora marcada.
Cada proba constará de 10 preguntas. As
preguntas procederán dun banco de preguntas que se
presentarán de forma aleatoria por bloques a cada alumno. Os
contidos que se avaliarán nesta proba serán os
desenvolvidos durante as sesións maxistrais, os seminarios e
os estudos de casos.
* Observacións na avaliación:
• As probas superadas na primeira oportunidade (febreiro) se conservaran para a segunda oportunidade (xullo).
• Os estudantes con matrícula a tempo parcial, acolleranse á modalidade de exame de proba mixta que constará de preguntas cortas e estudos de casos, e supondrá o 100% da nota.
• Sistema de calificacións: O sistema de calificacións expresaráse mediante calificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que establecese o sistema europeo de créditos e o sistema de calificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. 0-4,9 = Suspenso 5-6,9 = Aprobado 7-8,9 = Notable 9-10 = Sobresainte 9-10= Matrícula de Honra (Graciable).
• Non Presentado: no acta de calificacions figurará como non presentado (N.P.) aquel estudante que non se presente a proba escrita final.
• Matrícula de honra: otorgarase automáticamente aos alumnos que alcancen a maior calificación, sempre que esta sea igual o superior a 9,0. no caso que exista maior número de alumnos que matrículas de honra asignadas a materia, adxudicaranse aos alumnos con mellor nota media nos estudos de caso, de coincidir as notas, dos estudos de casos, adxudicaranse aos alumnos con mellor nota na proba mixta.
Outras consideracións:
• Antes da realización das probas pasaráse lista, a través de MicrosoftTeams. Durante a realización das probas escritas, os alumnos deberán permanecer conectados a Teams a través de videoconferencia. O docente poderá fixar a cámara ao estudiante que deséxe, e activar o micrófono do estudiante. En cualquier momento da videoconferencia o docente pode pedir que enseñe a sua pantalla o que está escribindo no papel. No caso de mala conexión do estudante, la proba se fará por chamada telefónica na data oficial, nunha hora marcada para tal fin sempre que se constate o erro da rede ou de conexión.
. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Facilitaráse o acceso a bibliografía online y articulos relacionados con los temas a tratar estarán en la plataforma Moodle.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Facilitarase o acceso á bibliografía online e a artigos relacionados cos temas a tratar, estarán na plataforma Moodle.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A49 Comprender os cambios asociados ao proceso de envellecer e a súa repercusión na saúde.
A50 Identificar as modificacións estruturais, funcionais, psicolóxicas e de formas de vida asociadas ao proceso de envellecer.
A51 Coñecer os problemas de saúde máis frecuentes nas persoas maiores.
A52 Seleccionar as intervencións coidadoras dirixidas a tratar ou a previr os problemas de saúde e a súa adaptación á vida diaria mediante recursos de proximidade e apoio á persoa anciá.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B13 Toma de decisións.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C10 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Describir e utilizar conceptos relevantes sobre os procesos de envellecemento individual e colectivo tendo en conta a sua evolución e variabilidade dende unha perspectiva histórica, antropolóxica e social. A49
B1
B2
B8
C4
C12
Elexir e aplicar adecuadamente instrumentos de valoración e escalas específicas para o ancián eo seu cuidador/a, demostrando capacidade e habilidade para realizar a valoración integral do paciente ancián utilizando referentes teóricos e evidencias científicas A49
A50
A51
A52
B2
B3
B8
B9
B13
C4
C11
Analizar e discutir as diferenzas entre os cambios normais asociadas ao envellecemento de aqueles que son consecuencia dos procesos patolóxicos, relacionando estes cambios ca satisfacción das necesidades básicas. A49
A50
A51
A52
B1
B2
B3
B8
B9
B13
C4
C10
Identificar os procesos de alteración da saúde mais prevalentes nas persoas maiores no medio comunitario e hospitalario, planificando e prestando coidados de enfermaría a través dun modelo enfermeiro e un proceso de intervención baseado na linguaxe estandarizada (NANDA, NIC, NOC) A49
A50
A51
A52
B1
B2
B3
B8
B9
B13
C4
C11
Describir e analizar os distintos niveis e servizos asistenciais sanitarios e sociais identificando os recursos sociais existentes na comunidade e describindo como han de usarse tendo en conta ás necesidades das persoas maiores A49
A52
B1
B2
B3
B9
B13
C4
C10
C11
C12
Promover estilos de vida saudable e auto-coidado, apoiando o mantemento de comportamentos preventivos e terapéuticos que promovan a independencia, na satisfacción das necesidades básicas humanas e melloren a calidade de vida na vellez, describindo o medio ambiente axeitado para o benestar e protección dos maiores A49
A50
A51
A52
B1
B2
B3
B8
B9
B13
C4
C10
C12

Contents
Topic Sub-topic
Unidade DidacticaI: Conceptos e Xeneralidades relacionados ca vellez Tema 1. Conceptos Xerais
Tema 2. Proceso de Envellecemento e Teorías
Tema 3. Demografía da ancianidade
Unidade Didactica II: Aspectos sociais, antropolóxicos e económicos do envellecemento Tema 4. Socioloxía da ancianidade
Tema 5. Aspectos Económicos da vellez
Tema 6. Entorno arquitectónico na calidade de vida das persoas maiores
Unidade Didactica III: A persoa maior san. Necesidades Básicas humanas asociadas ao proceso do envellecemento. Tema 7. Concepto de anciano san e anciano fráxil
Tema 8. Valoración de enfermería a persoa maior
Tema 9. Necesidade de osixenación
Tema 10. Necesidade de alimentación
Tema 11. Necesidade de eliminación
Tema 12. Necesidade de movemento
Tema 13. Necesidade de descanso e soño
Tema 14. Necesidade de manter a temperatura corporal
Tema 15. Necesidade de Comunicarse e de expresión sexual.
Unidade Didactica IV: A persoa maior enferma. Características das enfermidades no ancián. Procesos patolóxicos mais frecuentes Tema 16. Características das enfermidades do ancián
Tema 17. Terapéutica no ancián
Tema 18. ACV
Tema 19. Parkinsón
Tema 20. As Demencias
Unidade didactica V: A atención sociosanitaria en España Tema 21: Recursos formais e informais no coidado da persoa anciá con problemas de saúde y/o dependencia

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A49 A50 A51 A52 A50 A51 A52 B1 C4 26 26 52
Case study A50 A51 A52 A49 B2 B3 B8 B13 B1 B9 C11 C12 C10 14 21 35
Supervised projects A50 A51 A52 A49 B1 B3 B8 B13 C4 C10 C11 C12 1 10 11
Mixed objective/subjective test A49 A50 A51 A52 B8 B9 B13 B2 B3 B8 C10 2 28 30
Document analysis A49 A50 A51 A52 B1 B3 B8 B9 C4 2 5 7
Aprendizaxe servizo A49 A50 A51 A52 A49 B1 B2 B13 C4 C10 C11 C12 1 10 11
Introductory activities C4 2 0 2
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral on line, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Case study Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Mixed objective/subjective test Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Document analysis Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Aprendizaxe servizo " O aprendizaxe servizo é unha proposta educativa, que mixtura procesos de aprendizaxe e de servizo a comunidade, nun único proxecto ben articulado, no que os participantes aprenden a vez que traballan nas necesidades reais do contorno, coa finalidade de melloralo".
Begoña Martínez, Isabel Martínez, Israel Alonso y Monike Gezuraga
TENDENCIAS PEDAGÓGICAS Nº 21 2013 102
Introductory activities Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.

Personalized attention
Methodologies
Mixed objective/subjective test
Supervised projects
Case study
Guest lecture / keynote speech
Aprendizaxe servizo
Description
A atención personalizada relacionada cos estudos de casos ten como finalidade orientar aos estudantes na realización dun analisis pormenorizado da situación clínica dunha persona maior, que lle permita desenvolver un razoamento clínico e un pensamento crítico centrado en objectivos, utilizando as taxonomías NANDA, NIC e NOC. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben a través do correo electrónico ou da plataforma Teams.

A atención personalizada relacionada cos traballos ten como finalidade orientar os estudantes na realización dos traballos. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben a través do correo electrónico ou da plataforma Teams.

A atención personalizada relacionada coa proba mixta e a sesión maxistral ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia. Farase de forma individualizada, ben a través do correo electrónico ou da plataforma Teams.

A atención personalizada relacionada co Aprendizaxe servizo ten como finalidade orientar os estudantes na realización do Servicio. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben a través do correo electrónico ou da plataforma Teams.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A49 A50 A51 A52 B8 B9 B13 B2 B3 B8 C10 Proba escrita con pregunta curta, tipo test e a resolución de casos prácticos para avaliar, fundamentalmente, a aprendizaxe das competencias.
Sendo condición indispensable para superar a materia haber superado o examen con nota igual o superior a un 5 sobre 10. Esta proba suporá o 60% da cualificación final.
60
Supervised projects A50 A51 A52 A49 B1 B3 B8 B13 C4 C10 C11 C12 A realización dos traballos tutelados será obrigatoria. Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. Suporá o 20% da cualificación final. Para a avaliación dos traballos seguiranse criterios de calidade sobre: presentación, estrutura, contidos, bibliografía e exposición oral, de se realizar. 20
Case study A50 A51 A52 A49 B2 B3 B8 B13 B1 B9 C11 C12 C10 A asistencia e participación activa na aula a través dos grupos de traballo, onde se avaliará a adquisición de competencias, suporá o 20% da cualificación final. A avaliación farase tendo en conta, fundamentalmente, os seguintes aspectos: valoración, diagnósticos e planificación de resultados e intervencións de enfermaría.
A asistencia a os grupos de traballo será obrigatoria.
20
 
Assessment comments
  • Os criterios de avaliación da segunda oportunidade (xullo) serán os mesmos cos da primeira oportunidade (febreiro).
  • As probas superadas na primeira oportunidade (febreiro) conservaranse só para a segunda oportunidade (xullo).
  • Os estudantes con matricula a tempo parcial e os que soliciten adianto de oportunidade, acolleranse á modalidade de exame de proba mixta que constará de preguntas curtas e estudos de casos, e suporá o 100% da nota.
  • Os estudantes que opten a matricula de honra deberán ter unha cualificación superior a 9 na proba mixta e ter superadas o resto de metodoloxías coa nota máxima.
  • Matricula de honra: será outorgada automáticamente aos estudantes que alcancen maior cualificación, sempre que sexa igualou superior a 9,0. No caso de que exista maior número de estudantes que matrículas de honra asignadas á materia, adxudicaranse ós estudantes con mellor nota media nos estudos de casos e traballos tutelados, no caso de coincidir as cualificacións dos estudos de casos e traballos tutelados adxudicaranse ós estudantes con mellor nota da proba mixta.
  • Os estudantes que non presenten os estudos de casos e/ou traballo tutelado, obteran un no presentado, aínda que realicen a proba mixta.
  • Non presentado: no acta de cualificacións figurará como non presentado (NP) aquel estudante que non se presente a proba mixta final       
  • A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.
  • A entrega dos traballos tutelados, farase en papel:
  • - Non se empregarán plásticos
    - Realizaranse impresións a dobre cara
    - Empregarase papel reciclado
    - Evitarase a impresión de borradores


  • Na realización dos traballos tutelados, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluido aquel obtido a través de Internet, sen indicación expresa da sua procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade.

  • Sources of information
    Basic Revista Española de Geriatría y Gerontología (). .
    Gerokomos (). .
    Enfermería Clínica (). .
    American Journal of Nursing (). .
    Nursing. Edición española (). .
    González Martínez J.F, Pichardo Fuster A, García L (2009). Geriatría. 3ª ed.. Madrid: McGraw- Hill. Interamericana
    García Hernández M, Medina Aragón F J, Gallo Estrada J. (2011). Atención enfermera en los grandes síndromes geriátricos. Madrid: Fuden
    editores, Howard K. Butcher, ...[et al.] (2019). Clasificación de intervenciones de enfermería (NIC). Barcelona : Elsevier, [2019] Edición 7ª ed
    MOORHEAD S, JOHNSON M, MAAS ML, SWANSON E (2014). Clasificación de resultados de enfermería (NOC) : medición de resultados en salud. Madrid : Elsevier, [2014] Edición 5ª ed
    Quintanilla Martínez M (2006). Cuidados integrales de Enfermería Gerontogeriatricos Vol 1. 2da ed. amp y rev. Barcelona: Monsa Ediciones
    Quintanilla Martínez M. (2006). Cuidados integrales de Enfermería Gerontogeriatricos. Vol 2. 2da ed. amp y rev. Barcelona: Monsa Ediciones
    Heather Herdman T; Kamitsuru S. (2019). Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación 2018-2020. Barcelona: Elsevier España S. L
    García López MV, Rodríguez Ponce C, Toronjo Gómez AM (2008). Enfermería del anciano.2ª ed. Madrid: DAE
    García Hernández M,Martínez Sellarés R. (2012). Enfermería y envejecimiento. Barcelona: Elsevier Masson
    Cobo Domingo JC (2008). Geriatría y Gerontología. Atención Integral al anciano. Logoss
    D´Hyver, Gutierrez Robledo LM. (2014). Geriatría. 3ª edición. Mexico:Editorial El Manual Moderno
    Millán Calenti (2011). Gerontología y Geriatría. Valoración e intervención. Madrid:Médica Panamericana
    Luis Rodrigo MT. (2013). Los Diagnósticos Enfermeros. Revisión crítica y guía práctica. 8ª ed. Barcelona: Masson;
    Bermejo C, Rodriguez J (2017). Manual terapéutico en Geriatria. 2ª ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana
    Rodríguez García R., Lazcano Botello G.A. (2011). Práctica de la Geriatría. 3ªed.. México: McGraw- Hill. Interamericana
    Guillén Llera F, Pérez del Molino Martín J, Petidier Torregrosa R. (2008). Síndromes y cuidados en el paciente geriátrico. 2ª ed. Barcelona: Elsevier Masson;

    Complementary


    Recommendations
    Subjects that it is recommended to have taken before
    Anatomy/750G01001
    Psychology/750G01003
    Fundamentos da Enfermaría/750G01007
    Nutrition/750G01009
    Pharmacology/750G01011
    Professional Ethics, Legal Framework and Philosophy of Care/750G01016
    Clinical Placement I/750G01025
    Clinical Placement II/750G01026
    Clinical Nursing I/750G01034
    Clinical Nursing II/750G01035
    Physiology/750G01105

    Subjects that are recommended to be taken simultaneously
    Clinical Nursing III/750G01017
    Community Nursing II/750G01019
    Clinical Placement III/750G01027

    Subjects that continue the syllabus

    Other comments
    Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:

    - A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

    - Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

    - Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.

    - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

    - Prestará especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

    - Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

    No caso do traballo tutelado a entrega, farase en papel:
  • - Non se empregarán plásticos
  • - Realizaranse impresións a dobre cara
  • - Empregarase papel reciclado
  • - Evitarase a impresión de borradores
  • Na realización dos traballos tutelados, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluido aquel obtido a través de Internet, sen indicación expresa da sua procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade.



  • (*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.