Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Enfermaría Laboral Código 750G01022
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Bernabeu Piñeiro, Francisco
Correo electrónico
francisco.bernabeu@udc.es
Profesorado
Bernabeu Piñeiro, Francisco
Correo electrónico
francisco.bernabeu@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Con esta materia preténdese dar a coñecer o alumno a relación existente entre o traballo e a saúde. Principalmente abordaranse as formas en que o traballo pode influír na saúde e os riscos derivados do traballo e a forma de evitalos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A28 Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade.
A29 Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas do entorno, para atender as persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade.
A30 Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos.
A38 Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde.
A56 Coñecer a lexislación aplicable e o código ético e deontolóxico da enfermaría española, inspirado no código europeo de ética e deontoloxía de enfermaría.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C13 CB5 Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Describir a normativa vixente en materia de saúde laboral e prevención de riscos laborais A30
A56
B5
B6
B7
B10
B12
B20
C1
C6
C7
Diferenciar os riscos para a saúde derivados do traballo A30
B5
B7
B12
C6
C13
Identificar e aplicar os sistemas de avaliación e as medidas de prevención dos riscos para a saúde no ámbito laboral. A28
A29
A30
A38
B5
B6
B7
B10
B12
B20
C13

Contidos
Temas Subtemas
U.D. 1.- Conceptos xerais de saúde Laboral. Marco conceptual da Enfermaría do Traballo. - Lei de P.R.L.
- Regulamento dos Servizos de Prevención
- Disposicións, Ou.M. e R.D.
- A Especialización en Enfermaría do Traballo. Funcións no Campo da Saúde Laboral.
U.D. 2.- Área Preventiva. Técnicas de Prevención de Riscos Laborais. - Seguridade no Traballo
- Hixiene Industrial
- Ergonomía e Psicosocioloxía aplicada á Prevención
U.D. 3.- Promoción da Saúde no Traballo. - O Traballo e a Saúde
- Riscos Profesionais
- Factores de Risco
- Accidente de Traballo
- Enfermidade Profesional
U.D. 4.- Vixilancia da saúde. - Conceptos
- Normativa
- Principais Patoloxías Laborais

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A56 B5 1 0 1
Traballos tutelados A38 B5 B7 B10 B12 12 50 62
Análise de fontes documentais A29 A30 A56 B20 C6 5 15 20
Presentación oral B7 C1 1 0 1
Proba mixta A29 A30 A38 A56 2 0 2
Sesión maxistral A28 B6 C7 C13 21 42 63
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación pormenorizada da materia. Obxectivos, horarios, contidos e criterios de avaliación.
Traballos tutelados Realizaranse ao longo do semestre diferentes traballos en grupo, preferiblemente de 5 alumnos/as. As diferentes temáticas a traballar comunicaranse na aula os días correspondientes. En caso de que o traballo non poida finalizarse na aula, nese momento establecerase a data de entrega deste.
Análise de fontes documentais Ao longo do semestre facilitarase aos alumnos/as diferentes materiais que deben revisar e utilizar nos diferentes traballos propostos.
Presentación oral Presentación oral do traballo tutelado.
Proba mixta O exame da materia consistirá nunha proba combinada de preguntas tipo test de resposta única e de preguntas de tipo resposta curta.
Sesión maxistral A maior parte dos contidos desta materia desenvolveranse mediante leccións maxistrais participativas con apoio de imaxes e vídeo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada desenvolverase de forma programada nos horarios das tutorías do profesor.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A29 A30 A38 A56 As preguntas de resposta curta puntúanse entre 0 e 1 e supoñen o 50% do exame. As preguntas tipo test de resposta única constitúen o outro 50% da nota. As preguntas non acertadas restan. 75
Traballos tutelados A38 B5 B7 B10 B12 A realización dos traballos en grupo é obrigatoria. Valorarase principalmente o rigor na realización destes. Na valoración dos traballos inclúese a análise das fontes documentais e a presentación oral. 25
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é necesario superar as dúas partes avaliables desta. Cada unha das partes considérase superada ao alcanzar a metade do seu valor de avaliación.


MATRICULA DE HONRA: Poderán optar a matrícula de honra os alumnos/as cuxa media supere o 9.5. O profesor da materia poderá considerar criterios adicionais nos resultados obtidos polos estudantes en calquera das accións formativas programadas na guía docente.
CUALIFICACIÓN NON PRESENTADO: Os criterios rexeranse polos establecidos nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario da UDC".
OPORTUNIDADE ADIANTADA: Os criterios rexeranse polos establecidos nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario da UDC".
MATRICULA PARCIAL: Os criterios de avaliación serán os mesmos que na matrícula ordinaria e os traballos en grupo adaptaranse para a realización de forma individual polo alumno/a.
SEGUNDA OPORTUNIDADE: Rexerase polos mesmos criterios que a primeira. Se o alumno/a non realizou ou superou os traballos, terá que presentar o traballo ou traballos que previo contacto co profesor.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
Anibal C (1993). Acerca de la Salud de los Trabajadores. Madrid: Confederación Sindical e Comisiones Obreras
Fernandez I. (1998). Condiciones de Trabajo y Salud. 2ª ed. Madrid: INSHT
INSHT (--------). Condiciones de Trabajo. Evaluación de las Condiciones de Trabajo en las PYMES. (Textos on line). INSHT
B.O.E. (1959). Decreto 1036/1959 de 10 de junio, del Ministerio de Trabajo, por el que se reorganizan los Servicios Médicos de Empresa. B.O.E. n 148. B.O.E.
Nogareda C. (1998). Ergonomía. Madrid: INSHT
INSHT (--------). Fichas Técnicas y Guías prácticas. Evaluación de Riesgos Laborales (Textos on line). INSHT
INSHT (--------). Fichas Técnicas y Guías prácticas. Manual de Procedimientos de prevención de riesgos laborales. Guía de elaboración. (Textos on line). INSHT
Guasch J. (1998). Higiene Industrial. Madrid: INSHT
B.O.E. (1995). Ley de Prevención de Riesgos Laborales. 31/1995. B.O.E. nº 269, 10/11/1995. B.O.E.
Fundación Mapfre (1997). Manual de Ergonomía. 2ª ed.. Madrid: Mapfre
Fundación Mapfre (1992). Manual de Seguridad en el Trabajo. Madrid: Mapfre
Gómez Etchebarría G (1995). Manual para la Prevención de Riesgos Laborales. Bilbao: CISS
Instituto Carlos III (). Medicina y Seguridad del Trabajo. Instituto Carlos III
DOGA (1999). Orde do 10 de setembro de 1999 pola que se regulan as competencias da autoridade sanitaria establecidas no Regulamento dos Servicios de Prevención aprobado pola Real Decreto 39/1997. DOGA. n 186, 24/9. DOGA
Pita López X, Romero Martín M, Quintas Fernández C, Franco Suanzes de la Hidalga H (2000). Prevención de Riesgos en Centros Sanitarios. A Coruña: In Fieri
B.O.E. (1997). Reglamento de ls Servicios de Prevención. Real Decreto 39/1997. B.O.E. n 27, 31/1/1997. B.O.E.
Gestal Otero, JJ. (1993). Riesgos del Personal Sanitario. 2ª ed. Madrid: Interamerican -Mc-Hill
Gestal Otero JJ (2003). Riesgos Laborales del Personal Sanitario 3ª ed.. Mc Graw-Hill-Interamericana
Benavides F, Ruiz-Frutos C, Garcia A M. (2000). Salud Laboral. Conceptos y técnicas para la prevención de riesgos laborales. 2 ed.. Barcelona: Masson
Marqués Marqués F, Moline Marco J L, Moreno Saenz N, Pérez Nicolas J, Solé Gómez M D (2001). Salud y Medicina del Trabajo. Madrid: INSHT
Bestraten M. (1999). Seguridad en el Trabajo. . Madrid: INSHT
Cortés JM (2004). Técnicas de Prevención de Riesgos Laborales. Seguridad e Higiene del Trabajo. 7ª ed. Madrid: Tébar
Ramazzini B (1999). Tratado de las Enfermedades de los Artesanos. Madrid: INSHT

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XERO:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestará especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

- Nesta materia, o profesorado, ten contraído o compromiso de aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías