Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Métodos e ferramentas avanzadas en investigación cualitativa Código 750G01023
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Movilla Fernandez, Maria Jesus
Correo electrónico
maria.jesus.movilla@udc.es
Profesorado
Movilla Fernandez, Maria Jesus
Correo electrónico
maria.jesus.movilla@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Unha vez finalizada esta materia o estudante será capaz de integrar os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para deseñar de unha investigación cualitativa.
Plan de continxencia ESTA MATERIA IMPARTESE ONLINE NON SOFRE NINGUN CAMBIO


1. Modificacións nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A18 Comprender a metodoloxía de investigación cualitativa en saúde.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C10 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Describir os procedementos de deseño, muestreo, recolección da información e análise de datos en investigación cualitativa A18
B3
B8
B12
C6
C10
C11
Interpretar investigación científica cualitativa A18
B3
B8
C6
C10
C11
Integrar métodos e técnicas para responder a preguntas de investigación cualitativa en saude, coidados e calidade de vida A18
B2
B3
B8
B12
C6
C10
C11

Contidos
Temas Subtemas
1.- Tradición e enfoques da investigación cualitativa 1.1. Fenomenoloxía
1.2. Etnografía
1.3. Teoría fundamentada
1.4. Etnometodoloxía
1.5. Investigación Acción
1.6. Método biográfico
2.- Métodos e proceso da investigación cualitativa 2.1. Fase preparatoria
2.2. Traballo de campo
2.3. Fase analítica
2.4. Fase informativa
3.- Práctica da investigación cualitativa 3.1. Definición do problema e acceso ó campo
3.2. Definición de roles
3.3. Selección de informantes e recollida de datos
3.4. Observación
3.5. Entrevista
3.6. Análise de datos.
3.7. CAQDAS
3.8. Informe da investigación.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A18 B2 B3 B8 B12 C6 C10 C11 17 48 65
Lecturas A18 B3 B8 B12 C6 C10 C11 0 20 20
Presentación oral A18 B3 B8 B12 C6 C10 C11 4 19 23
Sesión maxistral A18 B3 B8 C6 C10 C11 21 21 42
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Lecturas
Descrición
En ambas metodoloxías, aprendizaxe colaborativa e lecturas, cada estudante disporá de atención personalizada se así o precisa para desenvolver as actividades vinculadas a estas metodoloxías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A18 B2 B3 B8 B12 C6 C10 C11 Plantexaranse actividades para realizar en grupo de entre 2 e 4 alumnos/as.
Estas actividades serán entregadas á profesora según a programación establecida
A súa realización e entrega será OBLIGATORIA para superar a materia.
Supon un 25% da nota final (2.5 puntos).
Será necesario un mínimo de 1.5 puntos para superar esta parte da evaluación.
25
Presentación oral A18 B3 B8 B12 C6 C10 C11 Cada grupo de alumnos/as realizará unha presentación oral dun documento final elaborado en forma de deseño de proxecto de investigación cualitativa.
Valorarase a calidade da presentación oral e a coherencia e calidade do discurso respondendo ás preguntas que a profesora realice ó respecto do proxecto presentado.
Representa un 75% da nota final (7.5 puntos).
Será necesario un mínimo de 4 puntos para superar esta parte da materia.
75
 
Observacións avaliación
MATRICULA PARCIAL:

Os/As estudantes con matricula parcial serán avaliados presentando as actividades programadas para as metodoloxías "Aprendizaxe colaborativo" e "Presentación oral" na materia de forma individual. O/A estudante que se encontre en situación de matrícula parcial deberá comunicalo á profesora responsable da materia durante o primeiro mes de docencia da materia. 


2ª OPORTUNIDADE E OUTRAS: O/A estudante de "2ª oportunidade e outras" pode acollerse ó sistema de avaliación de 1ª oportunidade ou optar a unha única entrega final dun documento de proxecto de investigación cualitativa o cal recibirá unha avaliación única do 100%. 

OPORTUNIDADE ADIANTADA: Unha única entrega final dun documento do proxecto de investigación cualitativa o cal recibirá unha avaliación única do 100%. 

MATRICULA DE HONRA: Outorgarase á nota máis alta por encima de 9. 

NON PRESENTADO: Outorgarase o "non presentado" a aqueles/as estudantes que non realizan a actividade de "presentación oral"

Fontes de información
Bibliografía básica Gordo López Angel (2008). Estrategias y prácticas cualitativas de investigación social. Madrid: Pearson Educacion
Flick U. (2004). Introducción a la Investigación Cualitativa. Madrid: Morata
Rodriguez Gomez Gregorio (1999). Metodología de la Investigación Cualitativa. Málaga: Ediciones Aljibe
Ruiz Olabuénaga (2003). Metodología de la Investigación Cualitativa. Bilbao: Universidad de Deusto

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/750G01004
Bases para a interpretación do coñecemento científico/750G01008

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Traballo fin de grao/750G01033

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": 

  • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de se realizar en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
  • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
  • Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas.

Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías