Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Estadías Clínicas III Código 750G01027
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Terceiro Obrigatoria 18
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Varela Feal, Nuria Esther
Correo electrónico
nuria.varela.feal@udc.es
Profesorado
Garcia Martinez, Carmen Maria
Pesado Cartelle, Jose Angel
Varela Feal, Nuria Esther
Correo electrónico
maria.garciam@udc.es
j.pesado@udc.es
nuria.varela.feal@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Son estancias clínicas, correspondentes ao nivel intermedio da aprendizaxe práctica, nas que se lle esixe ao estudante un maior grao de profundización e integración dos coñecementos adquiridos, dirixidas á incorporación dos estudantes en institucións de ámbito hospitalario, de saúde mental e sociosanitarios. Pretende a integración de coñecementos teóricos, habilidades e actitudes nunha situación real.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A62 Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo, en forma de rotatorio clínico independente e con avaliación final de competencias; nos Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
B14 Habilidades interpersonais.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B22 Capacidade para motivarse e motivar a outros.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C10 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Cooperar co equipo asistencial sanitario e/ou socio-sanitario A62
B1
B3
B5
B7
B10
B11
B12
B13
B14
B22
B24
C1
C3
Desenvolver estratexias de comunicación efectiva coas persoas atendidas, as suas familias e grupos A62
B1
B3
B6
B7
B9
B11
B12
B14
B15
B16
C1
C7
C12
Aplicar o proceso de atención de enfermaría integrando os coñecementos dos problemas de saude das persoas nas diferentes etapas do ciclo vital. A62
B1
B3
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B19
C3
C4
C10
C11
Executar con habilidade as intervencións de enfermaría garantindo a seguridade. A62
B1
B3
B5
B9
B10
B12
B13
B20
C7
Actuar segundo os principios éticos e legáis que guían a profesión. Cumplir as normas de funcionamento das institucións sanitarias. A62
B1
B3
B6
B13
B16
B24
C4
C11

Contidos
Temas Subtemas
Prácticas clínicas tuteladas, realizadas en institucións de ámbito hospitalario, de saúde mental e sociosanitarios, que permiten ao alumnado a integración nas diferentes contornas clínicas, así como comprender e implementar as funcións das/os enfermeiras/os, integrando e desenvolvendo os coñecementos teóricos, as actitudes e as habilidades. Prácticas Clínicas ambito hospitalario.
Prácticas Clínicas ámbito saúde mental.
Prácticas Clínicas ambito sociosanitario.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Seminario A62 B1 B3 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B19 B22 C1 C7 C10 C11 2 12 14
Solución de problemas A62 B1 B3 B5 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C3 C4 C11 C12 0 15 15
Portafolios do alumno A62 B3 B8 B12 C1 C7 C11 C12 0 22 22
Aprendizaxe servizo A62 B1 B9 B10 B12 B13 B14 B15 B22 C4 C10 C12 2 10 12
Prácticas clínicas A62 B24 B22 B20 B19 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B3 B1 C1 C3 C7 C10 C12 360 23 383
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario. realizarase un seminario obrigatorio antes do inicio da rotación no ámbito sociosanitario
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
No ámbito sociosanitario o alumnado seleccionaran un residente con dependencia moderada para realizar unha planificación de coidados individualizada.
Realizarase titoria obrigatoria para realizar a avaliación da planificación de coidados realizada e facilitar a reflexión acerca do xuicio clínico.
Portafolios do alumno Para a valoración final das prácticas (Saúde Mental) é obrigatorio a entrega dun portafolio (comentario reflexivo) (non cuantificable) sobre as vosas prácticas nas unidades de saúde mental polas que rotades. O máximo de extensión do comentario é de 350 palabras. O obxectivo dun ensaio reflexivo non só é falar do que aprendiches, senón que tamén é importante transmitir as túas experiencias persoais e as conclusións resultantes.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo.
Prácticas clínicas O ensino clínico pode entenderse como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión, no que o alumnado observa e participa en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas clínicas
Aprendizaxe servizo
Seminario
Solución de problemas
Portafolios do alumno
Descrición
A atención personalizada relacionada coas Prácticas Clínicas ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co seguimento e avaliación dos coñecementos, actitudes, valores e habilidades que o alumnado debe alcanzar. Farase de forma individualizada, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico e/ou moodle.

A atención personalizada relacionada coa solución de problemas e con o aprendizaje servizo ten como finalidade orientar o alumnado na realización dos mesmos. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico e/ou moodle.

A atención personalizada será obrigatoria na presentación do caso clínico que se realizará no ámbito sociosanitario

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas clínicas A62 B24 B22 B20 B19 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B3 B1 C1 C3 C7 C10 C12 A súa realización é obrigatoria en tempo, horario e centro establecido desde a escola. Como resultado do rotatorio práctico, xerarase un informe final, o cal será elaborado polo profesor que tutorice ao alumno/a no centro sanitario. Este informe será finalmente valorado polo profesor responsable da materia.
Na elaboración do informe final teranse en consideración os coñecementos, as actitudes profesionais, as habilidades e destrezas técnicas e as aptitudes do/a alumno/a.
60
Solución de problemas A62 B1 B3 B5 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C3 C4 C11 C12 Criterios de avaliación:
1. Asistencia obrigatoria (Seminario)
2. Presentación e estrutura: ata 1 puntos.
3. Claridade na redacción: ata 0,50 puntos.
4. Capacidade de análise e síntese: ata 0,50 puntos
5. Capacidade de crítica e achega persoal: ata 2 puntos.

Criterios de avaliación no ámbito sociosanitario:
Según rúbrica de avaliación, entregada o primeiro día no seminario a todo o alumnado.
Asistencia obrigatoria (Seminario)
1. Valoración
2. Diagnósticos de Enfermaría. NANDA
3. Resultados.NOC
4. Intervencions.NIC
40
 
Observacións avaliación

PRÁCTICAS CLÍNICAS:

Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado oficialmente na materia Estancias Clínicas III e ter superadas as Estancias Clínicas I e II, tal e como consta na memoria do Título de Grao

Existe a obrigatoriedade de asistir ás prácticas clínicas e non existen faltas xustificadas, polo que as ausencias debidamente acreditadas deberán recuperarse, sempre que non excedan do 50% das planificadas. As non xustificadas poden supor, a criterio dos profesores responsables da materia, o suspenso da materia. A recuperación das prácticas realizarase no período establecido polo profesor, antes da data de peche de actas.

A aplicación da cualificación correspondente realizarase a condición de que o alumno teña as dúas probas (Prácticas Clínicas e Solución de Problemas) superadas de maneira independente, en cada un dos ámbitos da Estancia Clínica

Para aprobar a materia é necesario superar de maneira independente as dúas probas (Prácticas Clínica e Solución de problemas). A non superación dunha das partes suporá a cualificación de SUSPENSO en acta. A cualificación numérica obterase establecendo un mínimo (Prácticas Clínicas 60% e solución de problemas 40%) en cada unha das partes.

A cualificación final da materia será a media ponderada das Estancias Clínicas realizadas no ámbito hospitalario, sociosanitario e saúde mental. 

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.

Sistema de cualificacións: 

0-4.9=Suspenso

5-6.9=Aprobado

7-8.9=Notable

9-10=Sobresaliente

9-10 Matrícula de Honra (Graciable)

O feito de presentarse/realizar as prácticas clínicas e ser avaliado en calquera das probas implica figurar en acta como presentado coa cualificación correspondente.

Os aspectos e criterios xerais que se terán en consideración ao avaliar as actividades que se farán contorna á devandita metodoloxía (Prácticas Clínicas e Solución de problemas) son a asistencia, participación e compromiso individual e grupal, coherencia dos contidos abordados, coñecementos demostrados na actividade práctico-clínica e na solución de problemas, e as competencias adquiridas para esta materia.

As probas superadas na convocatoria de maio-xuño conservaranse para a convocatoria de xullo, coa cualificación obtida.

Convocatoria de segunda oportunidade: En caso de non superación da materia (práctica clínica/solución de problemas), poderá recuperar a metodoloxía correspondente a: solución de problemas con laa presentación dun novo traballo de solución de problemas, se é a parte non superada. No caso de ter SUSPENSAS as prácticas clínicas NON SON RECUPERABLES, está suxeito ao punto 5 do artigo 18 das NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DÁS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO. Modificada polo Consello de Goberno de 29 de xuño de 2017 que sinala:

"Nas materias que pola súa natureza avalíense exclusivamente mediante actividades non recuperables, como pode ser o caso das prácticas en empresas, o prácticum ou as prácticas clínicas, os estudantes só poderán empregar a segunda oportunidade para recuperar outras actividades como a memoria ou os informes finais», neste caso só para a actividade de: solución de problemas.

As condicións para a obtención dunha matricula de honra son se obteña máis dun 90% da cualificación da materia, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa achega na solución de problemas e nas prácticas fose significativa.

A vixencia do aprobado das Estancias Clínicas manterase por un período de dous cursos lectivos consecutivos á realización das estancias aprobadas, no caso de ser suspenso a proba: solución de problemas.


Fontes de información
Bibliografía básica

A bibliografía básica para esta materia está relacionada coas materias que se recomendan ter cursadas e as que se debe cursar simultaneamente (ver apartado 9: recomendacións). 

Bibliografía complementaria

Bibliografía que os docentes recomenden ou indiquen a través do moodle


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Enfermaría Clínica (I y II)/750G01012
Enfermaría da Saúde Mental/750G01015
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/750G01016
Estancias Clinicas I/750G01025
Estancias Clinicas II/750G01026

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enfermaría clínica III/750G01017
Enfermaría Xerontolóxica/750G01020

Materias que continúan o temario
Estancias Clínicas IV/750G01028
Estancias Clínicas V/750G01029
Estancias Clínicas VI/750G01030
Estancias Clínicas VII/750G01031
Practicum/750G01032

Observacións
Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado na materia Estancias Clínicas III e ter superadas as Estancias Clínicas I e II, tal como consta na memoria do Título de Grao. 

Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestará especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

- Nesta materia, o profesorado, ten contraído o compromiso de aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías