Identifying Data 2020/21
Subject (*) Clinical Placement III Code 750G01027
Study programme
Grao en Enfermaría
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate Yearly
Third Obligatory 18
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Ciencias da Saúde
Coordinador
Varela Feal, Nuria Esther
E-mail
nuria.varela.feal@udc.es
Lecturers
Garcia Martinez, Carmen Maria
Pesado Cartelle, Jose Angel
Varela Feal, Nuria Esther
E-mail
maria.garciam@udc.es
j.pesado@udc.es
nuria.varela.feal@udc.es
Web http://moodle.udc.es
General description Son estancias clínicas, correspondentes ao nivel intermedio da aprendizaxe práctica, nas que se lle esixe ao estudante un maior grao de profundización e integración dos coñecementos adquiridos, dirixidas á incorporación dos estudantes en institucións de ámbito hospitalario, de saúde mental e sociosanitarios. Pretende a integración de coñecementos teóricos, habilidades e actitudes nunha situación real.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos: Non se realizará ningunha modificación.

2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen: Todas
*Metodoloxías docentes que se modifican: AS PRÁCTICAS CLÍNICAS NON PODEN SER MODIFICADAS POR NINGUNHA OUTRA ACTIVIDADE

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Para a comunicación e seguimento do alumnado utilizaranse as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual da UDC a canle principal de comunicación
4. Modificacións na avaliación: Os estudiantes que teñan acadada o 100% da práctica clínica poderan ser avaliados según os criterios establecidos na presente guía. Aqueles estudantes que non acaden o 75% da práctica clínica, nos distintos ámbitos da practica (hospital, sociosanitario, saúde mental) terán que realizar as súas prácticas unha vez se reanude a actividade asistencial e según o permitan as institucións sanitarias, hasta alcanzar o mínimo do 75 % en cada unha das rotacións.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Ningunha.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A62 Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo, en forma de rotatorio clínico independente e con avaliación final de competencias; nos Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
B14 Habilidades interpersonais.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B22 Capacidade para motivarse e motivar a outros.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C10 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Cooperar co equipo asistencial sanitario e/ou socio-sanitario A62
B1
B3
B5
B7
B10
B11
B12
B13
B14
B22
B24
C1
C3
Desenvolver estratexias de comunicación efectiva coas persoas atendidas, as suas familias e grupos A62
B1
B3
B6
B7
B9
B11
B12
B14
B15
B16
C1
C7
C12
Aplicar o proceso de atención de enfermaría integrando os coñecementos dos problemas de saude das persoas nas diferentes etapas do ciclo vital. A62
B1
B3
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B19
C3
C4
C10
C11
Executar con habilidade as intervencións de enfermaría garantindo a seguridade. A62
B1
B3
B5
B9
B10
B12
B13
B20
C7
Actuar segundo os principios éticos e legáis que guían a profesión. Cumplir as normas de funcionamento das institucións sanitarias. A62
B1
B3
B6
B13
B16
B24
C4
C11

Contents
Topic Sub-topic
Prácticas clínicas tuteladas, realizadas en institucións de ámbito hospitalario, de saúde mental e sociosanitarios, que permiten ao alumnado a integración nas diferentes contornas clínicas, así como comprender e implementar as funcións das/os enfermeiras/os, integrando e desenvolvendo os coñecementos teóricos, as actitudes e as habilidades. Prácticas Clínicas ambito hospitalario.
Prácticas Clínicas ámbito saúde mental.
Prácticas Clínicas ambito sociosanitario.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Seminar A62 B1 B3 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B19 B22 C1 C7 C10 C11 2 12 14
Problem solving A62 B1 B3 B5 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C3 C4 C11 C12 0 15 15
Student portfolio A62 B3 B8 B12 C1 C7 C11 C12 0 22 22
Aprendizaxe servizo A62 B1 B9 B10 B12 B13 B14 B15 B22 C4 C10 C12 2 10 12
Clinical practice placement A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C7 C10 C12 360 23 383
 
Personalized attention 4 0 4
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Seminar Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario. realizarase un seminario obrigatorio antes do inicio da rotación no ámbito sociosanitario.

- Unha parte desta metodoloxía poderase realizar de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre os docentes e o alumnado.
Problem solving Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
No ámbito sociosanitario o alumnado seleccionaran un residente con dependencia moderada para realizar unha planificación de coidados individualizada.
Realizarase titoria obrigatoria para realizar a avaliación da planificación de coidados realizada e facilitar a reflexión acerca do xuicio clínico.

- Unha parte desta metodoloxía poderase realizar de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre os docentes e o alumnado.
Student portfolio Para a valoración final das prácticas (Saúde Mental) é obrigatorio a entrega dun portafolio (comentario reflexivo) (non cuantificable) sobre as vosas prácticas nas unidades de saúde mental polas que rotades. O máximo de extensión do comentario é de 350 palabras. O obxectivo dun ensaio reflexivo non só é falar do que aprendiches, senón que tamén é importante transmitir as túas experiencias persoais e as conclusións resultantes.

- Realizarase de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre os docentes e o alumnado.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo.
Clinical practice placement O ensino clínico pode entenderse como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión, no que o alumnado observa e participa en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma

Personalized attention
Methodologies
Clinical practice placement
Aprendizaxe servizo
Problem solving
Student portfolio
Description
A atención personalizada relacionada coas Prácticas Clínicas ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co seguimento e avaliación dos coñecementos, actitudes, valores e habilidades que o alumnado debe alcanzar. Realizase de forma individualizada, ben de maneira presencial ou a través das ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual da UDC a canle principal de comunicación.

A atención personalizada relacionada coa solución de problemas e con o aprendizaje servizo ten como finalidade orientar o alumnado na realización dos mesmos. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial ou a través das ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual da UDC a canle principal de comunicación.

A atención personalizada será obrigatoria na presentación do caso clínico que se realizará no ámbito sociosanitario.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Clinical practice placement A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C7 C10 C12 A súa realización é obrigatoria en tempo, horario e centro establecido desde a escola. Como resultado do rotatorio práctico, xerarase un informe final, o cal será elaborado polo profesor que tutorice ao alumno/a no centro sanitario. Este informe será finalmente valorado polo profesor responsable da materia.
Na elaboración do informe final teranse en consideración os coñecementos, as actitudes profesionais, as habilidades e destrezas técnicas e as aptitudes do/a alumno/a.
60
Problem solving A62 B1 B3 B5 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C3 C4 C11 C12 Criterios de avaliación no ámbito sociosanitario:
1. Asistencia obrigatoria (Seminario)
2. Presentación e estrutura: ata 1 puntos.
3. Claridade na redacción: ata 0,50 puntos.
4. Capacidade de análise e síntese: ata 0,50 puntos
5. Capacidade de crítica e achega persoal: ata 2 puntos.

Según rúbrica de avaliación, entregada o primeiro día no seminario a todo o alumnado.
Asistencia obrigatoria (Seminario)
40
 
Assessment comments

PRÁCTICAS CLÍNICAS:

Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado oficialmente na materia Estancias Clínicas III e ter superadas as Estancias Clínicas I e II, tal e como consta na memoria do Título de Grao.

O alumnado para superar as estancias clínicas IV deberá ter realizado o 100% das prácticas, faltas de asistencia recuperadas e xustificadas e avaliación positiva dos profesionais con unha nota igual o superior a 5 (sobre 10).

Existe a obrigatoriedade de asistir ás prácticas clínicas e non existen faltas xustificadas, polo que as ausencias debidamente acreditadas deberán recuperarse, sempre que non excedan do 50% das planificadas. As non xustificadas poden supor, a criterio dos profesores responsables da materia, o suspenso da materia. A recuperación das prácticas realizarase no período establecido polo profesor, antes da data de peche de actas.

A aplicación da cualificación correspondente realizarase a condición de que o alumno teña as dúas probas (Prácticas Clínicas e Solución de Problemas) superadas de maneira independente, en cada un dos ámbitos da Estancia Clínica

Para aprobar a materia é necesario superar de maneira independente as dúas probas (Prácticas Clínica e Solución de problemas). A non superación dunha das partes suporá a cualificación de SUSPENSO en acta. A cualificación numérica obterase establecendo un mínimo (Prácticas Clínicas 60% e solución de problemas 40%) en cada unha das partes.

A cualificación final da materia será a media ponderada das Estancias Clínicas realizadas no ámbito hospitalario, sociosanitario e saúde mental. 

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.

Sistema de cualificacións: 

0-4.9=Suspenso

5-6.9=Aprobado

7-8.9=Notable

9-10=Sobresaliente

9-10 Matrícula de Honra (Graciable)

O feito de presentarse/realizar as prácticas clínicas e ser avaliado en calquera das probas implica figurar en acta como presentado coa cualificación correspondente.

Os aspectos e criterios xerais que se terán en consideración ao avaliar as actividades que se farán contorna á devandita metodoloxía (Prácticas Clínicas e Solución de problemas) son a asistencia, participación e compromiso individual e grupal, coherencia dos contidos abordados, coñecementos demostrados na actividade práctico-clínica e na solución de problemas, e as competencias adquiridas para esta materia.

As probas superadas na convocatoria de maio-xuño conservaranse para a convocatoria de xullo, coa cualificación obtida.

Convocatoria de segunda oportunidade: En caso de non superación da materia (práctica clínica/solución de problemas), poderá recuperar a metodoloxía correspondente a: solución de problemas con laa presentación dun novo traballo de solución de problemas, se é a parte non superada. No caso de ter SUSPENSAS as prácticas clínicas NON SON RECUPERABLES, está suxeito ao punto 5 do artigo 18 das NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DÁS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO. Modificada polo Consello de Goberno de 29 de xuño de 2017 que sinala:

"Nas materias que pola súa natureza avalíense exclusivamente mediante actividades non recuperables, como pode ser o caso das prácticas en empresas, o prácticum ou as prácticas clínicas, os estudantes só poderán empregar a segunda oportunidade para recuperar outras actividades como a memoria ou os informes finais», neste caso só para a actividade de: solución de problemas.

As condicións para a obtención dunha matricula de honra son se obteña máis dun 90% da cualificación da materia, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa achega na solución de problemas e nas prácticas fose significativa.

A vixencia do aprobado das Estancias Clínicas manterase por un período de dous cursos lectivos consecutivos á realización das estancias aprobadas, no caso de ser suspenso a proba: solución de problemas.


Sources of information
Basic

A bibliografía básica para esta materia está relacionada coas materias que se recomendan ter cursadas e as que se debe cursar simultaneamente (ver apartado 9: recomendacións). 

Complementary

Bibliografía que os docentes recomenden ou indiquen a través do moodle


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Clinical Nursing (I and II)/750G01012
Mental Health Nursing/750G01015
Professional Ethics, Legal Framework and Philosophy of Care/750G01016
Clinical Placement I/750G01025
Clinical Placement II/750G01026

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Clinical Nursing III/750G01017
Gerontological Nursing/750G01020

Subjects that continue the syllabus
Clinical Placement IV/750G01028
Clinical Placement V/750G01029
Clinical Placement VI/750G01030
Clinical Placement VII/750G01031
Practicum/750G01032

Other comments
Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado na materia Estancias Clínicas III e ter superadas as Estancias Clínicas I e II, tal como consta na memoria do Título de Grao. 

Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestará especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

- Nesta materia, o profesorado, ten contraído o compromiso de aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.