Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Estancias Clinicas II Código 750G01026
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Sobrido Prieto, Natalia
Correo electrónico
natalia.sobrido@udc.es
Profesorado
Sobrido Prieto, Natalia
Talegón López, Julia Margarita
Correo electrónico
natalia.sobrido@udc.es
j.talegonl@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Esta materia supón a primeira inmersión dos estudantes na contorna clínica, mediante prácticas reais en unidades de hospitalización.

A través das mesmas deberán integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da Enfermería, para proporcionar coidados ás persoas nas diferentes situacións de saúde.

Os estudantes completarán os seus rotatorios con diferentes actividades que están orientadas á consecución de diferentes competencias da materia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A62 Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo, en forma de rotatorio clínico independente e con avaliación final de competencias; nos Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B13 Toma de decisións.
B14 Habilidades interpersonais.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C10 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
1.- Traballar en equipo. Distinguir o rol da enfermeira e identificar o rol dos diferentes membros do equipo. Demostrar disposición para o traballo cooperativo dentro do equipo asistencial A62
B1
B3
B5
B7
B11
B13
B14
B19
B24
C1
C3
C7
C10
C12
2.- Capacidade de comunicación Poñer en práctica os elementos básicos da comunicación enfermeira-persoa enferma. A62
B7
B14
B15
B16
C1
C12
3.- Aplicar o proceso de atención de enfermaría. Aplicar na práctica asistencial os coñecementos aprendidos do proceso de atención de enfermaría Executar as técnicas e protocolos garantindo a seguridade e de acordo ao establecido na institución asistencial. A62
B1
B3
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B13
B14
B15
B16
B19
B20
B24
C1
C3
C4
C10
C11
C12
4.- Incorporar á práctica profesional os principios éticos e legais que guían á profesión. Respectar as opinións, valores, crenzas das persoas e garantir a confidencialidade e privacidade da información persoal e clínica. Cumprir as normas de funcionamento das unidades ou servizos. A62
B6
B16
B20
B24
C4
C11

Contidos
Temas Subtemas
PRÁCTICAS CLÍNICAS TUTELADAS, REALIZADAS EN UNIDADES DE HOSPITALIZACIÓN. - Situación nun centro sanitario. Coñecemento do seu funcionamento e normas a seguir.
- Integración nun equipo de saúde.
- Ingreso do paciente. Protocolo de admisión.
- Planificación de coidados.
- Realización de técnicas e procedementos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas clínicas A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 108 7 115
Portafolios do alumno B1 B3 B6 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 0 30 30
Actividades iniciais B6 B10 B11 C7 4 0 4
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas A práctica clínica é o proceso sistemático e organizado mediante o cal os estudantes integran os coñecementos e competencias da enfermaría e adquiren a formación clínica adecuada en centros asistenciais, baixo a tutorización do profesor asociado e de profesionais de enfermaría cualificados e a responsabilidade do profesor titular da materia. A realización das prácticas clínicas segundo a programación establecida desde a materia son de carácter obrigatorio.
Portafolios do alumno Documento composto de diferentes seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto de todas as actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno. A realización e entrega a través de Moodle do portafolio é de carácter obrigatorio.
Actividades iniciais Actividades que levan a cabo antes de iniciar as prácticas clínicas no medio hospitalario.
Desenvólvense mediante dúas sesións en escenarios diferentes. Unha primeira sesión ten lugar na aula e durante a mesma especifícanse todos os aspectos necesarios e de interese para o correcto desenvolvemento da materia. Nunha segunda sesión reúnese aos alumnos dentro do entorno clínico onde se tratan aqueles aspectos específicos do medio no que se atopan, tratando de establecer unha sesión de acollida ao alumno no centro hospitalario en cuestión.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas clínicas
Portafolios do alumno
Descrición
Nas Prácticas Clínicas a atención personalizada vai dirixida principalmente a tutorizar aos alumnos no entorno clínico orientándoos á consecución de competencias establecidas.

No desenvolvemento Portafolio a profesora responsable guía o proceso de maneira personalizada.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas clínicas A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Informe da profesora asociada de prácticas clínicas, en coordinación coa responsable de cada unidade de enfermaría.

Avaliaranse as seguintes competencias:

1) Comunicación/Relación
2) Proceso Enfermeiro
3) Alteracións da Saúde/Ciclo Vital
4) Técnicas e Procedementos
5) Traballo en Equipo
6) Ética Profesional
80
Portafolios do alumno B1 B3 B6 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Documento composto de diferentes seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto de todas as actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno. A realización e entrega a través de Moodle do portafolio é de carácter obrigatorio. 20
 
Observacións avaliación
PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE

As prácticas clínicas son obrigatorias e non existen faltas xustificadas, polo que as ausencias debidamente acreditadas deberán recuperarse, sempre que non excedan do 50% das planificadas. As non xustificadas constitúen unha infracción grave e poden supoñer, a criterio do profesor titular responsable, o suspenso da materia. A recuperación das prácticas realizarase no período establecido polo profesor, antes da data de peche de actas.

As datas e horarios nas que cada estudante realizará as prácticas clínicas faranse públicas antes do inicio destas.

A aplicación das porcentaxes correspondentes realizarase sempre e cando o alumno teña as dúas probas (Prácticas Clínicas e Portafolio
) superadas de xeito independente. Cando o alumno non supere de xeito independente as dúas probas supoñerá a cualificación de SUSPENSO en acta. Se a media aritmética supera o 5, ao non ter superadas alcunha das avalaicións, figurará con 4,9 en acta. 

O feito de non presentar o Portafolio e ter superado as prácticas clínicas implica figurar en acta como NON PRESENTADO, podendo presentalo na segunda oportunidade.

As probas superadas na primeira oportunidade conservaranse para a segunda oportunidade, coa cualificación obtida.

Os estudantes que no demostren ter acadado as competencias avaliadas na práctica clínica na primeira oportunidade, serán sometidos a un exame práctico que deberán superar para poder acceder novamente ao entorno clínico e proceder á recuperación desta parte da materia.

A materia atenderá ao establecido no Regulamento de Prácticas Clínicas e Prácticum da Facultade de Enfermaría e Podoloxía, vixente no curso académico.

MATRÍCULA DE HONRA:

Poderán optar a matrícula de honra aqueles estudantes cunha media superior ao 9,5 quedando supeditada á consideración dos profesores da materia, se así o estimasen oportuno.


MATRÍCULA PARCIAL:

Os alumnos suxeitos a MATRICULA PARCIAL poderán solicitar un  rotatorio en concreto, a través de Moodle e durante o período que se estableza para ese efecto e sempre antes da publicación definitiva coa asignación.


DISPENSA ACADÉMICA:

Dada a obrigatoriedade de asistencia á práctica clínica, nesta materia non se admite dispensa académica.


FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS

Segundo o establecido na normativa da UDC:

1.- Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor.

2.- Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro.

3.- A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.

4.- Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.



Fontes de información
Bibliografía básica NANDA Internacional (2019). Diagnósticos enfermeros : definiciones y clasificación : 2018-2020. Barcelona: Elsevier
(2015). Herramienta online para la consulta y diseño de Planes de Cuidados de Enfermería. [Internet]. NNNConsult. Elsevier
González Gomez, Inés Carmen. Herrero Alarcón, Angustias (2015). Técnicas y procedimientos de enfermería. Madrid: DAE
Johnson, Marion (2012). Vinculos de NOC y NIC a Nanda-I y diagnósticos médicos : soporte para el razonamiento crítico y la calidad de los cuidados. Madrid : Elsevier

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía/750G01001
Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/750G01004
Farmacoloxía/750G01011
Estancias Clinicas I/750G01025
Enfermaría Clínica I/750G01034
Fisioloxía/750G01105
Fundamentos de Enfermaría/750G01107

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enfermaría Clínica II/750G01035

Materias que continúan o temario
Estadías Clínicas III/750G01027
Estancias Clínicas IV/750G01028
Estancias Clínicas V/750G01029
Estancias Clínicas VI/750G01030
Estancias Clínicas VII/750G01031
Practicum/750G01032

Observacións

* Os alumnos que cursen esta materia deberán haber superado la materia Estancias Clínicas I, que lles permita realizar unhas prácticas clínicas nunha contorna real como é o hospitalario.


Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente, Persoa e Igualdade de Xénero:

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

 1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías