Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Xestión dos servizos da Enfermaría Código 750G01021
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Movilla Fernandez, Maria Jesus
Correo electrónico
maria.jesus.movilla@udc.es
Profesorado
Fernández Basanta, Sara
Movilla Fernandez, Maria Jesus
Rodeño Abelleira, Angeles
Rodriguez Maseda, Emma
Correo electrónico
sara.fbasanta@udc.es
maria.jesus.movilla@udc.es
angeles.rodeno@udc.es
emma.rodriguez.maseda@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral O proposito xeral da materia é capacitar ao alumno para traballar dentro dunha organización ou sistema tendo en conta o medio socioeconómico en que ésta se desenvolve, así como por ao seu alcance os métodos e as técnicas utilizados polas ciencias administrativas para integrar os coñocementos adquiridos noutras disciplinas coa finalidade de prestar un servizo de calidade a un custo adecuado e incrementar o desenvolvemento persoal, profesional e o da institución ou sistema

Competencias do título
Código Competencias do título
A53 Coñecer o Sistema Sanitario Español.
A54 Identificar as características da función directiva dos servizos de enfermaría e a xestión de coidados.
A55 Coñecer e ser capaz de aplicar as técnicas de dirección de grupos.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
B18 Desenvolver a capacidade de liderado.
B21 Implicación na calidade e busca/procura da excelencia.
B22 Capacidade para motivarse e motivar a outros.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C10 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificará o proceso evolutivo do pensamento administrativo e a súa aplicación ós servizos actuales de saúde e de enfermaría, describindo as diferentes correntes do proceso e a súa aportación á xestión dos servizos de saúde e de enfermaría. A53
B1
B8
C1
C4
Describirá as características dos sistemas sanitarios existentes, explicando e analizando o sistema sanitario español e galego e o papel da enfermeira dentro dos mesmos A53
B1
B3
B8
B11
C1
C4
C10
Describirá as etapas do proceso de xestión e a súa aplicación ós servizos de saúde e de enfermaría, analizando o enfoque de planificación por necesidades e identificando os indicadores máis útiles para a planificación. A53
A54
B1
B3
B8
B11
B12
C1
C4
C10
Describirá e identificará as características dos diferentes tipos de organizacións e estructuras organizativas dos servizos de saúde y de enfermaría. A53
A54
B1
B8
B11
B12
C1
C4
C11
Identificará e describirá os elementos máis destacados na xestión de enfermaría nunha organización, explicando o papel dos departamentos de enfermaría nos procesos de xestión de coidados A53
A54
B1
B2
B3
B8
B11
B12
B13
C1
C4
Describirá e analizará as diferentes teorías sobre liderazgo e a súa aplicación ós servizos e ós coidados enfermeiros. A53
A54
B1
B3
B5
B7
B8
B11
B13
C1
C4
C12
Describirá e analizará os principios, elementos e métodos de garantía de calidade asistencial. Explicará a importancia de: indicadores, criterios e estándares na avaliación da calidade. A53
A54
A55
B1
B2
B3
B5
B7
B8
B12
B13
B18
B21
B22
C1
C4
C11

Contidos
Temas Subtemas
Marco de referencia e conceptual da administración como ciencia. Administración e xestión dos servizos de saúde Introducción á perspectiva da Administración como ciencia.
Teorias clasicas e modernas e a súa aplicación nos servizos de saúde
Lei de cohesión e calidade do SNS
Organización do sistema sanitario
O papel da enfermeira e a administración
Funcións e modelos de xestión dos servizos de saúde e de enfermaría O modelo de xestión por valores
As enfermeiras ante o modelo de xestión por valores
Xestión por competencias
Xestión clínica
Xestión por procesos
Protocolización dos coidados
Estudio das organizacions. A organización dos servizos de saúde e de enfermaría. Tipos de planificación
Etapas da planificación
Planificación estratéxica
Historia clínica
Clasificación internacional de problemas de saude
Conxunto mínimo básico de datos
Informe de enfermaría ó alta
Producto sanitario
Medición do producto sanitario
Producto enfermeiro
Os costes sanitarios
Medidas de rendeminto
Evaluación, control e calidade da atención sanitaria e dos coidados de enfermaría. Definición de calidade asistencial
Compoñentes da calidade asistencial
Mellora continua da calidade
Valoración e avaliación da calidade
Estándares, indicadores e criterios de calidade
Métodos para a avaliación
Deseño dun programa de calidade
O concepto de calidade total, a sua xestión e mellora
A dirección e liderado nos departamentos de enfermaría e na xestión de coidados O liderado. Definición e tipos.
Toma de decisións.
Definición da toma de decisión. Tipos e métodos de toma de decisións e dirección de grupos.
A motivación.
A comunicación.
Sistemas de comunicación e información máis utilizados.
Resolución de conflictos


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A53 A54 A55 B18 C4 C12 21 31 52
Análise de fontes documentais A53 A54 B1 B3 B5 B8 B12 C11 11 30 41
Simulación A55 B2 B3 B5 B7 B12 B13 B18 B22 C11 7 21 28
Proba obxectiva A53 A54 A55 B8 C10 2 26 28
Actividades iniciais C4 1 0 1
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por o profesorado en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Simulación Consiste na representación dun fenómeno de natureza física, técnica ou psicolóxica, que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que si se levara a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Ponse ao suxeito ante unhas condicións hipotéticas nas cales se proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Descrición
A atención personalizada relacionada cos traballos ten como finalidade orientar os estudantes na realización dos traballos. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico.


A atención personalizada relacionada coa proba mixta ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia. Farase de forma individualizada, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A53 A54 B1 B3 B5 B8 B12 C11 A asistencia e participación activa na aula a través dos grupos de traballo na utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Suporá o 15% da cualificación final. 10
Sesión maxistral A53 A54 A55 B18 C4 C12 A asistencia ás sesión maxistrales e actividades en grupo mediano impartidas pola profesora Angeles Rodeño Abelleira computará con 1 punto 10
Simulación A55 B2 B3 B5 B7 B12 B13 B18 B22 C11 A asistencia e participación activa na aula na representación dun fenómeno de natureza física, técnica ou psicolóxica, que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que si se levara a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Suporá o 15% da cualificación final. 10
Proba obxectiva A53 A54 A55 B8 C10 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
As respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula ((acertos-fallos)x0.33)/3.
Sera necesario acadar o 50% para superar a materia e sumar as puntuacións das outras metodoloxias.
70
 
Observacións avaliación

MATRICULA PARCIAL: Os/as estudantes con matricula parcial serán avaliados/as acolléndose ó sistema de avaliación da PRIMEIRA OPORTUNIDADE ou ó sistema de avaliación da 2ª OPORTUNIDADE E OUTRAS. O/A estudante que se encontre en situación de matrícula parcial deberá comunicala súa elección á profesora responsable da materia durante o primeiro mes de docencia da materia. 

2ª OPORTUNIDADE E OUTRAS: O/A estudante de "2ª oportunidade e outras" pode acollerse ó sistema de avaliación de 1ª oportunidade ou optar a unha única proba obxectiva final que suporá o 100% da avaliación.

OPORTUNIDAD ADIANTADA: Proba obxectiva que suporá o 100% da avaliación.

MATRICULA DE HONRA: Valorarase outorgar MH  á nota máis alta por encima de 9. 

NON PRESENTADO: Outorgarase o "non presentado" a aqueles/as estudantes que non realizan a actividade proba obxectiva.

Fontes de información
Bibliografía básica Calidad asistencial (). .
MONPART M.P ( 2003). Administración de los Servicios de Enfermería. Barcelona: Masson
BALDERAS M (2004). Administración de los Servicios de Enfermería. 3ª ed. México: Interamericana
GONZALEZ DAGNINO A. (1994). Administración por Objetivos. . Madrid: Fondo de Investigaciones Sanitarias de la Seguridad Social
MONPART GARCÍA M.P, DURÁN ESCRIBANO M (2009). Administración y gestión. Madrid: DAE
ALFARO LEFEVRE R (2003). Aplicación del Proceso Enfermero: fomentar el cuidado en colaboración. 5ª ed. . Barcelona: Masson
VUORI HV (1991). El control de calidad de los servicios sanitarios: conceptos y metodología. Barcelona: Masson
LOPEZ CASASNOVAS G (2001). El control de Gasto Sanitario. Springer. Barcelona
BOHIGAS SANTASUSAGNA LL (1994.). El control de gestión en enfermería. Barcelona: Fundación Averis Donabedian
GILLIES D.E (1994). Gestión de Enfermería: Una aproximación a los sistemas. Barcelona: Masson Salvat Enfermería
VARO JAIME (1994). Gestión Estratégica de la Calidad en los servicios sanitarios. Un modelo de Gestión hospitalaria . Madrid: Ediciones Díaz de Santos
TEMES MONTES JL (2007). Gestión hospitalaria. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana
MARRINER TOMEY A (2001). Guía de Gestión y Dirección de Enfermería. 6ª ed. Barcelona: Harcourt
CHIAVENATO I (2006). Introducción a la teoría general de la administración. 5ª ed. . México: McGraw-Hill Interamericana
DONABEDIAN A (1991). La calidad de la atención médica: definición y métodos de evaluación. México: La Prensa Médica Mexicana
PINEAULT R., DAVELUY C (1994). La Planificación Sanitaria. Conceptos, Métodos, Estrategias. 2ª ed. Barcelona: SG editores
(1986). LEY 14/1986 de 25 de Abril, GENERAL DE SANIDAD . B.O.E. 29 de Abril de 1986
LAMATA F, CONDE J, HORNO J (1994). Marketing sanitario. . Madrid: Díaz de Santos
MASON E.J (1988). Normas de calidad en enfermería. Barcelona: Doyma
MINISTERIO DE SANIDAD Y CONSUMO (1990). Organización del equipo de Atención Primaria. Madrid: Ministerio de Sanidad y Consumo. Instituto Nacional de la Salud
ELOLA SOMOZA J (2001). Política Sanitaria Española. Madrid. Díaz de Santos

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Psicoloxía/750G01003
Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/750G01004
Bases para a interpretación do coñecemento científico/750G01008
Enfermaría Comunitaria I/750G01014
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/750G01016
Enfermaría Clínica I/750G01034
Enfermaría Clínica II/750G01035

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enfermaría clínica III/750G01017
Enfermaría Comunitaria II/750G01019

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": 

  • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de se realizar en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
  • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
  • Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas.

Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías